Maldita Hemeroteca

o veciño denfrente

Diario de Pontevedra, 15 de Marzo de 2006:

“EXPERTOS CONFIRMAN LA EXISTENCIA DE UN CASTRO DE MÁS DE 9 HECTÁREAS EN BARRO”

060305_Diario

“LANDÍN: SE HAI XACEMENTO, NÓS PORÉMOLO EN VALOR”

060315_Diario

chan

…A culpa é miña por non queimar os periódicos vellos… Pero ahí está o gran xefe, facendo malabarismos dialécticos para salvar a cara logo do gatillazo da “gran erección”…

A “gran erección” (ós máis novos igual non vos sona a historia) foi unha gloriosa ocurrencia do ano 2004 que consistía en cristianizar un castro en pleno século XXI chantándolle un monolito de 38m de altura para celebrar a Inmaculada Concepción. Vese que co da capilla-ghalpón non se sentían suficientemente espirituais.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/01/21/3390854.shtml

O caralludo era que estes visionarios tiñan claro que con eso favorecían o turismo e a dinamización económica do concello. ¿Para qué recuperar o castro ou a torre medieval que hai ó seu carón? No colmo do esperpento, Landín chegou a afirmar que o patrimonio que podía haber alí puxérao él cuns colegas para que a Xunta protexera o monte, obviando que o castro xa fora inventariado por Filgueira Valverde no ano 55.

https://novasdebarro.com/2014/09/17/o-famoso-santo-de-agudelo/

Botóuselle enriba Patrimonio, claro, e a cousa quedou en que o Concello de Barro se veu forzado a acometer (a desgana) unha intervención arqueolóxica na que participou o CSIC e que revelou a evidente importancia deste asentamento, dende o que se controla visualmente o acceso ó Salnés. A cambio, Patrimonio non aplicaría o rodillo sancionador que merecía tan anacrónica barbaridade.

A pesares de que os sondeos desvelaron que o que hai no Monte da Chan promete ser a Alhambra do Salnés ou, cando menos, algo semellante ó Castro de Viladonga, estes videntes non só incumpriron as súas promesas de posta en valor e traicionaron as súas ansias de boom turístico, senón que están empeñados nunha incomprensible loita por destruir o xacemento máis importante de Barro e do Salnés.

castro

A última agresión, non menos delirante que as anteriores, foi o de facer alí unha explanada para un campo de fútbol que Patrimonio ven de sancionar recentemente e que lle costou ó Concello (ou sexa, a vos) máis de tres mil euros.

https://novasdebarro.com/2013/05/02/campo-de-futbol-monte-da-chan/

O curioso é que xa no ano 2006 o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, falaba xa das excelencias deste castro, ó que consideraba unha cidade (“oppida”). O mesmo arqueólogo que agora ten nas súas mans o proxecto que anunciaron Ana Pastor e Rafael Louzán a pasada fin de semana e que supón unha inversión de 6,5 millóns de euros en castros da provincia.

http://pontevedraviva.com/xeral/18646/fomento-deputacion-potencial-turistico-castros-6-5-millons-recuperar-23/

Non ten explicación que desta volta non se aproveiten eses cartos para facer do Monte da Chan un elemento de atracción turística. Sobre todo agora que lle fixeron acceso directo dende o polígono e dende a autopista. Aínda están a tempo de reservar un espacio no auditorio ou no edificio de servicios que está construindo a Deputación para habilitar un pequeno espacio de interpretación do patrimonio de Barro, ainda que a min paréceme mellor idea a que a Asociación Cultural Barosa propuxera no 2005: un museo arqueolóxico e centro de interpretación do patrimonio de Barro na rectoral de Agudelo, aproveitando así de paso para frenar o seu deterioro e abandono.

Sobre o asunto hai outras “frases célebres” do rexedor que compre non deixar caer no esquecemento:

“Se conseguimos atraer a centos de persoas con isto e cada unha delas deixa cinco euros en Barro, dareime por contento”

(Landín 2005)

“Se hai un castro, a labor que lle corresponde a este Concello é poñelo en valor, e que sexa un recurso máis de Barro”

(Landín 2006)

Ben. Fareille entrega persoalmente dos meus cinco euros se nos explica por qué non é capaz de que Louzán lle dé os cartos para a vosa Alhambra.

campo lameiro

Entretanto eu recomendaríalle que falase algo máis co seu colega de Campolameiro, que de seguro saberá abrirlle os ollos ás bondades da recuperación do patrimonio e da súa integración na vida familiar e laboral.

