Santiago Pazos, novo responsábel local do BNG de Barro

Santiago Pazos, novo responsábel local de Barro. Substitúe no cargo a María Jesús Castro, quen será bng barroviceresponsábel.

A Asemblea do BNG en Barro ven de elexir por unanimidade a Santiago Pazos como novo Responsábel Local. Coa elección de Santiago Pazos o BNG aposta decididamente por xente nova con ganas, iniciativa e capacidade para a acción política.

Neste nova xeira, o BNG-Barro márcase tres grandes liñas de traballo:

1) Incrementar a conciencia nacionalista e a militancia do BNG.
2) Continuar realizando unha política municipal moi activa, que emita solucións aos problemas dos veciños e veciñas de Barro.
3) Facer fronte, tanto a nivel institucional como social, ás políticas regresivas e antigalegas do PP, que están a desmantelar todos os nosos sectores económicos, a destruír os dereitos laborais conquistados polos traballadores e traballadoras ao longo dos anos, e a condenar a xente moza a marchar do país ou ir ao paro.

santibngbarro1
santibngbarro2

Boletín Municipal do BNG de Barro

descarga pdf

boletin

boletín barro-nº17

“NON É UNHA CRISE, É UN ROUBO. REBÉLATE, SOMOS MULTITUDE”

O  BNG vai celebrar un acto público en Barro baixo o lema: “NON É UNHA CRISE, É UN ROUBO. REBÉLATE, SOMOS MULTITUDE”. 
Vaise celebrar o venres 12 de xullo, ás 21 h. na biblioteca pública de Barro.

Neste acto desmontaremos as mentiras deste sistema cruel e corrupto que nos condena ao empobrecemento, á emigración e á desesperanza.

convite barro

O BNG pide ao goberno municipal de Barro a revisión do Padrón do Lixo

Nestes días están chegando ás veciñas e veciños de Barro as comunicación do bng barro
segundo prazo anual do 2012 do recibo da taxa por recollida de lixo.
No BNG temos coñecemento de que hai veciños e veciñas que están recibindo
recibos en base a vivendas en ruínas e a construcións que non reúnen os mínimos de
habitabilidade e que, como é lóxico, non terían que pagan recibo algún por este
concepto.
O goberno municipal é o responsábel de que o censo de contribuíntes estea
depurado para que os veciños e veciñas non teñan que, por riba de sufrir unha suba
desproporcionada da taxa do lixo, estar pendentes de que lles pasen recibos por este
tipo de construcións.
Unha de dúas, ou esta política responde a un afán recaudatorio do goberno municipal
do PP, ou este debe revisar e corrixir o censo de contribuíntes para evitar que este
intento de cobrar a vivendas das que só quedan catro paredes se repita ano tras ano

NOTA DO BNG SOBRE O PLENO ORDINARIO CELEBRADO O XOVES

O xoves pola noite celebramos o pleno ordinario deste mes. Antes de empezar tomaron a palabra membros bng barroda plataforma de afectados das preferentes e subordinadas.
Dende o BNG manifestámoslle o noso total apoio, para evitar o roubo que lle quere facer o goberno do PP. Os tres grupos da corporación aprobamos a moción que nos propuxeron dende a plataforma, e mesmo o alcalde se comprometeu con eles a deixar o PP se non lle devolvían todos os cartos aos afectados. O futuro dirá se cumpre a sua palabra.
Tamén foi aprobada por todos a moción do BNG, en contra de que se eliminen os xuzgados de paz e os rexistros civís.
No punto de “rogos e preguntas”, o BNG pediu que se proceda a reparación de pistas do concello que están nun estado lamentable, así como ao desbroze de todas elas.
Tamén solicitamos que se cambie a sinalización incorrecta que hai en varias das estradas que discorren polo concello.
Con respecto ao intento de legalizar a casa da Comunidade de montes da Portela, pedimos que xa que se gastaron un feixe de cartos veciñais nuha obra ilegal ( POR CULPA DE QUEN O FIXO E MÁIS DE QUEN O CONSENTIU), que no proceso da posible legalización da mesma, que se teña o máximo respecto pola legalidade, sin buscar atallos nin facer chapuzas.

