O CEIP Amor Ruibal sumase a vintena de proxectos de Voz Natura para este curso

Unha vintena de colexios, asociacións e entidades da comarca de Pontevedra participan este curso 2011-2012 no programa Voz. As reforestacións son o eixo principal das actividades a desenvolver. A Asociación Cultural Andarela de Nantes (Sanxenxo), a Asociación Tambre de Pontevedra, o Centro de Educación Especial Juan XIII, o colectivo ecoloxista Vaipolorío, son algúns dos participantes. Tamén se aprobaron proxectos dos colexios da Lama, Amor Ruibal de Barro, Torre-Cela de Bueu, o de Portonovo, o de Tenorio-Cotobade, Magaláns-Dorrón, Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, o de Chancelas, Riomaior-Vilaboa, Sacro Corazón de Praceres, Domingo Fontán de Portas, Dalila de Marín, Os Salgueiros, e Concepción Crespo Rivas de Pontevedra, ademais de Instituto de Secundaria A Xunqueira I.

O programa Voz Natura é unha iniciativa da Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre, co patrocinio das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, a Deputación da Coruña, Cabreiroá, Sogarisa e Bricor.

Voz Natura é un programa de educación ambiental posto en marcha
pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.

Politiquillos e outras herbas do campo

Achéganse as eleccións 20-N e, dende aquí, queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade para os 2.300 amigos do facebook máis interesados pola política.

Este artigo vai dirixido sobre todo aos amigos que empezaron a seguir este blog logo das eleccións municipais e non viviron o debate que se formou cos comentarios expostos no muro de Novas de Barro, onde certos perfís falsos e outros que non o eran, increpáronse, entre uns e outros, insultos e outros termos que podemos, ou non, consideralos como tales.

A historia é  que ao final isto rematou nunha denuncia por parte dun militante do PP de Barro, o cal se sentiu moi molesto polos comentarios dirixidos cara á súa persoa e partido político que defende, ou quen sabe, tal vez buscaba protagonismo ou saturar máis os nosos xulgados, que certo é que teñen casos máis importantes que resolver. Non sei, cada un que se faga a súa propia idea.

Pola nosa banda, o que se fixo foi eliminar eses perfís falsos e outros que, aínda que non o eran, si ían ao falso quentando ao persoal. O problema íase solucionando sobre a marcha grazas á colaboración de moitos de vós que íades informando de comentarios que non eran correctos e sobre todo, respectando a liberdade de expresión.

Aquí quédavos a denuncia para que deixedes constancia da vosa opinión. Maila que os datos persoais están borrados, por iso da protección de datos, seguro que a maioría de vós sabedes de quen se trata.

A esta denuncia habería que engadir a declaración ante a garda civil dun colaborador desta páxina e na que se engaden outros perfís falsos que o denunciante obviou, ou esqueceu nomear, e que tamén participaban activamente neses acalorados debates.

Con isto queremos recalcar que cada un se faga responsable dos seus comentarios, e tende coidado a quenes van dirixidos, porque persoalmente creo que certos politiquillos creen que vivimos nunha dictadura, e de non ser así, estou case seguro de que lles gustaría.

Xa podemos comprar Saramagal por internet

Chegou a hora de anunciarvos que….. xa temos dispoñible a venda de SARAMAGAL por Internet (envío directo a domicilio, con prezos de transporte moi razoables): www.bonbouquet.com

Eliximos este portal web como portal de referencia para a venda online da nosa cervexa porque esta empresa mantén unha aposta clara polo a calidade do Produto Galego Artesanal, o que reforza a nosa filosofía de empresa. Teñen páxina en facebook: http://www.facebook.com/BonBouquet

Que o gocedes! Unha Saramagal por favor!!!

NOVAS TAXAS DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SOLIDOS URBANOS, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DOS MESMOS.

