A Asociación Cultural Tamparrantán de Santo André de Vea organiza o festival Trembadoiro 2014, que se desenvolverá o próximo sábado día 21 na carballeira de San Bartolomeu, en San Xiao de Vea (en caso de chuvia, trasladaríase ao teatro Principal da Estrada). As actividades comezarán ás 11 horas, cun alborada por Santo André de Vea, e ás 13.30 poxa do ramo, con baile e comida. Xa ás 20 horas dará comezo o festival de música e baile tradicional propiamente dito, con actuacións de Fonte Boa, de Esposende (Portugal); Coto dá Nai, de Aríns (Santiago); Grupo de Danzas AmorRuibal, de Barro; e os anfitrions, Tamparrantán. Ás 22 horas farase entrega do premio Trembadoiro á traxectoria profesional en favor da cultura galega; e ás dúas persoas do público mellor vestidas con indumentaria tradicional. Haberá algún sorteo, e foliada libre dende as 23 horas. 
General
CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE EN BARRO ¡¡¡COMPARTIR!!!
Atacan con bombas caseiras a propiedade dun veciño da Portela
Esta pasada noite, un veciño da Portela foi vítima de dous ataques con bombas incendiarias lanzadas dende o terreo lindante a súa propiedade. Unha delas impactou contra o seu coche. A botella que impactou contra o vehículo non explotou, o que evitou que tivesen ardido dous coches e unha moto.
Ao saír rebotada provocou un incendio nun colector de lixo, por sorte deuse a casualidade que facia unhas horas que o dono retirara 8 cachorros acabados de nacer e así conseguir salvar a vida de non morrer asfixiados.
Ao lugar dos feitos acudiron efetivos da Garda Civil e da Policía Científica para tomar pegadas, e ver se o modus operandi, pode corresponder co incendio intencionado dunha casa ocorrido hai dous anos no lugar de Balbón.
LICITACIÓN TERMINACIÓN EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE BARRO
| DATOS XERAIS | |
| Denominación | TERMINACIÓN EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE BARRO |
| Nº Expediente: | |
| Natureza: | POXA |
| Regulación armonizada: | NON |
| Procedemento de adxudicación: | PROCEDEMENTO ABERTO CON ÚNICO CRITERIO DE VALORACIÓN (ECONÓMICO). |
| Tramitación: | ORDINARIA |
| Fianza provisional: |
4.086,60 € |
| Fianza definitiva |
5 % do importe de adxudicación |
| ORZAMENTO | |
| Orzamento sin IVE: |
162.101,80 € |
| Importe do IVE: |
34.041,38 € |
| Orzamento con IVE: |
196.143,18 € |
| ANUNCIO DE CONTRATACIÓN | |
| Tipo de anuncio: | Inserción no BOP de Pontevedra |
| Data publicación no Perfil: | 11-06-2014 |
| Data publicación no BOP: | 11-06-2014 (núm. 111). |
| Data límite presentación de proposicións: | 07-07-2014. |
| Lugar presentacións Proposicións: | Oficinas Xerais do Concello de Barro / Santo Antoniño 8 – Perdecanai / 36194 BARRO (Pontevedra) Telf. 986 711002 – Fax 986 711001 |
| Horario de presentación: | De 9:00 a 15:00 h. de lúns a vénres
De 9:00 a 14:00 h. os sábados |
| Correo electrónico: | Oficinas@barro.es |
| DOCUMENTOS | Prego de claúsulas administrativas.