060305_Diario

060315_Diario_Página_1

060315_Diario_Página_2

 

 

Gratitude, veciños, polo éxito acadado

o veciño denfrente

O veciño denfrente quérevos agradecer o apoio e interés amosado por vos estes meses de insistente existencia.

Por eso coido que é importante celebrar este pequeno gran éxito que vimos de acadar:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2015/03/10/barro-mejora-biblioteca-campo-futbol-humaniza-calle-areal/0003_201503P10C8992.htm

Entre todos, en catro meses, conseguimos que o Concello se decida, por fin, a acometer as obras de remate das beirarrúas.

Xa sei que non é así como o vende a nota de prensa. Eles chámanle “humanización” porque entenden que vai deixar de ser para os cans e pasará a ser para as persoas. En realidade enrevésano máis:

“O plan máis destacado, dado que suporá un importante cambio na fisionomía da vía, é a humanización e pavimentación da rúa Areal e da contorna do tanatorio. Un obra que consistirá na implantación dun novo chan, tanto na calzada como nas beirarrúas; e na eliminación de barreiras arquitectónicas, creando un espazo propicio para o esparexemento das persoas.

Non pensedes que é un regalo, ou froito dun delirio pre-electoral: É o que se vos debía, porque a lei di que as urbanizacións non se poden recibir por parte dun concello ata que están completamente rematados os seus elemento públicos (mirade o que está pasando en Pontevedra coa de Tafisa).

Pero tamén é un roubo, porque esa intervención debería ser pagada con fondos do propio proceso urbanístico que é ese delirio inacabado que hai entre a nacional e o tanatorio.

Os 250.000€ que se van enterrar ahí son cartos furtados a outras intervencións máis necesarias que poderían servir para “humanizar” os núcleos (saneamento, traída de auga, internet…), para baixar taxas e impostos ou para ofrecer mellores servicios.

Claro que que teñades auga e alcantarillado só lle importa a cada un na súa casa, e pola feira dos domingos pasades todos.

O dito: esparexédevos, persoas humanizables…

PD.- Tamén vai no lote (non hai por qué desmerecelo) conectar os radiadores da biblioteca cos do concello, para cando Louzán veña inaugurar a caldeira de biomasa que viña de regalo de promoción co césped artificial.

 

 

Barro, co rabo entre as pernas

o veciño denfrente
Ós veciños de Arbo levan meses en armas contra un tendido de alta tensión que lles queren pasar por entre as súas casas.
 
Movilízanse, disfrázanse, patalean… porque saben que teñen moito que perder.
1
Non digades que non contrasta co que pasa en Barro: a Diputación vai pasar a línea de alta tensión para Froiz polo medio das casas de Valbón e Güimil, por debaixo do Camiño Portugués, e os veciños e o concello nin pío…
 
 
Que non é cousa de opoñerse ó progreso, pero por un puñado de euros máis que costa desvialo por detrás das casas en vez de polo medio, o que gastades en tubo igual volo aforrades en medicamentos e tratamentos.
 
Eu teño claro que, no caso de Barro, prima a reducción de coste para a Diputación, sen máis consideracións.
 
Pensade que, cos cartos que aforran, asfaltan esa media calle que lle falta a Landín diante da capilla. Así que, por un acceso digno o tanatorio, seguide calados.
 
(O dito:vémonos no tanatorio)

Inocentes señorías: pasen e vexan

o veciño denfrente

Disque o mellor para encubrir ilegalidades é facelas á vista de todos. Sen rubores sospeitosos.1

Tampouco vai mal o de implicar a cantos máis mellor para compartir responsabilidades en caso de emerxencia.

Hai moitos exemplos deste tipo de estratexias neste país, e por eso o que vai a suceder hoxe en Barro non merecerá entidade de noticia.