A Corporación de Barro apoia os preferentistas

diario_pontevedra.750

Apoio dos tres grupos da Corporación. O alcalde, José Antonio Landín, quen dende o principio lles preguntou aos preferentistas se «se vai poder celebrar o Pleno», accedeu a ler e debater un texto que acabou converténdose nunha moción consensuada entre os afectados e os tres grupos políticos. En particular o ‘popular’, prometeu prestar o seu apoio en todo o posible, sen considerar que as demandas dos afectados por esta estafa poidan considerarse un asunto partidista ou político.

 MOCIÓNS. En canto ao resto da sesión, a ecasez de temas para o debate foi compensada cunha longa lista de mocións da cal varias foron aprobadas por unanimidade. Tamén relacionada coa crise a proposta para adherirse ao convenio da Fegamp que permitirá prestar asesoría xurídica gratuíta ás persoas en risco de desafiuzamento, foi unha das ideas máis relevantes das aprobadas onte. O Concello debe pedir ao Goberno de Caldas de Reis que solicite o servizo á Fegamp, pois se tramita a través da cabeceira de bisbarra. Ademais deuse luz verde ao texto do BNG para evitar o desmantelamento dos xulgados de paz nos pequenos concellos, e apoiouse unha proposta do PP para ofrecer actividades escolares de Educación Vial. Outra moción do PSOE para implantar vaos en San Antoniño e contar cos servizos dunha grúa estudarase formalmente.

landin preferntes

MOCIÓN referida ao mantemento dos xulgados de paz e gratuidade dos rexistros civís

Sr. Alcalde:

bng barro
O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao mantemento dos xulgados de paz e gratuidade dos rexistros civís

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

1. As recentes noticias publicadas en prensa, así como os borradores de reforma da Lei orgánica do poder xudicial e do Rexistro Civil, veñen a pór de manifesto que o goberno do PP no Estado quere eliminar tanto os Xulgados de Paz como os rexistros civís, de tal forma que estes últimos pasan a ser competencia dos Rexistros da Propiedade.
2. A proposta do Goberno central avoga claramente pola desaparición dos Xulgados de Paz, ao figurar que a potestade xurisdicional se exercerá “con exclusividade nos seguintes tribunais: Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza e Tribunais de Instancia”. Os Xulgados de Paz xogan un papel moi importante no achegamento da administración de Xustiza ás persoas usuarias deste servizo público, ao realizaren trámites de auxilio xudicial que lles evitan desprazamentos e custes económicos, como son, entre outros, as citacións e notificacións xudiciais, a realización de conciliacións. Xa que logo, a súa supresión vai afectar negativamente a moitas persoas ao desapareceren estes órganos de apoio xudicial básicos, que existen en todos os concellos, sen máis alternativa que a concentración nos xulgados de instancia, que só están localizados en determinadas cabeceiras de comarca e nas cidades.

3. No que atinxe á modificación dos Rexistros Civís, non só se aborda a súa eliminación de xeito parello á desaparición dos Xulgados de Paz, senón que ademais se encomenda a súa competencia a rexistradores/as da Propiedade. Dese xeito, un servizo até o de agora gratuíto pasará a ser de pago, como manifestou o
propio colectivo de rexistradores/as que, en principio, mantén unha postura remisa a asumir esas competencias, “se non queda absolutamente claro que as persoas usuarias custearán o servizo”. Neste caso, afectará a unha ampla maioría, pois serán todas as persoas que precisaren expedir documentos básicos para acreditar a súa situación persoal, que á súa vez son imprescindíbeis para cobrar pensión, prestacións de servizos sociais ou axudas públicas.
4. Por tanto, é evidente, que as pretendidas reformas, non van en beneficio da maioría das persoas, senón que se fan con criterios única e exclusivamente economicistas e corporativistas, fomentando o pago directo a determinados funcionarios/as públicos por un servizo que debe ser gratuíto, alén de iren na dirección contraria á modernización da administración de xustiza e do Rexistro Civil.
Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal do BNG, solicitamos da Corporación en
Pleno, a adopción dos seguintes

