[Último pleno ordinario da lexislatura e nova “perla” do alcalde]

No último pleno voltamos escoitar unha perla desas ás que nos ten acostumados o alcalde. Desta volta foi facendo referencia ao Castro do monte Güimil, en Agudelo. Dixo: Alí non hai nada de interese. Cando os da Universidade fixeron uns buratos só apareceron unhas pedras sin importancia e volveron tapar o buratos, por iso non lle pagamos.
Non sabemos se minte como de costume ou se realmente ignora a importancia deste Castro. O informe técnico da Universidade de Santiago de Compostela do ano 2008 di todo o contrario, resaltando que estamos ante un xacemento de altísimo valor, tanto polo seu tamaño como pola súa importancia histórica e estratéxica:

“A ubicación do Castro parece responder claramente á función de control das vías de tránsito (vía XIX que comunicaba Brácara Augusta con Astúrica Augusta). Igualmente, este emprazamento proporciónalle unha ampla visibilidade, sobretodo a longa distancia o que lle permite un dominio visual da entrada da Ría de Arousa e dun tramo da desembocadura do río Ulla (…) un dos dous ríos navegables xunto co Miño polo que exercían un control visual sobre unha importante vía de comunicación e transporte.
A abundante presencia de materiais cerámicos de importación (…) parecen indicarnos que o Castro do monte Güimil se atopa integrado nun circuito comercial amplo ,e que podería desenvolver un papel como posible lugar central e de distribuciónde materiais cara o interior.

(…) O gran tamaño do poboado, entre 5 e 6 hectáreaspermítennos pensar que tivese unha función como lugar central a partires do cal poderían distribuirse de maneira equidistante unha serie de castros máis pequenos (…).
Así pois, valorando en conxunto todos os factores podemos concluir que nos atopamos ante uns dos máis grandes poboados que se desenvolven na área meridional castrexa (…). Estaríamos pois ante un poboado que xorde en torno ao século I a.C. (…) pero a pesar de todo non é descartable que noutras partes do xacemento poida haber ocupacións anteriores.”

O BNG-Asembleas Abertas comprométese a que o castro sexa un polo de interese tanto cultural como económico para o noso concello. Está claro que se o PP sigue gobernando, a nosa historia seguirá enterrada e as posibilidaes de dinamización económica do concello seguirán mutiladas.

https://www.facebook.com/notes/bng-de-barro/%C3%BAltimo-pleno-ordinario-da-lexislatura-e-nova-perla-do-alcalde/792893830802088?pnref=story

castro agudelo

Maldita Hemeroteca

o veciño denfrente

Diario de Pontevedra, 15 de Marzo de 2006:

“EXPERTOS CONFIRMAN LA EXISTENCIA DE UN CASTRO DE MÁS DE 9 HECTÁREAS EN BARRO”

060305_Diario

“LANDÍN: SE HAI XACEMENTO, NÓS PORÉMOLO EN VALOR”

060315_Diario

chan

…A culpa é miña por non queimar os periódicos vellos… Pero ahí está o gran xefe, facendo malabarismos dialécticos para salvar a cara logo do gatillazo da “gran erección”…

A “gran erección” (ós máis novos igual non vos sona a historia) foi unha gloriosa ocurrencia do ano 2004 que consistía en cristianizar un castro en pleno século XXI chantándolle un monolito de 38m de altura para celebrar a Inmaculada Concepción. Vese que co da capilla-ghalpón non se sentían suficientemente espirituais.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/01/21/3390854.shtml

O caralludo era que estes visionarios tiñan claro que con eso favorecían o turismo e a dinamización económica do concello. ¿Para qué recuperar o castro ou a torre medieval que hai ó seu carón? No colmo do esperpento, Landín chegou a afirmar que o patrimonio que podía haber alí puxérao él cuns colegas para que a Xunta protexera o monte, obviando que o castro xa fora inventariado por Filgueira Valverde no ano 55.

https://novasdebarro.com/2014/09/17/o-famoso-santo-de-agudelo/

Botóuselle enriba Patrimonio, claro, e a cousa quedou en que o Concello de Barro se veu forzado a acometer (a desgana) unha intervención arqueolóxica na que participou o CSIC e que revelou a evidente importancia deste asentamento, dende o que se controla visualmente o acceso ó Salnés. A cambio, Patrimonio non aplicaría o rodillo sancionador que merecía tan anacrónica barbaridade.

