“Vivamos como galegos!” cumpre 5 anos e quixo celebralo invitando a todos os galegos a participar no anuncio Aniversario. A nova campaña enxalza as razóns que fan que cada un nos sintamos na casa.
Unha homenaxe a todo o galego, a unha terra e unha forma de ser. Un agradecemento a levar gritando durante estes 5 anos “cada un co seu motivo, pero todos xuntos “…
“Vivamos como galegos! “. E un desexo: “Por mil anos máis.. “.
General
Traballadores e pais de Preescolar na Casa protestan ante a Xunta
De catro mil a mil familias en Galicia, duascentas delas na provincia de
Pontevedra. É a redución que sufriu o programa Preescolar na Casa tras o ERE que afecta aos traballadores desta fundación. Onte, parte do persoal, arroupada por varios
pais, protagonizou unha concentración de protesta ante a sede do edificio da Xunta para esixir á Consellería de Traballo e Benestar Social que achegue os 200.000 euros de subvención comprometidos para este ano, sen os que o futuro da fundación, aseguran, periga.
O ERE implica que 20 traballadores teñen o seu contrato suspendido e outros 17 están a media xornada. Na provincia, dos sete profesionais que había, agora están a traballar dous, que se centraron nos grupos creados nos municipios da Estrada, Silleda, Lalín, Valla, Pontecesures e Mondariz e arredores. No camiño quedaron este curso os de Caldas, Cuntis, Moraña, Sanxenxo, Bueu, Marín ou Barro.
«Este é un servizo único en Galicia -sinalou José Expósito, do comité de empresa- que ofrece pautas educativas aos pais de nenos de 0 a 3 anos. E é un servizo pioneiro a nivel nacional, do que presumen vos nosos queridos políticos. En xullo estivemos recibindo un premio en Praga e contraditoriamente estannos recortando. Estamos falando dun programa educativo e un programa que destina a súa principal atención ao ámbito rural».
A versión basica mais eficaz de Barro CF
O nó de Curro contará cunha partida de 10 millóns de euros dos orzamentos da Xunta
Non esquecerse hoxe presentación de \”A Dama Negra\” de Lorena Louzán
RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BARRO
NOITE DOS CALACÚS
“Concurso e Exposición do “calacú” premiaránse os “calacús” máis orixinais.
Desgustación de un magosto.
EXCURSIÓN O CORPIÑO
DOMINGO 23 DE OUTUBRO
–SAÍDA ÁS 8,30H MAÑÁ DENDE O SAN ANTONIÑO (DIANTE DO CONCELLO)- RECOLLE NA ESTACIÓN DA PORTELA AS 8.35 H E NA IGREXA DE CURRO AS 8.40 H
*PRECIO ADULTO .………30 €
*Nenos de6 a12 anos………20 €
(Inclúe VIAXE, VISITA GUIADA e COMIDA)
**Programación:
*10:30h – Chegada ó Corpiño.
*12:00h – Misa no Santuario.
*13:00h – Visita da Igrexa das Dores en
Montouto (Losón)
*14:00H – Xantar nun restaurante da zona.
MENÚ:
– Sopa caseira.
– Merluza á romana.
– Carne asada (tenreira).
– Postres e café.
*Pola tarde – Visita da vila de Lalín.
Reservas: 605 47 93 88
**Chamar a partir das 19:00h.
APÚNTATE XA!!!
Organiza: ASCOCIACIÓN CULTURAL SAN MARCO TERRAS DE BARRO
A nacional 550 convértese, una vez máis, en paso obrigado para os cabalos salvaxes.
O pasado domingo 16 de outubro, algúns cabalos que habitan no monte dos arredores do San Antoniño, decidiron sair a dar unha volta e xuntarse coa poboación.
Eran cerca das 22.00 horas cando, á altura de Mobles Salnés, os vehículos que transitaban a devandita nacional en ámbolos sentidos, foron testemuñas do desorientado paseo que estaban a facer estes animais. Por sorte, os equinos atravesaron a estrada nacional cara o seu destino sen causar dano algún.
Pola contra, non correu a mesma sorte un potriño que, no serán do luns, foi atropelado na mesma nacional, entre o avión e o restaurante Poteliña, no que se viron implicados dous vehículos. Ao lugar dos feitos acudiron, intres despois, efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal de Conservación de estradas.
Contundente victoria do Barro cadete
COMUNIDAD DE MONTES EN MAN COMUN PARROQUIA DE PORTELA BARRO
O paro baixa un 2.44 % durante SETEMBRO en BARRO
O Plan Hidrolóxico programa ata 2015 un investimento de 63 millóns en trece municipios da comarca
En materia de abastecemento de augas, o Plan Hidrolóxico descarga a maior parte das actuacións no proxecto estatal de
Acuanorte para mellorar a rede de Pontevedra, Poio e Sanxenxo, pero si establece propostas propias en Paredes (Vilaboa), en Caldas, cunha nova captación e depósito, en Cotobade e Portas e, finalmente no polígono de Barro-Meis, que necesita preto de tres millóns de euros para a primeira fase dunha rede de abastecemento que forneza auga ás empresas que se implanten neses terreos.
En materia de inundacións non se expón actuación algunha, pese ao risco que si admite na desembocadura do Lérez, cun 4,15% de ocupación das súas marxes, e noutros tramos do río, modificado por “diques de encanamento”, cun 30,41% de alteración das súas marxes.
SARAMAGAL NA TVG
Fomento manterá a estación da Portela para trens convencionais
O Ministerio de Fomento abriu a posibilidade de que a futura linea da AVE do Eixo Atlántico sexa compatible cun tren
convencional para proximidades, co que estacións non incluídas na Alta Velocidade, como a do campus en Pontevedra e a da Portela, en Barro, si se conservarían para outros usos. Así o asegurou onte a plataforma Salva ou Tren despois de manter unha reunión co director de Infraestruturas Ferroviarias Carlos María Juárez.
Segundo este colectivos Fomento puxo sobre a mesa “a combinación de ambas as infraestruturas: a liña AVE para os servizos rápidos e directos, e a liña convencional para seguir dando servizo ás estacións intermedias. Con esta nova formulación a situación de operatividade ferroviaria no Eixo Atlántico enlazaría Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, mentres que a convencional pararía en Pontecesures, Catoira, Portela, Campus, Pontevedra, Arcade, Cesantes, Redondela-Picota, Redondela, Chapela pola vía de Guixar e Vigo”.
Salva ou Tren, que solita que a estación de Portas incorpórase a este mapa “como unha futura terminal de proximidade Portas-Vigo”, mostrou onte a súa satisfacción pola resposta de Fomento e confía en que “se manteña este proxecto no tempo para que no futuro póñanse encima os servizos ferroviarios de proximidade”.














