A RECTA FINAL

Comenza a conta atrás cara ás urnas, o próximo 22 de maio está a un tiro de pedra, e en Barro xa podemos ver os primeiros carteis.

Observamos que mentres o Sr. Abraldes e o Sr. Sanmartin optan pola pega dos xa tradicionais carteis coa sua foto acompañada polo eslogan do partido que representan, o Sr. Landín, como sempre sorprendendo, opta pola típica lucería das romerías .

Como non teño datos da alta tecnoloxía que éste emprega, supoño que funcionarán coa enerxía solar ou lunar, a saber… O que non creo é que funcione co alumbrado público que pagamos todos os vecinos de Barro, porque eso me perecería inxusto, que con parte dos meus cartos, como con parte dos cartos dos demais veciños, se financie a campaña de este señor.

As campañas electorais cada vez son máis dixitais. E a actual carreira polas municipais en Barro non é unha excepción. A maior parte dos candidatos e os seus equipos realizan unha grande actividade nas redes sociais, como facebook.

Nesta rede social podemos ver que o Sr. Abraldes e o  Sr. Sanmartin dispoñen de conta, na que expresan as súas ideas e  contestan a dúbidas que se lles plantexan  aos vecinos, vemos pola outra man ao Sr. Landín que non dispón de conta coñecida. Eu persoalmente, creo que non estaría mal que tivera unha e así poder preguntarlle as dúbidas que temos moitos sobre o que ten pensado facer se gañase as vindeiras eleccións.

E, xa sabedes, como poño en post anteriores, hoxe celebranse dous mítines en Barro: o do BNG na Bibloteca e o do PSE-PSG, no parque da Portela, así que, si queredes, podedes asistir a o que vos chame máis.

LETRAS GALEGAS 2011

A urbanización da PO-531 podería comezar a finais de ano

A Xunta prevé reservar este ano algunha partida orzamentaria para comezar as obras canto antes Xuño parece ser a data na que se porá fin a case tres anos de mobilizacións por parte dos veciños de Alba, Curro, A Devesa e Campañó. Son as parroquias afectadas polas obras de urbanización que se pretenden realizar na PO 531.

Neste tempo conseguiron evitar o proxecto da anterior Xunta de desdobrar a vía converténdoa nunha estrada de catro carrís. O actual planeamento contempla a urbanización da estrada, sen desdobramentos, adaptándose ás demandas dos afectados. Esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra xunto ó xefe do servizo de Infraestruturas informaban ós representantes dos afectados dos avances no proxecto. Rematarase en tempo e forma. O vindeiro mes. E as obras poderían comezar este mesmo ano.

Desde a plataforma de afectados amósanse satisfeitos polas características do plan e do trazado. En canto ó problema coa ampliación dunhas beirarrúas nun tramo da vía ó paso por A Devesa, xa está resolto. Só quedan por determinar algunhas áreas nas que o plan afectaría a vivendas.

EN BARRO HAI FUTURO. MITIN BNG

Monográfico Polígono Industrial. BNG Barro

BARRO-ESPECIAL POLÍGONOS

MITIN EN VALIÑAS. FALARAN MARGARITA CANAY E SANMARTIN

Hora
Mañana a las 21:00 – El sábado a las 22:30

Lugar
CENTRO SOCIAL DE VALIÑAS.



Más información
ACTO VECIÑAL, PARA SABER DOS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E PROPOÑER SOLUCIONS. PARTICIPAAAAAAAAA

MITIN NA PORTELA-FALARAN LUIS GUZMAN – JOSE LUIS ABAL- E JOSE SANMARTIN

Hora
El sábado a las 21:00 – El Domingo a las 22:00

Lugar
PARQUE DA ESTACION NA PORTELA.



Más información
FALAREMOS DAS NECESIDADES DA PORTELA, E COMENTAREMOS COS VECIÑOS AS NOSAS PROPOSTAS.

CONCERTO DE RAUL E RAFA EN CASA DE PORTO

SABADO 14 DE MAIO DE 2011 A PARTIR DAS 12 DA NOITE.

CASA DE PORTO , A FONTE DE CURRO 99 – BARRO. TEL. 699906412 – 986713458

Recorren ao Supremo a sentenza que tombou Barro-Meis

Concello de Barro e Deputación anunciaron onte un recurso ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza que tombou o plan de sectorización do polígono industrial de Barro-Meis, a maior actuación empresarial na metade norte de Pontevedra e unha das de maior envergadura de Galicia.

Debido á mecánica procesual da casación, o recurso ante o Supremo será comunicado de inmediato -o prazo esgotábase a comezos da próxima semana- aínda que a súa formulación concreta e contido coñeceranse máis adiante.

