Un xulgado anula dous despedimentos ao estimar que a empresa vulnerou o dereito de liberdade sindical

suso

CONCERTO DE NADAL

Concerto de Nadal na nave da Escola Taller o día 30 de decembro ás 21:00 h. coa Coral Polifónica de Barro e a Banda de Música Xuvenil de Barro.

banda-barro

CABALGATA DE REIS

Cabalgata de Reis de Barro 2017 coa actuación e pasarrúas do Grupo de Danzas Amor Ruibal e a entrega de premios do concurso de postais.

A Cabalgata sairá dende o Pazo ata a Nave da Escola Taller ás 18:30 h. O prazo de inscrición para os/as que queiran participar remata o día 31 de decembro. (Inscricións na OMIX).

cabalgata-reis-barro

O trompetista internacional Esteban Batallán actuará o vindeiro 30 de decembro en Valga

Tras pasar os últimos meses deste ano entre Sicilia (Italia), Bombay(India), Portugal e España, fai un alto na súa axitada vida musical para poder pasar estas datas en Barro coa súa familia.

Recentemente chegado de Granada fai uns días, onde conseguiu un éxito rotundo coa súa interpretación da aria “The trumpet shall Round” do Mesias de Georg Friedrich Händel, coa Orquestra Cidade de Granada (OCG), logrando unhas excelentes críticas musicais, o novo pero moi experimentado músico de Barro, xa está preparando un frenético ano 2017, que o levará de volta a lugares xa coñecidos para él, como son a India ou Italia, entre moitos outros proxectos que se están xestando neste intre.

Batallán, como músico imparable e intrépido que é, nin nestas datas pode esquecer a trompeta e por iso, o vindeiro día 30 estreará o Concerto para Trompeta e Banda Op. 20 do compositor ribeirense Xosé Carlos Atardeceres Olveira. Un concerto moi especial, posto que Atardeceres compuxo esta obra específicamente para Esteban Batallán, pensado no seu talento e nas súas habilidades como virtuoso trompetista.

O músico internacional Esteban Batallán sinalou que “é todo un luxo que un compositor pense en ti para compoñer un concerto, que cho dedique e ademais, que o poidas estrear na túa terra, Galicia”

Para pechar tan especial actuación, Batallán interpretará a adaptación de “… E vui durmiti ancora”, unha mattinata siciliana, que o compositor italiano Stefano D´Amico arranxou especialmente para el.

A cita terá lugar no Auditorio Municipal de Valga, ás 21 horas do vindeiro 30 de decembro, con entrada gratuita ata completar o aforo do mesmo.

esteban-batallan

 

Un curtocircuíto crea unha gran fumareda nunha panadería de Barro

Un curtocircuíto xerou ás 18.00 horas de onte alarma en San Antoniño, Barro, ao provocar unha gran fumareda na panadería Pasarín. Aínda que se deu aviso aos bombeiros do Salnés e Pontevedra, o incidente puido resolverse con rapidez e sen feridos, aínda que houbo un corte de subministración na zona.

panaderia-pasarin

 

D.E.P D.JOSÉ CONS PÉREZ

_20161222_153715

CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE EN BARRO ¡¡¡COMPARTIR!!!

O vindeiro luns, 26, todos os/as veciños/as que poidan  e  desexen doar sangue,donar  sabede que a unidade mobil encontrarase frente o centro de saúde, no San Antoniño, das 16:00-21:00.

Moitas grazas, lembrade que só 10 minutos salvan vidas.

Mais información no 900 100 828.

doazon

 

 

Boletin de emprego PONTEemprego nº 203 de data 21/12/2016

descarga pdf

Fai clic para acceder a oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_PONTEemprego_Alerta_203_21-12-2016.pdf

ponteemprego

ACCIDENTE EN CURRO

_20161219_180813

PROGRAMACIÓN DE NADAL

_20161219_145344

_20161219_145256

_20161219_145104

 

 

 

ACCIDENTE NO SAN ANTONIÑO

Onte ás seis e media da tarde produciuse un accidente en San Antoniño, que non causou feridos de gravidade pero si notables danos materiais e unha protesta do Concello de Barro xa que esa recta é escenario de frecuentes sinistros.

N-550

Segundo explicou o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, nese tramo da N-550 existe un cruzamento sen isleta de espera nin outras medidas para facilitar o paso dos coches, pese a que o Ministerio de Fomento, titular da vía, comprometeuse fai meses a resolver a situación. Abraldes reclama unha rotonda, pero Estradas aposta por un pintado dun espazo de espera, que non chega, polo que mañá o alcalde reiterará as súas demandas.

abraldes

Actuación do Coro Parroquial San Mamede da Portela de Barro no Luar da TVG

 

 

 

Resultado do XVI Concurso de Postais de Nadal

Apalpador

Este ano a participación foi espectacular, acadando un total de 221 postais recibidas. O xurado despois dunha selección moi moi dificil chegou por unanimidade ao seguinte resultado:

PREMIADOS/AS

CATEGORÍA 1º, 2º de Primaria: David Sanmartín Gómez
CATEGORÍA 3º, 4º de Primaria: Silvia Gago García
CATEGORÍA 5º, 6º de Primaria: Alba Villar Crugeiras
CATEGORÍA 1º, 2º de Secundaria: Tomás Escudero Sartages e Álvaro Lamas Rodríguez
CATEGORÍA 3º, 4º de Secundaria: Virginia González Búa .
CATEGORÍA “En equipo”: Hugo Blanco Pulleiro coa súa irmá Paula Blanco Pulleiro e a súa bisavoa María Prego Piñeiro

Apalpador

D.E.P. DOÑA CELSA ROMERO MONTEAGUDO

celsa-romero-monteagudo

Maña no mesón “A Eira”estará Ana Angueira

ana-angueira