Hoxe os implicados en plan inocente-indecente serán dous presidentes (non había máis a quen chamar). Un deles por sorpresa, así que haberá que esperar a que descorran a cortina para ver se o incluiron na inscripción (a placa que levaba montada varias semanas só mencionaba a Louzán).

Veñen inaugurar as novas dependencias do Concello nese anacrónico baluarte que retrata tan nítida coma impúdicamente a influencia medieval nos modos de gobernar en Barro.

Ninguén lles vai mencionar, claro, que o que veñen a inaugurar é unha obra denunciada por ilegal. Como tampouco lles van dicir o que leva costado porque, sinxelamente, nin teñen nin idea nin lles importa (a precio de Gaiás, para entendernos).

https://novasdebarro.com/2014/12/03/pazo-de-familia/

…Seguramente por eso o procedemento escollido para a inauguración será o de “correr un tupido velo”…

Pensade tamén que, a estas alturas, o das tesoiras resulta políticamente incorrecto de todo punto. Os do PP teñen prohibido dende hai xa tres anos o de fotografiarse con tesoiras.

Pero debe andar moi mal a cousa nas enquisas para que Feijoo-Don-Limpio, con tesoiras ou sen 2elas, se atreva a deixarse fotografiar neste edificio. Sobre todo logo do que vimos o outro día na Sexta…

En todo caso: estades invitados todos os veciños ó evento. Viño supoño que haberá, e algo de tortilla escoitei que encargaran. A TVG por descontado. Non volo perder. Va a acudir lo mejorcito de Barro (disque forma parte do ceremonial propio da nobleza esto de tomar unos canapieses antes de convidarse “a los enlaces nupciales”).

En fin… contribuíntes e votantes de Barro: pasen (a rendir pleitesía) e vexan…

PP

“Jose Antonio Blandín, alcalde de Barro”

o veciño denfrente

Onte, na Sexta:

landin sexta 1

Feira de Barro a partir do minuto 20:39
Sanmartín a partir do minuto 22:50
Landín a partir do minuto 24:01
A modo de balance urxente, sinalarei que quedei gratamente sorprendido por unha decisión, firmeza e presencia que non contaba: a de Sanmartín, quen (para min) dou máis talla de alcalde que Landín.
sanmartin sexta
Tamén sorprende a ausencia de Abraldes: ¿Debemos interpretalo coma unha abstención ou é que non o avisaron?
 
En canto ó Alcalde, o que en principio semellaba unha errata converteuse no titular: Blandiño, moooi blandiño… tanto que se lle cae a careta: para a historia quedará o acojone que revelan, cara o final da entrevista, a insistencia en matizar o de “mafia” e as prisas por quitarse o micro.
landin sexta 2

Pero non temades os acólitos, que esto foi sólo un bache (“te juro cariño que es la primera vez que me pasa”): Estou seguro de que en canto se lle pase o tembleque fará chamar un abogado contratado polo concello para que redacte unha carta de enérxica reclamación á Sexta polo da errata. Pensade que é unha errata cometida contra a autoridade representante dos veciños de Barro. É inexcusable facelo. Por vos e pola vosa dignidade reclamará que lle abran o oportuno expediente disciplinario á pobre da entrevistadora (por eso e por chegar sen avisar).
 
Eu, non obstante, quédome co desconcerto balbuceante de non dar xustificado cun mínimo de credibilidade ter deixado pasar tantos anos sen cobrar as tasas municipais. Agora xa sabemos por qué as aceras do mercadillo non teñen baldosas: non había cartos.
 
Resumindo: triple sorpresa.

“Noras de Barro”

o veciño denfrente

romina pintos

Uf!… vaia preguntiña (teño os pelos coma escarpias)…
Percibo nela, e tamén na falta de puntuación, a forza do lado escuro… (serán as ansias de ser primeira dama en lugar da primeira dama).
Imágenes integradas 3
Un consello que lin nunha web que me recomendaron o outro día nunha festa gastronómica (http://bodegavinequalia.com/pausa.html):
“En nuestro día a día, donde las prisas y el estrés se convierten en algo habitual, es importante parar y tomarse una PAUSA para disfrutar de aquello que realmente es importante”.
Respecto ó do tanatorio,e xa que o mencionas: a un con licencia, que non fose construido ás agachadas sobre solo rústico posteriormente recalificado como zona verde…

