Españistán, Este pais se va a la mierda por Aleix Saló

Barro e Meis quentan motores para o verán gastronómico a base de viño e de chourizos

Polo que respecta a Barro, a localidade despedía a 32 edición da Festa do Viño en San Antoniño. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e varios alcaldes, ademais do de Barro, como os de Portas, Meis ou Cotobade, achegáronse á localidade na xornada de clausura da cita. Pola mañá entregáronse os premios do sexto Certame Rías Baixas e do concurso de colleiteiros.

No certame o primeiro premio de brancos albariños foi para Terra de Asorei, o segundo para Castel de Bouza e o terceiro para Terras de Lantaño. No concurso de colleiteiros, os gañadores en cada categoría foron Casa Villadeamigo (branco país), Manuel Parrado (tinto país), Guadalupe González (caíño) e Celso Calvo (albariño). A falta de coñecer os números de venda de botellas, a organización comentou que a notable afluencia de público non levou aparellada a compra de viños a pesar dos seus bos prezos, quizá polo efecto da crise económica.

Cacharela de San Pedro

A noite de San Pedro, o 28 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que agocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianizada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na procura dalgunha víctima.

Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta.

Dita observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou “domesticar” o lume.

No noso tempo esta tradición estase a perder, en favor da noite de San Xoan, a cal ten exactamente a mesma orixe e finalidade, motivo polo cal a Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro pretende recuperar a máxia desta noite con unha velada de convivencia chea de actividades e diversión.

As actividades comezarán ás 8 da tarde, con unha xornada na que os xogos tradicionais se mesturarán de forma máxica cos mais modernos videoxogos. Logo, darase comezo á cea de confraternidade, cuxo menú estará composto de empanada e churrasco, mollados en auga e refrescos. Á medianoite, como non podía ser doutra maneira a festa continuará coa tradicional cacharela puruficadora.

Esta xornada terá un custo por persoa de 3 € para músicos e socios e 5 € para os demais asistentes.

O prazo para se anotar nesta actividade rematará o vindeiro día 26 de Xuño a través do e-mail (xuvenilbarro@gmail.com) ou do teléfono (606.364.153)

Novos profesionais “made in” BXB

Chegado o mes de Xuño os conservatorios de todo o estado afananse en preparar probas para dar cabida nos seus centros aos novos músicos que estudiarán neles. Nesta ocasión, e destacada a presencia significativa de músicos da Banda Xuvenil de Barro e alumnos da Escola de Música de Barro que tomarán parte nesas probas.

Seis novos valores da Banda Xuvenil de Barro tomarán parte neste proceso selectivo que significa presentarse á proba de acceso a un conservatorio superior, e presentanse nos conservatorios superiores galegos de Vigo e da Coruña, pero tamén noutros doutras cidades coma Oviedo, Zaragoza ou Salamanca.

Mais novos os tres músicos que, sendo alumnos da Escola de Música de Barro e músicos da Banda Xuvenil de Barro tentarán sumarse ao numeroso grupo de músicos da banda e da escola que cursan os seus estudios no CMUS “Manuel Quiroga” de Pontevedra, onde levarán a cabo os seus estudios oficiais durante os 6 cursos do grao profesional.

Os mais pequenos son aqueles que se presentan ao grao elemental, os sete músicos que van dar comezar os seus estudios de conservatorio. Rapaces e rapazas con un futuro apaixoante onde terán a oportunidade de coñecer un mais amplo abano de posibilidades que lles ofrecerá a música no seu futuro, e un futuro no que algún día poderán decidir se a música será ou non a sua profesión.

A Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro, a cal xestiona tanto a Escola de Música de Barro como a Banda Xuvenil de Barro quere desexarlle o mellor a estes 16 músicos, rapaces e rapazas que ben seguro acadarán uns resultados magníficos. Moita sorte.

VISITA A PAXINA DA BANDA XUVENIL DE BARRO, PREME AQUI

Louzán aparece para a papadela

Despois do venres dar plantón na inauguración das festas, hoxe para vir de papadela apareceu. Para traballar non hai xente pero para papar, ben que hai. Mágoa que os veciños que o querían ver e non están dispostos a pagar 20 euros polo menú, non puideron contemplalo.

E que isto é coma o circo sen entrada (maila que pagamos o seu soldo cos nosos impostos) non hai espectáculo.