Proxecto de Terminación Edificio Multiusos do Concello de Barro. |
| APERTURA PLICAS | |
| Publicación da apertura de plicas no perfil. | . |
| Data: | |
| Hora: | |
| Lugar: | Salón de Actos da Casa Consistorial de Barro. |
| ADXUDICACIÓN PROVISIONAL | |
| Publicación da adxudicación no perfil | |
| Data adxudicación provisional: | |
| Importe sin IVE: | |
| Importe do IVE: | |
| Importe adxudicación prov. IVE incl.: | |
| Adxudicatario provisonal: | |
| Clasificación do contratista: | |
| Órgano competente para adxudicación: | |
| Unidade que tramita: | |
| ADXUDICACIÓN DEFINITIVA | |
| Publicación da adxudicación no perfil | |
| Data adxudicación definitiva: | |
| Importe sin IVE: | |
| Importe do IVE: | |
| Importe adxudicación def. IVE incl.: | |
| Adxudicatario definitivo: | |
| Clasificación do contratista: | |
| Órgano competente para adxudicación: | |
| Unidade que tramita: |
DOCUMENTACIÓN PROXECTO EDIFICIO MULTIUSOS BARRO
- PLANOS
- ESTADO ACTUAL PLANTA DE CUBIERTA.pdf
- ESTADO ACTUAL SEMISOTANO.pdf
- ESTADO REFORMADO ELECTRICIDAD PLANTA SEMISOTANO.pdf
- ESTADO ACTUAL CALEFACCION PLANTA PRIMERA.pdf
- ESTADO REFORMADO PLANTA BAJA.pdf
- ESTADO ACTUAL PLANTA BAJO CUBIERTA.pdf
- ALZADO PRINCIPAL.pdf
- ESTADO REFORMADO ELECTRICIDAD ( TOMAS ELECTRICAS) PLANTA BAJA.pdf
- ESTADO ACTUAL ELECTRICIDAD PLANTA PRIMERA.pdf
- ESTADO ACTUAL PLANTA BAJA.pdf
- ESTADO REFORMADO ELECTRICIDAD ( LUMINARIAS) PLANTA BAJA.pdf
- ESTADO ACTUAL CALEFACCION PLANTA SEMISOTANO.pdf
- ESTADO ACTUAL ESQUEMA UNIFILAR ELECTRICO.pdf
- ESTADO REFORMADO PLANTA SOTANO.pdf
- ESTADO ACTUAL ELECTRICIDAD PLANTA BAJA.pdf
- ESTADO REFORMADO CALEFACCION BAJO CUBIERTA.pdf
- ESTADO ACTUAL ELECTRICIDAD PLANTA BAJO CUBIERTA.pdf
- ESTADO REFORMADO CUBIERTA.pdf
- ESTADO ACTUAL CALEFACCION PLANTA BAJA.pdf
- ALZADOS LATERALES.pdf
- SITUACION.pdf
- ESTADO ACTUAL PLANTA PRIMERA.pdf
- ESTADO REFORMADO PLANTA BAJO CUBIERTA.pdf
- ESTADO REFORMADO SECCION TRANVERSAL.pdf
- ESTADO ACTUAL TOMAS ELECTRICAS PLANTA BAJA.pdf
- ESTADO REFORMADO CALEFACCION PLANTA PRIMERA.pdf
- ESTADO REFORMADO CALEFACCION PLANTA BAJA.pdf
- ESTADO REFORMADO PLANTA PRIMERA.pdf
- ESTADO REFORMADO ELECTRICIDAD PLANTA PRIMERA.pdf
- ESTADO REFORMADO ELECTRICIDAD PLANTA BAJO CUBIERTA.pdf
- ESTADO ACTUAL ELECTRICIDAD SEMISOTANO.pdf
- ESTADO REFORMADO ESQUEMA UNIFILAR.pdf
- PRESUPUESTO
- MEMORIAS
- 2014 Prego criterio economico edificio multiusos BARRO df2.pdf (arquivo modificado o 13 de xuño de 2014 ás 11:08h)
O PP galego non abrirá os comedores escolares en verán para non dar “visibilidade” á pobreza infantil
O Partido Popular considera que abrir os comedores escolares
durante a época de verán para atender a nenos que viven en familias con risco de exclusión social ou en situación de pobreza “non é adecuado”, dado que podería “xerar excesiva visibilidade” a estes casos e “discriminación”. Así indicouno o deputado popularRomán Rodríguez durante o debate en pleno dunha proposición non de lei presentada polo grupo de Alternativa Galega de Esquerda(AGE), que reclama a apertura durante o período escolar dos comedores dos centros educativos para atender a nenos que viven en situación de pobreza ou de exclusión social.
“COIDARTE 2014”
LEGADO DE TIBU
II XUNTANZA DE MOTOS CLÁSICAS
ENCONTRO CHURRASQUEIRO EN BARRO
O CIRCO DAS IDEAS
A Garda Civil incáutase de roupa de marca falsificada no mercado de Barro
Axentes da Garda Civil compareceron na tarde de onte no mercado dominical de Barro onde localizaron e incautáronse de distintas cantidades de roupa de marca falsificada.
A actuación enmárcase na loita contra a fraude desenvolvida polas Forzas de Seguridade do Estado e ten como obxectivo retirar do mercado copias falsificadas. As compañías denuncian estes casos ao entender que os vendedores ambulantes forman parte dunha cadea que fixo do delito contra a propiedade industrial unha das súas principais fontes de ingresos e ademais tamén entenden que danan a súa imaxe.
Entre a mercadoría incautada está a dun vendedor que hoxe mesmo, a través da Asociación de empresarios e comerciantes ambulantes de Galicia, ten previsto presentar unha queixa ante a Subdelegación do Goberno polo que considera un “abuso” dos gardas civís xa que “viñeron catro patrullas e me deixaron sen nada, eu lles entreguei trinta pantalóns de Adidas que tiña falsos pero eles volveron e se levaron todo, camisetas, chándales,… aínda que era roupa sen marca, era roupa legal que podía vender” explica.
