Curso de Excel avanzado

O BNG esixe unha solución inmediata aos problemas de seguridade nas obras en Curro

Pasou máis dun mes desde que o BNG denunciou a inseguridade producida polas obras do enlace de Curro, e aínda non se adoptou ningunha medida para darlle solución.

O normal é que cando se elabora un proxecto se teñan en conta os problemas que se poidan producir e se plantexen solucións para aminoralos. Neste sentido é incomprensíbel que nin a Xunta (que contratou a obra) nin o goberno municipal (que coñece perfectamente os problemas que alí se sofren) buscasen solucións aos graves problemas de seguridade viaria que se vían vir.

Un mes despois de que o BNG denunciase os problemas, a Xunta anuncia que nos próximos días se van desprazar técnicos da consellaría para ver as medidas que se deben adoptar para acabar coa inseguridade viaria.

O BNG agarda que non se tarde máis tempo e que as medidas necesarias se adopten de inmediato para evitar as molestias e perigos que se lle están a ocasionar tanto aos peóns como aos condutores.

Primeiro acto para José Sanmartín

O empresario José Sanmartín Soto, veciño de Curro , foi presentado onte como candidato do PSOE á alcaldía de Barro. Acompáñano, en postos de saída, a actual portavoz municipal, Margarita Canay, José Luis Abal, Carlos García e María Jesús López. O PSOE é a terceira forza política en Barro.

Lista definitiva  Barro:

Coa que concurren nas Eleccions Municipais do 22 de maio do 2011.

1-      JOSE SANMARTIN SOTO. EMPRESARIO E PRSIDENTE DA SCD. TERRAS DE CURRO.-VECIÑO DE CURRO

2-      MARGARITA CANAY PINTOS  ENFERMEIRA E ACTUAL CONCELLEIRA –VECIÑA DE VALIÑAS

3-      JOSE LUIS ABAL COUTO. TECNICO DE LABORATORIO E ACTUALMENTE XUBILADO-VECIÑO DA PORTELA

4-      CARLOS GARCIA GUIMIL. CARTEIRO.

5-      MARIA JESUS LOPEZ BARREIRA. MESTRA –VECIÑA DE PERDECANAI

6-      SILVIA TORRES LANDIN.ENXENEIRA TECNICA FORESTAL-VECIÑA DE CURRO

7-      DIANA POSE NAVEIRA. ADMINISTRATIVA E  VECIÑA DE PERDECANAI

8-      COEJO MARTINEZ MIGUEL.FONTANEIRO. E  VECIÑO DE AGUDELO.

9-      ROCIO TOURIÑO REBOREDO. ADMINISTRATIVA. VECIÑA DE CURRO

10-  DOLORES DOMINGUEZ PRIETO. LICENCIADA EN HISPANICAS,. VECIÑA DE CURRO.

11-  JULIO CESAR CONSTENLA. FUNDADOR DA AGRUPACION SOCIALISTA DE BARRO. XUBILADO E VECIÑO DE BARRO.

SUPLENTES:

1-      NIEVES MONTES LEBOREIRO. AMA DE CASA. VECIÑA DE AGUDELO

2-      PABLO DIZ COSTAS. EMPREGADO EN CARPINTERIA DE ALUMINIO. VECIÑO DE VALIÑAS.

3-      LUIS GUZMAN GONZALEZ. EMPRESARIO XUBILADO. VECIÑO DA PORTELA

diptico psoe barro IMPRENTA (1)



A quen votarás nas eleccións municipais?


A instalación dunha granitera en Barro-Meis dará emprego a unhas 15 persoas

A empresa Gescogra SLU, dedicada á transformación de cuarzo e granito, instalarase no polígono industrial de Barro-Meis, impulsado pola Deputación de Pontevedra. A firma granitera, con sede no propio municipio de Barro, contará cun equipo de entre 12 e 15 persoas, e para a súa nova localización pretende realizar un investimento duns 600.000 euros.

