CURSO DE INICIACIÓN Á CATA

CURSO DE ELABORACIÓN DE PINCHOS

II CONCURSO “O PINCHO DO VIÑO”

XIX FESTIVAL DE FOLCLORE EN BARRO

REPORTAXE FOTOGRAFICO 18º FESTIVAL DE FOLCLORE DE BARRO

ALBUN 1– 200 FOTOS      ALBUN 2- 76 FOTOS

Os videos de Barro en imaxes xa suman mais das 1000 reproducións

Os videos de barro en imaxes xa suman mais das 1000 reproducións

ÚNETE Á VOLTA

O GRUPO AMOR RUIBAL ACTUARA NA XLVI FESTA DA TROITA

http://www.pontecaldelas.org/actulalidade/festa_troita_12.pdf

programacion

Boletín semanal de emprego. Pontemprego nº 94

IV Premio MIMI

O CEIP Amor Ruibal de Barro entrega o cuarto Premio MIMI ao Persoeiro do Ano, que nesta ocasión recaeu en Pili, a educadora social do Concello de Barro.

Este galardón, que na súa primeira edición foi para o ciclista do Xacobeo, Ezequiel Mosquera; na segunda, para o Xabarin club e, na terceira edición para as Cantereiras de Ardebullo, xurdiu no ano 2009 por mor da elección da mascota do colexio.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro.

Enlaces a artigos dos premios MIMI de anos anteriores:

2011 O Premio Mimi para as Cantareiras de Ardebullo

2010 O Xabarín Club recibiu o segundo premio do CEIP Amor Ruibal ao fomento do galego

2009 Mosquera expón a súa receita en Barro

Accidente de tráfico na Portela

Hoxe martes, arredor das 19.00 horas, produciuse un accidente de tráfico na Portela á altura de Conjusa, máis concretamente no cruce que vai para igrexa da Portela.

Nun dos coches viaxaba unha muller e noutro un home pero ningún dos dous tiveron feridas graves.

Ao lugar dos feitos acudiron efectivos da Garda Civil, quenes traballaron nas labores de limpeza da estrada e redirixiron o tráfico.

 

XXXIII FESTA DO VIÑO

Gasóleos Xeve firma a escritura pública dunha parcela no polígono de Barro-Meis

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o xerente da empresa Gasóleos Xeve, Valentín Eirabella, asinaron hoxe, ante o notario de Caldas de Reis, José María Graiño Ordóñez, a escritura pública de venta dunha parcela de 2.336 metros cadrados no polígono de Barro-Meis. A sinatura permite a operatividade desta empresa de almacenamento e distribución de líquidos petrolíferos no devandito polígono e dar ocupación laboral a 25 traballadores.

Gasóleos Xeve fixo unha inversión de 1,5 millóns de euros, dos cales 345.000 foron en concepto de compra da parcela e o resto, de construción da nave. A operación foi financiada polo Banco de Sabadell na liña que esta entidade bancaria ven mantendo de apoio ao desenvolvemento de plans industriais.

As novas instalacións de Gasóleos Xeve en Barro-Meis, que serán inauguradas oficialmente o vindeiro mes de xuño, ocupan na actualidade a 25 traballadores aínda que a firma prevé unha ocupación final de 1o traballadores en tarefas administrativas e 22 en traballos de reparto. A nave dispón de sistemas informáticos de xestión de paquetería e optimización de tempos de entrega, así como de cintas transportadoras, máquinas de elevación e transporte.

Para a súa actividade de almacenamento e distribución de líquidos petrolíferos, a empresa dispón dunha ampla flota de camións de distinto tonelaxe, catro cabezas tractoras con cisternas e 7 camións cisternas. Con eles da servizo tanto en zonas urbanas como en ámbitos rurais de difícil acceso. As ventaxas competitivas da empresa, que se constituíu no ano de 2002, están relacionadas co servizo a particulares e empresas así como coa súa rapidez, especialización e prezos. Ás empresas que contratan con Gasóleos Xeve o subministro de combustible, instálalles un depósito sin coste engadido para o cliente.

Cinco empresas operativas

Louzán destacou que, coa entrada en funcionamento desta empresa, o polígono de Barro-Meis conta xa con cinco firmas operativas: Caenor, Técnica Comercial Agropecuaria Galega, Aricur, Gescogra e agora Gasóleos Xeve. Sinalou que o polígono é un auténtico centro estratéxico de traballo para o futuro próximo e afirmou que, a maiores das empresas radicadas, ten vendidas o 40% das súas parcelas cunha superficie total de 85.198 metros cadrados.

A Deputación ten á venta novas parcelas e concede facilidades na súa compra fraccionando o pago en cinco años. O prezo de venda do chan industrial en Barro-Meis é de 147,5 euros o metro cadrado. Recentemente foi inaugurado o abastecemento de auga ao polígono, que supuxo unha inversión de 3,3 millóns de euros.

PERCORRIDO EN BICICLETA POLO “CAMIÑO VERDE”

OMIX. Acompañanos o día 9 de xuño no percorrido en bicicleta polo “Camiño verde” no Concello de Barro. Sairemos dende a explanada da escola obradoiro e percorreremos varias parroquias ata chegar a San Breixo, onde pararemos a tomar un descansiño e otra vez de volta. Inscribidevos na OMIX de Barro ou chamando ao 986714806.

