O abandono de cans alcanza cifras monstruosas cada ano. Son diversas as causas de que estes nobres animais terminen
percorrendo tristemente as rúas, pero todas teñen que ver coa irresponsabilidade humana, que non prevé as consecuencias dos seus actos, nin adxudica aos animais, os dereitos que lles corresponden.
General
FALECE O PAI DE JOSE SANMARTIN
Catro feridos en Vilaboa e Barro
A comarca de Pontevedra rexistrou onte dous accidentes de tráfico. O de Vilaboa tivo lugar ás 8.43 horas na estrada N-554,
na rotonda do cemiterio de San Adrián. A colisión entre dous turismos deixou tres feridos leves, que foron trasladados ao hospital Miguel Domínguez, de Pontevedra. En Barro, un vehículo encaixouse nun poste da N-550 e o seu condutor resultou ferido.
A calor reaviva o incendio de Barro e provoca un novo en Viascón
As altas temperaturas volveron dar un presaxio do que pode ser un mal verán para os pobos rodeados de masa forestal na
comarca. No caso do municipio de Barro foi o incendio de eucaliptal na Portela o que se reavivou ao mediodía, logo dunha xornada de calma.
Ás tres da tarde empezaban a alarmarse tamén os veciños de Viascón, en Cotobade, A fumareda que saía do Monte Castelo empezouse a achegar á parroquia. Pedíronse medios, pero estes non chegaban. O BNG denunciou que ás cinco, cando xa se aproximaba o lume ás vivendas -e na zona hai casas de Protección Oficial realizadas exclusivamente en madeira- só había un buldozer facendo devasa. Ningunha cuadrilla. Ao final, pouco despois chegou o helicóptero e a cuadrilla, procedentes dun lume en Lérez, posto que se considerou que este era máis perigoso.
(Máis información na nosa edición impresa do 1 de xullo).
A A.N.P.A “Amor Ruibal” xestiona o proxecto de LUDOTECA cara o verán.
TRIATLON POLO CONCELLO DE BARRO
Traballo en Barro. ELECTROMECANICO FRIO INDUSTRIAL
Actuación da orquestra Os Satélites na festa do viño 2011
Atropelo e saída du vehículo
Un mozo de 15 anos, veciño de Curro (Pontevedra), foi trasladado con feridas graves ao hospital do Salnés tras sufrir un
atropelo na estrada que vai de Vilagarcía de Arousa a Pontevedra, informan fontes do 112 a Europa Press.
Os feitos producíronse contorna ás 21.42 horas deste domingo, na vía que vai de Vilagarcía en dirección a Romay. Ata o lugar trasladáronse efectivos de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e persoal voluntario de Protección Civil de Cambados.
Segundo precisan a Europa Press os axentes de Protección Civil, o neno presentaba traumatismos torácico, cervical e lumbar e podería ter costelas rotas, ademais de feridas nas pernas.
Por outra banda, fontes do 112 tamén indican que unha saída de vía dun vehículo minutos antes -sobre as 8.10 horas- en Barro (Pontevedra) -na autoestrada do Atlántico (AP-9), no quilómetro 119 en dirección á capital galega- saldouse con tres feridos.
Ao lugar trasladáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Barro e foi avisado o centro de xestión de autoestradas.
Lume nunha vivenda no San Antoniño
Fonte: Xesús Rodríguez
Oxe pola mañan os bombeiros apagaron un lume nunha vivenda do segundo andar deste edificio de S Antoniño, non habia ningun na vivenda tiveron que romper a porta para entrar e apagar o lume sin todo quedou nun susto con paredes negras polo fume. O lume escomezou pouco despois dun par de apagons na zona . Conven ter coidado cos aparatos electricos
Obradoiro “TRABALLO EN COIRO”
CRTVG busca…reporteiros
CRTVG busca…reporteiros comeza o 17 de xuño de 2011 e remata o 6 de xullo de 2011.
3.- A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todas as persoas, a partir dos 15 anos de idade, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.
Se os vídeos inclúen a menores deberá presentarse o consentimento de seus pais ou titores para a súa difusión a través das diferentes canles coas que conta a CRTVG.
Non poderá participar o persoal empregado das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras.
4. QUE HAI QUE FACER PARA PARTICIPAR?
Deberase realizar un vídeo-reportaxe, de temática libre que pode ser real ou de ficción, en que aparezan referencias a programas da Televisión de Galicia e a Radio Galega, ben a través de imitacións de formatos, persoeiros, etc., ou no tema que trata. As obras deberán enviarse ao Servizo de Innovación e Novas Canles da CRTVG seguindo as indicacións do puntos 5 e 6 destas normas.
Alarma en Barro por un importante incendio forestal
Onte ao mediodía declarábase no concello de Barro un incendio forestal, posiblemente provocado pola vaga de calor que está a afectar Galicia esta fin de semana. O monte afectado, pertencente á Xunta de Montes da Portela, comezou a arder ó redor das 2 e cuarto da tarde. Sen embargo, unha mala coordinación dos medios de extinción empeorou a situación.
Os equipos de extinción de incendios forestais trasladaron ata o lugar un hidroavión, tres avionetas e dous helicópteros.
Nestes traballos incluso participaron os bombeiros do Salnés, que non contan co equipamento axeitado para a extinción de incendios forestais. Os efectivos acudiron ante a alarma pola proximidade das lapas a unha fábrica da zona.
Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil, que debido ás lapas tiveron que cortar un tramo da estrada PO-224, que permaneceu pechado ó tráfico ata preto das 5 e cuarto da tarde.