A pesares de que os sondeos desvelaron que o que hai no Monte da Chan promete ser a Alhambra do Salnés ou, cando menos, algo semellante ó Castro de Viladonga, estes videntes non só incumpriron as súas promesas de posta en valor e traicionaron as súas ansias de boom turístico, senón que están empeñados nunha incomprensible loita por destruir o xacemento máis importante de Barro e do Salnés.

castro

A última agresión, non menos delirante que as anteriores, foi o de facer alí unha explanada para un campo de fútbol que Patrimonio ven de sancionar recentemente e que lle costou ó Concello (ou sexa, a vos) máis de tres mil euros.

https://novasdebarro.com/2013/05/02/campo-de-futbol-monte-da-chan/

O curioso é que xa no ano 2006 o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, falaba xa das excelencias deste castro, ó que consideraba unha cidade (“oppida”). O mesmo arqueólogo que agora ten nas súas mans o proxecto que anunciaron Ana Pastor e Rafael Louzán a pasada fin de semana e que supón unha inversión de 6,5 millóns de euros en castros da provincia.

http://pontevedraviva.com/xeral/18646/fomento-deputacion-potencial-turistico-castros-6-5-millons-recuperar-23/

Non ten explicación que desta volta non se aproveiten eses cartos para facer do Monte da Chan un elemento de atracción turística. Sobre todo agora que lle fixeron acceso directo dende o polígono e dende a autopista. Aínda están a tempo de reservar un espacio no auditorio ou no edificio de servicios que está construindo a Deputación para habilitar un pequeno espacio de interpretación do patrimonio de Barro, ainda que a min paréceme mellor idea a que a Asociación Cultural Barosa propuxera no 2005: un museo arqueolóxico e centro de interpretación do patrimonio de Barro na rectoral de Agudelo, aproveitando así de paso para frenar o seu deterioro e abandono.

Sobre o asunto hai outras “frases célebres” do rexedor que compre non deixar caer no esquecemento:

“Se conseguimos atraer a centos de persoas con isto e cada unha delas deixa cinco euros en Barro, dareime por contento”

(Landín 2005)

“Se hai un castro, a labor que lle corresponde a este Concello é poñelo en valor, e que sexa un recurso máis de Barro”

(Landín 2006)

Ben. Fareille entrega persoalmente dos meus cinco euros se nos explica por qué non é capaz de que Louzán lle dé os cartos para a vosa Alhambra.

campo lameiro

Entretanto eu recomendaríalle que falase algo máis co seu colega de Campolameiro, que de seguro saberá abrirlle os ollos ás bondades da recuperación do patrimonio e da súa integración na vida familiar e laboral.

060305_Diario

060315_Diario_Página_1

060315_Diario_Página_2

 

 

Deputación e Fomento rehabilitarán 23 castros da provincia deixando de novo o castro dos casas (Barro) fora das axudas

a voz

Nun prazo de catro anos, os 23 castros máis importantes da provincia, entre eles seis da comarca deCASTRO SETE FONTES BARRO Pontevedra e cinco de Arousa, terán un novo aspecto máis acorde co seu valor histórico e o seu potencial turístico. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, asinaron onte o protocolo de colaboración que permitirá investir 6,5 millóns de euros no que se definiu como «a posta de longo» dos asentamentos galaico romanos pontevedreses. O acordo implica que o ministerio empregará neste programa 4,3 millóns de euros e a institución provincial 2,2 millóns, repartíndose as tarefas para conseguir o obxectivo de incorporar estas antigas poboacións na oferta turística de Galicia.

Non só se impulsará o coñecemento e a difusión das primeiras culturas galegas, senón que tamén se acomete este programa cun fin de creación de emprego. Louzán indicou que esta iniciativa «representa un eixo fundamental para a estratexia do turismo na provincia»; mentres que Pastor recordou que os pontevedreses «debemos ser conscientes á hora de promocionar o extraordinario legado que nos deixaron os nosos antepasados».

As actuacións que levarán a cabo nos castros inclúen traballos de accesibilidade, musealización, limpeza, mantemento, escavación e dixitalización de achados e asentamentos. O presidente provincial explicou que non se aplicará o mesmo procedemento a todos, senón que cada castro terá o seu plan adaptado ás necesidades de cada caso.

Na comarca de Pontevedra, os asentamentos arqueolóxicos elixidos son Castrolandín (Cuntis), Alto dá Cruz do Castro (Cotobade), A Lanzada (Sanxenxo), Subidá (Marín), Penalba (Silleda) e Pena Redonda (Ponte Caldelas). En Arousa, trátase de Igrexa Vella (Valga ), Alobre (Vilagarcía), Monte do Castro (Ribadumia), Adro Vello (O Grove) e Mercado dous Mouros (Valga ).

MAIS INFORMACIÓN:

https://novasdebarro.com/2014/04/10/a-posta-en-valor-do-castro-dos-casas-o-mellor-premio-que-a-deputacion-lle-podia-dar-a-barro/

MOCIÓN referida á posta en valor do castro Sete Fontes no monte da Chan en Agudelo

bng barro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida á posta en valor do castro Sete Fontes no monte da Chan en Agudelo

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O patrimonio histórico é un elemento a coñecer, coidar e poñer en valor tanto para o coñecemento do noso pasado como pola riqueza económica que pode xerar, pola cantidade de visitantes e atractivo turístico do mesmo.