VIVENDAS——————————————60 €

 LOCAIS COMERCIAIS, DE SERVIZOS

SUPERMERCADOS  DE  ATA  120 M ,

HOSPEDERIAS, CASA DE TURISMO

RURAL,INDUSTRIAS ARTESANAIS

ATA TRES EMPREGADOS. E SIMIL………150€

 BARES PUBS E CAFETERIAS………………240€

 RESTAURANTES, SUPERMERCADOS,

CAFETERIAS DE  CATEG.  ESPECIAL,

HOTEIS , MOTEIS E APARTAHOTEIS…….500€

 ENTIDADES BANCARIAS………………….400€

 INDUSTRIAS CARNICAS OU DE

ELABORACION    DE     PEIXES,

NAVES     INDUSTRIAS      CON

ACTIVIDADE,     ADEGAS,      E

INVERNADORIOS  CON    FINS

COMERCIAIS……………………………….600€

 NOVAS TAXAS DE  VEHICULOS DE TRACION MECANICA

 TURISMOS

 MENOS DE 8 C.V.F. ……………………….16.40€

DE 8  A 11.99  C.V.F……………………… ..44.30€

DE 12 A 15.99 C.V.F………………………..93.52€

DE 16 A 19.99 C.V.F……………………….116.49€

DE 20 C.V.F EN DIANTE…………………145.60€

 AUTOBUSES

MENOS DE 21 PRAZAS…………………..108.29€

DE 21 A 50 PRAZAS……………………….154.23€

DE MAIS DE 50 PRAZAS…………………192.79€

 CAMIONS

 MENOS DE 1000 KG………………………..54.96€

DE 1000 A 2999 KG…………………………108.29€

MAIS DE 2999 KG ATA 9999 CARGA

ÚTIL…………………………………………154.23€

MAIS DE 9999 KG. DE CARGA ´ÚTIL….192.79€

 TRACTORES

 MENOS  DE 16 C.V.F……………………….22.97€

DE 16 A 25 C.V.F…………………………….36.10€

DE MAIS DE 25 C.V.F……………………..108.29€

 

COS VOTOS A FAVOR SO DO GOBERNO MUNICIPAL. DENDE O PARTIDO SOCIALISTA CONSIDERAMOS MOI IMPORTANTE QUE SE SUBAN AS TAXAS PARA QUE O CONCELLO TEÑA UNHA BOA SAUDE ECONÓMICA E OS SERVICIOS PODIAN AUTOSOSTERSE. O QUE NON PODEMOS E SER CÓMPLICES, DESTE DESGOBERNO , E TANTOS ANOS SEN SUBIR E AGORA METERLLE TODO XUNTO , PARECENOS UNHA ABERRACIÓN.
SAUDOS CORDIAIS.
 JOSE SANMARTIN

BOLETIN SEMANAL DE EMPREGO Nº 22

Os socialistas de Barro critican a suba abusiva das taxas do lixo e dos coches

Os socialistas de Barro critican a suba abusiva das taxas do lixo e dos vehículos aprobadas no último pleno do Concello. José Sanmartín, voceiro da agrupación socialista, lamentou que o alcalde durante os últimos anos tivera
conxelas estas taxas e que agora de golpe faga un incremento abusivo delas.
“A taxa do lixo sobe dos seis euros que se pagaba ate os 60 euros. E un incrementoexcesivo.

