Un terremoto de magnitude 4,7 rexistrado no Atlántico fronte ás costas de Galicia na tarde deste xoves sentiuse en varios municipios.
Segundo a información actualizada polo Instituto Xeográfico Nacional, este tremor sucedeu sobre as 15,44 horas con epicentro a tres quilómetros de profundidade.
En varios puntos de localidades de Galicia veciños sentiron este sismo, que feito vibrar mesmo mobiliario.
Previamente, ás 14,57 horas deste xoves rexistrouse outro terremoto de magnitude 3,7 no Atlántico fronte á costa da Comunidade galega.
