Lucia Pérez Moretti, veciña da Cancela na parroquia da Portela e alumna do IES de Barro concedéronlle a Bolsa da fundación Amancio Ortega e estudará o próximo curso en Canadá. A súa candidatura foi elixida entre máis de 10.000 solicitudes.
O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ofrece unha experiencia académica e persoal única que, desde a súa creación en 2010, xa gozaron máis de 3.500 estudantes de toda España.
Durante un curso completo, os bolseiros do Programa asisten a clase nun centro educativo local e conviven cunha familia anfitrioa. Esta integración completa na vida escolar de Canadá ou Estados Unidos permítelles non só desenvolver ao máximo o seu dominio do inglés senón tamén, a partir de todos os recursos que a bolsa pon á súa disposición (clases, actividades extraescolares, familia, comunidade), vivir unha aventura inesquecible ao longo dos dez meses de estancia.
MOITOS PARABENS LUCIA 💪💪👏👏👏
