MENSAXE ENVIADA POR FAUSTINO BATALLAN

Copia de faustino batallan

ESCOLA DE TENIS

Os acusados que foron sorprendidos con sete quilos de cannabis na peaxe de Curro aceptaron dous anos de prisión cada un

A Policía Nacional interceptou aos dous galegos nun BMW na AP-9 na peaxe de Curro. Despois de efectuar un rexistro no interior do vehículo, os axentes localizaron unha bolsa que contiña case 7 quilos cannabis.
Os acusados deberán abonar multas que suman un total de 362.000 euros. O fiscal rebaixou a pena que solicitaba inicialmente –que nun dos casos era de 13 anos de prisión– a consecuencia da Reforma do Código Penal e ao aplicar a atenuante de dilacións indebidas.

Policía Nacional e Garda Civil despregáronse en Barro en busca dunha muller desaparecida

A Policía Nacional mobilizou en cuestión de minutos á Local e á Garda Civil, que enseguida comezaron a peitear a cidade para intentar localizar á desaparecida. Os axentes despregáronse con rapidez por contornas como o lago de Castiñeiras, o poboado do Vao ou o espazo natural que forma a fervenza do río Barosa, no veciño municipio de Barro. Ao mesmo tempo, membros da unidade da Policía Científica desprazáronse ao piso para unha primeira inspección ocular. E niso estaban cando a propia M. D. G. G. chegou a casa e puxo fin ás horas de incerteza.

Mais información, preme aqui..

REPORTAXE FOTOGRAFICO XII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE BARRO

RESULTADOS 5ª XORNADA DOS VETERANOS DE BARRO

O maior nó de Galicia une autoestrada e autovía do Salnés desde outubro

O maior nó de comunicacións de Galicia que se constrúe desde hai dous anos en Curro, xusto na fronteira entre os municipios de Barro e Meis, comezará a ser utilizado polos automobilistas na segunda quincena de outubro.
A apertura é incompleta pois falta a execución da terceira fase que permitirá o desdobramento da calzada para que eixo Autoestrada do Atlántico e Autovía do Salnés sexa de catro carrís, dous en cada sentido da circulación.
A previsión máis inmediata é xa conectar a autoestrada coa AG–4.1 aínda que durante todo o próximo ano, os vehículos que cheguen á peaxe da AP –9 desembocarán nunha calzada dun só carril, provisionalmente coa estrutura dunha estrada normal.
De momento, por tanto, as cabinas de peaxe manteranse na súa actual localización, aínda que cando culmine o proxecto do nó adiántanse a terreos da nova ligazón viaria.

Para seguir lendo, preme aquí….

III FESTA DA XUVENTUDE

O FABULOSO MUNDO DO CIRCO. SABADO E DOMINGO AS 20:00

O festival de bandas de música de Barro celébrase este domingo no pavillón

Terras de Pontevedra despídese con 40 plans para gozar a comarca

Queda pouco máis dun mes para que Terras de Pontevedra bote o peche. Polo menos, no que se refire ao desenvolvemento do «Plan de Dinamización do Produto Turístico», que naceu no ano 2007 mercés a un convenio entre o Estado, a Xunta, oito municipios da comarca e o sector privado, representado pola Cámara de Comercio.

Pasaron catro anos e investíronse máis de catro millóns de euros, e o resultado é o posicionamento no mercado da marca Terras de Pontevedra, o impulso de novos recursos turísticos en toda a comarca e o lanzamento de produtos específicos cuxo único obxectivo é atraer visitantes aos municipios que forman a mancomunidade: Pontevedra, Poio, Vilaboa, Campo Lameiro, Marín, Cotobade e Ponte Caldelas, ademais de Barro, que formou parte no seu día da iniciativa, aínda que recentemente decidiu retirarse.

Terras de Pontevedra prepara unha gran traca final para a súa despedida, que chegará formalmente o próximo 28 de outubro cun acto no recentemente inaugurado Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, non en balde a arte rupestre foi unha das grandes bazas coas que se xogou nestes catro anos para impulsar o turismo na comarca.

En Internet

Mentres chega a data do peche, a mancomunidade segue traballando e lanzando propostas. Onte mesmo presentáronse oficialmente os paquetes turísticos de Terras de Pontevedra, unha iniciativa que levou máis de dous anos de traballo para chegar a acordos con axencias de viaxes e páxinas web dedicadas ao sector, que son quen se encargan da comercialización, e empresas de hostalería, de tempo libre e doutros ámbitos de toda a comarca.

O resultado son un total de corenta paquetes ou propostas para coñecer as Terras de Pontevedra, que se poden contratar pola vía tradicional ou ben por Internet, en páxinas especializadas como lastminute, muchoviaje, atrapalo, evadium ou venere. E tamén se comercializan baixo a fórmula do «cofre-regalo».

Terras de Pontevedra deseñou paquetes turísticos para todos os gustos e petos, que combinan noites en aloxamentos rurais con actividades como rutas dacabalo, en piragua, en barco, en lancha rápida e ata en avionetas bipraza. Para clientes menos aventureiros hai propostas como facer rutas gastronómicas e gozar de menús de degustación, participar en catas de viños e ata asistir a cursos de iniciación á talla de madeira e de pintura; e ata a posibilidade de relaxarse nun balneario urbano, de gozar de visitas guiadas personalizadas ao centro histórico de Pontevedra ou de facer tramos do Camiño Portugués a Santiago.

