A cervexa artesá estivo presente desde o pasado xoves dia 6 ata o domingo 9
de decembro na feira de artesanía A Colmea Bee Market, que se estivo celebrando no Palacio de Congresos Mar de Vigo.A Colmea Bee Market conta con 34 expositores para os artesáns de moda, cultura e gastronomía que copan o impresionante marco, onde se situa esta mágnifica feira.

A feira abriu o xoves 6 de decembro e puido ser visitada ata o domingo día 9 desde as 12 horas ata as 21 horas ininterrompidamente. Contou con postos de artesanía de diferentes actividades como son a de moda, deseño, cultura e gastronomía. Polas tardes houbo talleres infantís e pola noite antes do peche unha actuación para un público máis adulto.
SARAMAGAL, tivo unha gran aceptación do público presente e tanto Anxo como Quique, estiveron orgullosos de participar.