O trompetista internacional Esteban Batallán actuará o vindeiro 30 de decembro en Valga

Tras pasar os últimos meses deste ano entre Sicilia (Italia), Bombay(India), Portugal e España, fai un alto na súa axitada vida musical para poder pasar estas datas en Barro coa súa familia.

Recentemente chegado de Granada fai uns días, onde conseguiu un éxito rotundo coa súa interpretación da aria “The trumpet shall Round” do Mesias de Georg Friedrich Händel, coa Orquestra Cidade de Granada (OCG), logrando unhas excelentes críticas musicais, o novo pero moi experimentado músico de Barro, xa está preparando un frenético ano 2017, que o levará de volta a lugares xa coñecidos para él, como son a India ou Italia, entre moitos outros proxectos que se están xestando neste intre.

Batallán, como músico imparable e intrépido que é, nin nestas datas pode esquecer a trompeta e por iso, o vindeiro día 30 estreará o Concerto para Trompeta e Banda Op. 20 do compositor ribeirense Xosé Carlos Atardeceres Olveira. Un concerto moi especial, posto que Atardeceres compuxo esta obra específicamente para Esteban Batallán, pensado no seu talento e nas súas habilidades como virtuoso trompetista.

O músico internacional Esteban Batallán sinalou que “é todo un luxo que un compositor pense en ti para compoñer un concerto, que cho dedique e ademais, que o poidas estrear na túa terra, Galicia”

Para pechar tan especial actuación, Batallán interpretará a adaptación de “… E vui durmiti ancora”, unha mattinata siciliana, que o compositor italiano Stefano D´Amico arranxou especialmente para el.

A cita terá lugar no Auditorio Municipal de Valga, ás 21 horas do vindeiro 30 de decembro, con entrada gratuita ata completar o aforo do mesmo.

esteban-batallan

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s