Un atropelo
Considera este vendedor, e así tamén o entende a asociación da que forma parte, que é vítima dun atropelo policial xa que “se levaron as 400 pezas que tiña e non me deron unha acta do que recolleron, nin nada” sinalaba polo que “eu non sei a quen teño que reclamarlle a mercadoría”, engadía. Aseguraba onte que sentía que “me roubaron”.
A Asociación de empresarios e comerciantes ambulantes -integrada na Sociedade Xitana en Galicia- acompañará o vendedor na súa queixa ante a autoridade gobernativa. Ademais reclamarán a roupa incautada na súa opinión de forma “chula e agresiva”.
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/09/guardia-civil-incauta-ropa-marca/1038833.html
Xornada campestre de veciños de Caldas no parque Barosa
Preto dun centenar de veciños de Caldas participaron nunha xornada campestre no parque Ría Barosa, en Barro. A Concellaría de Benestar Social organizou unha xornada para maiores. Unha trintena deles, do Fogar do Maior, fixo a piei o percorrido dende Caldas a Barosa seguindo o Camiño Portugués, mentres outro medio centenar o fixo en autobús. Tras o xantar, baixo unha carpa, os asistentes, aos que se sumaron o alcalde, Juan Manuel Rey e a concelleira Socorro Tobío, houbo xogos, música e un bingo para entreter a tarde.
A discreta sombra do herdeiro
Cun currículo exemplar, foi o director xeral máis novo no Goberno
Un galego na corte de Felipe VI. Tras case vinte anos á sombra do príncipe, a inminente
proclamación de Felipe de Borbón como rei de España fixo que todos os focos se pousen sobre o seu principal colaborador en pazo, Jaime Alfonsín. Focos dos que fuxiu en todos estes anos nos que se esforzou por permanecer nun discreto segundo plano, para evitar calquera tropezóns que puidese prexudicar de forma indirecta ao herdeiro.
Fillo dun inspector de Facenda e dunha farmacéutica, Jaime Alfonsín Alfonso naceu en 1956 en Lugo, de onde era a súa familia materna -coñecida na cidade das murallas porque un irmán da súa avoa, Emilio Alfonso, era un médico moi afamado-, aínda que toda a súa vida se desenvolveu en Madrid. De feito, familiares afastados consultados por este xornal non tiñan constancia de que tería nacido en Lugo, como certifica a biografía oficial colgada na web da Casa Real.
Aínda que o seu día a día transcorría en Madrid, onde realizou os seus estudos universitarios e desenvolveu a súa carreira profesional, Alfonsín mantivo o seu vínculo con Galicia, especialmente con Pontevedra, onde veranea dende que era un neno, e onde aínda ten familia. Malia que os seus pais xa faleceron -están enterrados na parroquia de Porráns (Barro), de onde era orixinario o seu proxenitor-, segue vindo todos os anos a Sanxenxo.
Brillante e humilde
Amigos da adolescencia destacan del que é un «moi bo amigo, pero sobre todo un tipo humilde», que non presumía nunca dos seus logros malia a brillantez que o levou a rematar a carreira de Dereito co premio extraordinario da súa promoción e a converterse no director xeral máis novo no Goberno español aos 26 anos.
«Cando te presentaba aos seus pais sempre te poñía polas nubes, e valoraba moito calquera cousa que fixeses», explican esas fontes, que subliñan que, no aspecto lúdico, era un gran xogador de tenis que gañou con só 17 anos un dos primeiros torneos que se celebraron no Casino de Pontevedra, cidade na que cada ano acudía ao baile da Peregrina, posta de longo das adolescentes locais, aínda que tamén frecuentaba coa súa cuadrilla as verbenas populares.
Alfonsín, casado e con dúas fillas, ten dúas irmás, Isabel e Cristina. Esta última é farmacéutica como a súa nai e ao seu nome figura unha céntrica botica en Madrid, ao lado da Praza Maior, onde onte recibiron máis dunha chamada interesándose polo perfil de quen parece chamado a ocupar un posto destacado á sombra do futuro rei. Pero a discreción parece que vén de familia…
O Rei en Galicia
Os nenos do CEIP Amor Ruibal gozan cos polis Paco e Loli
Grazas ás xestións da Anpa e o Concello de Barro os nenos do CEIP Amor Ruibal gozaron das leciones de educación viaria dos polis Paco e Loli, que se desprazaron dende Sanxenxo a Barro, grazas á colaboración do primeiro dos concellos, para compartir uns momentos moi agradables e á súa vez frutíferos. Dende o CEIP Amor Ruibal falicita por esta iniciativa á Concellaría de Seguridade Cidadá de Sanxenxo e aos policías locais Abelardo e Manuel, creadores e actores desta.
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/03/ninos-ceip-amor-ruibal-disfrutan/1035129.html


















