Algo fermenta en Pontevedra

O pontevedrés Víctor Fernández púxose onte á fronte dunha clase práctica sobre a elaboración de cervexa caseira, a primeira deste tipo que ten lugar en Pontevedra. Xunto a el, o lalinense Lois Alfaya, enxeñeiro industrial e experto nesta materia.

O contorno non podía ser máis acorde: a cervexaría O Grifón, na zona vella de Pontevedra.

«Todo se consegue con catro ingredientes sinxelos ao alcance de todos: auga, cereal, lúpulo e lévedo», explica Fernández, taberneiro do Grifón, que dende onte ten á venda un ‘kit’ básico para a elaboración desta bebida. «Fai anos que tiñamos a ilusión de facer algo así, pero daquela tiñas que te poñer en contacto con Holanda ou Alemaña para conseguir os materiais, agora xa se poden adquirir en Vigo, Ourense e, con nós, en Pontevedra», sinala.

Este ‘kit’ inclúe dous cubos de 25 litros con grifo, un termómetro, un densímetro, un par de probetas e un aparato para colocar chapas, ademais dos ingredientes mencionados.

Fernández salienta que chega cunha mesa e catro horas repartidas en dous días para conseguir unha boa bebida. «O fundamental é a limpeza e o cariño polo que fas, coma case todo nesta vida», subliña.

Aínda que recoñece que pode ir en contra do seu negocio, o taberneiro aconsella facer a cervexa propia na casa. «Por menos de cen euros podes fabricar uns 25 libros», di.

«Pódense crear

miles de estilos diferentes, dende un grao de alcohol ata 40, dende a cor máis dourada e limpa ata a máis negra e densa dende unha cervexa máis suave á amarga ou acidez máis dura», especifica o mestre. TODA UNHA PAIXÓN. A paixón polo pan líquido, como se coñece á cervexa entre os seus amantes, foi o que levou aos responsables do curso a poñelo en marcha. «En moitos países é norma facer a propia bebida, e en Galicia hai máis de dez anos que se dan experiencias ailladas, especialmente por xente de fóra –ingleses, alemáns e australianos–, asentados aquí», conta Víctor Fernández.

Neste sentido, recalca que en España xorde unha microfábrica de cervexa cada tres días. «Cataluña leva a iniciativa e en Galicia hai somos moitos os que estamos a loitar por popularizar isto e crear algo grande», recoñece.

O camareiro é moi optimista sobre este tema e prognostica que nos vindeiros cinco anos «tódalas poblacións de máis de 10.000 habitantes terán a súa propia cervexa». O fundamental é a limpeza e o cariño polo que fas, coma case todo nesta vida», di o taberneiro do Grifón

«As cervexas artesanais crecen pouco a pouco e sen descanso en Galicia. Algunhas teñen unha fabricación con maquinaria complexa, rexistro sanitario e xente detrás que sabe o que fai», afirma, para nomear algunhas da provincia de Pontevedra coma Menduíña, de Cangas; Saramagal, de Barro, ou San Amaro, de Redondela.

«Pero isto é só a punta do iceberg conclúe.

Entre os proxectos máis inmediatos da cervexaría pontevedresa está repetir o curso en decembro, debido a demanda do público, e organizar unha feira cada catro ou cinco meses de pan líquido caseiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s