Un xabaril causa un accidente na AP-9: “Puidemos quedar todos alí pero por sorte non houbo mortes”

https://pontevedraviva.com/xeral/83694/jabali-causa-accidente-ap-9-pudimos-quedar-todos-alli-por-suerte-no-hubo-muertes/

CONCENTRACIÓN EN REPULSA AO ASESINATO DE JESSICA MENDEZ

D.E.P. JESSICA MÉNDEZ IGLESIAS

PLAN DE EMPREGO 2022

Para o proceso de selección o concello de Barro solicitará distintos/as candidatos/as á Oficina de emprego, que deberán estar anotados/as nas distintas categorías.

O PSOE DE BARRO PROPÓN DESIGNAR CO NOME DE MAGIN FROIZ A RÚA DO POLÍGONO DE BARRO ONDE SE UBICAN AS NAVES DO GRUPO

O grupo socialista de Barro levará ao vindeiro pleno da corporación municipal unha moción solicitando ao goberno local diversas actuacións de mellora no Polígono de Barro.

En concreto, os socialistas requiren que se designen as rúas do parque empresarial con nomes de persoas, colectivos, palabras ou accións singulares.

O portavoz socialista, José Sanmartín, sinala que “é impescindible a sinalización de rúas cos seus nomes correspondentes para que as empresas dispoñan dunha mellor ubicacíon nas direccións sociais e fiscais, xa que actualmente están direccionadas únicamente como número de parcela, provocando confusións en clientes e transportistas”.

Neste sentido, o .grupo socialista solicita que a rua do Poligono onde están ubicadas as duas naves de Froiz leven o  nome de “Rua Magín Alfredo Froiz Planes”,  en homenaxe ao empresario recientemente falecido, xa que o seu grupo corporativo da traballo a mais de seis mil persoas na provincia, entre eles decenas de barrenses e barrensas. 

Noutros puntos da moción, o PSOE demanda a mellora das zonas verdes, actualmente en estado de abandono, e a creación dunha zona de esparcemento na parcela municipal de entrada ao polígono que, ao tempo, favoreza a imaxe deste acceso.

Asimesmo, pide unha maior frecuencia da recollida do lixo que se acumula nas papeleiras ou mesmo a retirada das mesmas.

JOSÉ SANMARTÍN SEGUIRÁ LIDERANDO A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BARRO CUNHA EXECUTIVA RENOVADA

A agrupación socialista de Barro celebrou este sábado a asemblea extraordinaria para elexir á nova Executiva Local nun proceso no que concurriu unha única candidatura encabezada polo actual secretario xeral, José Sanmartin.

A súa proposta foi aprobada pola ampla maioría dos e das 21 militantes con dereito a voto e por unanimidade dos e das asistentes á asemblea.

Así, José Sanmartín seguirá liderando o grupo socialista de Barro cun equipo renovado que mistura experiencia e xuventude.

Xunto ao secretario xeral, que asume as funcións de máxima representación e responsabilidade do Partido Socialista de Barro, a nova executiva estará presidida por Margarita Canay Pintos, referente da agrupación e concelleira socialista na corporación municipal durante oito anos, entre 2007 e 2015.

A vicesecretaría Xeral será responsabilidade de Rocío Touriño Reboredo, que deixará de ocuparse da área de organización para adicarse tamén ás áreas de Política Municipal e Igualdade.

No seu lugar, como Secretario de Organización se incorpora Francisco José Pérez Vázquez e outro referente do socialismo de Barro, José Luis Abal Couto, asumirá a Secretaría de Medio Ambiente.

O organigrama da nova executiva complétase con Cristina Fandiño na Secretaría de Deportes e Promoción Económica, Silvia Sabarís Abal como Secretaria de Economía e Tamara Outón na área de Educación e Cultura.

Na mesma asemblea, os socialistas de Barro tamén elexiron á súa representante no comité provincial do PSdeG, no que se integrará Lía Rodríguez Barros.

AXUDA HUMANITARIA PARA UCRAÍNA

O concello de Barro, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias – FEGAMP colabora na recollida de alimentos e materiais de primeira necesidade en solidariedade coa crise humanitaria que se está vivindo na Ucraína.

Quen o desexe, poderá colaborar doando alimentos non perecedoiros ou materiais de primeira necesidade nas oficinas do concello de Barro a partir do luns, en horario de 9:00 a 14:00 h.

Para asegurar unha correcta distribución do material humanitario que se recolla este será comunicado á FEGAMP para que determine e canalice a súa entrega, ben nas zonas en conflito ou ben ás persoas refuxiadas á súa chegada a Galiza.

Así mesmo, a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e organismos internacionais despregados no terreo, xa que son organizacións con experiencia e garantías de que todo o que se recolla sexa empregado da mellor forma posible:

-Comunicado de la Coordinadora española de ONGD: https://coordinadoraongd.org/2022/03/como-apoyar-a-las-ongd-espanolas-en-ucrania/
-Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja: https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania
-OCHA (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios de las Naciones Unidas). Contribución a través del Fondo Humanitario para Ucrania: https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf
-ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania?UTM_source=abtasty&utm_medium=bubble

ACOLLIDA DE PERSOAS REFUXIADAS

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

III CERTAME DE MURGAS

CLASES DE BAILE EN BARRO

D.E.P. Dona María Celsa García Ruibal

D.E.P.D. JOSÉ GARCÍA MANZANERA

Aparece un lobo atropelado na estrada N-550 na parroquia da Portela

O suceso ocorreu na estrada Santiago-Pontevedra xunto ao radar fixo de de a N-550, na Portela.

Unha imaxe do animal tirado xunto á varanda da estrada revela que morreu atropelado.

OFERTA DE EMPREGO

4 camareiras de pisos (limpeza de habitacións)
1 Axudante de cociña ( ou cociñeiro/a)
1 Camareiro/a
1 mantemento
Empresa: Aloxate Salnes
Lugar: O Grove
Soldo: segundo convenio
Experiencia valorable
Email: info@alojatesalnes.es