Traballo en Barro. ENXEÑEIRO DE PRODUCIÓN

Traballo en Barro. ENXEÑEIRO DE PRODUCIÓN.

 

Concerto de alumnos da Escola de Música de Barro.Hoxe ás 17:00 horas na Biblioteca Pública de Barro. Esperamosvos.

Outra noticia falsa da Voz de Barro

Non sabemos porque ” Voz de Barro” segue difundindo noticias falsas, 1º foi unha manifestación cun ano de atraso, e agora unha festa cabalar o vindeiro luns que non se vai a celebrar.

Entendo que os promotores deste blogue non deben vivir en Barro pero  sabemos que teñen bos amigos no concello ,asi que lle pregunten e non leven aos veciños á confusión.

Axudas LEADER Barro- Pontevedra 2007-2013

Se tes algunha iniciativa ou proxecto de emprendemento para desenvolver dentro dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo (Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa), poden ser do teu interese as nosas liñas de axuda.

Para calquera información ou consulta non dubides en chamarnos. Agardámoste en Rúa Santa Clara 4-2º Pontevedra

Obras para instalar viadutos do supernudo de Curro

Estes días arrincaron as obras no supernudo de Curro centradas na construción dos tres viadutos que terás o enlace onde confluirá a futura autovía de Pontevedra a Vilagarcía, a AP-9 e a autovía do Salnés.

O macronudo é un labirinto de 14 quilómetros de viarios, que ademais desas tres pontes, tamén prevé a instalación de cinco pasos inferiores e tres superiores.

O enlace terá tres niveis, e nun deles, prolongarase esa autovía que une a Barro con Sanxenxo. No segundo nivel, unha glorieta de 180 metros de diámetro unirá a antiga estrada C-531, que dá servizo aos polígonos e a PO-531 en dirección Vilagarcía. No terceiro nivel, garántese a PO-531 Curro -Pontevedra cara á futura autovía AG-47.

De acordo co calendario da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o macronudo estará finalizado o próximo ano. Esta data supón un adianto na previsión de finalización de dous anos. Os traballos avanzan a bo ritmo, como se pode apreciar desde o desviou que se habilitou na estrada de Vilagarcía á altura de Curro . A maquinaria pesada traballa a diario, e cada vez percíbese máis o debuxo do supernudo.

A infraestrutura terminará co pescozo de botella actual da autovía de Sanxenxo, xa que a estrada redúcese a dous carriis xusto no tramo final da conexión coa Autoestrada do Atlántico. Co enlace, preténdese dar carpetazo aos atascos que se producen na zona.

Haberá múltiples ramais de interconexión.

PASEOS GRATUÍTOS POLA RÍA TRIATLON PONTEVEDRA 2011

Os días 23 e 24 de xuño realizaranse dúas saídas diarias,en

horario 11:30h e 18:00h desde o peirao das Corbaceiras de

Pontevedra.

A duración aproximada do percorrido será de 1h:30m.
Capacidade 150 persoas.

PEÑAFLOR 1845 “Diccionario de España y sus Posesiones de Ultramar” de Pascual Madoc

SOLICITUDE DE LICENCIA PARA OBRAS DE RECHEO AVE

Cacharela de San Xoan

ASOCIACIÓN CULTURAL A CREGA: 

Hoxe no PAZO DA CREGA,  fogueira de San Xoán!

sardiñas e pan gratis  a todos os asistentes na Noite de San Xoán!

Concello de Barro no Ano 1845 “Diccionario de España y sus Posesiones de Ultramar” de Pascual Madoc

CONCELLO DE BARRO

A escritora de Barro, Lorena Louzán, publica un novo libro: “A dama negra”

Lorena Louzán, mestra especialista en educación infantil, é unha moza de Barro que viaxou por Francia, Portugal, toda España e boa parte do Caribe.

A súa devoción e o campo onde se desempeña mellor é o ámbito da educación, e para iso formouse e traballou como profesora, con todo, combina esta faceta da súa vida co mundo empresarial.

Lorena confesa ser unha activista consumada, seriamente implicada en campañas de diferentes organizacións non gubernamentais. Ávida lectora dende a infancia, escribiu a súa primeira novela con catorce anos, e non deixou de lado a súa inquietude literaria dende entón.

Para mercar o libro, preme aquí http://www.abecedario.com.es.

DE BARRO A ASSEN (HOLANDA), EN MOTO

O noso veciño José Luis Lede comeza mañá mércores unha aventura que o levará na súa moto BMW cara  terras holandesas para presenciar a proba do mundial de motociclismo que alí se celebra.

Lede percorrerá nuns poucos días  en solitario miles de quilómetros, xoga coa vantaxe que non é novato nesta aventura, xa que hai uns anos realizou esta viaxe nunha Yamaha Diversión.

Dende aquí deséxolle moita sorte nesta fermosa viaxe por terras europeas e á volta ou cando faga unha paradiña, se ten tempo, que nos conte como lle vai nesta andaina e nos ensíne  fotos.

Boa viaxe Lede e coidadiño.

San Verisimo de Barro no Ano 1845 “Diccionario de España y sus Posesiones de Ultramar” de Pascual Madoc

a

 

O TRIATHLON TAMEN PASA POR BARRO

En Pontevedra estarán ás e os mellores triatletas de Europa buscando un título que lucirán con orgullo no seu curriculum. Entre eles, os galegos Javier Gómez Noya e Ivan Raña, o ano pasado Gómez Noya quedou ás portas do título, e que quere lograr o triunfo ante o seu público, o que o ve adestrar e traballar a diario.

Defenderá o título Alistair Brownlee, mentre que Gómez Noya foi prata. Na categoría feminina a gañadora foi a suíza Nicola Spirig, que revalidou o seu título en Athlone (Irslanda).

A proba PONTE al TRI Sprint pasara por Barro

O obxectivo desta proba é posibilitar a participación de todos aqueles triatletas que non poideron clasificarse cos criterios dos seus países.
A previsión de participación é de 300-500 participantes e está destinado principalmente aos deportistas galegos, españois e portugueses.

Concurso de Fotografía Tríatlon de Pontevedra

O Concello de Pontevedra organiza co gallo do desenvolvemento do Campionato de Europa de Tríatlon os días 24, 25 e 26 de xuño de 2011, e coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra e AEMPE (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra) o “Concurso de Fotografía Tríatlon de Pontevedra” que ten por obxectivo “promocionar e dar a coñecer o Tríatlon de Pontevedra 2008-2010 a través de imaxenes”.

ESTRADA  PECHADA.

A estrada N-550 só estará pechada ao tráfico no tramo entre Pontevedra e Barro, (glorieta desvío cara a estrada a Vilagarcía-Curro) o sábado 25, entre as 7.00 e as 11.00 horas, e o domingo 26 entre as 7.00 e as 11.45 horas. Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

Perdecanay no Ano 1845 “Diccionario de España y sus Posesiones de Ultramar” de Pascual Madoc