Malestar entre os veciños de Barro polo soterramento dunha liña de alta tensión entre as casas

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O tendido dunha nova rede de alta tensión polo Camiño Portugués entre as vivendas de Valbón, no concello de Barro, motivou que os veciños do devandito lugar se reunisen de urxencia o pasado venres pola noite.

Os veciños alegarán contra esta infraestrutura por realizarse sobre o trazado do Camiño Portugués, provocar danos nas súas traídas veciñais de auga e dificultar o tránsito pola zona ao igual que fixeron no ano 2011 cando estes mesmos veciños formularan alegacións ao proxecto redactado pola Deputación de Pontevedra para abastecer o polígono de Barro Meis dende unha torre de alta tensión existente entre en Valbón, á altura de San Antoniño.

Alarmados porque o novo tendido discorrería enterrado entre as súas vivendas, sobre a traza do Camiño de Santiago, naquel entón remitiron á Consellería de Industria un escrito no que solicitaban que o devandito tendido fose desviado pola parte exterior do núcleo de casas, por vías abertas pola concentración parceira cuxa existencia non se recollía na cartografía do proxecto.

Segundo informaron os propios veciños, tras catro anos sen noticias das súas alegacións, esta semana foron advertidos de que as obras se iniciaran no Polígono e avanzaban cara a Valbón dende o núcleo de Güimil (onde o tendido si foi desviado respecto ao proxecto inicial), e onde ademais as máquinas rebentaron varias mangueiras de abastecemento de auga procedentes dos mananciais do Monte de Güimil, das que se surten os veciños de Valbón que non teñen pozo.

O tendido discorre enterrado nunha gabia formigonada, cuxa execución require do uso de maquinaria pesada e que en Valbón dificultará inevitablemente o tránsito cotiá dos veciños e peregrinos que diariamente atravesan o lugar camiño de Caldas.

A pesar de lindar co chan urbano de San Antoniño, as casas de Valbón non dispoñen aínda dos servizos urbanísticos mínimos. Os veciños non comprenden que se fixese investimento para dotar de canalizacións a dous polígonos residenciais que permanecen abandonados (e en cuxos soares se celebra a feira dominical), mentres que nos núcleos pegados a eles, nos que non hai unha soa vivenda baleira, adoecen dunha falta absoluta de servizos.

Para a súa sorpresa, ao visitar o Concello o día 19 para pedir explicacións, encontráronse con que o proxecto modificado do tendido estaba en exposición pública dende o día 26 de febreiro sen que ninguén lles tivese advertido de que existía un novo prazo para presentar alegacións; prazo que remataba o sábado, día 21.

Pero a súa sorpresa foi aínda maior cando revisaron o expediente e descubriron que Patrimonio condicionaba a viabilidade do tendido polo Camiño de Santiago á xustificación da non existencia doutra alternativa, que era, precisamente, o que estes mesmos veciños alegaron no ano 2011.

Por iso convocaron unha reunión urxente o venres pola noite na que decidiron por unanimidade presentar novamente alegacións, incidindo precisamente na existencia de alternativas ao trazado, cuxa corrección sería viable cunha modificación de presuposto de apenas un 2% sobre a totalidade da obra.

Os veciños queren deixar claro que non se opoñen de ningún modo ao abastecemento, posto que comprenden que, a falta doutros investimentos estratéxicos, do Polígono de Barro-Meis depende en gran xeito o desenvolvemento futuro de Barro. Por iso aspiran a obter finalmente a comprensión dos responsables da desacertada idea de afectar as súas vivendas cunha liña de alta tensión, cuxa única xustificación radicaría no manexo dunha cartografía deficiente e nun descoñecemento total da realidade física do lugar.

Aproveitando que se van acometer obras de apoio e soterramento, reclaman ademais que se enterre o tramo de 300 metros de tendido aéreo de alta tensión existente actualmente sobre os terreos do núcleo destinados asentamento residencial por supoñer un evidente risco para a saúde dos seus habitantes, ademais dunha contradición coas previsións do plan urbanístico aprobado polo propio Concello.