Segundo o organismo provincial, Gescogra pretende dotarse dunhas novas instalacións neste parque empresarial para pechar o seu ciclo produtivo, consistente na transformación da pedra en produtos finalistas con varias utilidades, como revestimentos, pavimentos, fabricación de chanzos ou cadeirado. Para a súa actividade vén utilizando, fundamentalmente, materia prima autóctona da zona.

O obxectivo da nova empresa que se asentará en Barro-Meis, a segunda despois de Caldeirarías e Estruturas do Noroeste-Caenor, que ocupa unha parcela duns 2.500 metros cadrados, é abastecer a demanda emerxente dos seus produtos no mercado galego e estatal, ademais de emprender un proceso de exportación a clientes da Unión Europea. Neste polígono industrial está previsto que se instale tamén unha planta de biomasa, por parte da empresa Montelimpo.

Por outra parte, a Deputación de Pontevedra aprobou este mércores a licitación pública da estación depuradora de augas residuais, por 1,2 millóns de euros. Instalarase nunha parcela de case 2.000 metros cadrados e substituirá a depuradora provisional actual.

A nova infraestrutura contará con instalacións auxiliares de desodorización, pozo e rede de recollida de baleirados, edificio de contro, recollida de pluviais e sistema de rego.

Os socialistas cambian o seu cartel en Barro

O empresario de 38 anos José Sanmartín será o candidato do PSdeG-PSOE en Barro. Nacido en Lalín, aínda que residente en Curro desde hai oito anos, o cabeza de lista presentará ao seu equipo mañá, ás 20.30 horas, no restaurante Florita arroupado por Guillermo Meijón. Sanmartín substitúe a Margarita Canay, que no 2007 obtivo 288 votos e un concelleiro.

Banda Xuvenil de Barro

Xa estan dispoñibles as gravacións do IV Certame Galego de Bandas de Música. Neste Certame celebrado os dias 19, 20 e 21 de Novembro a Banda Xuvenil de Barro acadou a primeira posición na súa categoría e tamen foi a banda que mellor puntuación acadou de todo o certame. Agora están dispoñibles os audios para que todo o mundo poida escoitarnos.

 

bandaxuvenilbarro.es

Un teixugo irrompe no viario de Porráns a Moraña e provoca un accidente de tráfico

Un condutor que circulaba pola estrada PO-226 que enlaza Porráns (Barro) con Moraña levou onte un bo susto cando un teixugo irrompeu na calzada. O animal morreu tras ser atropelado e o condutor resultou ileso. O suceso ocorreu ás 8.25 horas á altura do núcleo da Barosela, na parroquia de San Salvador de Saiáns, en Moraña.

Segundo informou o servizo de urxencias de Galicia 112, o particular solicitou a presenza dunha patrulla da Garda Civil de Tráfico porque tras o impacto contra o teixugo o seu vehículo sufriu danos nun faro.

Este accidente non foi o único que se rexistrou onte na comarca. No municipio de Caldas, un coche envorcou ao seu paso polo número 4 do lugar de Calvelos, na parroquia de Saiar. Foi ás 15.03 horas na estrada N-640. A central de coordinación mobilizou á Garda Civil e a Protección Civil de Caldas. Tras o envorco a única ocupante do turismo resultou ferida leve e foi trasladada ao centro de saúde da localidade. Para retirar o Seat León foi necesaria a intervención dun guindastre.

Un ano esperando resposta sobre Porráns

Deputada do BNG no Congreso

«Non sabemos se terán en conta as alegacións e se se avaliou ou tremendo impacto que vai ter»

Olaia Fernández Davila

A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila queixouse onte de que leva un ano esperando a que Fomento contéstelle dúas preguntas sobre o impacto do AVE a Ourense na parroquia de Porráns e os dous viadutos previstos.

A deputada presentou dúas preguntas en abril do 2010 nas que demandaba información respecto diso e recordaba que Porráns «é en realidade é centro histórico, cultural e social do concello».

Ademais, sinalaba que neste lugar se atopa situada a leira señorial da Torre con protección patrimonial e pedía que o ministerio aclarase se se ían ter en conta as alegacións presentadas polo Concello ante o malestar dos veciños.