A decisión foi adoptada despois dunha hora de reunión á primeira hora da mañá na Deputación con participación do presidente deste organismo, Rafael Louzán, do alcalde, José Antonio Landín Eirín, de técnicos do organismo provincial, do concello de Barro, da consultora Idom e do bufete Garrigues.

Ao non ser firme a sentenza do Tribunal Superior, o recurso permite agora ao Concello de Barro seguir outorgando licenzas ás factorías que desexan instalarse no parque empresarial e continuar coas obras xa en marcha, segundo apuntaron responsables locais nos últimos días.

Na reunión de onte non se adoptou decisión algunha sobre os mecanismos que se seguirán en paralelo ao recurso para regularizar a situación do polígono. Esta decisión podería producirse a próxima semana, unha vez que se aborden con maior detalle as consecuencias que pode carrexar cada unha das opcións que están sobre a mesa.

Unha destas opcións pasa por un plan sectorial con respaldo da Xunta -como o do hospital de Monte Carrasco- para dispor dun instrumento que pase por encima das previsións de achaiadura. O seu maior problema, segundo púxose de manifesto no último pleno da Deputación, é que aos xuíces non lles gusta que se enmienden as súas sentenzas por esta vía, pero en principio a súa tramitación considérase rápida e segura.

O Goberno galego xa ofreceu apoio á Deputación para sacar o polígono adiante, tanto en conversacións bilaterais como en intervencións públicas, entre elas, unha protagonizada o martes en Pontevedra polo conselleiro de Industria, Javier Guerra.

A outra solución consiste en repetir o plan de sectorización -imprescindible para transformar en industrial chan urbanizable non delimitado- en base ao avance na dotación de servizos ao polígono de auga e saneamento.

Día da Paz en Barro 2011

A Xunta apoiará un plan sectorial para Barro-Meis se o demanda a Deputación

Un plan sectorial como o do hospital de Monte Carrasco ou a Plisan de Salvaterra. É a baza que teñen xa nestes momentos na súa man tanto a Deputación como o Concello de Barro para regularizar a situación de Barro-Meis despois de que unha sentenza do Tribunal Superior anulase o plan de sectorización do polígono. Así o indicaron fontes do organismo provincial despois de que o seu presidente, Rafael Louzán, mantivese distintos contactos con responsables autonómicos ao longo do fin de semana. Onte, o conselleiro de Industria, Javier Guerra, deu un respaldo total ao parque empresarial. «Calquera tema que afecta á creación de empresas afecta a esta consellería», sinalou.

A Deputación prevé celebrar hoxe unha reunión cun coñecido bufete de avogados, especializado en cuestións mercantís, na o que quedará definida a súa estratexia. Todo apunta a que haberá recurso ante o Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior. Este recurso uniríase ao plan sectorial supramunicipal xa citado coa garantía previa de que a Xunta apoiará o seu desenvolvemento.

Este plan permite na práctica modificar a achaiadura e unha gran axilidade na tramitación, aínda que presenta o inconveniente de que, cando hai unha sentenza previa en contra dun polígono, aos xuíces non lles gusta que sexa utilizado para neutralizar as súas decisións.

 Outras opcións

Sobre a mesa estarán tamén outras opcións como sanar o expediente ou repetir o plan de sectorización anulado, ben na súa totalidade ou ben nos aspectos nos que incide a sentenza, é dicir, a garantía de auga, saneamento e servizos. Fuentes que seguen de cerca o problema apuntaron que, ademais de expor o recurso, a Deputación podería optar por unha plurisolución na que se aplicasen varias da vías ata agora baralladas.

Unha das principais bazas do organismo provincial é que as deficiencias detectadas na sentenza están en vías de subsanación. A auga do Chaín chegará en breve e esta mesma semana ou a seguinte adxudicarase o sistema de depuración de residuais.

Guerra, pola súa banda, sinalou que as tramitacións de asentamentos industriais simplificaranse coa nova lei de promoción industrial para os proxectos que sexan declarados de especial relevancia e dixo que o momento é «bo para investir».

Louzán descarta outra vez Curro

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, reiterou onte en que no polígono de Barro-Meis non se instalará Ence.

Tras coñecer a nota dos veciños, dixo ademais que lle daba a impresión que os que impulsaron o recurso trataban agora de dar marcha atrás ao estar en xogo centos de empregos. É a mesma conclusión que xa aplicou a pasada semana ao BNG, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulase a sectorización da área de Outeda-Curro do polígono.

Os veciños que presentaron o recurso xa sinalaron o pasado fin de semana que é certo que o alcalde manifestou que non se permitirían industrias como Ence ou as instalacións de reciclaxe inversa, pero subliñaron que nunca se limitou esta posibilidade de forma fidedigna».

