[Último pleno ordinario da lexislatura e nova “perla” do alcalde]

No último pleno voltamos escoitar unha perla desas ás que nos ten acostumados o alcalde. Desta volta foi facendo referencia ao Castro do monte Güimil, en Agudelo. Dixo: Alí non hai nada de interese. Cando os da Universidade fixeron uns buratos só apareceron unhas pedras sin importancia e volveron tapar o buratos, por iso non lle pagamos.
Non sabemos se minte como de costume ou se realmente ignora a importancia deste Castro. O informe técnico da Universidade de Santiago de Compostela do ano 2008 di todo o contrario, resaltando que estamos ante un xacemento de altísimo valor, tanto polo seu tamaño como pola súa importancia histórica e estratéxica:

“A ubicación do Castro parece responder claramente á función de control das vías de tránsito (vía XIX que comunicaba Brácara Augusta con Astúrica Augusta). Igualmente, este emprazamento proporciónalle unha ampla visibilidade, sobretodo a longa distancia o que lle permite un dominio visual da entrada da Ría de Arousa e dun tramo da desembocadura do río Ulla (…) un dos dous ríos navegables xunto co Miño polo que exercían un control visual sobre unha importante vía de comunicación e transporte.
A abundante presencia de materiais cerámicos de importación (…) parecen indicarnos que o Castro do monte Güimil se atopa integrado nun circuito comercial amplo ,e que podería desenvolver un papel como posible lugar central e de distribuciónde materiais cara o interior.

(…) O gran tamaño do poboado, entre 5 e 6 hectáreaspermítennos pensar que tivese unha función como lugar central a partires do cal poderían distribuirse de maneira equidistante unha serie de castros máis pequenos (…).
Así pois, valorando en conxunto todos os factores podemos concluir que nos atopamos ante uns dos máis grandes poboados que se desenvolven na área meridional castrexa (…). Estaríamos pois ante un poboado que xorde en torno ao século I a.C. (…) pero a pesar de todo non é descartable que noutras partes do xacemento poida haber ocupacións anteriores.”

O BNG-Asembleas Abertas comprométese a que o castro sexa un polo de interese tanto cultural como económico para o noso concello. Está claro que se o PP sigue gobernando, a nosa historia seguirá enterrada e as posibilidaes de dinamización económica do concello seguirán mutiladas.

https://www.facebook.com/notes/bng-de-barro/%C3%BAltimo-pleno-ordinario-da-lexislatura-e-nova-perla-do-alcalde/792893830802088?pnref=story

castro agudelo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s