POR FIN É………..VENRES 13

o veciño denfrente
Non quero perder a ocasión de conmemorar o histérico día do traslado da Casa Consistorial ó novoviernes 13 baluarte. A metáfora resulta evidente e a data escollida non semella caprichosa.
Coidado co tema do aceite fervido dende as almenas: póderíavos “fritir” (especialidade da casa).
En fin… ¿Qué obra hai por ahí para enterrar cartos a partir de agora?
Convido a Novas de Barro a convocar a preceptiva enquisa, e propoño as seguintes opcións:
a. O pazo da crega (interiorismo)concello de barro
b. Un campo de fútbol (máis)
c. Unha ponte (outra)
por completar (sen esperanza, pero pola ilusión que me faría):
d. As baldosas das beirarúas
e. Alcantarillado
f. Auga da traída
Ainda que agora que vai marchar Louzán, a licenciatura en Exin Castillos ben debera valerlle para chegar a “Señor dos Carreiros” ou “Capitán das Rotondas”…
centro-social-barro castillo ayuntamiento
promesas-de-landin

CONCELLO A MEDIAS, OBRAS A MEDIAS

o veciño denfrente

“Obras a medias, obras entre varios, repartos ordinarios…”

Comeza a escoitarse polas tabernas, polos furanchos e polo chiringuito dos perritos calientes de Barosa este novo refrán froito sen dúbida dunha tan triste coma innecesaria sospeita, alimentada ata a fartura por cada nova obra municipal:

¿Por qué o Concello de Barro non remata ningunha das obras que empeza? ou, visto doutro xeito: ¿Por qué nos demáis concellos as obras sí se rematan?

O “novo concello” a medias, o parque de Barosa, a medias, o Pazo da Crega, a medias, a “urbanización” da feira, a medias, as novas pontes, a medias…

Sen ir máis lonxe: ¿Cómo é posible que a Deputación de Pontevedra sacase a licitación a contratación dun cacho da Rúa Areal SEN BALDOSAS?

Eu tiña por certo que as obras públicas non se poden licitar se non resultan útiles para o uso previsto, pero ó mellor non lin a letra pequena, e nela excepcionábase a Barro do cumprimento da Lei de Contratos.

Cabe intuir que esta mediocridade non sexa gratuíta, e que o fan así para “igualar a estética” do “crecemento urbanístico” maquinado polos políticos locais: As rúas onde se celebra a feira, urbanizadas con cargo ó Plan E, continúan todas pendentes de remate.

Algo incomprensible se pensamos no intenso uso peatonal que ten esa zona os Domingos, salvo que consideremos que son un bo lugar de estacionamento para furgonetas…

1

Non é, xa digo, o único caso: o “novo concello” (ese edificio almenado de metafórica linguaxe medieval) fíxose baixo a directriz dun proxecto incompleto e que obvia o cumprimento da normativa técnica e urbanística. O mesmo que o denominado “Pazo da Crega”, cascarón en obra utilizado irregularmente para actividades públicas e festas de simpatizantes.

E non entendades mal: cando digo simpatizantes quero dicir “xente de confianza”, porque non se lle pode alugar eso, nese estado, a calquera que logo poda presentar unha demanda por calquera incidente, tropezón, carencia… Así é que mellor non facerlle nin sequera un regulamento de uso, ¿non?

Pero, voltando a “intervención estrela” do 2014, executada con fondos provinciais, nela atopamos dous tipos de chapuza: a chapuza por consumación e a chapuza por ausencia.

3

A chapuza por ausencia é, en realidade, a que denuncia o BNG: a falta de seguridade derivada do feito de acometer a obra obviando o ensanchado e asfaltado do vial e a construcción da beirarúa oposta. Por suposto, nesta categoría inclúese a falta de pavimento.

A chapuza por consumación é a que se pode observar na desidia demostrada na elección e colocación desas exóticas barandillas: a quen as escolleu non semella preocuparlle moito que separan a zona de tránsito peatonal dun desnivel de máis de catro metros.

