Barro, Cuntis, Moraña e Portas propoñen un concurso de debuxos saudables

Os concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas puxeron en marcha a comezos desta semana o acordo para traballar conjuntamente no Proxecto de prevención da Drogodependencia e condutas adictivas. E xa chega a primeira actividade: un concurso de debuxos escolares sobre hábitos saudables.

Devandito certamen, que celebra a súa segunda edición, consistirá na elaboración individual e durante o horario escolar de debuxos saudables. Estes realizaranse ao longo do mes de febreiro e marzo. A data límite para a realización dos mesmos é o 16 de marzo.

Posteriormente os debuxos serán entregados ao xurado de cada un dos concellos para que elixan o debuxo ganador. Será aquel que reflicta da mellor forma os hábitos saudables e valores “prosociales” traballados previamente na aula.

Unha vez coñecida a deliberación do xurado, informarase aos centros da resolución e achegarase o debuxo ganador como fondo do díptico informativo sobre a saúde que se repartirá entre o alumnado de 2º e 3º de Primaria durante a Semana da Saúde, o 7 de abril.

colexio barro 2

 

Destapa o Entroido

 

UNS MINUTOS PODEN SALVAR 3 VIDAS. DOA. ¡¡¡COMPARTIR!!!

O vindeiro xoves, 15, todos os/as veciños/as que poidan  e  desexen doar sangue,donar  sabede que a unidade mobil encontrarase frente o centro de saúde, no San Antoniño, das 16:00-21:00.

Moitas grazas, lembrade que só 10 minutos salvan vidas.

Mais información no 900 100 828.

FB_IMG_1518538352013

O paro sobe un 2.66 % durante xaneiro en Barro

Segun os datos publicados polo SEPE no mes de Xaneiro o número de parados subiu en 8 persoas. Das 8 persoas novas na lista do paro en Barro aumentou en 5 homes e 3 mulleres.

O numero total de parados é de 309, dos cales 146 son homes e 163 mulleres.

As persoas maiores de 45 anos con 155 parados son o grupo de idade mais afectado polo paro, seguido dos que se atopan entre 25 e 44 anos con 135 parados, o grupo menos numeroso son os menores de 25 anos con 19 parados.

Por sectores vemos que no sector servizos é onde maior numero de parados existe no municipio con 201 persoas, seguido da construción con 35 parados, a industria con 32 parados, a agricultura con 24 parados e por ultimo as persoas sen emprego anterior con 17 parados.

paro en barro

BAILE DE ENTOIDO

Amenizado por. Ana Angueira. FB_IMG_1518366202957

Ruta de tapas “Destapa o Entroido”

DesTAPA o Entroido. Ruta gastronómica.

FB_IMG_1518366525782

 

O GDR Pontevedra-Morrazo repartirá 716.311 euros de axudas públicas a proxectos

A Consellería do Medio Rural mantén aberta a convocatoria de subvencións con fondos europeos do programa Leader para proxectos ao amparo dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que no caso do de Pontevedra-Morrazo contará cun orzamento para este ano de 716.311 euros.

Así o comunicaron este mércores nunha rolda de prensa celebrada no Concello de Pontevedra, na que se fixo balance da xestión da anualidade pasada nunha comparecencia participada polo alcalde da capital e o rexedor de Ponte Caldelas.

Explicou que o Leader é unha medida destinada a favorecer a ocupación do rural, a creación e o mantemento do emprego, a mellora do nivel de vida e incentivar a actividade económica.

Segundo informaron este mércores, durante o pasado ano subvencionáronse 13 proxectos cun montante total de 876.555 euros de fondos públicos, que sumados ao investimento privado ha suposto un movemento económico de máis de 2,3 millóns de euros.

O maior orzamento de todos os proxectos foi para a ampliación dunha empresa instaladora de enerxía solar en Barro, que alcanzou os 640.728,95 euros dos cales se concedeu unha axuda de 42%.

