ESTOU NA BANCA ROTA

MOCIÓN referida ao mantemento do servizo de axuda no fogar

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao mantemento do servizo de axuda no fogar

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. O goberno do PP na Xunta de Galiza acaba de publicar o decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. No mesmo estabelécese que o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo social comunitario básico de carácter público que debe ser garantido polos concellos. Tamén regula o financiamento do conxunto dos  servizos sociais comunitarios e concretamente no que se refire aos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico soamente financiará ás corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes, onde só financiará ao traballador/a social. Deste xeito, a inmensa maioría dos concellos galegos, que son os que contan con menos de 20.000 habitantes, entre eles o noso, van a ser excluídos das axudas que até o de agora viñan recibindo da administración galega.
  2. As axudas da Xunta aos servizos sociais comunitarios xa foron recortadas os anos 2010 e 2011, especialmente no que se refire ao Servizo de Axuda no Fogar. O Plan de 2011 dispoñía de preto de 24 millóns de euros para as prestacións sociais básicas, servizos sociais comunitarios e plan de desenvolvemento xitano, e o goberno do PP os recortou en 2,4 millóns de euros.
  3. Para este ano 2012, o plan concertado quedou na metade, en 12,4 millóns de euros. As partidas do programa de servizos sociais comunitarios foron eliminadas e o plan de desenvolvemento xitano ten unha partida simbólica de pouco máis de 100.000 euros.
  4. O decreto publicado vén a corroborar que o goberno do PP na Xunta de Galiza se desentende por completo dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, en especial do Servizo de Axuda no Fogar Básico, o que obrigará no mellor dos casos aos concellos a financiar estes servizos e aos usuarios e usuarias a pagar máis nas súas aportacións como copago, ou no peor dos casos a que os servizos desaparezan e só se manteñan para as persoas dependentes coa prestación asignada no seu Plan Individual de Atención.
  5. O propio decreto estabelece que as Deputacións terán que prestar axuda económica e técnica aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Non obstante, non as obriga con cantidades nin porcentaxes. En cambio obriga aos concellos a aumentar o 20% para os concellos de menos de 20.000 habitantes, o 25% para os de 20.000 até 60.000 e o 33% para os de 60.000 ou máis habitantes.
  6. Compre salientar que o Servizo de Axuda no Fogar Básico ou de libre concorrencia é ao que teñen que recorrer as persoas con problemas de desestruturación familiar, casos de enfermidade aguda tras alta hospitalaria, persoas en situación de dependencia aínda non valoradas, persoas en situación de dependencia valorada e con dereito pero que non teñen o acceso ao Servizo de Axuda no Fogar ou outra prestación asignada (por estar en lista de espera que hoxe en Galiza supera as 27.000 persoas).
  7. O que se pretende con este decreto é trasladarlle aos concellos unha competencia, facer unha descentralización administrativa, pero sen financiamento, onde a Xunta de Galiza abdica das súas competencias para impoñerlle aos Concellos que poñan a disposición da Xunta as dependencias municipais, asumindo todos os custes, a xestión de todos os sistemas informáticos e as horas de traballo do persoal do Concello, para facerse cargo do Servizo de Axuda no Fogar Básico.
  8. A Xunta de Galiza debe asumir as súas competencias e garantir uns servizos sociais comunitarios acorde coas necesidades da poboación. E garantir e xestionar un servizo público básico que debe chegar en igualdade de calidade e dereitos a todos os galegos e galegas independentemente do concello onde vivan, como acontece coa sanidade e co ensino.
  9. Se non se fai así as consecuencias van a ser moi graves. En primeiro lugar para as persoas usuarias do servizo, en segundo lugar para as xa depauperadas arcas municipais e para os traballadores e traballadoras que realizan este servizo xa que perderán o seu emprego, pasando a incrementar a alta taxa de desemprego existente.
  10. O mesmo decreto tamén estabelece unha nova regulación da participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar que incrementa de xeito substancial en case todos os tramos de renda o copago a realizar. Incrementos grandes para as persoas que teñen recoñecidas as prestacións por dependencia e aínda moito maiores para as que sen ter recoñecida as prestación están en grave situación de risco ou vulnerabilidade.
  11. O goberno do PP na Xunta de Galiza ten a obriga de garantir o funcionamento do Sistema Galego de Servizos Sociais e con este decreto lesiona gravemente os dereitos das persoas e pon en grave risco o sistema de servizos sociais.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

Instar á Xunta de Galiza a:

a) Manter o financiamento dos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico ás corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, así como asegurar un financiamento equivalente ao de anos anteriores aos concellos de máis de 20.000 habitantes.

b) Contribuír economicamente ao mantemento da totalidade dos servizos sociais comunitarios dos concellos.

c) Non incrementar a participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar.

d) Derrogar o decreto e negociar outro no marco da FEGAMP.

Barro a 23 de abril de 2012

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

 

Boletín semanal de emprego ponteemprego nº 92

O Carballo dá Portela xa esta automaticamente ascendido

O Carballo da portela a falta de varias xornadas para finalizar o campionato e que actualmente ocupa o terceiro posto pódese considerar como ascendido debido á diferenza de puntos que lle leva aos seus perseguidores.
Este equipo fundado no 2011 pode dicirse que leva unha carreira pletórica, xa que na súa primeira tempada consegue o ascenso e o pasado agosto se fixeron co “ll Torneo festas de Curro”, un triangular no que participaron os outros dous equipos do Concello, o Barro e o terras de Curro.
Dende este blog felicitamos a todos os xogadores, directivos e a esa numerosa afección que acompaña ao equipo en todas as súas saídas.