No Castro de Sete Fontes realizáronse obras de escavación e valoración do seu xacemento no ano 2007. Procedéndose á documentación dos restos atopados naquela pequena intervención e que deixou claro a grande riqueza patrimonial que no mesmo se atopa.

A Deputación de Pontevedra ten un Plan en colaboración coa Xunta de Galiza e os concellos de 2,5 millóns de euros para a limpeza, escavación e musealización de xacementos arqueolóxicos na provincia. A este orzamento a Deputación pretende engadirlle unha importante cantidade de diñeiro que solicita do Ministerio de Fomento en base ao denominado 1% de interese cultural das contratacións públicas.

Neste Plan aparecen os castros de todos os concellos da provincia que contan con este tipo de patrimonio menos o concello de Barro.

Por todo o exposto, o Pleno do concello acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:

Dirixirse á Deputación de Pontevedra para solicitar a inclusión do Castro Sete Fontes no monte da Chan en Agudelo no Plan para a recuperación, escavación e posta en valor do patrimonio histórico da provincia, tendo en conta a gran importancia deste castro para o coñecemento da nosa historia e como motor económico para o concello

Barro, 13 de setembro de 2013.

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

CASTRO SETE FONTES BARRO

O CASTRO DO MONTE DA CHAN “SETE FONTES” EN AGUDELO QUEDA FORA DAS AXUDAS DA DEPUTACIÓN

O CASTRO DO MONTE DA CHAN “SETE FONTES” EN AGUDELO QUEDA FORA DAS AXUDAS DA DEPUTACIÓN

A recuperación dos castros da provincia, pendente do aval de Fomento

A Deputación de Pontevedra iniciou unha negociación co Ministerio de Fomento para que todo o proceso de recuperación CASTRO SETE FONTES BARRO poida facerse con cargo aos fondos que anualmente o ministerio destina a acción cultural, o denominado 1 % cultural.

Castrolandín, en Cuntis, Altamira, nas Neves; Cruz do Castro, en Cotobade, Castro Alobre de Vilagarcía; Adro Vello, no Grove; Monte Castro, en Ribadumia; o castro da Lanzada, en Sanxenxo; Castro dá Subidá, en Marín; As Croas, en Pontevedra; Monte Facho, en Cangas; Castro dá Punta do Muíño do Vento e Castro de Vigo, en Vigo; A Troña, Ponteareas; Castro de Torroso, en Mos; Alto dous Cubos de Tui, Santa Tegra, na Guarda; e Igrexa Vella de Valga son os elixidos.

Este proxecto de recuperación e aproveitamento dos recursos galaico-romanos foi presentado ante o Ministerio de Fomento coa finalidade que esta entidade achegue, con cargo ao 1% de interese cultural das contratacións públicas, o financiamento preciso para que, nunha segunda fase, leve a cabo un proxecto de escavacións, recuperacións e recreación en tres dimensións dos xacementos.

Suporía un investimento de varios millóns de euros, unha cifra aínda pendente de concretarse, en base a conversacións mantidas entre a ministra Ana Pastor e o presidente da Deputación, Rafael Louzán. Se frutifican, o proxecto podería materializarse entre os anos 2014 e 2015. Trataríase dun continuación para o plan no que actualmente a Deputación, en colaboración coa Xunta e os concellos, inviste 2,5 millóns en limpeza, mantemento, sinalización, difusión, escavación, musealización de xacementos arqueolóxicos da provincia. Ata agora se trataba só de limpar os terreos, manter os castros en bo estado, e conxugar unha musealización dos restos co respecto nas actuacións.

En todo este proceso se investirán 2,5 millóns, co principal esforzo investidor, o 56,2 %, destinado á escavación dos restos. Ao seu musealización destínase un 13,2 %, a segunda maior partida. A elaboración de mapas dixitais tridimensionais de todos os castros escavados busca poder contar cunha recreación posterior en tres dimensións das condicións nas que habitaban os galegos daqueles asentamentos.

Todo o proceso, con todo, pode verse afectado por algún grao de propiedade privada dalgúns dos xacementos. Por iso o investimento é prioritaria naqueles integramente públicos, para poder obter así unha maior rendibilidade social do proxecto. A tramitación das actuacións en terreos privados é máis confusa e poden producirse incluso trabas para o acceso de visitas.