Aínda non sabemos cal foi o motivo porque tivo que vir ás agachadas sen anuncialo no programa de festas ¿quén sabe? ou sería polo artigo que escribimos dende aquí e pedíronlle súplicas para que viñera aínda que fora hoxe a darse a ver.

 

Mensaxe de:ROBER SANTOS GARCIA

Mensaxe de:ROBER SANTOS GARCIA

“Hola! Despois de esta edición de festa do viño, gustariame opinar sobre a farta de mentiras ke vin estes días en entrevistas e nos periódicos como o do venres no diario de pontevedra. Pregunto, alguien sabe ke foron os fundadores desta festa? De donde saliu a idea da sardiñada? Tamen decir ke despois da 1 edición o responsable de a.p. E o seu candidato opuxeronse a festa incluso repartindo panfletos o día da festa hai 31 anos criticandoa, firmados por constante do san Amaro, responsable de alianza popular. Decían ke akel ano hubo moita xiada e ke era un insulto os viticultores! Doe, ke en barro siguen nas andadas, Mentindo!!!!!! Os fundadores foron: Pereira( Manolo do cura), Valentín o de agudelo( o das flores) e Manuel Garcia. Nakel entonces alcalde por ucd, concejal de independientes e cabeza de lista de independientes respectivamente. Gobernaban en cualicion con 5 concelleiros ucd e 3 os independientes, e ña oposición 2 do partido do traballo e 1 o de alianza popular( Landin)
Gustariame preguntarlle a estes mentirosos ke se poñen medallas agora,ken aguantou a festa o segundo ano cando Collazo ( r cabeza do p. Traballo foi contra esta diciendo ke era unha festa de cazikismo, porke se invitaban a miembros da deputacion. Agora eso non se fai!!!! Jaja!! E apoyados por a popular con panfletos repartidos o día da festa. Si hasta minten diciendo ke se fixo as comidas no edificio do concello, nunca foi así, foi no grupo escolar donde se fixeron as primeiras comidas.
O da sardiñada foi porke se facia por estas datas a festa da sardiña de barro,organizada por unha organización centro cultural o xestal! Ke lideraba Juan o de duran. Ke se facia ña Escola da gándara . Como ali xa non se collia cos asistentes fixose no camping, e así fusionouse unha festa coa outra.

Por sorte os fundadores todos , ainda viven, e seguro ke están indignados lento periódicos ke leen todolos gallegos , e sabendo ke están enganando ou ocultando información

Miembros de esa asociación amigos do viño ou amigos de decir mentiras!! Non MENTIR!!!!!! Non engañedes a nadie.

Dous novos confrades ingresan na Orde “Lagariño” da Confraría Rías Baixas en Barro

Os veciños de Barro seguen de festa coa XXXII edición da Festa do Viño que onte viviu un dos momentos máis solemnes coa celebración do capítulo extraordinario da Confraría de Viños Rías Baixas, a Orde “Lagariño”, que se reunión nesta localidade pontevedresa para realzar así un evento festivo que é xa una das citas gastronómicas ineludibles na comarca.
Este evento serviu para nomear a unha nova dona e a un novo cabaleiro da Orde. Trátase de María Teresa Roig, tenente de alcalde de Barro; e de Manuel González Torres, máximo responsable da Asociación de Viños do Ulla.
A celebración do capítulo extraordinario da Orde “Lagariño” foi tan só una das múltiples actividades que incluíu a Festa do Viño na que participan máis de 20 adegas das DO Rías Baixas. Así, realizouse a última das catas dos viños de colleiteiros e non faltaron as actuacións musicais que tiveron o seu colofón nunha verbena. Durante toda a xornada tamén se celebrou un campionato de fútbol e os asistentes gozaron dun concurso no que se buscaban os mellores petiscos.
Hoxe domingo o programa festivo tamén está repleto de actividades, comezando cunha cata de albariño Rías Baixas ás 11.30 horas, seguida da celebración da misa cantada pola Coral Polifónica de Barro. Ás 12.30 horas dará comezo unha sardiñada e viño gratis para todos os asistentes que estará amenizada coa actuación do grupo de danzas Amor Ruibal de Barro. Ás 14 horas procederase á entrega de trofeos e posteriormente celebrarase unha sesión musical a cargo dunha orquestra. A Charanga NBA amenizará esta xornada matinal. O broche de ouro a tres días de festa porao unha gran verbena.

Louzán dálle plantón a Landín e non aparece por Barro para a inauguración da Festa do Viño..