Os prezos oscilan entre os 30 euros por persoa -unha noite nunha casa rural en réxime de aloxamento e almorzo- ata os 795 que custaría unha ruta organizada de cinco días dacabalo polo Camiño Portugués con guía, aloxamento e comidas incluídas.

Campaña informativa

Ademais da promoción que se faga e estes produtos a través das webs especializadas, da web da mancomunidade -www.terrasdepontevedra.org- e das axencias de viaxes, tamén se organizou un envío de información sobre os paquetes turísticos tanto vía electrónica como física. Os obxectivos da campaña son o resto do Estado, o Reino Unido e o norte de Portugal. Precisamente, o vindeiro luns terá lugar un acto de presentación dos produtos de Terras en Vila Nova de Gaia.

Os paquetes turísticos comercialízanse a través de axencias e de Internet

Terras presenta

o vindeiro luns os seus produtos na localidade lusa de Vila Nova de Gaia

O peche da actividade será o 28 de outubro en

o centro rupestre de Campo Lameiro

XIII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE BARRO

COLISIÓN NA ROTONDA DO TANATORIO

Onte, ás 14:45 horas, tivo lugar unha colisión na rotonda do tanatorio.
Segundo testigos presenciais, un automóvil de cor azul circulaba pola recta paralela ó tanatorio (intre no que había un velatorio) a grande velocidade en sentido á rotonda, onde ó chegar á mesma fixo un trompo, colidindo cunha furgoneta marca Ford Transit de tres subsaharianos, que nese intre atopábanse cambiando a roda dereita da parte dianteira.

A colisión do coche foi contra esquina traseira esquerda da furgoneta, a cal foi desprazada uns poucos metros, de xeito que o coche causante do incidente, acto seguido, deuse á fuga. As tres persoas que estaban coa avaría da furgoneta na parte contraria, por sorte, saíron ilesas do golpe.

Pasados uns intres fixo acto de presenza a Garda Civil de Tráfico, que levou a cabo unha primeira inspección ocular dos feitos, tomando datos e recopilando restos da colisión.

Unha vez que os membros do instituto armado abandoaron a zoa, o coche causante da colisión volveu, con dous individuos, ao lugar do sinistro.

De contado volveu a personarse a Garda Civil para levanta-lo atestado.

Nos últimos meses detetáronse varios vehículos circulando a grande velocidade por esta vía. Sería bo que as autoridades locais levasen a cabo unha serie de medidas para que casos como estes non volten a ocorrer, xa que agora contamos cun parque que está sempre ateigado de rapaces.

 

CIRCOLANDIA

Rebaixan a pena a un garda civil condenado por narcotráfico

A reforma do Código Penal que entrou en vigor a finais do pasado ano continúa beneficiando a moitos condenados por narcotráfico ao longo do pasado ano. O último caso é o de Javier Ferreiro Vázquez, un axente da Garda Civil destinado no País Vasco, aínda que natural de León, que foi condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra a dez anos e nove mes de prisión tras acudir a un hostal de Curro para comprar unha partida de cinco quilos de cocaína a un clan arousán.
En outubro do pasado ano sentou no banco da Audiencia Provincial de Pontevedra xunto con outros oito acusados (todos eles veciños da comarca de Arousa), sendo o único dos procesados que non recoñeceu os feitos e non chegou a un acordo co fiscal que permitiu unha rebaixa das penas impostas.
Finalmente, a Sección Segunda da Audiencia ditou sentenza e condenou ao entón garda civil a unha pena de dez anos e 9 meses que foi recorrida polo acusado ante o Supremo. Agora o Alto Tribunal acaba de dar a razón á Audiencia e asume, punto por punto, todos os argumentos que empregou o tribunal pontevedrés para condenalo. Dá por boas escóitalas telefónicas e cre que existe proba máis que suficiente para condenalo. No entanto, tal e como recoñece o propio fiscal, redúcelle a pena en dous anos en base á reforma do artigo 368 do Código Penal que modifica as penas polos delitos de narcotráfico e a fixa en oito anos de prisión. Iso si, mantén unha pena de multa que ascende a 775.000 euros.
O Supremo confirma o resto da sentenza que establece que en abril de 2007 Javier Ferreiro Vázquez concertou unha cita con outros dous dos acusados (os arousáns Daniel Meaño Cores, quen entón era funcionario da Deputación; e Javier González Bouzada, que era cabo da Armada destinado en Ferrol) nun hostal situado en Curro, ao pé da estrada entre Vilagarcía e Pontevedra, no termo municipal de Barro. O garda civil desprazouse desde o País Vasco ao hostal de Curro, onde primeiro entregaría o diñeiro a Bouzada, quen posteriormente o entregou a Meaño Cores nun local da vía rápida do Salnés. Cando González Bouzada regresaba ao hostal para facer entrega do cinco quilos de cocaína ao garda civil foi interceptado polos axentes da Udyco da Policía Nacional. Posteriormente era detido Ferreiro Vázquez e horas máis tarde caía Meaño Cores e incautábanselle 142.000 euros.
Os dous arousáns tamén foron condenados a senllas penas de 9 anos e 1 día de prisión despois de recoñecer a súa participación nos feitos ante o xuíz. No informe do Ministerio Fiscal ao recurso interposto por Javier Ferreiro xa expón que as condenas impostas a estes dous acusados tamén deberán ser “revisadas” á baixa en base a esta reforma do Código Penal.