Aínda que o ministerio non deu «ningunha resposta» á deputada, o delegado do Goberno, Antón Louro, deixou claro o pasado xoves que existe vontade de afrontar o problema por parte de Fomento e que a cuestión vai ser revisada ao redactar o proxecto Cerdedo-Varro. «Estanse estudando todas as posibilidades e as alegacións que se teñen feito», asegurou o delegado do Goberno 24 horas despois de que fose adxudicado o deseño do citado proxecto.

A solución barallada ata agora para non esnaquizar o núcleo de Porráns, exposta desde UGT e apoiada por diversas institucións, consiste en cambiar o túnel de Fontenla para efectuar a conexión co Eixo Atlántico máis ao sur, talvez nas proximidades de Reiriz (Pontevedra). En principio, o itinerario barallado -sempre en túnel- pasaría polas proximidades da presa do Pontillón de Castro.

De momento, non hai unha decisión tomada para cambiar o trazado. O único decidido é revisar o que tanta polémica causou en Barro, aínda que non debe descartarse unha modificación. «Eu sei que hai a mellor vontade por parte de Fomento para resolver isto», sinalou Louro.

 

CAMPAÑA DOAZÓN SANGUE EN BARRO

O vindeiro martes, 22 de febreiro, todos os/as veciños/as que poidan e desexen doar sangue,  sabede que a unidade mobil encontrarase frente o centro de saúde, no San Antoniño, das 16:00-21:00.

Moitas grazas, lembrade que só 10 minutos salvan vidas.

Mais información no 900 100 828.

CAMPAMENTO DE VERÁN NAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE VACACIÓNS “A LANZADA

A Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza nos meses de xuño a setembro CAMPAMENTOS DE VERÁN NAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE VACACIÓNS “A LANZADA” para nenos/as de 8 a 13 anos. Precio: 68 € dos que 50 abonaos o interesado e 18 € subvencionaos o Concello. Prazas asignaranse por sorteo. Os interesados acudan ó servizo Saial de Atención Primaria ata o día 3 de marzo de 2011.

  • ANOTACIÓNS PARA TER EN CONTAOs nenos dormen en tendas de campaña de 5 prazas (mínimo) cada unha.

    En cada quenda de campamentos realízase unha excursión á Illa de Ons. O billete custa 12 €, que cada neno deberá entregar no campamento o primeiro día.

    En canto ós cartos para o acampado son sufcientes 5 € (para un xeado, un refresco, chamar por teléfono…).

    Poden levar teléfono móbil pero gardarano os monitores e daránllelo ós nenos os días e as horas sinaladas para chamar á casa. Tamén poden levar cámaras dixitais pero o campamento non se fará cargo do seu extravío.

    Informamos os pais de que a Deputación tomará imaxes e gravacións das presentacións e peches de cada quenda de campamentos así como das actividades que realicen os nenos. Despois publicaranse na páxina web da Deputación.

  • DATAS
    • 1ª Quenda: do 23 de xuño ó 29 de xuño
    • 2ª Quenda: do 30 de xuño ó 6 de xullo
    • 3ª Quenda: do 7 de xullo ó 13 de xullo
    • 4ª Quenda: do 14 de xullo ó 20 de xullo
    • 5ª Quenda: do 21 de xullo ó 27 de xullo
    • 6ª Quenda: do 28 de xullo ó 3 de agosto
    • 7ª Quenda: do 4 de agosto ó 10 de agosto
    • 8ª Quenda: do 11 de agosto ó 17 de agosto
    • 9ª Quenda: do 18 de agosto ó 24 de agosto
    • 10ª Quenda: do 25 de agosto ó 31 de agosto
    • 11ª Quenda: do 1 de setembro ó 7 de setembro

A incorporación ó campamento terá lugar entre as 10:00 e as 11:00 h en todas as quendas e a saída ás 10:00 h.

Solicítase máxima puntualidade para recoller os rapaces xa que as instalacións do centro se pecharán á hora sinalada.