A pesar de ser un dos lugares de Barro polos que transcorre o Camiño Portugués, en Valbón continúan esperando melloras na seguridade vial e na sinalización, toda vez que o Concello acaba de aprobar a modificación puntual nº2 do PXOM, na que se prevé a desviación do tráfico de San Antoniño a través deste núcleo coa próxima apertura de dúas novas avenidas que desembocarán nel, intensificando notablemente o tránsito de vehículos polo trazado do Camiño.

http://pontevedraviva.com/xeral/18831/malestar-entre-vecinos-barro-linea-alta-tension-entre-casas/

tension en barro

Protesta en Barro para pedir máis seguridade vial

PORTADA faro-de-vigo

Preto de medio centenar de persoas concentráronse a última hora da tarde de onte en San Antoniño, Barro, para esixir máis seguridade vial no “punto negro” da N-550 ao seu paso por este tramo.Os veciños xa presentaron máis de 400 firmas esixindo medidas no cruzamento da rúa Areal e reclaman carriles de espera e unha rotonda para evitar atropellos.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/22/protesta-barro-pedir-seguridad-vial/1046098.html

non accidentes

 

Veciños de Barro demandan melloras de seguridade na N-550 ao seu paso por San Antoniño

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O elevado número de accidentes nese punto e o perigo que supón a diario para os habitantes de Barro levou a un grupo de veciños a concentrarse en San Antoniño para demandar melloras de seguridade vial na zona.

Trátase en concreto docruzamento do Nacional 550 coa rúa Areal, á saída de San Antoniño en dirección a Caldas de Reis.

Os asistentes, convocados polo grupo municipal do BNG,solicitan medidas ao Ministerio de Fomento, titular da estrada nacional, e ao Concello de Barro, propietario da rúa Areal que completa o cruzamento.

Este asunto xa foi levado ao seu momento ao Pleno Municipal tras entregar preto de 400 firmas de veciños, onde se informou que Fomento non permite habilitar unha rotonda no lugar por existir un cambio de rasante próximo.

Os veciños aseguran que seguirán exercendo medidas de presión para buscar a solución a unha demanda formulada hai xa 5 anos.

http://pontevedraviva.com/xeral/12832/vecinos-barro-demandan-mejoras-seguridad-vial-nacional-550-san-antonino/

non accidentes

 

non accidentes.jpg 2

 

 

Concentración para demandar seguranza viaria na N-550 ao seu paso por Barro

O BNG convocou unha concentración para o sábado 21 de xuño ás 21 h. no cruce da rúa Areal coa N-550 en Barro para demandar das administracións competentes (Ministerio de Fomento e Concello de Barro) que adopten as medidas necesarias para pór fin a este ponto negro da N-550, que leva acumulado xa innumerábeis accidentes de tráfico.

O problema non é novo. Desde hai 5 anos tanto os veciños como o BNG vimos demandando do Concello e o Ministerio de Fomento a adopción de medidas para rematar co perigo que supón esta estrada para a seguranza viaria, sen que se adoptase ningunha solución.

Recentemente foron entregadas no Concello máis de 400 sinaturas reclamando carrís de espera na N-550 e unha rotonda na entrada da rúa Areal. O goberno municipal do PP, non obstante, votou en contra dunha moción do BNG que pedía exactamente o mesmo.

Os veciños e veciñas temos que seguir esixindo solucións, antes de que nese cruza aconteza unha desgraza irreparábel. Para que o día de mañá non teñamos que lamentalo é hora de moverse e esixir solucións.

Por iso, para rematar co perigo que supón cruzar a N-550 nese punto, para que non teñamos que padecer máis accidentes de tráfico, convocamos esta concentración o sábado 21 de xuño ás 21 h. no cruce da rúa Areal coa N-550.

CONCENTRACION CONCELLO BARRO

Non tes disculpa…¡QUEDAS CONVOCADO/A!

Non tes disculpa …a banda horaria é variada…. si non podes un dia a unha hora…  podes escoller outra hora a dia

Xoves, 21 de febreiro, ÁS 18:30 HORAS

xuntanza da Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra fica convocada para o, no local da FAV Castelao. Teremos que procurar rematar a xuntanza de xeito que nos permita acudir logo a concentración das 20:00 horas.

