ALUGUER DE MUIÑOS DE BAROSA

EXPOSICIÓN PÚBLICA LISTAS DO CENSO ELECTORAL

INFORMÁTICA PARA PRINCIPIANTES

DEBATE DOS CANDIDATOS A ALCALDÍA DE BARRO

¡¡¡ ACLARACIÓN IMPORTANTE !!!

Boas tardes, diríxome a todos/AS para aclarar uns puntos referentes a esta páxina.
Esta é unha páxina que naceu a iniciativa propia, a xeito de hobby, fíxena cOA idea de ter informados, un pouco máis, aos/ás veciños/as de Barro, tanto os que viven aquí como noutras partes do planeta, fillos/as de veciños/as de Barro que tiveron que buscarse a vida lonxe de aquí (saúdos para todos/as, sobre todo os/as arxentinos/as que participades activamente cos vosos comentarios).

As noticias que poño son de temas relativos a este Concello, noticias que vexo en xornais, tele, bandos, Omix, páxina oficial do Concello (que por certo, ao meu parecer bastante abandoada) e, tamén notas de prensa que me envían algúns partidos políticos, porque outros, non envían nada.

Nestes anos non escribira ningún comentario, só subía as noticias e vós comentabádelas, ata aí, todo ben, pero ultimamente algúns/has empezades a publicar directamente os vosos post e téñoos que borrar, non é que os borre porque non me parezan interesantes, é que algúns non se refiren a Barro e outros, son opinións sobre temas que están a suceder a raíz das eleccións, algo que se pode poñer no apartado de comentarios.

Tamén recibín moitas mensaxes sobre certos individuos que usan pseudónimos, a verdade non sei porqué non usan a súa conta real para dirixirse a todos nós, non sei, supoño que terán medo a algo ou a alguén. Pero ben, ao que ía, como achegan datos que non sabemos se son reais, e ultimamente mesmo se ven insultos, vou proceder a dalos de baixa, e os animo a que “saian do armario” e usen o seu perfil verdadeiro.

Outro punto que quero aclarar, é sobre o tractor que nos regaluo a Deputación, certas mulleres ou homes, a verdade non sei o que son, xa que se ocultan, din que fago censura, que son un ditador e outras cousas que sobra dicir.

Pois aquí vos deixo o enlace do suposto tractor, eu creo que é o que dicides vós ou a parte déronnos outro? non o sei, informarnos.

Agora só falta usalo a favor de todos os veciños/as e que non estea parado, xa que o que sobra son pistas e monte para limpar.

https://noticiasbarro.wordpress.com/2010/12/02/a-deputacion-adquire-un-tractor-para-o-concello-de-barro-financiado-con-86-000-euros-do-pid/

Publicada o 2 decembro do 2010
Saúdos a todos.

 

 

Estrella Galicia faise con dúas parcelas en Barro-Meis para crear un centro loxístico

Fillos de Rivera S.A.. a empresa que elabora a cervexa Estrella Galicia, creará un punto de distribución no polígono de Barro-Meis. A firma fíxose con dúas parcelas, cunha superficie total de case catro mil metros cadrados para a construción dunha nave que custará 597.493 euros.

Segundo adiantou onte Rafael Louzán, o presidente da Deputación, institución da que depende o polígono empresarial, o custo das dúas parcelas terá un custo similar, polo que o investimento final de Fillos de Rivera S. a. roldará os 1,2 millóns de euros.

Coa compra destas dúas parcelas, a un prezo pechado de 147,5 euros o metro cadrado, son, segundo os datos da Deputación, dezaseis as empresas que adquiriron chan industrial no macropolígono. A compra de chan por parte das empresas supón xa o 45% do total dispoñible. Nestes momentos están construídas ou en fase de construción as naves de Caenor, unha empresa dedicada á construción de grandes prefabricados de formigón; e Gescogra, unha industria dedicada á transformación de granito e cuarzo.

Paralelamente sacouse a licitación a planta depuradora das augas que xeren as empresas. A infraestrutura custará finalmente 1,2 millóns de euros.