Boletín de ofertas de emprego. Santiago de Compostela

Pontevedra, a cidade galega con menos bens da Igrexa con 42 inmobles taxados en 4,3 millóns

As posesións inmobiliarias da Igrexa no municipio de Pontevedra son 42, taxadas pola Dirección Xeral do Catastro en menos de 4,3 millóns de euros, o que sitúa á capital do Lérez como a cidade de Galicia con menos patrimonio eclesiástico, moi lonxe das 111 posesións catalogadas polo Catastro en Vigo e Lugo ou as 76 de Santiago. De feito, Pontevedra aparece mesmo por detrás, en valoración, de municipios como Sada e Mondoñedo. Todos estes bens están exentos do pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI), ao igual que sucede cos edificios dalgunhas ONG, os sanitarios, montes comunais e centros docentes.
Varios municipios españois, entre eles Zaragoza, Zamora, Palencia ou Salamanca, anunciaron a súa intención de estudar o posible cobramento deste imposto á Igrexa, malia que o goberno central xa avanzou que non modificará o acordo coa Santa Sé asinado en 1979 e que formaliza esa exención. O goberno local pontevedrés xa descartou por completo esa posibilidade ao entender que “a lexislación o impide de calquera xeito”. O concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, admitiu que o asunto ” chegou a sopesarse tras coñecer as intencións doutros concellos”, pero “é imposible de aplicarse. O edil sinala que “exploramos todas as vías que permitan incrementar os ingresos municipais” e pon como exemplo ordenanzas novidosas, como as que gravan aos bancos por ter caixeiros autonómicos na rúa ou ás empresas de telefonía móbil polo uso de espazo radioeléctrico local. Non obstante, no caso da Igrexa, non haberá cambios.

O patrimonio relixioso en Pontevedra inclúe “xoias” como a basílica de Santa María, o convento de San Francisco, o Mosteiro de Lérez ou o complexo das Clarisas, todos eles bens protexidos, ademais de numerosas igrexas parroquiais e reitorais. Non obstante, boa parte das demais cidades contan con sedes catedralicias, que elevan o valor catastral.
Nos 14 municipios da bisbarra, o número de inmobles contabilizados polo Catastro é de 268, o que supón o 20% do total (máis de 1.350). Non obstante, o seu valor catastral, de pouco máis de 17 millóns de euros en conxunto só significa o 16% dos 105,3 millóns de toda a provincia. ao respecto, cabe destacar que só en Vigo en patrimonio relixioso está valorado en 46 millóns de euros, dez veces máis que en Pontevedra. Iso si, a cidade do Lérez é a segunda da provincia, pero moi lonxe non só de Vigo senón tamén de Lugo (111 inmobles por 27,5 millóns), Ourense (78, valorados en case 42 millóns) Santiago (76, por 92 millóns), A Coruña (65, por 20,8) e Ferrol (52, por 9,1 millóns).
Sanxenxo é o segundo municipio da bisbarra con máis alta valoración (tres millóns para os seus 22 edificios), mentres que en Poio se chega a 2,2 millóns e en Marín se superan lixeiramente os dous millóns de euros. Menos de 200.000 euros acumula o patrimonio relixioso en Barro, Campo Lameiro e Portas.
Non existe ningunha estimación aproximada do que supoñería para as entidades locais que a Igrexa tributase polos 7.644 inmobles que segundo a Dirección Xeral do Catastro constan ao seu nome en toda Galicia cun valor estimado de 469,2 millóns de euros que se reparten do seguinte xeito por provincias: A Coruña €205 millones€, Pontevedra €105€, Lugo €92€ e Ourense €66€.

A exención do IBI baséase nos Acordos Económicos entre o Estado español e a Santa Sé do ano 1979 e figuran en Lei de Mecenado 49/2002 que o Ministerio de Xustiza descartou modificar. O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, referiuse a este asunto hai uns días asegurando que a non obrigatoriedade á que se acolle a Igrexa “non” é ningún privilexio”, pois da normativa estatal tamén se benefician edificios públicos, os inmobles doutras confesións relixiosas, os pertencentes a gobernos estranxeiros, a Cruz Vermella, colexios concertados ou os terreos ocupados polas liñas de ferrocarrís. Advertiu ademais que revogar o acordo afectaría á axuda que prestan a entidades como Cáritas.

Un valor catastral medio de 102.000 euros por edificio
O prezo medio de cada ben na cidade sitúase en 102.000 euros, por debaixo dos 205.000 que se alcanzan en Poio, con só 11 bens, pero onde a presenza do Mosteiro de San Juan eleva a taxa. Ademais, son rechamantes os datos da Lama, un dos municipios menos poboados da bisbarra pero onde o Catastro contabiliza o censo máis alto dos 14 municipios do ámbito de Pontevedra, con 44 inmobles, máis que na capital e o dobre, por exemplo, que Sanxenxo. Cotobade conta con 27 inmobles e ponte Caldelas con 24, mentres que Marín ten 21. Campo Lameiro e Vilaboa pechan a lista con cinco inmobles en cada caso.