ACORDOS:
1. Expresar o rexeitamento á proposta do Goberno do Estado relativa á supresión dos Xulgados de Paz e á asunción por parte dos Rexistros da Propiedade e e ás Notarías das funcións dos Rexistros Civís, instando ao Goberno do Estado á inmediata retirada deste anteproxecto de lei.

2. Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno Central o mantemento dos Xulgados de Paz, así como a que se garanta a gratuidade das funcións que prestan os Rexistros Civís.

3. Dar traslado deste acordo ao Goberno central e á Xunta de Galiza.

Barro a 23 de maio de 2013

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

xulgado-de-paz-185645_01_med

O BNG PIDELLE AO ALCALDE DE BARRO QUE SE SUME Á MANIFESTACIÓN DO 10 DE MAIO, EN DEFENSA DAS PERSOAS AFECTADAS POLAS PREFERENTES

O BNG vén de presentar un escrito no Concello de Barro solicitando a adhesión do alcalde e dos restantes grupos bng barromunicipais da corporación á manifestación convocada polo Concello de Pontevedra en apoio ás persoas estafadas polas participacións preferentes e obrigas subordinadas.
Adxúntase texto da solicitude

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Barro
EXPÓN:
Que desde hai uns meses se veñen desenvolvendo por toda Galiza mobilizacións e protestas protagonizadas por xente estafada polas entidades bancarias a través de produtos lixo como as chamadas participacións preferentes e obrigas
subordinadas. A maioría destes cidadáns e cidadás (máis de 60.000 só no noso país, moitos deles no noso concello) eran pequenos aforradores que acabaron vendo como o diñeiro froito do seu traballo se vía inicialmente inmobilizado polas devanditas entidades bancarias. E isto, coa anuencia dos diferentes gobernos de Madrid, que ampararon e consentiron estas prácticas bancarias sen dúbida fraudulentas.
Desde que o BNG tivo coñecemento desta situación, promoveu diferentes actuacións no plano político e institucional encamiñadas a mostrar o seu compromiso e solidariedade coas e cos nosos compatriotas estafados polos bancos, así como a demandar unha solución política para o conxunto dos afectados e afectadas polas preferentes e subordinadas. Así mesmo, demos o noso apoio como forza política ás diferentes plataformas de afectados e afectadas que se
foron constituíndo polo país, facéndonos eco das súas lexítimas demandas e respaldando activamente as súas mobilizacións, se ben é certo que este apoio do BNG tivo desigual alcance en función dos diferentes territorios do país.
A día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dos estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor da decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os
aforros das cidadás e cidadáns atrapados en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a estes pequenos aforradores e que en Galiza vai significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron.
Como resposta a esa agresión, nestes días as diferentes plataformas de afectadas e afectados polo calote das preferentes e subordinadas, así como diversos gobernos municipais seguirán a realizar accións de protesta, en demanda dunha
solución definitiva a esta problemática. Máis ca nunca, faise necesario o noso compromiso para apoiarmos decididamente estas mobilizacións, que deben ser un auténtico berro por toda a nación na defensa destas cidadás e cidadáns estafados pola usura bancaria e agredidos por uns gobernos pregados aos intereses da banca e
submisos ante os ditados da Troika.
O BNG de Barro apoia a manifestación convocada polo Concello de Pontevedra para o venres 10 de maio, en defensa das persoas estafadas polas preferentes e subordinadas, así como as demais medidas de presión que permitan a recuperación íntegra dos aforros, e
SOLICITA:
O apoio do alcalde e dos demais grupos da Corporación ás medidas de presión convocadas para defender ás persoas afectadas, e, en concreto, á manifestación do venres 10 de maio en Pontevedra.
Barro a 2 de maio de 2013

