A loura volve á cidade

nosPara o 84 por cento dos españois, o plan perfecto no verán é sentarse nunha terraza e tomarse unha cervexa. Esta actividade supera en interese a irse á praia, por exemplo. É indubidable que a loura ten moitos fans. Pero tamén é certo que, nos últimos anos, crecen os cidadáns que sosteñen que é moito máis que un refresco.

Así o demostra o auxe da cervexa artesá. Trátase dun fenómeno mundial que calou con forza na área viguesa, con tres marcas, en Vigo, Redondela e Cangas. Unha cuarta, elaborada con lúpulo colleitado en Castrelos, presentarase na feira internacional Art Beer Fest, que se celebra no auditorio Mar de Vigo do 5 ao 8 de xuño.

Hai agora 25 anos, en 1989, Vigo deixaba de producir a súa propia cervexa. A fábrica de Skol na Barxa era demolida e, no seu lugar, aparecían as torres de García Barbón e a sede do Club Financeiro. Un cuarto de século despois, volveu a fabricarse cervexa na cidade. En concreto, a marca De Lago, que promove un chef vigués, o xefe de cociña do hotel Zenit, Javier Acuña. É de tipo Irish Rede e ten seis graos de alcol.

En Cangas, xurdiu a marca Menduiña, que conta con seis tipos diferentes. A Santa Compaña é unha Barley Wine, a Corma é unha Stout; hai unha Special Bitter chamada Duir, unha Pale bautizada Barda e a negra, que leva como etiqueta Demo Neghro. A sexta variedade de Menduiña é a Loira, elaborada con centeo e un toque de algas.

Para rematar, ao fondo da ría prodúcese a San Amaro, redondelana, con dúas variedades dispoñibles: a Pale Ale e a Dark Ale. Parte da produción de San Amaro realízase nunha das capitais mundiais da cervexa: Flandes, en Bélxica, baixo a fórmula deseñada na vila dos viadutos.

A estas tres marcas de cervexa artesá na área de Vigo sumarase proximamente unha cuarta. Aínda se descoñece o seu nome comercial final, pero entre os seus ganchos está a utilización de lúpulo salvaxe de Castrelos e Sárdoma.

Ademais, en Vigo está a sede da Asociación de Cervexas Artesanais Galegas, que reúne ás principais do sector na Comunidade.

A diferenza das cervexas tradicionais, as artesás non utilizan conservantes e manteñen unha produción tradicional. Ademais, exploran sabores e texturas descoñecidas na loura estándar de consumo masivo.

En Galicia, a artesá converteuse nun fenómeno, con 12 marcas no mercado, todas xurdidas ao longo do último lustro: Aloumiña (Lugo), Áncora, Galago Craft Beer, Keltius e Deep Taste (Ourense), Dama Allaricense (Allariz), Meiga (Poio), Saramagal (Barro), De Lago (Vigo), San Amaro (Redondela), Menduiña (Cangas) e Peregrina (Santiago).

Case todas estas marcas estarán presentes na citada Art Beer Fest, unha feira internacional que ten tamén edicións en Caminha e Lisboa, en Portugal. E, xunto ás galegas, estará medio centenar de marcas artesás procedentes de máis dunha ducia de países.

Así que a cervexa tradicional está de moda. E, en Vigo, parece ter prendido con forza. Un cuarto de século despois da desaparición da fábrica da Barxa, coas súas inesquecibles cervexas Skol e A Cruz Branca, a loura volveu á cidade.

Menduiña, San Amaro, De Lago e Nós fabrícanse na comarca e outra marca está por saír

Hai 25 anos que desapareceu de

A Barxa a planta de Skol e A Cruz Branca

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/05/25/rubia-vuelve-ciudad/0003_201405V25C8995.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

voz-de-galicia5

Cervexa artesanal “made in Barro”

Nunha xornada de fusión gastronómica organizada pola Asociación CulturalLOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO Amigos da Fervenza da Barosa, máis de medio centenar de persoas chegadas desde distintos puntos de Galicia, acudiron en primeiro término, a coñecer de man dos propietarios de Saramagal, a elaboración da cervexa artesanal na fábrica situada na parroquia de Agudelo do municipio pontevedrés de Barro.

Tras esta visita os participantes desprazáronse ao Parque da Natureza Ría de Barosa, en cuxo local hostelero, Barosa Gastro, gozaron das receitas elaboradas pola súa cociña e que incluían na mesma a cervexa Saramagal. Así, puideron degustar, coello, ás de pollo ou pan de cervexa, todo acompañado das variedades de Stipe ou Inmaculate Saramagal.

A AC Amigos da Fervenza de Barosa contou entre os asistentes coa presenza das blogueiras gastronómicas Almudena Abalo, AlmuDelicias  e a veciña de Barro e tamén blogueira Esther Outón.

Tamén unha parte dos membros de “As aVESPAS do Lérez” Club Vespa – Lambretta de Pontevedra” achegáronse ata Barro para gozar da tarde do sábado.