 

 

O BNG DENUNCIA O DESINTERESE DO PP POR MELLORAR AS INSTALACIÓNS E AMPLIAR O RECINTO ESCOLAR DO COLEXIO

O BNG reuníuse o pasado 15 de febreiro coa directiva da ANPA do colexio de Barro para intercambiar opinións e coñecer de primeira man a situación na que se atopa o centro educativo na actualidade.

O portavoz do BNG, Xosé Manuel Fernández Abraldes, lembroulle á directiva da ANPA que xa en xaneiro de 2009 presentou unha moción que foi aprobada polo Pleno da Corporación. Nesta urxíase á consellaría de Educación a facer a reforma integral do colexio, e ao goberno local do PP a acometer as obras de mantemento necesarias, mellorar a seguridade e accesibilidade do recinto, e adoptar as medidas urbanísticas que fosen precisas para ampliar o recinto escolar a un mínimo de 1000 m2.

“Pasados xa dous anos –dixo Abraldes- a consellaría pouco fixo, e o goberno municipal do PP non fixo nada”.

Pola súa banda, as membros da ANPA confirmaron que siguen a ser moitas as deficiencias que ten o colexio de Barro, entre as que citaron:

–          As uralitas que cubren os patios presentan un aspecto lamentábel.

–          As calexas de recollida da auga están picadas e as baixadas, cando existen, rotas.

–          A escalinata de acceso ao recinto, así como as varandas que hai no mesmosupoñen un perigo para os nenos e nenas.

–          A inexistencia de aseos a carón do comedor para que os nenos e nenas poidan usalos para o seu aseo.

–          O recinto escolar é moi pequeno.

Para o portavoz do BNG e candidato á alcaldía ese desisterese do PP en solucionar estas e outras deficiencias que ten o colexio, pon de manifesto que pouco lles preocupa as condicións nas que os nenos e nenas de Barro se educan. “Vós –afirmou Abraldes- xa denunciarades en 2008 as graves deficiencias do colexio nun informe moi minucioso e documentado. Que tres anos despois as cousas sigan practicamente igual ilustra, de forma alarmante, a desidia e a incompetencia que manifestan tanto o goberno municipal como a Xunta de Galiza coa educación pública”.

Abraldes afirmou que para o BNG “a educación pública é un servizo básico e, como tal, prioritario” e comprometeuse coa ANPA a que se o BNG chega ao goberno municipal de Barro, a educación pública será un obxectivo prioritario da súa acción de goberno. “Faremos frente, con responsabilidade e rigor, á mellora das instalacións e equipamentos educativos, porque os nosos nenos e nenas, que son o futuro do concello, merecen unhas instalacións dignas para a súa formación”.

 

Fomento revisará a conexión do AVE a Ourense en Porráns

A polémica conexión co Eixo Atlántico en Porráns (Barro) do AVE Pontevedra-Ourense por Cerdedo vai ser revisada no marco do proxecto de trazado de Fomento. «Estanse estudando todas as posibilidades e as alegacións que se teñen feito», asegurou en Radio Voz o delegado do Goberno, Antón Louro, só 24 horas despois de coñecerse a adxudicación deste proxecto.

A solución barallada ata agora para non esnaquizar o núcleo de Porráns, exposta desde UGT e apoiada por diversas institucións, consiste en cambiar o túnel de Fontenla para efectuar a conexión co Eixo Atlántico máis ao sur, talvez nas proximidades de Reiriz (Pontevedra).

De momento, non hai unha decisión tomada para cambiar o trazado. O único decidido é revisar o que tanta polémica causou en Barro, aínda que non debe descartarse un cambio. «Eu sei que hai a mellor vontade por parte de Fomento para resolver isto», sinalou onte Louro.

O delegado do Goberno recordou ademais que os «escasos» conflitos xurdidos na execución do Eixo Atlántico de Alta Velocidade -en obras entre Padrón e Vigo- «resolvéronse». Cando non sexa posible a solución, haberá que «compensar ou interese particular onde estea lesionado».