Ó longo desta tarde o incendio, que chegou a queimar preto de seis hectáreas de monte.
Un incendio en Barro pon en perigo a dúas naves industriais
A intensa calor das últimas xornadas trouxo os primeiros incendios forestais de importancia ao
municipio e a comarca. Aínda que finalmente non revestiron unha especial gravidade, ao poder ser controlados, en dous deles, na parroquia pontevedresa de Campañó e no municipio de Poio, as chamas aproximáronse a zonas habitadas e nun terceiro, no limítrofe concello de Barro, o lume achegouse a dúas fábricas.
Foi esta circunstancia –a proximidade de vivendas e negocios– a que extremou a atención dos servizos antiincendios e a que converteu o encoro do Pontillón de Castro na referencia dos medios aéreos que interviñeron nos traballos de extinción. Os helicópteros cargaban auga na presa mentres que as avionetas desprazábanse ata a ría.
Na parroquia de Campañó, o incendio forestal rexistrado na mañá de onte afectou a monte baixo e en ningún momento puxo en perigo as vivendas próximas. Aínda así os bombeiros desprazáronse ata o lugar por se era necesaria a intervención dun equipo experto en rescate de persoas.
Pola súa banda o incendio en Combarro tamén puido ser sufocado con relativa facilidade, o que non impediu que a
preocupación se estendese entre os veciños que lembraban a traxedia do verán do 2006 cando o lume si cercou núcleos habitados e puxo en risco a persoas e propiedades.
A situación foi máis complicada na zona de San Antoniño, no limítrofe concello de Barro, onde o incendio foi de maiores dimensións e xa pola tarde, cando as tarefas de extinción complicábanse polo vento que reavivaba o lume cando aparentemente estaba sufocado.
As brigadas do servizo de loita contra o lume da Xunta estiveron reforzadas por cuadrillas de León e de Allariz (Ourense) e contaron co apoio loxístico de seis avionetas, cinco helicópteros e camións cisterna.
Neste caso dúas plantas industriais estiveron preto do lume, preocupando de maneira especial a proximidade dun incendio a unha fábrica de hombreras debido á acumulación de espuma e material altamente inflamable no seu interior.
A pesar de que o incendio que empezou en Portela quedou baixo control a media tarde, o operativo seguiu na zona para asegurarse de que as chamas non se reavivaban co aire.
Executado ao 55% ou enlace dá autovía do Salnes coa AP-9 e a estrada de VilagarcíaCatorce quilómetros de novos viarios
Actualmente estanse a rematar as excavacións do tronco dá obta viaria Ou nó pequeno dá acceso a Curro e á estrada de
Barro, así como a antiga comarcal C-531 Pontevedra-Vilagarcía, mediante un proxecto que inclúe unha depresión dá actual estrada.
Sobre esta estrada enterrada nun amplo tramo situarase a rotonda que permitirá todos vos movementos entre vos dous
lados desta poboación e, ademais, a conexión coa actual estrada Pontevedra-Vilagarcía PO-531.
Ou supernó constitúe a saída lóxica dá autovía de Sanxenxo cara á AP-9 que, non futuro, realizarase mediante catro carrís, sen ou tapón que representan vos dous actuais.
Ademais, dará continuidade á PO-531, asegurará a conexión dous polígonos industriais de Barro-Meis e enlácesvos coa rede de estradas autonómicas e dá Deputación.
O supernó levará un primeiro nivel que posibilitará a conexión dá autovía do Salnés e autoestrada AP-9. Non segundo,
habilitarase unha glorieta de 180 metros de diámetro que conectará a antiga estrada C-531 que dá servizo aos polígonos, a estrada PO-531 en dirección Vilagarcía (dá que sae a PO-300 cara a Cambados) e vos oito ramais de interconexión cos troncos principais. Carrís exteriores enlazarán AP-9 e autovía a Vilagarcía e a PO-531 Pontevedra-Curro coa autovía
do Salnés.
En síntese, as obras consisten basicamente nun enlace a tres niveis entre a AP-9, a autoestrada AG-41, a futura autovía a Vilagarcía de Arousa, a PO-531 e a PO-300, incluídos vos catro ramais directos para vos tráficos principais. Ata ou momento tense executado aproximadamente ou 55% dá obra prevista.
Actualmente estanse a rematar as escavacións do tronco dá obra, comezando en breve prazo a modificación do desvío dá AG-41, que pasará de dous a tres carrís evitando así vos atascos que se producen non Salnés nos meses do verán.
Ademais comezarán vos labores de colocación dás vigas dous pasos superiores e construción do segundo paso superior de execución con autocimbra.
Despois do verán comezará a realización do terraplén e pavimentación para facer vos desvíos que levarán a fase 3 dá obra e que permita construír a zona sur do enlace.
? Ou macroenlace que se está a construír en Curro , á parte de necesitar varias estruturas, obrigará a construír 14 quilómetros de novos viarios concentrados nas zonas dás obras. Tratar de 4,6, que corresponden ao eixo principal e 10,5 aos ramais de conexión. Ademais serán necesarios tres viadutos (un non eixo principal e dous nos secundarios), 5 pasos inferiores e 3 pasos superiores, todo iso combinado con 22 obras de drenaxe.
De feito unha dás dificultades na programación dúas traballos ven dada polo risco de asulagamento dalgunhas zonas dá obra, polo que vos calendarios poden variar á espera dás tarefas dede drenaxe.
Xa está online a web da empresa Saramagal
Xa está online a web da empresa Saramagal:
Ademais, pronto se poderá comprar on-line.








