Oficialización do polígono Barro-Meis

O técnico vasco Iñaki Ten Zubiaur deixa de se-lo adestrador do Barro C.F. de Terceira Rexional.

COMUNICADO OFICIAL.

Tras varias conversas de Iñaki co presidente e os seus colaboradores, e tras analizar diferentes motivos, ambas partes deciden rompe-lo seu acordo, o cal vinculaba a Iñaki como técnico do equipo para esta tempada.
O presidente do clube Vicente Cons comunicoulle a nova ó plantel o mércores dia 11 antes do adestramento, que xa foi o primeiro que dirixiu S.Fariña, que estará ó frente do equipo polo menos ata final desta tempada.
“Quero darlle as gracias a Iñaki polas cousas boas que transmitiu ó equipo pero chegamos a un punto que, por varios motivos e discordancias, foi mellor non continuar. Que sepa que aquí sempre será ben recibido.” , declaraba Vicente Cons tralo sucedido.
“Animo ó plantel e a Santi, e que sigamos coa ilusión e as ganas que tiñamos antes, co bo rollo e seriedade para seguir facendo un equipo de orgullo”.

O equipo adestrará de novo o venres 13 antes do partido do domingo, que será no campo do Eiriña.
Moita sorte!

ENTREGA DE BOLETÍNS INDIVIDUAIS DAS BASES DA PARCELARIA CURRO-PORTELA

ENTREGA DE BOLETÍNS INDIVIDUAIS DAS BASES DA PARCELARIA CURRO-PORTELA O 19-01-2012 ÁS 10:00 H NA NAVE DA ESCOLA OBRADOIRO.

Boletin do BNG de Barro.Decembro 2011

Anuncio de información pública.

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO

Clave: DH.V36.17806

UTE Ave Portela, de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para o vertido ao rego do Pozo Negro (cunca do río Lérez) dun caudal máximo de1.584,65 m3/día de augas residuais depuradas e para o vertido ao rego de San Amaro (cunca do río Umia)dun caudal máximo de 13.302,62 m3 /día de augas residuais depuradas procedentes das obras de execución dos emboquilles sur e norte, respectivamente, do túnel de San Amaro localizadas nos termos municipais de Pontevedra e Barro e enmarcadas nas obras do “Eixo Atlántico de Alta Velocidade, Tramo: Cerponzóns – Portela. Plataforma e Vía”.

As augas residuais industriáis, de infiltración e de escorrega xeradas no emboquille sur do túnel de San Amaro (1.584,65 m3/día – 291.828,87 m3/ano) son conducidas para o seu tratamento nunha balsa dedecantación constituida por 4 compartimentos de 6 x 4,5 m2 de superficie e 1,5 de profundidade dispostos en serie, con adición de floculante á entrada e control e corrección de pH mediante dosificación de ácido clorhídrico; e vertidas mediante cuneta escavada no terreo de 0,36 m2 de sección e 100 metrosde lonxitude ao rego do Pozo Negro (cunca do río Lérez), no t.m. de Pontevedra, no punto de coordenadasUTM: x= 529.087; y= 4.705.213.

As augas residuais industriáis, de infiltración e de escorrega xeradas no emboquille norte do túnel de San Amaro (13.302,62 m3/día – 2.170.134,71 m3/ano) son conducidas para o seu tratamento nunhabalsa de decantación constituida por 6 compartimentos de 6 x 4,5 m2 de superficie e 1,5 de profundidade dispostos en serie, con adición de floculante á entrada e control e corrección de pH mediante dosificación de ácido clorhídrico; e vertidas mediante cuneta escavada no terreo de 0,60 m2 de sección e 100 metrosde lonxitude ao rego de San Amaro (cunca do río Umia), no t.m. de Barro, no punto de coordenadasUTM: x= 528.824; y= 4.706.836.

Para as augas residuais fecais empréganse sanitarios químicos, polo que non se realiza o seu vertido ao dominio público.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sitas na praza Camilo Díaz Baliño de Santiago de Compostela, e no Servizo Territorial Sur de Augas de Galicia sito na rúa San Salvador núm. 2 – 4º de Vigo, onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2011.—O Xefe da Área de Vertidos, e.f., Francisco Julio Gutiérrez

Anuncios de información pública. BOP

Anuncio 1

A Comunidade de Usuarios Mosqueiros, representada por D. Manuel Güimil Cancela, NIF 35.426.001-K, solicita de Augas de Galicia un caudal de 0,09 l/s procedente de dous mananciais no lugar de Carballoso, parroquia de Portela, Concello de Barro, e con destino a uso doméstico. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Captación de auga dun manancial mediante unha pequeña escavación tabicada de ladrillo e dimensions de 4,1 x 1,8 x 0,8 e un pozo de aros de formigon de 1,0 ø m e 1,0 m de prof. e conducion de auga ata unha arqueta de reunión e, dende a mesma, ata a caseta de depósitos de bloque de formigon de dimensions de 17,75 x 5,85 m con tubaxe de PE de 63 ø mm e 260 m de lonx. aprox. Na caseta colocáronse 12 dep. ind. de dimensions 2,5 x 2,0 x 2,3 m con entubados independentes a cadanseu domicilio de PE de 32 ø mm.