Se Fomento non ten inconveniente en revisar a ligazón de Porráns, Louro mostrouse onte en contra de calquera variación para soterrar as vías en Pontevedra e limitou esta actuación a Vigo por razóns orográficas e para dar saída cara a Portugal ao Eixo Atlántico a través do subsolo da cidade. «Ferrocarrís non dedícase a soterrar estacións», sinalou o delegado do Goberno pouco antes de subliñar que as de Santiago, Ferrol, A Coruña, Ourense e Lugo tamén irán en superficie.

«Aquí hai un señor que se lle ocorreu fora de tempo soterrar a estación de Pontevedra», dixo en clara alusión ao portavoz do PP, Telmo Martín. Esta operación tería, segundo o delegado do Goberno, «problemas serios» e atrasaría «tres ou catro anos» a entrada en servizo do Eixo Atlántico.

O político socialista dixo que o soterramento que propugna Martín tíñaselle que ocorrer «antes» e non «unha vez feitos proxectos e licitacións». «Non pódese andar para adiante e para atrás», sinalou.

Ao recordar que fora o PSOE local o primeiro en expor o soterramento, Antón Louro dixo que se trataba dun estudo de UGT e que, unha vez que se miraron todas as variables, «tiña dificultades engadidas para a conexión co porto de Marín e nos acesos aos soterramentos», ademais de expor problemas para cruzar o Lérez e o Gafos.

En canto ao acceso á N-550 da ponte do AVE na Condesa, o delegado do Gobienro pediu «calma» e «prudencia» e sinalou que os técnicos están a estudar solucións porque existe un problema xurídico. «Non podemos picar unha estrada nacional en curva: se ou facemos estamos a incrementar nivélesvos de inseguridade nesa vía», comentou.

Entidades veciñais esixen buses e trens de proximidade

O transporte colectivo será a partir de mañá un dos eixos permanentes de reivindicación do movemento veciñal de Pontevedra e a súa comarca. Representantes da federación Teucro anunciaron onte que reclamarán un servizo de buses eficaz e un servizo de trens de proximidade na o asemblea que vai ter lugar mañá no edificio de Novacaixagalicia.

A esta asemblea foron convocados colectivos de Pontevedra Marín, Poio, Vilaboa, Redondela, Barro, Cotobade, Ponte Caldelas e A Lama afectados por infraestruturas como o AVE, a A-57, a A-59, a circunvalación, a variante de Marín, o periférico de Poio, a estrada de Vilagarcía ou a de Sanxenxo.

Segundo explicaron directivos da entidade, a súa aposta en favor do transporte colectivo incluirá a demanda dunha estación intermodal, trens de proximidade e buses que conecten as parroquias e concellos veciños con Pontevedra. Estes servizos complementaríanse con aparcadoiros disuasorios preto das paradas de bus nas parroquias e tamén nas proximidades da cidade, servidos polo menos por dúas liñas de buses urbanos que fagan percorridos Norte-Sur e Este-Oeste por carrís especificamente reservados aos mesmos, aínda á conta de suprimir aparcadoiros.

O financiamento sería a mesma que a doutros sistemas de transporte metropolitano noutras cidades, aínda que se dá por feito que, polo menos inicialmente, o sistema xeraría un déficit que debería ser cuberto con cargo a fondos públicos das Administracións.

A asemblea de mañá reclamará así mesmo que se consulte aos veciños antes de trazar os grandes eixos de infraestruturas, segundo explicou Claudio Quintillán. José Luis Vidal Laíño criticou pola súa banda que o Concello non solicite o apoio dos veciños para asegurar a rolda.

 

PRESENTACION DA CANDIDATURA DO PSdeG-PSOE O CONCELLO DE BARRO

PRESENTACIÓN DA LISTA ELCTORAL COA QUE CONCURRIRA NAS PROXIMAS ELECCIONS MUNICIPAIS. NA QUE SERA O CABEZA DE LISTA  E CANDIDATO A ALCALDIA JOSE SANMARTIN.

FALARAN
JOSE LUIS ABAL(SECRETARIO XERAL DE BARRO)
GUILLERMO MEIJON(DEPUTADO AUTONOMICO)
E JOSE SANMARTIN.

Hora
Viernes, 25 de febrero · 20:30 – 23:30

Lugar
RESTAURANTE FLORITA