ENLACES RELACIONADOS:

Barro destapa su pasado. Sondeos valorativos en el castro de Sete Fontes

Landín apoia levantar un obelisco de 38 metros sobre o castro da Chan

Resposta de Marcos Perez á carta de Batallan

Patrimonio paraliza as obras do campo de futbol da Chan

Denuncian obras no castro da Chan ante a APLU

Landín resucita a polémica ao contratar a medición para o campo da Chan

Un campanario sen amo en Barro

José Antonio Landín
Alcalde de Barro Aquelo nin é do Concello, nin temos contratado nada, nin sabemos de que vai. Non queremos saber nada»

San Cibrán, o patrón da ermida da Chan, en Agudelo, que desde a súa creación non abandonou a polémica, debe estar preguntándose aínda quen foi o seu último benefactor, quen se supón que anónimamente ha financiado a construción do campanario da igrexa e conseguiu que albaneis e construtores pásenlle desapercibidos ao Concello, á Comunidade de Montes e á Dirección Xeral de Patrimonio, encargados de custodiar a orde na zona. Pero se San Cibrán ten curiosidade sobre o benefactor, non é menos a que teñen a Dirección Xeral de Patrimonio e a Policía Autonómica, que desde o pasado mes de xullo dedícanse a investigar quen, por que e como se rematou a capela, construída nos anos 90, tras a aparición na zona do que se supuña a talla da cabeza do santo, sen ningún tipo de permiso, e ocupando un xacemento castrexo. Un particular do municipio denunciou entón que se estaba construíndo un campanario na igrexa e que este parecía non ter licenza nin promotor. O denunciante instaba a que se paralizase a obra e sancionásese ao infractor. A sanción ou a mera legalización da obra será difícil, pois se trata dun campanario de autoría anónima. O Concello conta cun informe da Policía Autonómica elaborado por dous axentes que se desprazaron ao lugar, realizaron o oportuno traballo fotográfico, e as chamadas telefónicas pertinentes ao Concello e á Comunidade de Montes.

Segundo reza o informe ?realizada entrevista telefónica ao Concello, informan de que a capela esta nos terreos dá Xunta de Montes de Agudelo, que é quen a está construíndo dende fai máis de 20 anos? para continuar coa pertinente chamada ao presidente dos comuneiros. ?Ou presidente, Modesto Axude, manifesta que, se ben a capela é propiedade dá Xunta de Montes, sinala ao Concello de Barro como promotor dás obras?. O informe foi remitido ao Concello de Barro e deixou perplexo ao alcalde, José Antonio Landín, quen insiste en que a entidade que preside non ten nada que ver coa obra. ?Aquelo nin é do Concello, nin temos contratado nada para actuar alí, nin sabemos de que vai?, insiste o alcalde, que afirma que non falou diso pormenorizadamente co presidente dos comuneiros, a pesar de que este é tamén concelleiro do PP. ?Falar falamos, cando vémonos, pero non diso. Eu que sei quen faría a obra do campanario. Se seica, foron vos que fai dez anos roubaron a campá que donou ou propio Modesto?.
O rexedor recorda que, ao quedar o templo a medio construír, Axude, que é empresario, doou MULTA. O rexedor négase, de momento, a valorar a posibilidade de que o informe da Policía Autonómica póidalle reportar un expediente ou sanción ao Concello. ?Imposible, porque ou Concello non unha campá que se colocou sobre soporte metálico. Esta usouse durante anos, talvez quince, antes de que alguén a roubase e a ermida quedase de novo sen o seu elemento sonoro. fixo nada, nin entendemos ou que pasa. Multa? Pois que a boten, xa que contra ou vicio de pedir está a virtude de non dar. Insisto, nós non queremos saber nada do campanario nin dá ermida?.
O alcalde afirma, iso si, que estivo na última romaría de San Cibrán ?e alí todo ou mundo parecía moi contento co aspecto dá igrexa. Dicían que xa lle facía falta, que así se ve moito mellor?.
O monte da Chan de Agudelo alberga o principal xacemento arqueolóxico do municipio. Trátase dun xacemento romano perfectamente documentado e catalogado que, polo feito de permanecer aínda baixo terra, non conta con todo o aprecio que se merece por parte dos novos moradores desta parroquia. Así, nos anos 80, o achado de pedra tallada en forma de cabeza, levou aos veciños a construír a capela de San Cibrán, pensando que tiñan entre mans o vestixio dun santo. Só logo dunha longa investigación de Patrimonio, con requisamiento incluído, a cabeza do santo analizouse e foi adecuadamente catalogada. Trátase dunha talla castrexa, actualmente nun museo de Lugo, que é única en Galicia e unha das dúas que existen en España. Trátase dun vestixio romano. A pesar do xiro inesperado dos acontecementos, o lugar foi declarado zona de culto igualmente e construír a igrexa e implantouse a romaría de xullo. O campanario completa esta actuación. No mesmo recinto houbo polémica pola construción dun campo de fúbtol e polo uso que se dá a unha das pendentes que hai na suposta muralla do castro, que se destinou a pista de ?quads?.

Denuncian las obras para construir un campo de fútbol en el castro de chan

DESCARGA EN PDF DESCARGA EN PDF