Según o comentario feito  no facebook  por …………….. “Por certo, non puido estar Louzán… Que mágoa para vós…”, supoño que se refire aos veciños que estarían  ilusionados coa visita deste personaxe, o cal non se deixou ver  por Barro. A verdade é que non se perde moito, pero estaría ben saber cal foi o motivo tan importante que lle impediu acercarse ata Barro.

Maila que foran moitos os ilusionados coa visita, de seguro que habería veciños aos que lles faría ilusión, pero xa vedes, Barro non entra nas preferencias deste gobernante.

O curioso é que na páxina web da Diputación non aparece, a día de hoxe, ningunha modificación na axenda, nin mensaxe por este plantón.

Seguro que algún dos seguidores desta páxina han de saber o motivo e nos darán a resposta, así que esperaremos a ver que nos contan.

Baliñas no Ano 1845 “Diccionario de España y sus Posesiones de Ultramar” de Pascual Madoc

Portela no Ano 1845 “Diccionario de España y sus Posesiones de Ultramar” de Pascual Madoc

18º FESTIVAL DE FOLKLORE DE BARRO

 

I TORNEO DE FUTBOL SALA* 24H*BARRO

 

SAN XOAN NA CASA DE PORTO

Reportaxe especial festa do viño na Voz de Galicia

A Festa do Viño oferta máis de vinte marcas a bo prezo

O municipio de Barro celebra desde hoxe e ata o domingo a 32 edición do seu popular Festa do Viño. O epicentro da cita gastronómica que organiza o Concello estará no Pazo de San Marco e a leira da Crega, situada no núcleo de San Antoniño, na parroquia de Perdecanai.

A Festa do Viño é un dos encontros deste tipo máis veteranos da provincia e dos poucos, por non dicir o único do Salnés, que fomenta os viños brancos e tamén os tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas. Xunto aos actos musicais, deportivos e relixiosos, un dos eventos máis destacados do programa é o sexto Certame do Albariño Rías Baixas.

A inauguración será esta noite, a partir das 21 horas. Está prevista a asistencia do presidente da Deputación, Rafael Louzán, do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, do alcalde de Barro, o popular José Antonio Landín, de representantes da DO Rías Baixas, ademais de rexedores da comarca.

O obxectivo do Certame do Albariño é potenciar a venda de botellas das adegas participantes e propiciar que o público asistente poida probar caldos a un prezo «moi alcanzable». As vinte e catro marcas que se ofertan non pagan por acudir á Festa do Viño de Barro e por iso o Concello compra as botellas e fixa uns prezos para todos os petos, 6 e 8 euros. No 2010 o Concello adquiriu unhas mil botellas, segundo fontes da organización.

Esta noite as casetas estarán abertas ata o peche, ben entrada a madrugada. Mañá sábado o horario será de 12 a 15 horas pola mañá e de 19 horas ata o peche pola tarde-noite. O domingo repetirase o horario, aínda que se clausurará un pouco antes.

No Certame do Albariño haberá representación de dúas adegas locais, Casaley e Moraima. A relación de viños brancos complétase con Lagar dá Condesa, Veiga Naum, Cova Serodia, Adegas Chaves, Adega Luís Padín, Adega Bouza do Rei, Adegas Núñez, Adega Carmen Carril, Adega Tomada de Castro, Adega Terras de Asorei, Adega Stela, Adegas Arousa, Adegas Viña Cartín e Adega Terra Santa. As que presentan un viño tinto da Denominación de Orixe Rías Baixas son Lagar dá Condesa, Adegas Coto Redondo (con dúas marcas), Adegas Chaves e Adega Luís Padín.

Unha sardiñada popular e a comida oficial centrarán o festexo

Todo está preparado para o gran día da Festa do Viño de Barro. O Concello ultima os preparativos para que todo transcorra con normalidade nun ambiente festivo. A crise económica tampouco evitará este ano que leve a cabo a tradicional sardiñada popular, con degustación gratuíta, como non podía ser doutro xeito.

As brasas acenderanse á primeira hora da mañá, posto que todo terá que estar listo para as 12.30 horas. Neses instantes, darase o pistoletazo oficial de saída da cita gastronómica gratuíta. Con todo, Barro saberá que está no medio dos seus festexos coa música desde as once da mañá dunha das charangas máis cotizadas e máis reclamadas da autonomía: a charanga NBA.