Este aumento téñase que facer os poucos durante estes últimos anos e non
todo de golpe”, sinalou Sanmartín.
O voceiro socialista sinalou que na situación actual os concellos necesitan máis
recursos económicos, “pero a revisión das taxas debe facerse de xeito progresivo e non de golpe” “porque todos sabemos que a taxa do lixo era moi baixa que non daba nin para pagar o gasoil do camión pero teriamos que preguntarlle o alcalde que fixo nos últimos anos”.
O que fixo foi acumular unha débeda con Sogama de máis de 62.000 euros, sinala o voceiro de Partido Socialista, e ter unha débeda total do concello en máis de 1,5 millóns de euros cun orzamento de 1,7 millóns.
De feito, a política feita polo alcalde nestes últimos anos, provocou que o 75% do orzamento do concello fora para gastos correntes e so queda un 25% para inversións,“polo que os socialistas votamos en contra da proposta de orzamentos aínda que reconocemos o esforzo feito para ser un dos primeiros concellos en presentar uns orzamentos ”, sinala Sanmartín.
Por outra banda, o voceiro socialista quere destacar o informe do Interventor que destaca a falla de liquidez crónica e estrutural que presentan os orzamentos do concello de Barro e, unha serie de irregularidades. “como é a adopción do reconocemento extraxudicial de créditos dunha forma xeneralizada dende o 2001”. De feito o propio Interventor, sinala Sanmartín, destaca que para o 2012 non se contempla unha partida para as facturas sen consignación “polo que se provoca unha distorsión da xestión económica e da dispoñibilidade de tesourería”.
Outro dos aspectos máis importantes que alerta o informe do Interventor é que os expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito é unha competencia do pleno da corporación e que no caso de Barro “o alcalde só a somete a aprobación das xuntas de goberno”.
Por último o voceiro socialista, destaca que cos orzamentos para o ano 2012, e
apesares da suba das taxas, non se poderá acometer ningunha nova obra, como “o saneamento e un campo de fútbol de herba artificial”.

Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Barro
Máis información no 605479388

O PP SUBE OS IMPOSTOS EN BARRO SEN NINGÚN ESTUDO ECONÓMICO

O PP, ao que se lle enche a boca decindo que non vai “fritir” a impostos á xente, ven de aprobar, co único voto en contra do BNG, unha suba desproporcionada dos impostos en Barro.

Así, increméntase un 30% o IVTM (imposto de circulación) e un 1000% a taxa de recollida de lixo. Taxa que vai dos 60 euros para as vivendas até os 600 euros para algunhas empresas.

O BNG está de acordo en que os servizos deben pagarse através de taxas. O que non estamos de acordo é cunha suba destas características sen que exista ningún estudo económico que a xustifique.

Arriba as mans, isto é un atraco, e para algúns unha festa

Fonte:Rocio Touriño

O goberno do concello de Barro aprobou por maioria (non por unanimidade) a subida de impostos para os veciños, esto ven sendo da seguinte maneira, o recibo do lixo que era de 6 euros pasa a ser de 60 euros (para os particulares) e os comercios pagarán entre 300 e 600 dependendo da actividade, tamén subiu o imposto de vehículos, por exemplo; o coche que antes pagaba 72 euros agora pasará a pagar mais de 90, e decir o alcalde de Barro (e os do PP) aprobaron unha subida do 900 %.

O PARO SUBE EN BARRO UN 1,11% NO MES DE OUTUBRO

Socialistas de Barro. Mitin peche de campaña

Unha moza de Caldas de 18 anos morre e as súas dúas amigas sofren feridas nun accidente en Valga