Anuncio 2.

Dª Mª Dolores Martínez Bolo, con DNI 76.860.159-R, e Dª Mª Dolores Rodríguez Ortigueira, con DNI35.428.459-H, solicitan de Augas de Galicia un caudal de 0,074 l/s procedente dun (1) pozo, no lugar de Ortigueira, no Concello de Barro e con destino a Rega. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe oart. 109 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Aproveitamento dun pozo de aros prefabricados de formigón de 2,2 m. e uns 3 m. de profundidade, situado na parcela 1075 do polígono 7 ZCP Agudelo-Barro-Valiñas, do que partirá tubo de 60 mm. cara as fincas a regar, que son as do lado, a 1076 e 1077.

Faise público por un prazo de un (1) mes, que contan dende o seguinte ó da publicación deste anuncio de Boletín Oficial da Provincia para quen se considere prexudicado/a co solicitado, poida reclamar nese mesmo prazo no Concello de A Estrada ou na Zona Sur de Augas de Galicia, R/ San Salvador, n° 2 – 4º,Vigo, onde poderán consulta-lo expediente.

 

Boletín semanal de emprego. Concello de Pontevedra

RESULTADOS FÚTBOL DE BARRO

VETERANOS

A segunda modificación do PXOM de Barro permitiría desatascar a cidade deportiva do Pontevedra c.f

Agasallo canciños

Patrimonio paraliza as obras do campo de futbol da Chan

A Deputación anticipa 654.400 euros a 14 concellos para afrontar gastos correntes e de tesourería

As dificultades económicas polas que están a atravesar os concellos da provincia, algúns deles inclúo con dificultades para pagar as nóminas aos seus funcionarios, levou á Deputación provincial a anticipar mensualmente a catorce concellos das comarcas de Pontevedra e Caldas a cantidade total de 654.439 euros para que poidan así afrontar gastos de tesourería como pago de nóminas e tamén aos provedores.
A citada cantidade que adianta a institución que preside Rafael Louzán é en concepto de adiantos dos cobros do IBI de urbana e especial (Imposto de Bens e Inmobles), Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, IAE e outros que recada o Organismo de Recadación de Arbitrios e Taxas Locais (ORAL) pois os citados concellos delegaron este traballo no organismo autónomo da Deputación provincial de Pontevedra.
Desde o organismo provincial infórmase que o importe que se anticipa a cada concello mes a mes é o resultado de dividir en doce partes as recadacións obtidas no ano anterior.
Pontevedra e Caldas
No exercicio de 2011, o catorce municipios das comarcas de Pontevedra e Caldas recibiron mensualmente 654.439 euros que foron repartidos nas seguintes cantidades pormenorizadas: Concello de Barro (20.750,88 euros); Caldas de Reis (125.844); Campo Lameiro (14.576,07); Catoira (33.557,01); Cotobade (24.257,09); Cuntis (37.022,78); A Lama (19.274,23); Moraña (28.883,70); Portas (14.548,72 euros); Poio (190.652,51); Ponte Caldelas (46.553,70); Pontecesures (38.703); Valga (38.268,79); e Vilaboa (21.552,49 euros).
Operación de crédito
O pasado venres, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, subscribiu unha operación de crédito de 30 millóns de euros da institución provincial co Banco de Santander para facilitar os citados anticipos durante o ano 2012 aos 55 concellos da provincia que teñen delegada a súa recadación no ORAL.
Débeda dos concellos
O 31 de decembro de 2010 pechouse un ano no que a crise se mostrou con maior dureza, un exercicio no que o Goberno advertiu aos concellos para que puxesen coto aos excesos nos gastos e mesmo endureceu os límites de endebedamento para aqueles que tiñan unha maior cantidade de préstamos que afrontar. Unha chamada á austeridade que foi atendida pola maioría dos municipios da comarca de Pontevedra. Así, dos 14 concellos que forman parte da área de influencia da capital, un total de dez rebaixaron a súa débeda durante o pasado ano, outros dous mantivéronse sen ter que devolver ningún tipo de préstamo e tan só dous, Poio e Caldas de Reis, incrementaron a cantidade que deben devolver aos bancos.
A pesar de que a maioría dos municipios rebaixaron as cantidades que deben por préstamos, segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Economía e Facenda, os concellos da comarca aínda sumaban unha débeda viva que supera os 56,2 millóns de euros a 31 de decembro de 2010, o que en conxunto supón 939.000 euros máis que a finais do exercicio de 2009.
A maior parte desta débeda, como é lóxico, corresponde ao Concello de Pontevedra, que segundo o Ministerio contaba a finais do pasado ano cun debe consolidado de 21,3 millóns de euros. No entanto, a capital da provincia é, xunto Vigo, a cidade galega cun menor nivel de endebedamento xa que este non supera os 260 euros por habitante, moi por baixo da media estatal que se sitúa nos 613 euros de media per capita. Ademais, segundo estes datos, o pasado ano logrouse reducir a cantidade debida en 1,3 millóns de euros con respecto a 2009.
E é que se se compara endebedamento con poboación, o concello que máis diñeiro debe aos bancos da comarca sería o de Sanxenxo. Alí a débeda sitúase ao redor dos 12 millóns de euros. É dicir, uns 686 euros por habitante, lixeiramente por encima da media estatal. Con todo, cabe destacar que o concello sanxenxino tamén logrou reducir a débeda o pasado ano en 1,8 millóns de euros.
Barro tamén logrou rebaixar lixeiramente as cantidades a devolver aos bancos e que quedan fixadas en 685.000 euros (171 por habitante). Igualmente sucede con Cuntis (con 102.000 euros de débeda, 20 por habitante), Marín (con 2,4 millóns e 94 euros por habitante), A Lama (que resolve a súa débeda e queda con cero no seu debe), Moraña (con 382.000 euros, 76 por habitante), Portas (que ten 416.000 euros de débeda, 138 por habitante), Ponte Caldelas (con 1,1 millóns e 190 euros por persoa) e Vilaboa (con 618.000 euros por devolver aos bancos, uns 107 euros por habitante).
Tan só dous concellos incrementaron a súa débeda viva. Trátase de Poio, onde a débeda pasou dos 8,9 millóns de 2009 aos 9,3 actuais e que presenta a segunda taxa máis elevada de endebedamento por habitante da comarca, 580 euros.
Tamén Caldas aumentou lixeiramente os seus préstamos, pasando de 2,65 a 2,7 millóns, segundo o Ministerio. Aínda así, a débeda por habitante é de 270 euros por caldense.
Por tanto, os concellos da comarca deberán seguir apertándose o cinto nos próximos anos se quere seguir rebaixando a súa débeda, que representa o 32% dos 170 millóns de euros que teñen que devolver aos bancos os municipios da provincia.

