“É hora de políticas eficaces, que xeren emprego e reactiven a economía local. É hora de apoiar ao BNG”

Xosé Manuel Fernández Abraldes, candidato do BNG á alcaldía de Barro 

Se lle preguntásemos ás nosas veciñas e veciños sobre os froitos dos 30 anos de gobernos ininterrumpidos do PP en Barro unha grande maioría non sabería que responder, porque non é fácil destacar actuacións que repercutisen nunha mellora da calidade de vida do noso pobo ou nun dinamismo económico e social apreciáble.

Barro precisa dun alcalde que traballe, que sexa amábel coa xente, de bo carácter, que abra as portas da Casa do Concello e dea solucións aos problemas que se lle acheguen. Un alcalde que prevea as necesidades do concello e sexa capaz de solucionar os problemas.

É hora de rachar co modelo caduco e esgotado do PP e apostar por un concello aberto e eficaz 

Os anos de goberno do PP deron como froito que o noso concello careza dos servizos básicos de auga e saneamento en todas as parroquias, que teñan menos equipamentos públicos que outros concellos do arredor, e que a maioría das infraestruturas que posee (centro médico, colexio, campo de fútbol) están nunha situación deplorable que claman por un arranxo inmediato.

O BNG quere cambiar esta situación, quere liderar un goberno distinto, que atenda a todos os veciños e veciñas por igual, que enfronte os problemas e lles busque solucións, que sexa capaz de reactivar a economía local e poñer freo ao desemprego.

Queremos un alcalde dialogante e firme, que crea nas posibilidades de Barro e teña o empuxe, a ilusión e a capacidade necesarias para facer realidade os proxectos.

Un goberno que promova o desenvolvemento económico e cultural do noso concello e apoie aos colectivos sociais nas súas iniciativas. Un goberno do pobo, para o pobo e co pobo.

O BNG quere o voso respaldo a un proxecto ilusionante, comprometido na transformación de Barro, na creación de emprego e no benestar dos seus habitantes.

Preme aqui barro nº 14 Preme aqui barro-fotos-web

Servicio de lista de distribución

A OMIX de Barro ten a disposición de tódolos xóvenes do concello un servicio de lista de distribución, a través do correo electrónico, só tendes que enviar un e-mail á omix@barro.es solicitando formar parte desta lista de envios de ofertas de emprego, cursos, etc.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

Seleccionamos operario/ás con experiencia en manexo de serra para cortar peixe conxelado.
Residencia en Barro ou arredores.

Incorporacion inmediata.

Requisitos

Estudos mínimos: Educación Secundaria Obrigatoria
Experiencia mínima: Polo menos 2 anos
Imprescindible residente en: Provincia Posto Vacante
Requisitos mínimos: Imprescindible polo menos 2 anos de experiencia coa serra para cortar conxelado.
Carné de manipulador de alimentos.
Residencia en Barro ou arredores.
Incorporacion inmediata.
Contrato

Tipo de contrato: De duración determinada
Duración: Estable
Xornada laboral: Completa
Horario: 06:00 – 14:00 / 14:00 -22:00 h
Salario

Salario: 12.000 € -15.000 € Bruto/ano

Quero inscribirme na oferta

I Festival de Bandas de Música: zona de Pontevedra

A primeira edición do Festival de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” iniciase o 26 de marzo, coas bandas pertencentes á zona de Pontevedra. As actuacións terán lugar a partires das 18.00 h. no Pazo da Cultura, coa participación de catro bandas (tres en sección segunda e unha en sección primeira). Cada banda de música interpretará dúas obras de libre elección sendo unha delas obrigatoriamente de autoría ou temática galega.

O programa da xornada é:

SECCIÓN SEGUNDA

  • Banda de Música Xuvenil de Barro. Dir: Alejandro Cimadevila Louzao. Obras: Os muíños da Barosa de Adrián Silva e Carmen Suite de G. Bizet
  • Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña. Dir: Salvador Meira Corrales. Obras: Airiños Aires (Rapsodia Galega) de Gustavo Freire e Ireland: Of Legend and Lore de Robert W. Smith
  • Banda de Música Artística de Bueu. Dir: Víctor Manuel López Pazos. Obras: A miña aldea de A. Leira Díaz e Visions of Flight de Robert Sheldon

SECCIÓN PRIMEIRA

  • Banda de Musica de Salcedo. Dir: Andrea Loss. Obras: Gallaecia de José Bugallo Senra e Highlights from Chess de  Ulvaeus & Andersson

Nas obras de Barosa xa se poden ver parte dos froitos das propostas realizadas polo BNG

O proxecto que está a levar a cabo a Xunta de Galiza no entorno de Barosa ten moi pouco que ver co que inicialmente tiña previsto o concello de Barro, grazas, entre outros, ás alegacións e propostas feitas polo BNG.