4

Por outra banda, os recovecos e fixacións, tal e como se aprecia nas fotografías, tampouco amosan moito interés no que se estaba facendo: cada tornillo é do seu pai; uns atorníllanse sobre dominio público e outros sobre o muro de contención (propiedade privada), os extremos non teñen remate… en fin…

5

Haberá que supoñer que o fixo o mesmo “artista” que colocou tamén alí o centro de transformación nesa especie de altar (¿ó enchufismo?) con barandillas que invitan ó salto…

6

Nesa ocasión o Concello, en lugar de aplicar a lei, tivo que poñer cartos para facer pagar un transformador que lle correspondía á promotora (ou eso ou desaloxar os veciños logo de concederlles a licencia de primeira ocupación, claro).

Agora, de novo, en lugar de aplicar o que pon o PXOM, pon cartos para pecharlle o solar a xa nin se sabe quen…
PXOM CONCELLO DE BARRO

Art. 39. DEBERES DOS PROPIETARIOS DE SOLO URBANO. g. Mentres non se leve a cabo a edificación dos solares estos deberanse de manter libres de maleza e en perfecto estado de limpeza e mantenerse pechados con materiais e cores axeitados ó entorno.

Conto de Pavor

o veciño denfrente

Os catarros eran constantes. Elas sacaban a roupa co medo no corpo, coa pel de galiña de serie. O sanador notaba os efectos no incremento de gasto en kleenex. Xa non era quen de repoñerlles os corpos. No pasado quedaran as antes habituais sonrisas de orella a orella ó sair. Os consecuentes e molestos estornudos eran agora o anticipo dunha marcha forzada, dun interruptus…

Algunhas das ovellas comezaban a visitar un práctico máis xoven e con estufa de biomasa.

As queixas facíanse cada vez máis difíciles de acalar, de xeito que non quedou outra que tomar a determinación de invertir a metade dos cartos que había no peto para aquel ano  (o que quedaba) en reformar de novo o edificio que, con agarimo, levaba tantísimos anos deseñando a cabeza pensante.

Decisións superiores impoñían certa prisa que se levou por diante algunhas cuestións referentes á calidade. Houbo que cambiar a idea inicial de xardín por un asfaltado completo (xa non hai quen sache).

O prazo concedido para rematar o asunto tiña que dar marxe -eso sí- para facerlle forma á nova poltrona que chegou, por fin, hoxe, para tranquilidade de todos en xeral e do comisario político de zona en particular.

Chegou discretamente nunha furgoneta de pan: ergonómica, de pel natural (denominación de orixe Ribeira do Umia), con rodas e, por suposto, reclinable. O operario descargouna sen moito agarimo, sen decatarse da potencia do instrumento que tiña nas mans.

Agora quedaba o verdadeiramente complicado: darlle forma, domesticala… apoltronarse nela… Non se podía arriscar a unha mala decisión da veciñanza. A sentencia do presidente da confederación resonaba na súa cabeza. “Ten tino: un paso en falso e estas bestas danche unha patada no cú e antes de que te des conta hai un médico novo no teu sitio”.

No delirio da incertidume (os soños da mala conciencia son traicioneiros), consolábase pensando que así, no peor dos casos, “o novo” non aturaría nunha poltrona incómoda, feita a medida dun cú máis noble, doutra talla e, irremediablemente, máis cedo que tarde, remataría por devolverlle o cetro nun final feliz con bágoas e carteis en (oníricas) rotondas: “nosotros somos contigentes, pero tú eres necesario”.

Quedábanlle tres meses tres para que todos visen que controlaba a situación. Que o redil volvía a estar quentiño, que todo cheiraba a novo… que as ovellas podían volver a espirse confiadas, sen preocuparse por quén carda a lá.

Nas próximas semanas iríaas chamando unha a unha para deslumbralas coa austera maxestuosidade do (seu) novo trono.

Entrementres, sen máis cartos que invertir, como medida sanitaria urxente, aprobou que no vetusto centro de saúde colgaran o cartel de “próximo derrubo – non pasar”.

“Maio chega pronto. Que aguanten sen morrer tres meses…”

esta ben claro

Pazo de Familia

Por non poder atendelo, alúgase ou véndese señorial pazo, amueblado (http://wp.me/pa6QU-4jX) casa concelloy  -asfaltadito-hasta-la-puerta, recén remodelado por empresas de confianza (Abal é Nosa). Excelentes acabados.