Houbo tamén axudas para a creación deespazos biosaludables na Portela, no municipio de Barro, por 53.054,27 euros.

http://pontevedraviva.com/xeral/43289/gdr-pontevedra-morrazo-repartira-716311-euros-ayudas-publicas-proyectos/

5a7af01fe0-img_8447

 

Atopan inconsciente a unha muller en Barro tras saírse da calzada co seu vehículo

A estrada que une Pontevedra e Vilagarcia, a PO-531, foi escenario esta noite dun accidente, segundo informou o 112. Sobre as 4.30 horas, un particular alertou ao 112 de que unha muller que se saíu da calzada co seu vehículo permanecía inconsciente no interior do coche. Activouse un dispositivo no que participou o 061 e a Garda Civil e trasladouse á muller a un centro sanitario. O accidente tivo lugar na rotonda de Curro

56120e2c34-img-20151004-wa0014

COMEZA DE NOVO O PROXECTO DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS CONDUTAS ADITIVAS NO EIDO LOCAL

Drogas-sintéticasUn ano máis os Concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas firman un Convenio de colaboración para o desenvolvemento do Proxecto de Prevención das Drogodependencias e Outras Condutas aditivas no eido local. Dito proxecto desenvolverase ao longo dos anos 2017-2019, e será cofinanciado pola Direción Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade).

Dito programa comezouse a aplicar no ano 2007 debido á gran sensibilización que dende os grupos políticos existe sobre a promoción da saúde e a prevención das drogodependencias entre os/as seus/súas cidadáns/ás. Este novo período extenderase dende o 22 de xaneiro de 2018 ao 30 de xuño de 2019.

A través deste programa inténtase dar resposta a un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade actual, as condutas aditivas, que afecta non só á saúde das persoas directamente implicadas no consumo de drogas, senón tamén ao benestar de toda a comunidade.

Para afrontar esta problemática, dende o Proxecto de Prevención das Drogodependencias e Outras Condutas Aditivas dos Concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas, levaranse a cabo varias intervencións que teñen como obxectivo minimizar a influencia dos factores de risco e potenciar os factores de protección ante o consumo de drogas. Para iso, realizaranse en varios ámbitos (escolar, familiar, comunitario, laboral e xuvenil) un conxunto de accións destinadas a reducir e/ou retrasar o abuso de drogas, e, no caso de terse producido, minimizar as súas consecuencias negativas.

O contacto coa especialista encargada da aplicación do Proxecto de prevención das condutas aditivas para solicitude de información sobre a temática realizarase a través de:

Os Servizos Sociais dos Concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas, ou directamente no Centro de Formación Ocupacional A RAN, Polígono Industrial A Ran S/Nª Cuntis (Tlf.: 695579800).

 

CHARLA SOBRE A NOVA LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑIA EN GALICIA

FB_IMG_1517863144613

Luz verde na Deputación á achega de fondos para a contratación de persoal no Concello de Barro

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres unha achega económica para unha decena de municipios dentro dos fondos do Plan Concellos 2018.

En concreto trátase de fondos correspondentes á liña 3 de actuación, é dicir, á destinada ao fomento do empregopara a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Desta forma concellos como os de Poio, Barro, Caldas de Reis, Cambados e A Illa na comarca ademais dos de Pontecesures, Ponteareas A Guarda, Rodeiro e Tomiño recibirán máis de 1,7 millóns de euros para a contratación de 200 persoas.

Máis polo miúdo, Poio dispoñerá de 234.617,87 euros para incorporar 31 traballadores para postos como oficiais de limpeza e servizos múltiples, albanelaría, electricista, dinamización cultural, conserxería, traballo social, atención turística ou auxiliares de clínica.

En Barro a achega é de 96.713,18 euros para a contratación de 13 persoas para transporte, conserxería, albanelaría, conservación de parques e xardíns e animación sociocultural, mentres que en Caldas de Reis destinaranse 160.735,42 euros para empregar a 10 persoas en tarefas como a condución de máquinas, obras públicas e limpeza.

5a75e4a628-img_1180

CHARLA OBRADOIRO TRAMPEO DA VESPA VELUTINA

FB_IMG_1517600522656

BARRO REPARTE UNS 30 LACÓNS EN DÚAS CAMPAÑAS DE DINAMIZACIÓN LOCAL NO ENTROIDO.

