Nomes máis frecuentes do Concello de Barro

Só se amosan os 25 primeiros nomes cunha frecuencia superior a 5 habitantes.

NOMES FRECUENTES BARRO

Estatística de nomes dos recén nados galegos. Ano 2013

NOMES GALICIA

.Brais e Uxía son as formas patrimoniais galegas polas que optan hoxe maioritariamente os
pais.
.A predilección por Uxía aumentou considerablemente nos últimos dez anos.
.Moitos dos nomes galegos que triunfan nos últimos anos son formas tradicionais: Alberte,
Antón, Mariña, Xoán, Martiño, Xosé, Carme, Brais, Xián. Outros proceden do
redescubrimento dos nomes da nosa Idade Media, como Aldara, Ximena, Héitor, Artur,
Fernán, Roi, Nuno, Paio.
.Con todo, os nomes preferidos polos pais para os seus fillos en Galicia son os que teñen
formas coincidentes en castelán e en galego; por exemplo, Lucía, Paula ou Daniel.
Iria, Antía, Sabela e Alexandra están entre os 50 nomes máis frecuentes entre as nenas
nacidas en Galicia na década dos 90.
Brais, Iago, Alexandre e Anxo están entre os 50 nomes máis frecuentes nos nenos nacidos
en Galicia na década dos 90.
.Algúns dos nomes que actualmente son escollidos polos pais para os pequenos son formas
tradicionais que perviviron como apelidos, como Airas, Lois, Xurxo, Fiz.
.Xa se rexistra un número considerable de nomes que proceden de formas familiares que
triunfaron como Catuxa (de Catarina), Sabela (de Isabel), Maruxa (de María), Xela (de
Anxela), Xandra (de Alexandra).
.Hoxe existe unha tendencia tamén a empregar topónimos de Galicia como nomes de
persoa: Flavia, Antela, Aldán, Irimia.
.Tamén se rexistran nenos e nenas nos últimos anos con formas procedentes de mitos, como
Suevia, Breogán, Artai, Maeloc, Celtia.
.A castelanización dos nomes en Galicia produciuse de maneira progresiva. Xa no século
XVII, a forma Pablo comeza a desprazar a forma Paulo, Christóbal a Christobo, Marina a
Mariña, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s