656.948,20€ (cento dez millóns de pesetas) investidos dende o ano 2010 sobre o que se ve por fora(180€ por habitante). (Sabemos que con eses cartos pódeste​ facer un edificio novo, cómodo e moderno, xa: pero sen almenas).

Moi versátil (multiusos).

Sen necesidade de mercar un cabalo, poseelo transformarate en todo un cabaleiro

​​. Pasa unha noite de lúa chea nel e sentiraste con dereito de pernada…

Non perdas a oportunidade de ofrecerlles ós teus servos o castelo que merecen. Sé coherente coa túa ideoloxía medieval. Puxas ata o 24 de Maio de 2015*​

. * RIESGO DE LA CATEGORÍA SEGÚN CRITERIOS DE LA CNMV: MEDIO. LICENCIA Y TASAS POR CUENTA DEL ADJUDICATARIO.

o veciño denfrente

 

 

¿Por qué o Concello non se pode facer cos terreos da Avícola para un novo colexio?

o veciño denfrente
a. Porque os propietarios da Avícola non che son os do SU-R-4 (entre a cancha de tenis e o río), que permiten a ocupación das súas fincas con entullos e verquidos.
 
b. Porque desarrollar o solo da Avícola require resolver primeiro o tema do saneamento e colocar dúas novas depuradoras (e pagalas), mentres máis da metade das casas de Barro malviven con pozos negros. 
c. Porque gastou os cartos en devolverlle ó “amigo misterioso” a compra dos terreos do monte para facer (máis) campos de futbol (seica todos se queren xubilar na Federación Galega de Fútbol). 
d. Porque os políticos non necesitan escolas: alí non van rematar os seus días.
 
PISTAS:
c.   http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/11/10/barro-compra-terrenos-embargados-pontevedra/911750.html , inclúe (de balde) interesante fotografía de cando Louzán era Louzán e  Landín era Landín (tempus fugit…).
 
Os gañadores entrarán no sorteo dun título de “limpador-resplandecedor de camiños xacobeos” e un anaco de herba sintética para a porta da casa.

Medias verdades monaguescas

o veciño denfrente

Ver esto:

http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-la-diputacion-ingresara-10-millones-de-euros-por-la-venta-de-16-parcelas-y-75-194-m2-del-poligono-de-barro-meis-a-las-empresas-froiz-y-novas-r

 …e comprobar que non é certo que o precio fose 105€/m², senon 105€ + 21%IVA = 127,05€.

 É dicir, dos 10M, máis de 1,6M son de IVA: A Deputación o que é ingresar, ingresará apenas 7,9M.

 E tampouco 75.194m² son os 90.000 que pregonaban ó principio:

 
…para todo o demáis… Mastercard (escollédelle a cor)…

 ¡¡¡¡¡SNIFFFFF!!!!! …

​Pero se con eso non chega n​in para asumir as consecuencias da chapuza do Plan Sectorial que foi anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia…

 “El suelo de Barro-Meis costará 10M más de lo pactado”

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/86579.html

 Pensade que o último orzamento do Concello de Barro foi de 1,8M (1.857.700€) e… ¿cal foi o da túa casa…?

 http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=1800651&fileName=bop.PONTEVEDRA.20131212.238.pdf

 Sigamos coas contas:

 Din que venden o 50% ingresando 10M (7,9), pero con outro tanto (o 50% que lles queda por vender) apenas da para cubrir gastos: só a obra de urbanización foron 16,8M

​ (un Pasarón, para entendernos)​:

 http://antalsis.com/?portfolio=urbanizacion-del-srau-outeda-curro-espana

 Vale que hai que celebrar que consigan que comece a funcionar (a estas alturas a creación de calquera cousa que un político po​i​da vestir de emprego encubre calquera neglixencia), pero hai que pensar que esta operación leva 10 anos en curso e máis de 5 anos de retraso en canto as previsións de retorno da inversión, é dicir: é unha promoción urbanística e social fracasada na que todas as previsións que fundamentaron o seu suposto interese público resultaron demostrarse falsas e xurídicamente cuestionadas.