-Unha decena de locais de hostelería participan na nova campaña de dinamización local “Destapa o Entroido”

-Tamén se pon en marcha a segunda edición de “Eu quero Entroido” entre 17 comercios do municipio.

O Concello de Barro aumenta as actividades do Entroido e este ano pon en marcha unha nova campaña de dinamización da hostelería local, baixo o nome de “Destapa o Entroido”.

Unha ruta gastronómica, organizada pola Concellería de Promoción Económica, que se desenvolverá os días 16, 17 e 18 de febreiro e que terá connotacións diferentes aos tradicionais eventos deste tipo.

Nela poden participar todos os establecementos de hostelería do municipio pero serán os propios hosteleiros os que decidan se elaboran unha ou dúas tapas e se son doces ou salgadas.

Ademáis, os locais tamén decidirán as datas e horarios nos que servirán ao público as súas propostas gastronómicas, así como o prezo de cada tapa.

“Destapa o Entroido” terá tamén premios para os clientes, que por cada consumición das tapas recibirán unha papeleta para depositar na urna do establecemento correspondente e entrar nun sorteo.

Cada local participante disporá dun lote composto por lacón e chourizos, que será o agasallo a sortear por cada establecemento o 20 de febreiro ás 20 horas.

É dicir, que haberá tantos gañadores como locais participantes.

Ademáis da Ruta Gastronómica, o Concello organiza un ano máis o concurso de ambientación do Entroido e Día dos Namorados denominada “Eu quero Entroido”, da que formarán parte 17 comercios do municipio.

Nesta segunda campaña, os establecementos participantes deben realizar intervencións artísticas ou decorativas nos seus escaparates e fachadas e mantelos dende o 6 ata o 18 de febreiro.

A mellor decoración será premiada cun importe de 200 euros.

Asimesmo, os clientes recibirán por cada compra unha papeleta para entrar no sorteo dun lote de lacón e chourizos en cada local participante.

O sorteo tamén se celebrará o día 20 de febreiro ás 20 horas.

O Alcalde Xosé M. Fernández, o  tenente de alcalde, José Sanmartín, e a Concelleira de Promoción Económica, Lía Rodríguez, animan aos establecementos do municipio a participar nas campaña de dinamización local do Entroido.

IMG-20180201-WA0020

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

_20180201_182225

Barro pechou 2017 cun superávit de máis de 400.000 euros

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Despois de ter investido máis de 750.000 euros, o Concello de Barro pechou o exercicio económico de 2017 cun superávit de 432.492 euros no remanente de tesourería, que agora se destinará á realización de novas obras e proxectos municipais.

Segundo os datos sobre a liquidación do orzamento municipal que o goberno local levou ao pleno ordinario da corporación, executáronse a totalidade dos investimentos previstos nas contas de 2017, aos que se sumaron outros proxectos financiados con 300.000 euros do remanente do ano anterior.

Para o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, as cifras tanto do superávit como da execución dos investimentos son o resultado dun traballo “serio e eficaz”, tanto na xestión económica coma na tramitación e execución de moitos proxectos que serviron para a mellora dos servizos e os equipamentos, dos que a veciñanza xa pode disfrutar.

Unha “política económica rigorosa na xestión”, un método de contratación “transparente” e unha “política de aforro” no gasto corrente fan que as contas do Concello vaian mellorando pouco a pouco e aseguren a liquidez das arcas municipais, o que permite que o pago aos provedores municipais se realice cunha media de 17 días, moi por debaixo dos 30 que marca a lei.

De cara a este ano 2018, o goberno local comprométese a seguir coa mesma política económica, que lles permite “sacarlle o maior rendemento posible aos cartos públicos” e seguir mellorando os servizos e equipamentos municipais.

O remanente de 2017 dedicarase a obras e proxectos “financieiramente sostibles” que se adapten ás “condicións restritivas” que impón o goberno do Estado.

http://pontevedraviva.com/xeral/43104/barro-cerro-2017-superavit-mas-400000-euros/

ABRALDES BARRO