Giovanna Frieiro Maquieira, nacida en Outeiro, parroquia de Carracedo (Caldas de Reis) hai 18 anos, faleceu onte de madrugada como consecuencia dun aparatoso accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés de Valga, onde as súas dúas amigas e compañeiras de viaxe, da mesma idade, resultaron feridas de diversa consideración.
A falecida estaba no asento traseiro do turismo, un Mercedes Clase A 150 de matrícula 1898-GCZ que se saíu da calzada e chocou contra un farol.
Ocorreu cando estaba a ser conducido por Norma V.B., natural de Romai (Portas), que quedou atrapada entre os ferros e tivo que ser excarcerada. Resultou ferida de gravidade e foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, onde permaneceu no servizo de Urxencias durante horas, aínda que ao longo da tarde o seu pai indicou que a súa vida non corría perigo.
No asento do copiloto atopábase Rocío V.P., veciña de Vilar (Barro), que sufriu feridas leves e que, segundo os equipos de emerxencias, saíu do turismo polo seu propio pé. En calquera caso foi trasladada ao centro hospitalario compostelán, afectada de contusións e diversos traumatismos. Pola tarde recibiu a alta médica, tal e como confirmou o seu pai a FARO.
O tráxico suceso produciuse ao fío do catro da madrugada no quilómetro 91 da estrada Nacional 550, cando as mozas regresaban a casa tras asistir a unha noite de festa na discoteca Chanteclair, situada nos límites entre Valga e Pontecesures.
Cando apenas transcorreran uns minutos de viaxe, e xa moi preto do domicilio da vítima –en Carracedo (Caldas)–, á que ían deixar en casa para seguir viaxe cara a Portas e Barro, o coche no que viaxaban saíuse da calzada, crese que debido ao mal estado do viario –pola choiva– e, supostamente, a unha velocidade inadecuada.
Ao lugar do suceso desprazáronse inmediatamente efectivos da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Valga e dos servizos médicos, que certificaron a morte da moza de Caldas e atenderon ás feridas antes de evacualas.
No lugar de Outeiro e en toda a parroquia de Carracedo a noticia sobre a morte de Giovanna Frieiro estendeuse rapidamente, e parece que dúas amigas da vítima, ao decatarse do ocorrido, tiveron que ser atendidas por senllas crises de ansiedade. Alí todos se coñecen, e calquera veciño ao que se lle preguntase estaba desconsolado. “Saíran á movida e cando regresaban de Chanteclair tiveron o accidente”, comentaban unha e outra vez os clientes dun bar próximo á casa natal. As mesmas fontes aclaraban que a condutora do turismo “sacara o carné fai apenas catro meses”.

Cinco liñas para o tren da castaña

Valentín Pazos Recamán aínda se acorda de cando alá polo ano 1949 había na cidade catorce castañeros traballando e de como este froito «matou moita fame» en Pontevedra. Durante moito tempo el personificó este tradicional oficio e a aparición do seu carriño (que xa ten 115 anos) era o sinal de que o outono chegara á Herrería. Hoxe segue aos seus 77 anos a pé de locomotora, pero tamén están os seus fillos Agustín, Tín, que se incorporou este ano, e Paco, con outros dous postos na Peregrina e a praza de Compostela. Ademais, uniuse ao gremio unha castañera de Barro, María Giovanna Fernández, que se fixo xunto ao seu marido unha praza na rúa Sagasta, e cuxo irmán José María atende outro carro en Gutiérrez Mellado.

Pero ¿De onde chegan tantos quilos de castañas aos quentes cucuruchos que serven todos eles? Pois hai ata cinco liñas regulares que fornecen os seus trens. María Giovanna, que di que esta ocupación «vai no sangue» -os seus avós xa eran castañeros- cruza a fronteira ata a cidade lusa do Porto. Cada quince días viaxan ou ela ou o seu irmán para traerse 400 quilos de castañas. «Sobre todo as primeiras castañas saíron moi malas este ano en Galicia, e se queremos facer clientela temos que ofrecer algo bo, por iso ímonos/ímosnos a Portugal».

Valentín, pola súa banda, é fiel «á terra da faísca», Ourense, e máis en concreto de Celanova ou Verín. Tamén vai ata alí para traerse entre 2.000 e 3.000 quilos, que logo garda nunha cámara frigorífica a 0 ou 2 graos e dos que vai dispondo para repor día a día.

Os seus fillos, Paco e Tín, tampouco coinciden á hora de buscarse as castañas. O primeiro, autodenominado O príncipe das castañas (casou o mesmo día que Felipe e Letizia), adoitaba encargar a súa primeira mercancía do outono na Ribeira Sacra.

Con bicho

«Pero cando fomos a buscala co remolque o 50 % tiñan bicho -sinala Paco-. Non choveu moito e o ourizo non abriu, así que o bicho criou dentro». Así que se foi ata o Bierzo, como fixo o ano pasado no seu debut, aconsellado por un amigo de Valladolid. «Desde alí tráenmas, pero teño que encargar 1.000 quilos e por iso sáeme un pouco máis cara -conta-. Pero foi tal o éxito que tiven que me decidín a seguir». Eses mil quilos dan para dúas semanas no seu caso, sobre todo a principio de tempada, porque acode coa súa locomotora a moitos magostos nos colexios. «A xente estuda e vai ao colexio, pero cando acabas aos teus amigos ás veces non os ves máis. Pois para min vir cada ano (levo 33 desde que viña co meu pai) é como a volta ao cole. Todos os anos volvo ver aos meus compañeiros, que é a cidade de Pontevedra, e é moi bonito». Adóitase quedar ata Reyes, «porque despois, aínda que hai castaña, a xente xa está un pouco saturada», e o resto do ano traballa nuns estaleiros. «Só quédanme os avións, teño tren e barcos…», chancea.