 Entremedias, Idom levou a súa parte (proxecto de urbanización), Antalsis a súa (obra de urbanización) e hasta Cotiasa pillou cacho (Plan Parcial):

 http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/01/31/3420453.shtml

 http://pdf.depontevedra.es/ga/108/TidJkHkIMr.pdf

 Cotias a sonaravos porque (mira-ti-qué-coincidencia) foi a empresa que desenrolou o SU-R-3 para o Concello (http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/iotpu.php?iddoc=26346) e a Concentración Parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas para Medio Rural. Redactou os tres traballos case simultáneamente, e tal vez eso explique os misteriosos repartos de parcelas, a non-exclusión dos núcleos, o cambio de mans de solo construible, a apertura de viais abríndolle frente edificable a según quen… pobriños… tanto traballo fixo que lle misturasen nos miolos urbanismo e parcelaria…

 …Pero ese éche outro conto… crudo… sen monagadas posibles…

louzan

Alta Tensión no Camiño de Portugués

o veciño denfrente

A pesar das alegacións presentadas polos veciños no seu momento, a Deputación e FENOSA manteñen o trazado do abastecemento da alta tensión ó Polígono de Froiz polo medio dos núcleos de Güimil e Valbón.

Vaia por diante que, a efectos de saúde, tanto che ten que a liña pendure sobre a túa cabeza entre altas torres metálicas coma que vaia metro-e-medio por debaixo da túa casa… Xa sabedes: inocuo, supersano e, sen probas que indiquen o contrario: do melloriño para o colesterol… Imos morrer cunha pinta estupenda…

Pola súa parte, o Concello de Barro non ten nada que aportar: nin está nin se lle espera logo do lamentable espectáculo de ter que pagar con fondos do concello o transformador do edificio gris que hai ó lado da capilla de San Antoniño (ese que sobrevive no medio dun descampado sen urbanizar, pero que por algún motivo ten licencia).

Daquela ó concello non lle pareceu relevante facer a vista gorda cando Fenosa tirou un novo tendido aéreo entre o poste que hai na parcela do Tanatorio e o novo na parcela da Avícola. Deixáronlles facer.

Logo viñeron, en Agosto, os morritos de Landín porque Fenosa non lle quería retirar o tendido da rúa Areal para que se puidesen facer, por fin, as aceras (bueno, outro cacho, 60.000 euritos, que para todas as que faltan non hai cartos).

http://noticiasbarro.com/2014/08/13/barro-retirara-unha-lina-de-baixa-tension-ao-non-recibir-resposta-das-empresas-competentes/

Agora van aburatar polo medio e medio un tramo do Camiño Portugués, pero tranquilos que non se vai notar nada: volven asfaltar por riba e listo. Sentímolo polos Amigos do Camiño Portugués, que seguro que preferían aproveitar para poñer un pavimento máis axeitado ós peregrinos, ou mellorar a imaxe do Camiño. Non é que non haia cartos, e que pensar da moito traballo, e non é cousa de perder o tempo escollendo materiais agora que por fin demos vendido o xxxx polígono).

Consoládevos pensando que, sen dúbida, o magnetismo da liña atraerá novos peregrinos.

Pero o peor, dentro do pésimo, é que a pesar de aburatar polo medio e medio os dous lugares (Güimil e Valbón), a operación de excavación e reasfaltado non se vai aproveitar para meter outro tipo de conduccións (qué sei eu: auga, alcantarillado, telefonía e datos…).

¿Para qué? A xente vai ser feliz porque Froiz vai ser feliz. Beber e cagar poden seguir facéndoo nas fontes, nos pozos e nas cuadras.

¿Cánto mellor non vai a ser agora a auga, ionizada a alta tensión?

cables

1

2

3

Non á rehabilitación, nin á promoción. Non: á protección. Para mexar coa risa…

“O Alcalde de Barro recibe o Premio Provincial á protección do patrimonio público pola recuperación de Barosa”.