Xoves 21 de febreiro as 20:00 horas

CONCENTRACION EN DEFENSA DOS SERVIZOS PUBLICOS

Pontevedra  Subdelegacion do Goberno

Convocan vários sindicatos

 Convocatória do 15 M

 Sábado, (23 f) UNHA MAREA CIDADÁ, en toda España, contra o GOLPE DE ESTADO FINANCIEIRO,CONTRA OS RECORTES E POLA DEMOCRACIA REAL.
En Pontevedra,  a partires das 17,30 horas  CONCENTRACION NA PRAZA DE ESPAÑA (frente ao Concello) para sáir en manifestacion ás 18 horas.

 

¡QUEDAS CONVOCADO/A!

rajoy traidor

luis barcenas

O BNG chama á sociedade a encher as rúas de Compostela o domingo en defensa do galego

O domingo @s comapañeir@s do BNG de Barro estaremos en Compostela  bng barromanifestándonos contra as políticas de Feijóo e Wert. Estamos fart@s de que queiran acabar co ben máis preciado que temos. Pretenden acabar coa lingua porque é o noso signo de identidade, mais non o conseguirán porque unido “o povo é quem máis ordena”.

 

Se queres vir connosco ponte en contacto por mensaxe privada.
https://www.facebook.com/bng.debarro 

Non fiques na casa, maniféstate!

Consideran precaria a situación dun xulgado de Caldas e piden máis persoal

la voz

O Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ) denunciou xulgado caldas  onte a situación que arrastra o Xulgado de Instrución número 1 de Caldas de Reis. José González, delegado da central en Pontevedra, afirmou que o atraso acumulado na tramitación e execución de procedementos civís e penais é insostible e está a prexudicar aos cidadáns, que «agora teñen que ver como teñen que pagar unhas taxas desproporcionadas para acceder á xustiza». O persoal é de sete funcionarios.

O colapso deste xulgado de Caldas débese ao aumento das demandas civís derivadas da crise económica e a que, no ámbito penal, ten atribuídas en exclusiva as faltas de tráfico do partido xudicial, «cun amplísimo territorio polo que discorren varias estradas e unha autoestrada con gran volume de tráfico». Ademais, exerce as funcións propias do decanato e ten ao seu cargo o Rexistro Civil.

O sindicato solicitou hai case dous meses á Dirección Xeral de Xustiza o nomeamento dun funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa como medida de reforzo. Desde Presidencia indicaron onte que o funcionario chegará a próxima semana

http://noticiasbarro.com/2012/03/15/formulan-a-creacion-dun-terceiro-xulgado-para-aliviar-a-carga-de-traballo-en-caldas/

xulgado

Os veciños alagan a PO-531 de cruces e pancartas en contra da súa remodelación

Longas fileiras de cruces nas dúas marxes da estrada, pancartas ao longo da vía e carteis de rexeitamento nas vivendas e edificios deixan patente o desacordo dos veciños da PO-531 (a estrada de Vilagarcía) co proxecto da Consellería de Política Territorial de reformar este viario.
Se fai uns días instalábanse pancartas e carteis, agora chegou a quenda das cruces, que queren pór de manifesto o temor dos veciños de que o proxecto da Xunta “ille” ás vivendas coa instalación de medianas de formigón en boa parte dos nove quilómetros entre Pontevedra e Curro (Barro).
Este proxecto, que Política Territorial xustifica en razóns de seguridade viaria e de ampliación da capacidade dunha estrada con moito tránsito pesado. O seu orzamento rolda os 26 millóns de euros e obrigaría a expropiar unha trintena de edificacións (11 delas vivendas) e 700 leiras.
permaneceu exposto ao público desde o mes pasado e o martes finaliza o prazo, día no que os afectados entregarán na Xunta as súas alegacións, que recollen desde fai varios días. Ademais, preparan unha manifestación nun próximo sábado. Este rexeitamento veciñal atopou eco nos grupos do BNG e do PP de Pontevedra e de Barro, os dous municipios afectados. cccccc.jpg

Afectados polo desdobramento da PO-531 prevén manifestarse antes da campaña electoral

Os afectados polo desdobramento da estrada PO-531 Pontevedra-Fachendoso prevén manifestarse en próximas datas, pero evitarán interferir na campaña para as eleccións xerais, segundo indicou onte en Radio Voz, Manuel Corredoira, presidente da plataforma veciñal que pretende reformular o proxecto que presentou a Xunta.