Competencia

Paco e o seu pai cren que a competencia neste gremio tan familiar é boa, aínda que ambos critican o uso de gas para asar as castañas por parte doutros compañeiros de oficio. «Hai que mancharse as mans», sinala o príncipe, mentres comenta que as locomotoras da súa familia utilizan carbón vexetal.

Para o seu irmán Agustín é o primeiro ano en solitario, aínda que do mesmo xeito que Paco acompañaba ao seu pai desde neno e aínda hoxe, hai días en que lle axuda. «Teño a quince familias de Parada do Sil que de toda a castaña que collen quítanme a pequena e a mala e selecciónanme a que vou buscar», asegura. Cada dúas semanas vaise a por 700 quilos, que duran vinte días, e aínda que afirma que este ano «é o peor» da castaña, a el non lle afectou «porque estas familias elíxenma». «Para min estar aquí é pura felicidade, non o cambiaría por nada do mundo», afirma.

O mesmo di o seu pai, que non se pensa xubilar «porque son unha persoa querida non mundo enteiro». E deixa unha frase para a reflexión dos pontevedreses acerca do seu tren: «Merece un monumento; fanllo a un paxaro e non a esta máquina que matou tanta fame».

«Para facer clientela temos que ofrecer algo bo, e por iso imos ao Porto»

«Para min vir cada ano é como a volta ao cole e os compañeiros son a cidade»

«Fanlle un monumento a un paxaro e non a esta máquina que matou a fame»

As variedades galegas de castaña:    

As variedades galegas de castaña foron multiplicadas por inxerto e cultivadas nos soutos durante séculos, co obxectivo de producir castaña destinada á manutención dás persoas e do gando. En cada souto se inxertaban de tres a cinco variedades, ca finalidade de obter produtos óptimos para as diferentes formas de consumo (asada, cocida ou seca); para realizar a colleita durante un período ou mais amplo posible (entre outubro e novembro); e para asegurar as produccións, pois hai variedades aneiras e outras que se manteñen produtivas todos vos anos. Como consecuencia dá diversidade varietal, vos lotes de castaña que se recollen nos vellos soutos son mixturas de variedades con características tecnolóxicas moi variables. Sen embargo, nalgunhas zonas, como en Valdeorras e non suroeste de Ourense, houbo unha certa evolución dá estrutura varietal propagando as variedades locais máis valoradas non mercado.

Aínda que algunhas variedades como a parede, a rapada, a amarelante e a luguesa cultívanse en varias comarcas, en xeral, a súa distribución xeográfica é de rango limitado, variando a composición varietal dúas soutos de comarca en comarca. A variedade de presa se atopa só na montaña lucense, a variedade garrida na meseta lucense, a negral en Valdeorras, a amarelante en Trives, as famosa, ventura e longal non extremo Suroeste dá provincia de Ourense.

Un dous obxectivos dá Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia é promover a creación de novos soutos destinados a producir cantidades importantes uniformes, de variedades adaptadas aos principais usos actuais, que son fundamentalmente ou pelado en industria e a venda en fresco. As variedades consideradas de maior interese son a amarelante, a famosa, a garrida, a longal, a negral, a de Parede, a ventura e a xudía.

A produción deste ano caracterizar póla súa abundancia, quizais debida ao ambiente seco na polinización. E tamén póla gran cantidade de castaña podrecida a causa dás altas temperaturas en setembro e outubro.

XUNTOS POLO NADAL

AVISO CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE PERDECANAI-BARRO IIII

SÁBADOS SALVAXES NA OMIX