A carta de continuidade de ENCE queda fóra das discusións coa empresa

Medio Ambiente é consciente de que a empresa podería ter a opción de xogar a carta da continuidade en Lourizán máis aló do 2018 en base a argumentos como os postos de traballo, a actividade do porto ou as repercusións en transporte e sector forestal. «Non se, pero a min dinme que non: nos contactos que tiven na empresa dinme que eles non discuten iso», sinalou onte Hernández, tras recoñecer que é unha «ferramenta» da empresa. Pero a longa lista de recolocacións -Barro-Meis, As Pontes, Cotobade, Marcón- que non chegaron a callar e o feito de que non se aproveitase o concurso eólico para ligalo ao plan industrial abren tamén algunhas incógnitas.

A vexetación acumúlase para cando se necesita, pero non debería retirarse toda

A vantaxe de queimar partes vexetais mortas e restos de curtas, podas e clareos, está en que todo iso é almacenable, ao contrario que o vento na eólica. Aínda que, como puntualiza Xiana Perales, do departamento de biomasa de Adianta, «vento ou auga das hidroeléctricas son gratuítos, pero a biomasa ten o custo de retirala e transportala ata a planta».

Esta empresa quere abrir no 2014 unha central de biomasa de 10 megawatts en Barro-Meis (Pontevedra) baixo o nome Montelimpo S.L. e aproveitará restos de eucalipto e piñeiro, pero naceu coas minicentrais hidráulicas e explota parques eólicos en España e Brasil. O seu plan de biomasa sae adiante ao caerse do proxecto a central de biomasa de Ence en Pontevedra, aínda que esta empresa case iguala en Navia, con 77 megawatts instalados, a potencia de todas as pequenas centrais concedidas: Mazaricos, Viveiro, Curtis, Vilalba, Cervantes, Forcarei, A Pobra de Brollón, Ribadavia, Ponteareas, Verín, A Veiga e Barro-Meis. Adianta ten máis avanzado o seu plan de Monçao, (Viana do Castelo), de 7,70 megawatts, e abrirá outra de 6,6 megawatts en Salamanca.

A comarca frea o paro, que se ceba coa cidade

Os sindicatos falan de miraxe para colgar unha etiqueta ás cifras do paro que no último mes frearon o seu ascenso na comarca grazas aos bos números rexistrados na metade dos concellos que rodean á capital de provincia. Aínda que a tendencia segue alcista, con medio centenar máis de parados que ao peche de febreiro, é certo que se freou a sangría do desemprego.

Pero, ¿por que falan de miraxe os sindicatos? Moitos deles aseguran que a contención do paro escóndese detrás da hostalería. Ás portas da Semana Santa, a man do turismo empeza a notarse nas Rías Baixas. O secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, sinala que «este ano a campaña turística comeza máis tarde e vos seus posibles beneficios trasládanse a máis tarde. Son variables conxunturais en relación a iso. Aqueles sectores nos que máis influe é en servizos e industria».

Ambos os sectores seguen aglutinando ao 68% dos desempregados da comarca, ou o que é o mesmo 12.970 dos preto de 19.000 parados que lastran os 15 concellos da comarca. Ao peche de marzo do 2011 pasaron a proba da creación de emprego os municipios de Ponte Caldelas, Cuntis, Moraña, Portas, Bueu, Marín e Sanxenxo. Este último borrou da cola do paro a 26 persoas, mentres que hai un ano, marzo xeraba cen novos contratos na vila turística grazas a unha temperá Semana Santa.

«A ver se a partir deste mes ou sector servizos empeza a tirar para diante», sinalaba onte o secretario comarcal da CIG, Rafael Iglesias , que non prognostica unha mellora considerable das cifras de desemprego ata o 2012: «Nos \ feito unha análise que sinala que ou desemprego non 2011 se mantenrá non parámetro de 20%, ainda que se espera unha lixera baixada non último semestre».