“A valoración é positiva, logramos que máis de 50 persoas” se achegasen a Barro, coñecesen as súas empresas, coñecesen locais hosteleros, gozasen da beleza de contornas naturais, e houbese un retorno económico para as empresas participantes. Incluso a TVG fíxose eco da xornada que organizou a nosa asociación, e fomos noticia durante o Telexornal de Mediodía o domingo posterior. Satisfacción é a palabra que definiría a celebración do evento” sinalou a Presidenta da AC, Mónica Cons.

http://pontevedraviva.com/xeral/3191/cerveza-artesanal-made-in-barro/

saramagal

Cervexa artesanal elaborada en Barro, expórtase aos Estados Unidos

saramagal

1º EXPOSICIÓN DE CUADROS REALIZADOS CON CERVEZA

SARAMAGAL

CATA DE CALDOS GALEGOS

moraimaLUME

Saramagal participou na feira de artesanía “A Colmea Bee Market”

A cervexa artesá estivo presente desde o pasado xoves dia 6 ata o domingo 9CARTEL MARKET de decembro na feira de artesanía A Colmea Bee Market, que se estivo celebrando no Palacio de Congresos Mar de Vigo.A Colmea Bee Market conta con 34 expositores para os artesáns de moda, cultura e gastronomía que copan o impresionante marco, onde se situa esta mágnifica feira.

A feira abriu o xoves 6 de decembro e puido ser visitada ata o domingo día 9 desde as 12 horas ata as 21 horas ininterrompidamente. Contou con postos de artesanía de diferentes actividades como son a de moda, deseño, cultura e gastronomía. Polas tardes houbo talleres infantís e pola noite antes do peche unha actuación para un público máis adulto.

SARAMAGAL, tivo unha gran aceptación do público presente e tanto Anxo como Quique, estiveron orgullosos de participar.

Algo fermenta en Pontevedra

O pontevedrés Víctor Fernández púxose onte á fronte dunha clase práctica sobre a elaboración de cervexa caseira, a primeira deste tipo que ten lugar en Pontevedra. Xunto a el, o lalinense Lois Alfaya, enxeñeiro industrial e experto nesta materia.

O contorno non podía ser máis acorde: a cervexaría O Grifón, na zona vella de Pontevedra.

«Todo se consegue con catro ingredientes sinxelos ao alcance de todos: auga, cereal, lúpulo e lévedo», explica Fernández, taberneiro do Grifón, que dende onte ten á venda un ‘kit’ básico para a elaboración desta bebida. «Fai anos que tiñamos a ilusión de facer algo así, pero daquela tiñas que te poñer en contacto con Holanda ou Alemaña para conseguir os materiais, agora xa se poden adquirir en Vigo, Ourense e, con nós, en Pontevedra», sinala.

Este ‘kit’ inclúe dous cubos de 25 litros con grifo, un termómetro, un densímetro, un par de probetas e un aparato para colocar chapas, ademais dos ingredientes mencionados.

Fernández salienta que chega cunha mesa e catro horas repartidas en dous días para conseguir unha boa bebida. «O fundamental é a limpeza e o cariño polo que fas, coma case todo nesta vida», subliña.

Aínda que recoñece que pode ir en contra do seu negocio, o taberneiro aconsella facer a cervexa propia na casa. «Por menos de cen euros podes fabricar uns 25 libros», di.

«Pódense crear

miles de estilos diferentes, dende un grao de alcohol ata 40, dende a cor máis dourada e limpa ata a máis negra e densa dende unha cervexa máis suave á amarga ou acidez máis dura», especifica o mestre. TODA UNHA PAIXÓN. A paixón polo pan líquido, como se coñece á cervexa entre os seus amantes, foi o que levou aos responsables do curso a poñelo en marcha. «En moitos países é norma facer a propia bebida, e en Galicia hai máis de dez anos que se dan experiencias ailladas, especialmente por xente de fóra –ingleses, alemáns e australianos–, asentados aquí», conta Víctor Fernández.

Neste sentido, recalca que en España xorde unha microfábrica de cervexa cada tres días. «Cataluña leva a iniciativa e en Galicia hai somos moitos os que estamos a loitar por popularizar isto e crear algo grande», recoñece.

O camareiro é moi optimista sobre este tema e prognostica que nos vindeiros cinco anos «tódalas poblacións de máis de 10.000 habitantes terán a súa propia cervexa». O fundamental é a limpeza e o cariño polo que fas, coma case todo nesta vida», di o taberneiro do Grifón

«As cervexas artesanais crecen pouco a pouco e sen descanso en Galicia. Algunhas teñen unha fabricación con maquinaria complexa, rexistro sanitario e xente detrás que sabe o que fai», afirma, para nomear algunhas da provincia de Pontevedra coma Menduíña, de Cangas; Saramagal, de Barro, ou San Amaro, de Redondela.

«Pero isto é só a punta do iceberg conclúe.

Entre os proxectos máis inmediatos da cervexaría pontevedresa está repetir o curso en decembro, debido a demanda do público, e organizar unha feira cada catro ou cinco meses de pan líquido caseiro.