BARRO REPARTE UNS 30 LACÓNS EN DÚAS CAMPAÑAS DE DINAMIZACIÓN LOCAL NO ENTROIDO.

-Unha decena de locais de hostelería participan na nova campaña de dinamización local “Destapa o Entroido”

-Tamén se pon en marcha a segunda edición de “Eu quero Entroido” entre 17 comercios do municipio.

O Concello de Barro aumenta as actividades do Entroido e este ano pon en marcha unha nova campaña de dinamización da hostelería local, baixo o nome de “Destapa o Entroido”.

Unha ruta gastronómica, organizada pola Concellería de Promoción Económica, que se desenvolverá os días 16, 17 e 18 de febreiro e que terá connotacións diferentes aos tradicionais eventos deste tipo.

Nela poden participar todos os establecementos de hostelería do municipio pero serán os propios hosteleiros os que decidan se elaboran unha ou dúas tapas e se son doces ou salgadas.

Ademáis, os locais tamén decidirán as datas e horarios nos que servirán ao público as súas propostas gastronómicas, así como o prezo de cada tapa.

“Destapa o Entroido” terá tamén premios para os clientes, que por cada consumición das tapas recibirán unha papeleta para depositar na urna do establecemento correspondente e entrar nun sorteo.

Cada local participante disporá dun lote composto por lacón e chourizos, que será o agasallo a sortear por cada establecemento o 20 de febreiro ás 20 horas.

É dicir, que haberá tantos gañadores como locais participantes.

Ademáis da Ruta Gastronómica, o Concello organiza un ano máis o concurso de ambientación do Entroido e Día dos Namorados denominada “Eu quero Entroido”, da que formarán parte 17 comercios do municipio.

Nesta segunda campaña, os establecementos participantes deben realizar intervencións artísticas ou decorativas nos seus escaparates e fachadas e mantelos dende o 6 ata o 18 de febreiro.

A mellor decoración será premiada cun importe de 200 euros.

Asimesmo, os clientes recibirán por cada compra unha papeleta para entrar no sorteo dun lote de lacón e chourizos en cada local participante.

O sorteo tamén se celebrará o día 20 de febreiro ás 20 horas.

O Alcalde Xosé M. Fernández, o  tenente de alcalde, José Sanmartín, e a Concelleira de Promoción Económica, Lía Rodríguez, animan aos establecementos do municipio a participar nas campaña de dinamización local do Entroido.

IMG-20180201-WA0020

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s