 

“Preferentistas” de Barro valoran organizarse nunha fronte común

diario_pontevedra.750

Unha charla informativa convocada polo BNG foi o punto de encontro de varios damnificados, que ata agora ían “por libre”

Como en case todos os municipios da provincia, en Barro tamén existen persoas damnificadas pola contratación de participacións preferentes e obrigacións subordinadas. Con todo, neste concello os afectados non constituíron polo momento ningunha plataforma nin asociación para loitar conjuntamente pola defensa dos seus intereses.

Esta situación pode dar un xiro grazas a unha charla informativa celebrada o pasado sábado pola noite e organizada polo grupo municipal do BNG.
A reunión foi convocada co obxectivo de proporcionar unha información máis ampla aos damnificados por estes produtos bancarios e para iso contouse coa participación dun membro da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, Xulio Vicente.
No entanto, o encontro serviu tamén para que os asistentes tomasen consciencia de que as súas peticións poden ser máis efectivas si organízanse e fan unha fronte común.
Tal e como explicou o portavoz nacionalista, Xosé Manuel Fernández Abraldes, «ata ou momento, en Barro, afectar polas preferentes e subordinadas non están coordinados en ningunha plataforma nin asociación, senón que cada un vai un pouco por libre. Na reunión do sábado, algunhas destas persoas acordaron que tratarán de contactar con outros afectados para organizarse e empezar a moverse».
A charla informativa, celebrada na Biblioteca de Barro, reuniu a preto dunha treintena de asistentes. REIVINDICACIÓN. O BNG manifestou unha vez máis «ou noso apoio como forza política ás diferentes plataformas de afectados que se foron constituíndo polo país, facéndonos eco dás súas lexítimas demandas».
Tal e como engadiron os nacionalistas, «a día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dous estafados polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor dá decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre vos aforros dous cidadáns atrapados en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a lestes pequenos aforradores e que en Galiza vai significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde vos petos dous cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que vos estafaron. Así é como entende ou PP que se debe dar solución a unha estafa en toda regra», indicaron.

preferentes barro

Acto sobre a estafa da Preferentes e Subordinadas en Barro

Sábado 27 ás 21 h. na Biblioteca de Barro

Desde xa hai uns meses, véñense desenvolvendo por toda a naciónbng barro mobilizacións e protestas protagonizadas por xente estafada polas entidades bancarias a través de produtos lixo como as chamadas participacións preferentes e obrigas subordinadas. A maioría destes cidadáns e cidadás (máis de 60.000 só no noso país) eran pequenos aforradores que acabaron vendo como o diñeiro froito do seu traballo se vía inicialmente inmobilizado polas devanditas entidades bancarias (en Galiza, fundamentalmente as antigas Caixas de Aforro). E isto, coa anuencia dos diferentes gobernos de Madrid, que ampararon e consentiron estas prácticas bancarias sen dúbida fraudulentas.

Desde que o BNG tivo coñecemento desta situación, promoveu diferentes actuacións no plano político e institucional encamiñadas a mostrar o seu compromiso e solidariedade coas e cos nosos compatriotas estafados polos bancos, así como a demandar unha solución política para o conxunto dos afectados e afectadas polas preferentes e subordinadas. Así mesmo, demos o noso apoio como forza política ás diferentes plataformas de afectados e afectadas que se foron constituíndo polo país, facéndonos eco das súas lexítimas demandas.

A día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dos estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor da decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os aforros das cidadás e cidadáns atrapados en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a estes pequenos aforradores e que en Galiza vai significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron. Así é como entende o PP que se debe dar solución a unha estafa en toda regra como a das participacións preferentes e obrigas subordinadas.