 Non á rehabilitación, nin á promoción. Non: á protección. Para mexar coa risa…

Por curiosidade, boteille no seu momento un vistazo ás bases (BOP nº221 de 18/11/2013, páxina 27). Débese facer moi pouco polo Patrimonio nesta provincia cando o premio recae nunha intervención de urbanización dun entorno rural para convertilo nun parque URBANO, obviando ademáis a inmediatez do esquencido castro que é o elemento que da orixe ó conxunto (en realidade obviando todo, porque non hai un miserable cartel no que se expliquen os valores do lugar). Pero a resolución do eminente xurado era inapelable, blindada, indiscutible. Un reparto.

Noraboa en todo caso ó Concello por conquerir fondos cos que poder pagar as múltiples sancións que continúa acumulando coa Dirección Xeral de Patrimonio. Tamén deberían servir para invitar ós de ADEGA a coñecer a actuación que se supón que enmenda aquel outro premio que lle tiñan concedido ó alcalde por, precisamente, todo o contrario:

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/06/20/4877681.shtml

http://vello.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=30&id=50815&cm=1

Trátase, en todo caso, dun premio “en diferido”, xa que as obras principais foron inauguradas en Outubro de 2011 e as dos muiños no 2012. E un premio, por qué non dicilo, inxusto, porque tanto o proxecto coma os cartos da intervención agora laureada foron sufragados pola empresa concesionaria, sen que o concello participase na súa definición.

Sí, sí: concesión. Non venda. Xa sei que últimamente parece que o Concello lle teña vendido Barosa ós do Bar-Discoteca, como evidencia a total ocupación dos espacios exteriores, a colocación masiva de carteis “artesanais”, o posto de perritos calientes, os baños vertendo a cano libre, a iluminación descontrolada e, no extremo, a organización de eventos musicais a tope de kilowatios nun “Espacio Natural Protexido” (segundo a normativa municipal).

¿Canto non mellorarían as Cíes se se puidesen visitar en coche, levar á Panorama e dotalas dun permanente cheiro a churrasco?

Claro que para os rexedores e os seus acólitos non é un espacio natural protexido: para eles é todo un “PARQUE NATURAL”, como queda plasmado no vanidoso cartel do acceso. Nada menos. Por eso o atravesaron cunha ponte que non conduce a ningures (a súa especialidade).

Porque todos levamos un enxeñeiro dentro, pero o rexedor supremo leva un enxeñeiro superior (de caminos-canales-puentes-e-o-que-lle-boten, licenciado no mesmo sitio onde Barosa obtivo o título de Parque Natural). Trazador do novo urbanismo clarividente: Barro-vila-rural, Avenida de Jose Antonio, concello-castelo, pontes sen fin, quita-ese-monte-de-ahí-que-estorba,…

Pero eu do que quería falar era desas táboas pintarrajeadas que poñen “ARTESANÍA”, manuscritos en colores chillóns e chuzados nas pontes e no muiño.

Esas sei que, queixándonos, probablemente conseguiremos que, cando menos, as cambien por outras máis decentes.

A participación cidadá é importante nestes asuntos. Pensade que foi, precisamente, a que evitou que a Barosa de agora non fose a Barosa proxectada polo enxeñeiro supremo naquel primeiro proxecto que daba pena…

Iso: ó mellor o premio habíallo que dar á participación cidadá.

O Veciño de Enfrente

o veciño de enfrente

 

 

 

 

 

 

O Veciño de Enfrente

“O veciño de enfrente” Estado actual de mantenemento e conservación do Parque do Rego Areal

Estado actual de mantenemento e conservación do Parque do Rego Areal, pagado con axudas do Proder. Un exemplo máis de inversión a medias en Barro: o importante é dicir que o fixeron, non que se poida utilizar (e así o Pazo, o Concello, as Pontes de Barosa e Valbón, os muiños-chiringuito de Barosa, as rúas sen baldosas, os campos de fútbol,…).

Gastan os cartos en obras nas que non poden asumir o mantenemento en lugar de destinalos a servicios públicos básicos que se cofinanciarían con fondos europeos. A fritura de impostos era para esto, queridas croquetas.

Firma:

“O veciño de enfrente” (prometo máis post…)

20140920_184200 (Large)

20140920_184100 (Large)

20140920_183952 (Large)

20140920_183945 (Large)

20140920_183929 (Large)

20140920_183912 (Large)

20140920_183646 (Large)

20140920_183642 (Large)

20140920_183638 (Large)