Landín arremete contra Mosquera

Naufragan nos xulgados áreas industriais iguais a 400 campos de fútbol

Din os historiadores que o Coliseo romano foi construído en dez anos entre o 70 e o 80 despois de Cristo. Se un día investigasen a xestación dos polígonos industriais da comarca de Pontevedra chegarían á conclusión de que o gran anfiteatro da dinastía Flavia era unha empresa moito máis levadía que uns parques empresariais que levan dez ou doce anos dando tumbos. Unha superficie industrial equivalente a 400 campos de fútbol naufragou ata agora nos xulgados mentres o paro achégase aos cinco millóns.

Sucesivas sentenzas acreditaron un denominador común: o incumprimento da lei por parte dos promotores. O caso máis recente é o de Barro-Meis, onde se desenvolveu o proxecto de sectorización, imprescindible para converter un terreo de monte urbanizable, pero non delimitado, nunha superficie industrial. Dezaseis empresas con 27 parcelas adquiridas xóganse o seu desenvolvemento. Quedan ademais outras 49 parcelas por vender e están en xogo centos de postos de traballo e un investimento só na urbanización do polígono que se aproximará aos 36 millóns de euros.

O fallo do Tribunal Superior invalidou só a bolsa de 505.000 metros de Outeda-Curro , primeira en desenvolverse. Pero, de forma indirecta, afecta ao resto do polígono de Barro-Meis con outras tres bolsas importantes, dúas delas en Meis (440.000 e 236.000 metros) e outra máis en Barro (700.000 metros en Caeiro). Ningunha delas poderá desenvolverse, á luz da decisión dos xuíces, se non ten asegurados os servizos elementais como auga e saneamento.

Recheos a xuízo

Barro-Meis, actuación estrela entre os parques previstos para crear emprego na comarca, tivo un problema cos servizos. Pero outra gran fonte de emprego -300.000 metros da zona de ampliación do porto en Estribela (Pontevedra)- está así mesmo en xogo despois de que os tribunais declarasen ilegais gran parte dos recheos efectuados. O Tribunal Supremo anulou o plan especial do porto e as licenzas outorgadas por Marín e Pontevedra en base á ordenación urbanística deste documento. Estas decisións deixan en gran inseguridade xurídica a actividade de varias naves frigoríficas e industriais. En idéntica situación queda a terminal de colectores e varios peiraos do sector comercial.

Outro dos problemas máis frecuentes que afectan ao desenvolvemento deste tipo de superficies teñen que ver coa valoración dos terreos. Comunidades de montes acoden con frecuencia aos xulgados en busca dunha valoración digna e, en ocasións, como sucedeu coa Ran en Cuntis, con 1.200.000 metros previstos, o fallo posterior obriga a reprogramar toda a actuación. En Nantes-Sanxenxo (650.000 metros) tamén houbo problemas coa sectorización.

Todos estes polígonos que encallaron nos xulgados suman uns catro millóns de metros, unha superficie que supera os tres millóns de metros que actualmente ten catalogados o municipio de Pontevedra para uso industrial.

MAIS INFORMACIÓN

O Concello cre que o hospital terminará como Barro-Meis

O Concello cre que o plan sectorial do novo hospital de Monte Carrasco pode terminar como o polígono industrial de Barro-Meis, é dicir, suxeito aos avatares dun recurso xudicial que expoña algún colectivo ou entidade.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, indicou onte a preguntas dos informadores que «facilmente» pode esperarse esta posibilidade (recordou que algo similar xa prosperou na Plisan de Salvaterra), pero descartou que o goberno local vaia promovelo por agora. «Imos ser extraordinariamente prudentes» e esperar que os argumentos «fagan recapacitar» a Sanidade, indicou tras subliñar que, por agora, só recorreran o plan sectorial de Ence.

Ao fondo desta actitude está o temor a que se cren situacións de provisionalidade que terminen por afectar ao desenvolvemento da cidade. «Nos papeis hai dous hospitais únicos en Pontevedra», recordou tras subliñar que o plan sectorial de Montecelo para crear outro hospital único non fora derrogado.

O goberno local cualificou onte de «inviable» o proxecto de Monte Carrasco, unha vez que a Xunta enviou a documentación completa ao Concello como se lle esixiu, especialmente no apartado ambiental.

Tres informes

Esta conclusión «clara e contundente» obedece, segundo explicou Mosquera, ás conclusións dos informes emitidos polos servizos de arquitectura, enxeñería e medio ambiente.

Desde a rúa Michelena recordouse que o terreo elixido para o novo hospital ten protección forestal, paisaxística e arqueolóxica e que está nas proximidades da ermida de San Cibrán.

Ademais, hai problemas de cotas e accesos que se suman «ás 11 plantas» do edificio. As conclusións do informe pasarán en breve a debate en comisión.

MAIS INFORMACIÓN