Fotos Cabalgata de Reis 2012

O Partido Socialista de Barro reparte a sorte no Concello

A lotería que vendeu o partido socialista de Barro foi agraciada coa pedrea, así que os afortunados que a adquiristes enhorabuena.

Fomento modifica o trazado do AVE e anula a ligazón

A insistencia veciñal capitaneada por Salvemos Barro serviu para que o Ministerio de Fomento modifique o trazado do AVE Pontevedra-Ourense na polémica conexión co Eixo Atlántico ao seu paso polonúcleo de Porráns. O cambio consiste en eliminar esta ligazón por un situado máis ao sur, concretamente nas inmediacións de San Amaro.

Esta medida supón un traxecto máis curto, de menos duración e cun investimento de menor calado. «Vos dous viadutos previstos quedan agora soterrados. A boca do túnel sae máis ao sur para conectar co Eixo Atlántico», explicou onte Jaqueline Seijo, portavoz de Salvemos Barro, quen asegura que a modificación responde ao «sentidocomún».

Desta forma, apenas haberá afectación no municipio de Barro. O pasado mes de maio, os membros da plataforma visitaron o Ministerio de Fomento en Madrid para pedir esta modificación, intentado convencerlles de que non só era máis económico, senón de menor impacto.

Da capital volveron co compromiso de que se faría un cambio do trazado e ao final do verán estaría resolto. O responsable de Fomento do anterior Goberno púxose en contacto coa empresa que facía o proxecto construtivo para buscar unha alternativa que evitase o paso por Porráns. Pasaron uns meses máis, pero «en novembro recibimos a confirmación de que estaba modificado e sería remitido ao Ministerio de Medio Ambiente», indica Jaqueline Seijo.

Na mesa do Concello

O novo trazado está agora no Concello de Barro e en todo os concellos afectados, pero non se abrirá a exposición pública. Ao ser só unha modificación no proceso construtivo e non un cambio de proxecto non é necesaria a súa apertura. Os concellos terán agora un prazo de consultas de vinte días antes de dar vía libre definitivamente ao novo trazado previsto polo Ministerio de Fomento.

Despois de máis dun ano de mobilizacións veciñais, a plataforma Salvemos Barro mostrábase onte satisfeita coa modificación do trazado do AVE Pontevedra-Ourense ao seu paso por Barro.

Finalmente, a reclamación cidadá logrou o seu propósito de soterrar o percorrido do tren de alta velocidade para evitar o seu impacto no municipio.