Tal como xa fixesen a pasada semana nunha rolda de prensa, os veciños insistiron onte en que xa non realizarán esta protesta o vindeiro sábado, día 19. Previamente, queren celebrar asembleas en todas as parroquias para explicar a situación.

Antes da manifestación, pretenden igualmente entregar as alegacións que, con toda probabilidade, chegarán aos portelos da Xunta o próximo día 22.

Os veciños esperan obter firmas suficientes para formular entre 4.000 e 5.000 alegacións, un asunto que tamén se está tratando nas asembleas que convocaron nas parroquias, entre elas, a que tivo lugar o pasado fin de semana en Campañó.

Corredoira dixo onte que o actual proxecto non axilizará a circulación entre Pontevedra e Fachendoso, dado que será preciso pór catro ou cinco rotondas no percorrido, practicamente unha cada quilómetro.

Os afectados pola PO-531 inician as mobilizacións instalando pancartas

2008-01-18_img_2008-01-11_022121__76-edrenr-11012008.jpgOs veciños afectados polo proxecto de ampliación da estrada PO-531 entre Pontevedra e Curro iniciaron onte as medidas de protesta contra o proxecto coa instalación de pancartas ao longo do tramo que está previsto converter nunha vía de alta capacidade.
Na zona de Curro, en Barro, era onde se podían ver onte as primeiras pancartas de protesta, situadas sobre algunhas das vivendas que serán expropiadas por mor da ampliación do viario. Nalgunha delas podíanse ler consignas como “Política Territorial quéreme roubar a casa” e “Non á autovía”. Membros da Plataforma de afectados recordaban o mércores que son 12 as vivendas que serán expropiadas e demolidas no actual proxecto, pero que o número de inmobles que se verán agredidos pola ampliación do viario sitúase en 70 en catro quilómetros de traxecto.
Aseguran que estes días continuaranse despregando pancartas destas características noutras zonas que resultan afectadas polo proxecto. Os puntos de maior afección correspóndense cos núcleos urbanos de Campañó, A Devesa, Alba ou Fachendoso.
O segundo paso nestas mobilizacións será a convocatoria dunha manifestación para a que se están barallando diversas datas. En principio sinalan como principal posibilidade o día 19, aínda que é posible que esta data modifíquese por ser un sábado.
A plataforma veciñal asegura non oporse á mellora desta infraestrutura viaria, pero si rexeitan de plano un proxecto que cren “innecesario”. Reclaman a liberalización da AP-9 como alternativa e urxen á construción do ramal da A-57 a Curro que enlazará coa futura autovía a Vilagarcía, quedando xa así esta cidade unida con Pontevedra por unha vía de alta capacidade.
Logo de solicitar o apoio do BNG, que comparte a visión dos afectados, onte fixeron o mesmo co PP, nunha reunión que mantiveron co portavoz municipal en Pontevedra, Telmo Martín.
O líder dos populares pontevedreses apoiou as reivindicacións dos veciños reclamando a “humanización” do actual proxecto, posto que ten unha importante zona de afección e “cunha medianeira que provoca a división de tres parroquias”. Así mesmo, comparte a visión de liberalizar a AP-9 no tramo ata Curro a modo dunha rolda urbana como xa existe en Santiago ou A Coruña. Pola contra, converter a PO-531 nunha vía de alta capacidade cunha autoestrada de peaxe á beira non faría máis que derivar todo o tráfico pesado por esta estrada que atravesa núcleos densamente poboados. O PP anunciou que presentará as súas propias alegacións ao proxecto.