Os afectados pola PO-531 inician as mobilizacións instalando pancartas

2008-01-18_img_2008-01-11_022121__76-edrenr-11012008.jpgOs veciños afectados polo proxecto de ampliación da estrada PO-531 entre Pontevedra e Curro iniciaron onte as medidas de protesta contra o proxecto coa instalación de pancartas ao longo do tramo que está previsto converter nunha vía de alta capacidade.
Na zona de Curro, en Barro, era onde se podían ver onte as primeiras pancartas de protesta, situadas sobre algunhas das vivendas que serán expropiadas por mor da ampliación do viario. Nalgunha delas podíanse ler consignas como “Política Territorial quéreme roubar a casa” e “Non á autovía”. Membros da Plataforma de afectados recordaban o mércores que son 12 as vivendas que serán expropiadas e demolidas no actual proxecto, pero que o número de inmobles que se verán agredidos pola ampliación do viario sitúase en 70 en catro quilómetros de traxecto.
Aseguran que estes días continuaranse despregando pancartas destas características noutras zonas que resultan afectadas polo proxecto. Os puntos de maior afección correspóndense cos núcleos urbanos de Campañó, A Devesa, Alba ou Fachendoso.
O segundo paso nestas mobilizacións será a convocatoria dunha manifestación para a que se están barallando diversas datas. En principio sinalan como principal posibilidade o día 19, aínda que é posible que esta data modifíquese por ser un sábado.
A plataforma veciñal asegura non oporse á mellora desta infraestrutura viaria, pero si rexeitan de plano un proxecto que cren “innecesario”. Reclaman a liberalización da AP-9 como alternativa e urxen á construción do ramal da A-57 a Curro que enlazará coa futura autovía a Vilagarcía, quedando xa así esta cidade unida con Pontevedra por unha vía de alta capacidade.
Logo de solicitar o apoio do BNG, que comparte a visión dos afectados, onte fixeron o mesmo co PP, nunha reunión que mantiveron co portavoz municipal en Pontevedra, Telmo Martín.
O líder dos populares pontevedreses apoiou as reivindicacións dos veciños reclamando a “humanización” do actual proxecto, posto que ten unha importante zona de afección e “cunha medianeira que provoca a división de tres parroquias”. Así mesmo, comparte a visión de liberalizar a AP-9 no tramo ata Curro a modo dunha rolda urbana como xa existe en Santiago ou A Coruña. Pola contra, converter a PO-531 nunha vía de alta capacidade cunha autoestrada de peaxe á beira non faría máis que derivar todo o tráfico pesado por esta estrada que atravesa núcleos densamente poboados. O PP anunciou que presentará as súas propias alegacións ao proxecto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s