Desde hoxe está aberto o prazo para a presentación de ofertas para a contratación en réxime de alugueiro dos muíños destinados a actividade hostaleira situados na parte baixa do Parque da natureza Ría de Barosa.
🗓️ O prazo de presentación das propostas e da documentación preceptiva rematará a partir de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da licitación no perfil do contratante.
Lucia Pérez Moretti, veciña da Cancela na parroquia da Portela e alumna do IES de Barro concedéronlle a Bolsa da fundación Amancio Ortega e estudará o próximo curso en Canadá. A súa candidatura foi elixida entre máis de 10.000 solicitudes.
O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ofrece unha experiencia académica e persoal única que, desde a súa creación en 2010, xa gozaron máis de 3.500 estudantes de toda España.
Durante un curso completo, os bolseiros do Programa asisten a clase nun centro educativo local e conviven cunha familia anfitrioa. Esta integración completa na vida escolar de Canadá ou Estados Unidos permítelles non só desenvolver ao máximo o seu dominio do inglés senón tamén, a partir de todos os recursos que a bolsa pon á súa disposición (clases, actividades extraescolares, familia, comunidade), vivir unha aventura inesquecible ao longo dos dez meses de estancia.
Un terremoto de magnitude 4,7 rexistrado no Atlántico fronte ás costas de Galicia na tarde deste xoves sentiuse en varios municipios.
Segundo a información actualizada polo Instituto Xeográfico Nacional, este tremor sucedeu sobre as 15,44 horas con epicentro a tres quilómetros de profundidade.
En varios puntos de localidades de Galicia veciños sentiron este sismo, que feito vibrar mesmo mobiliario.
Previamente, ás 14,57 horas deste xoves rexistrouse outro terremoto de magnitude 3,7 no Atlántico fronte á costa da Comunidade galega.