 

Boletín de ofertas de emprego

A Xunta planea cobrar pola comida nos hospitais

Xuntanza informativa de ACEBA

Este xoves 10 de maio as 21.15 na biblioteca de Barro xuntanza informativa para falar da posible constitución da Asociación de comerciantes e empresarios de Barro, de aí o nome desta páxina ACEBA.Contaremos coa presencia de persoas que xa forman parte de asociacións similares e tamén o presidente de unha asociación.

BELEZA PERSOAL By Angy Murteira

A nosa veciña Angy Murteira déixanos a dirección do seu paxina de facebook “Beleza persoal” onde nos dá consellos de maquillaxe, peiteados, coidado persoal, moda, etc. Cursos, talleres e ofertas relacionadas coa imaxe e tamén críticas de hoteis, balnearios, espas.
Todo dende ou punto de vista estético e de asesoría de imaxe persoal.
Así que botarlle unha ollada aquí vos queda a dirección

A MULLER GALEGA TEN XENIO!

Hoxe cumpre anos Franscico Javier Moldes Fontán, “Chuco”, nacido en Barro ,que fora co-fundador do CDS

Francisco Javier Moldes Fontán (Porráns, Barro, Pontevedra, 4 de maio de 1949). Político e diplomático español, cofundador do Centro Democrático e Social e Deputado na III Lexislatura de España. Foi tamén profesor de lingua e literatura e crítico literario.

É fillo de José Moldes Castro (1915-1987) e de Nélida Fontán Rodríguez (n.1924). O seu avó materno, Juan Fontán Romero, comerciante e descendente directo de Domingo Fontán, foi o impulsor e propietario do primeiro cine da bisbarra, no Carballal(Porráns, Barro), a mediados de século. O seu pai, José Moldes Castro, foi un emprendedor e empresario, con negocios no sector de ferraxaría e madeira, entre outros; ademais foi o construtor, na década de 1950, do primeiro automóbil deseñado e construído en Galicia.

Para saber mais da súa vida preme aqui

Promoción do Ximnasio “Punto de Encontro”

Este mes de Maio todo socio ou novo Socio collendo a Oferta de 3 X 6 meses! Un Suadoiro do gym GRATISSS!!!!!!!!

 

Excursión ó Bom Jesús – BRAGA.

  • Domingo, 20 de Maio de 2012
  • Dende o 8:30 ata o 21:00

AS 20.30 SAIDA DENDE A IGREXA DE CURRO. AS 21.00 PARADA PARA TOMAR CAFÉ. AS 10.30 CHEGADA A O SANTUARIO DE SAMEIRO. AS 11.00 MISA NO SANTUARIO. O REMATE SAÍDA CARA O BOM JESÚS. VISITA A IGREXA, O ELEVADOR, O PARQUE FLUVIAL, ETC. AS 14.00 H XANTAR NUN EXCELENTE RESTAURANTE DA ZONA. ( MENU INCLÚE BACALAO) POLA TARDE VISITAREMOS O CENTRO DE BRAGA. AS 19.00H CAMIÑO DE VOLTA. O VIAXE E O XANTAR VAN INCLUÍDOS NO PREZO. 30 € PERSOA.

AVISENNOS CANTO ANTES. FALANDOS COS MEMBROS DA ASOCIACIÓN TERRAS DE CURRO.

TELF 659559052   605479388   651841221

OBRADOIRO DE FOTOGRAFIA EN BARRO

O corte graduado do macronudo salva o colapso de tráfico previsto para onte

O tráfico foi fluído no macroenlace de Curro xa que o corte anunciado para onte realízase de forma progresiva co propósito de adaptar aos poucos aos condutores.

A actuación envorcouse á primeira hora da tarde na colocación de barreiras que en breve pecharán a entrada desde a autovía do Salnés á glorieta.

Máis adiante tamén se cortará o acceso desde a estrada xeral e da autoestrada á autovía, polo que será entón cando máis de 12.000 vehículos diarios van resultar afectados.

Trátase dunha obra necesaria e de gran magnitude pois significa a construción das principais ligazóns dos viarios de alta capacidade, polo que a previsión é que o groso da obra non conclúa ata o 29 de xuño.

E na primeira xornada desta nova etapa da obra perdéronse moitas horas pois se atoparon co contratempo da choiva, que entre outras cousas impide o asfaltado en quente previsto para algúns viarios alternativos.

No municipio máis afectado polas obras, o de Meis, existe certa preocupación pois van ter que soportar a canalización de miles de coches e camións por estradas secundarias, co risco que iso leva.

O propio alcalde, José Luís Pérez sinalou que todos os implicados na obra van ter que estar en alerta para paliar calquera inconveniente a maiores que se poida producir.

A obra a executar é bastante complexa pois afecta o tramo comprendido entre a nova rotonda central deste nó de comunicacións coa autovía do Salnés, que se atopa a unha cota bastante máis baixa.

A superficie na que se actúa ten unha lonxitude de máis dun quilómetro, polo que o tráfico vai quedar afectado ata a zona da estación de servizo.

NIN SETE SEGUNDOS!!!