E se ao carón está a cara da crise, a cruz da comarca repártese entre Barro, Campo Lameiro, A Lama, Cotobade, Poio, Vilaboa e Pontevedra. Só a capital rexistrou tantos parados en marzo como a suma dos seus municipios veciños. A pesar de todo, o balance segue sendo negativo con 47 desempregados máis que en febreiro e 660 máis que hai un ano. «A gravidade está nas taxas interanuais, ou estudo dous datos a longo prazo, ou dun mes respecto doutro é so un espellismo», explica Vidal Trillo, quen fixa tamén no final de ano un pequeno respiro. «A partir de septembro ou outubro haberá unha certa caída, pero será menor».

Polo momento, só a construción contivo definitivamente a subida e empeza a mostrar un mínimo repunte, con 17 parados menos nunha provincia onde este sector ten na rúa a máis de 3.500 persoas.

Debate en televisión dos candidatos á Alcaldía de Barro

DEBATE SOBRE AS ELECCIONS MUNICIPAIS 2011. PARTICIPAN OS CANDIDATOS A ALCALDIA DE BARRO.

JOSE A. LANDIN EIRIN

(PP)

XOSE MANUEL FDEZ. ABRALDES

(BNG)

JOSE SANMARTIN SOTO

(PSdeG-PSOE)

MÉRCORES ÁS 22:30 E O XOVES ÁS 00:00

Publicidade solidaria

Se tes un negocio, asociación etc. e quérelo publicitar aquí, tes que saber que a doazón que fagas polo anuncio, será integramente para O Refuxio de Animais de Cambados ou para a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.Tamén cabe a posibilidade de elexir outra ONG.

A doazón ás devanditas ONG faráselles directamente polo anunciante, e despois deberedes enviar a copia do xustificante do pagamento a: novasdebarro@gmail.com.

O anuncio porase nun post principal do blog e outro fixo no lateral dereito. O prezo serán 50 euros trimestrais para empresas fóra do Concello de Barro, e, de 30 euros para empresas ou organismos de Barro.
Todo isto é negociable, o importante é que se colabore con estas asociacións se ánimo de lucro.

Grazas.

 

 

 

CHARLA SOBRE A NOVA LEI DE AUGAS

Acto Público

CHARLA SOBRE A NOVA  LEI DE AUGAS.

BIBLIOTECA DE BARRO.

XOVES  7 DE ABRIL.

AS 20,30 H.

INTERVEÑEN:

CARMEN GALLEGO

( DEPUTADA AUTONOMICA)

JOSE SANMARTIN

(CANDIDATO A ALCALDIA)

 

A Consellería de Educación acaba de convocar un concurso de méritos para seleccionar e nomear aos directores dunha vintena de centros públicos da comarca

A Consellería de Educación acaba de convocar un concurso de méritos para seleccionar e nomear aos directores dunha vintena de centros públicos da comarca.

En concreto, a renovación dos cargos directivos afecta aos colexios Amor Ruibal (Barro), Montemogos (en Bueu), CEIP de Tenorio (Cotobade), CPI Santa Lucía (Moraña), Chancelas e Espedregada (Poio), o CEIP Manuel Cordo Boullosa (en Ponte Caldelas), Nantes e Magaláns (Sanxenxo) e O Toural (Vilaboa), dentro da comarca, así como ao IES de Cotobade.

A Deputación aproba o proxecto de canalización da liña de alta tensión entre Mourente e a subestación do complexo Barro-Meis por 840.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou un proxecto de canalización dunha liña de alta tensión entre Tibo-Mourente ata a subestación do complexo industrial de Barro Meis. En sesión celebrada o pasado 25 de marzo, o Consello Reitor do Instituto para a Promoción e o Equipamento do solo Industrial da Provincia de Pontevedra (Ipespo) aprobara con anterioridade este proxecto que terá un investimento de 840.000 euros.

 

A canalización de alta tensión permitirá o suministro de corrente no futuro parque empresarial de Barro-Meis, poñendo un dos alicerces fundamentais para a súa posterior posta en marcha. O prazo de presentación das ofertas rematará dentro de 25 días xa que foi publicado no BOP de onte. O prego de contratación pode recollerse no Ipespo, Avenida Montero Ríos s/n, Pontevedra.

Festival Bandas. Fotos Pontevedra.26.03.11