O aparcamento grande vaise facer á entrada do parque, como nós pediamos, e non a carón da illa como pretendía o goberno municipal.

Os recheos retiraronse da beira do río, deixando libre o aliviadeiro da auga debaixo da N-550, e non como como estaba antes, que o recheo ía pegado ao río ao longo do seu trazado e a unha distancia mínima.

Pero, sobre todo, os recheos que comezara a facer o goberno municipal de entre 3 e 5 metros de altura, pasan a ser de 1 metro ou 1’5 metros, tal e como o pedía o BNG e xa se pode ver na actualidade, o que lle dá á actuación un carácter moito máis respetuoso cun espazo de tanto valor etnográfico e medioambiental como é o entorno de Barosa.

ALEGACIÓNS AO PROXECTO DA MELLORA DO ENTORNO DO RÍO BAROSA

documentación barosa

Xonadas informativas: INTERNET NO RURAL

Xonadas informativas: INTERNET NO RURAL (Repoblar). Mañá Veres día 25 de marzo, ás 19:00 h. no salón de actos da Biblioteca Pública Muinicipal de Barro. 1Mb=20,06 € ó mes mais intalación antena 62 €.

V Televisión visita en «De bares» o Furancho dá Viña

No seu percorrido por algúns dos establecementos máis emblemáticos de Galicia, o programa De bares de V Televisión visita  o Furancho dá Viña, en Agudelo (Barro).

Este establecemento, de ambiente familiar, está rexentado polo matrimonio formado por Valentín Buceta Güimil e Elena Solla Ruibal no antigo curral da mesma casa na que residen. Abre tres meses ao ano (de abril a xuño) co obxecto de servir o viño sobrante da súa colleita, que se ofrece nas tradicionais cuncas. E é frecuente que co viño se degusten diversos produtos gastronómicos que son achegados e compartidos polos clientes, que co paso do tempo (Valentín e Elena abriron o local hai oito anos) convertéronse nun grupo de amigos que acoden, como di o propietario, desde zonas como Caldas, Cuntis, Vilanova ou Vilaxoán.

«O para comer sempre o traen os clientes -indica Buceta-. Adoitan ser mexillóns e conservas. Normalmente veñen en grupos. Algúns xa eran amigos de antes e outros se fixeron amigos aquí». O furancho adoita abrir ás sete da tarde e a hora de peche tamén a marcan os propios clientes.

VIDEO

O BNG presenta o sábado 2 de abril ás 21 h. Na biblioteca a súa candidatura ao Concello de Barro

O vindeiro sábado, día 2 de abril, o BNG presentará a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do mes de maio. Farao nun acto público que terá lugar ás 21 h. Na biblioteca municipal. Neste acto intervirá, ademais do candidato á alcaldía de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a Secretaria de Organización do BNG, Montserrat Prado.

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

FALAMOS DE EDUCACIÓN VIAL

LÚNS 4, MARTES 5, MÉRCORES 6 no Colexio Público Amor Rubial.
LUNS DÍA 4 ÁS 16:50 NO IES de Barro.
VENRES 8 ÁS 12:30 NA Escola Obradoiro Santiago Apostol III.

MÁIS INFORMACIÓN NO TELÉFONO: 986 714 806 E-MAIL: omix@barro.es

COLABORA: RACC , DIRECCIÓN GENERAL DE TRÁFICO (Jefatura de Tráfico de Pontevedra) GARDA CIVIL DE TRÁFICO.

NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA DE BARRO

A Biblioteca ten novos libros, para levalos emprestados co teu carné de lector estos novos exemplares e os do fondo da Biblioteca, que son mais dos que parece.
Este é o blog da Biblioteca: http://biliotecabarro.blogspot.com/
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PBM005
Aquí podedes consultar os fondos informatizados (4684 libros), ainda que estamos traballando para que teñades acceso on-line o resto dos fondos.
Animádevos a vir os mércores e venres pola tarde de 16:00 a 21:00 e os luns, martes, xoves e sábados de 9:00 a 14:00 horas.

CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE BARRO

“O Grupo Parlamentario do BNG insta a Xunta de Galiza a acometer a reforma integral do CEIP Amor Ruibal de Barro para adaptalo ás necesidades educativas do alumnado”

O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG), presenta  unha Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión.

“O Parlamento de Galiza insta a Xunta de Galiza a acometer a reforma integral do CEIP Amor Ruibal de Barro para adaptalo ás necesidades educativas do alumnado”

SE BUSCA A LUA

O acceso de Valbón cortado polo AVE recuperarase a finais de abril

O secretario de Organización do PSOE na provincia, Luis Piña, e o candidato socialista en Barro, José Sanmartín, visitaron onte o lugar de Valbón, na parroquia de Agudelo, para abordar a reposición de servizos das obras do trazado do AVE.

Nesta zona os veciños esperan a reposición dunha pista de comunicacion que cruza o trazado da liña do tren de alta velocidade. Segundo manifestaron os cargos do PSOE, a construtora manexa a data de finais de abril para ter rematada a conexión do viario que cruza a vía mediante un paso inferior do trazado.

Os afectados reiteraron que se manterán vixiantes para comprobar que se cumpre o calendario. Tamén lamentaron que os accesos provisionais ás súas casas presenten un mal estado de conservación, «criticando que dende ou Concello de Barro ninguén preocupásese de reclamar á empresa arranxos nas pistas». Outra das queixas veciñais é a desaparición do camiño que unía Agudelo coa igrexa, non debido ás obras do AVE senón á concentración parcelaria.

VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA IMAXES DE BARRO 2011.

BASES
1. CATEGORÍAS
– Adultos a partir de 18.
– Xuvenil ata 18 anos.
TEMÁTIACAS
-Novos ollos captan o novo rural.
-A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.
2. DESTINATARIOS
Podrán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías por categoría polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.
As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital
3. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista por categoría.: OMIX 98671480

Adultos a partir de 18.
1er PREMIO:
Novos ollos captan o novo rural =80 €
A viña e o viño,… = 80 €
PREMIO FINALISTA:
Novos ollos captan o novo rural =50 €
A viña e o viño,… =50 €

Xuvenil ata 18 anos.
1er PREMIO:
Novos ollos captan o novo rural =60 €
A viña e o viño,… = 60 €
PREMIO FINALISTA:
Novos ollos captan o novo rural =30 €
A viña e o viño,… =30 €

4. CÓMO PARTICIPAR:
Podrán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante podrá presentar un máximo de 2 fotografías por categoría polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.
As fotografías podrán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital.

Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós seguintes requisitos:
– Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 30 cm., en color ou en branco e negro e en soporte dixital.
No dorso de cada fotografía deberá figurar:
– categoría
– temática.
– lema igual para o conxunto de fotografías.
– título de cada una.
Exemplo: Lema: o tempo na xente. Titulo da fotografía: traballos de campo. Categoría: xuvenil, ata 18 anos.Temática: Novos ollos captan o novo rural.

Nun sobre pechado co mesmo lema e categoría escrito por fora, deberán axuntar os seguintes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, lema, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada nun sobre pechado a:
Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2011”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n. 36194 Barro Pontevedra

5. CALENDARIO

A data de recepción comezará o 18 de marzo de 2011 e rematará o 7 de maio de 2011, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.
-Luns 9 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet www.barro.es durante o mes de maio de 2011
-Exposición: Con tódolos fotos participantes realizaremos unha exposición que permanecerá no Salón de actos da Biblioteca Pública durante o verán e que o comezar o curso se trasladará o IES de Barro.

6. XURADO:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de semana do mes de xuño de 2011,

7. RESTRICCIONES
– Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade do autor.
– As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. – Se permitirán mínimas correccións de color e luminosidade.
– Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.
– As fotografías realizaranse dentro dos límites do Concello de Barro.
– O participante manifesta e garante ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
– A participación no Concurso leva a cesión a favor do Concello de Barro dos dereitos de reproducción e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o mes de xuño e xullo de 2010. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro con referencia á Festa do Viño como na Web www.barro.es, sempre citando a procedencia e autor.
– Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán descualificados automaticamente.

5. XERAIS 
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que pasaran a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.