O peixe asado non chegará só ao padal de veciños e visitantes. Un caldo da zona fará as delicias dos invitados. Prevese que coa sardiña asada tamén se distribúan no acto festivo aproximadamente 300 litros de viño branco, produto vitivinícola de toda a comarca de Barro, claro. A ración de sardiñas tamén vai acompañada de pan de millo.

A intención dos organizadores coa sardiñada é que ninguén que se achegue polo campo campestre de Perdecanai quede sen a súa ración do peixe e viño. Todo vai enfocado para alcanzar o obxectivo de consolidar a festa estrear para o calendario estival de Pontevedra e a súa contorna. Os días de celebración non foron elixidos ao azar. O día grande é sempre o terceiro domingo de cada mes de xuño, poucos días antes do comezo do verán e serve de antesala para o resto dos eventos gastronómicos que día si, día tamén, sucédense nos meses estivais.

Logo da sardiñada, chegará a hora da gran comida oficial. O banquete levará a cabo na leira do pazo dá Crega. Desde o Concello de Barro indicaron que están apuntadas para a comida ao redor dunhas 200 persoas. Cada cadeira no gran banquete custa 20 euros.

Unha vez concluída a cita da Festa do do Viño de Barro, o outro prato forte da comarca xa será a festividade de San Xoán e as súas clásicas sardiñadas e fogueiras. A Festa do Viño boto a andar como unha reunión humilde de colleiteiros da área.

Orquéstas Satélites e Trobadores, na primeira verbena

O programa abrirase esta tarde, a partir das 16.30 horas, cunha xornada de xogos diante do pavillón polideportivo municipal. Tras a inauguración do sexto Certame do Albariño Rías Baixas está prevista a actuación do grupo de gaitas Lembranzas de Barro, a tirada de 32 bombas de palenque -unha por cada ano- e un concerto da Coral Polifónica de Barro. A primeira das dúas verbenas correrá a cargo de orquéstralas Satélites e Trobadores. Será ás 22 horas. A xornada do sábado arrincará ás 11 coa última cata dos viños de colleiteiro. Nesta edición participaron un total de 47 viños entre as diversas variantes: branco país, tinto país, albariño e caíño. A cifra dobra a do 2010.

A mañá completarase cunha actuación musical, ás 13 horas. E desde as 21 horas, a segunda verbena estará amenizada polas orquestras Solara e Trevo. Durante toda a xornada o campo de fútbol de Outeiro albergará cinco encontros de fútbol de diferentes categorías.

Pola mañá será a quenda dos alevíns, co partido entre o Barro CF e a SD Pontearnelas a partir das 10 horas. Seguirán, ás 11, os benjamines A de o Varro CF e o Atlético Cuntis, que darán paso ao último encontro matinal, ás 12 horas, entre o Barro CF e o Moraña CF na categoría benjamín B. Pola tarde, os infantís do Varro CF e ED Poio xogarán ás 17, e dúas horas despois farano os xuvenís do Varro CF e Umia FC.

Unha ruta de carreiros para coñecer os mellores secretos

Barro promove unha serie de saídas que pretenden potenciar o deporte e mellorar a saúde dos seus veciños. O programa das rutas guiadas arrinca o vindeiro domingo, día 26, e conclúe o 25 de setembro. A estrea dos carreiros empeza co denominado Ou camiño portugués. Unha semana máis tarde, será o momento no que os participantes da iniciativa percorran o trazado que discorre por Barosa e a parroquia de Barro. O calendario para o 10 de xullo é completar o trazado de Agudelo e a subida ao monte dá Chan, e o 17 do mesmo mes, realizar o roteiro castelo, en Pontevedra.

O domingo 24 non hai nada, de momento, programado, pero o último domingo do mes (día 31) a xornada permitirá aos usuarios camiñar por Curro .

Os carreiros teñen unha dificultade media-baixa. En agosto haberá descanso, e as rutas retómanse o 4 de setembro cunha visita guiada pola arte rupestre do municipio. Unha semana máis tarde, o programa trasládase á ruta dás Pedras. Tamén hai unha actividade organizada para os máis pequenos. Os nenos entre 5 e 7 anos poderán percorrer o roteiro Os Bolechas, en Pontevedra. Para máis información, pódese chamar aos teléfonos 687 931 586 e 659 052 070.

Rectificacion Andainas 2011 colabora:Asociación San Marco-Terras de Barro