Para falar sobre este tema, o BNG organiza unha charla-coloquio para este sábado, día 27, ás 21 h. na biblioteca de Barro, coa presenza do portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Fdez. Abraldes e o membro da Plataforma de Afectad@s do Baixo Miño,Xulio Vicente.

barro-acto preferentes

Acto informátivo sobre as PREFERENTES en Barro

O próximo sábado 27, imos celebrar un acto informátivo sobre as PREFERENTES en Barro. Será na biblioteca as 21 h.
Tanto as persoas afectadas, como todas aquelas que teñan interese en saber algo máis desta estafa, tedes a oportunidade de vir a escoitar a Xulio Vicente, portavoz da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, e unha das persoas máis activas na loita por recuperar os aforros de tantos miles de estafados e estafadas.

http://noticiasbarro.com/category/bng-de-barro/

barro-acto preferentes

 

MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas de Barro afectados polos desafiuzamentos

Sr. Alcalde:bng barro

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas de Barro afectados polos desafiuzamentos

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. Un dos efectos máis perversos da situación económica que estamos a sofrer é o grande número de familias que están a perder as súas vivendas ao quedar tanta xente sen traballo.
  2. A Lei hipotecaria española está feita unicamente para beneficio dos bancos, de maneira que, ademais de botar ás familias das súas casas cando non poden pagar as súas hipotecas, as débedas cos bancos siguen existindo, xa que nin PP nin PSOE cambiaro a Lei para que a débeda quedase cancelada ao entregar a vivenda.
  3. No momento actual resula totalmente inhumano boar á xente á rúa cando non paga porque non pode, mentres ao bancos se lle dá toda a axuda que precisen para superar os seus problemas económicos.
  4. Ante este problema social tan grave, as administracións públicas teñen a obriga de facer todo o que este nas súas mans para tentar axudar ás persoas afectadas polos desafiuzamentos.
  5. Unha das iniciativas que adoptaron algúns concellos foi o de chegar a acordos co colexio de avogados para que asesoren de balde ás persoas afectadas, xa que se non teñen cartos para pagar a hipoteca, menos o teñen para pagar avogados que os defendan dos bancos.
  6. Un dos concellos que asinou o acordo co colexio de avogados foi o de Pontevedra. Moitas das persoas que se achegaron a ese servizo para pedir información son veciños e veciñas do noso concello, polo que non puideron prestarlle a atención necesaria por non estar censados no concello de Pontevedra.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

  1. O concello de Barro asinará un convenio co colexio de avogados para o asesoramento e a defensa de balde dos veciños e veciñas afectados por desfiuzamentos.

Barro a 5 de abril de 2013

Apoio aos veciños e veciñas afectadas polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas

Sr. Alcalde:bng barro

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas afectadas polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. As participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas foron comercializadas para as persoas que eran pequenas aforradoras, ocultándolles información e, na maioría dos casos, facéndolles crer que se trataba de produtos seguros, identificados coma depósitos a prazo fixo, e sen facelas partícipes dos riscos inherentes a este tipo de produtos financeiros e recuperábeis en calquera momento.
  2. A neglixente comercialización das Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas foi recoñecida pola propia entidade financeira que, a través dun proxecto repartido nas súas oficinas, facía un recoñecemento público dos seus erros, solicitando o perdón ás persoas afectadas, e comprometéndose a buscar unha solución.
  3. O certo é que estas persoas vense privadas dos seus aforros no momento en que máis necesidade teñen deles. A situación de crise que está a vvir o país está levando a que as familias afectadas, privadas dos seus aforros e, en moitos casos, con parte dos seus membros en situación de desemprego, se atopen nunha situación desesperada, que recurre dunha resposta a curto prazo que supoña un alivio para un padecemento inxusto e inxustificado. Asemade, atendendo ás xustas demandas dos afectados, entendemos que deben depurarse , no eido xudicial, as responsabilidades dos altos cargos directivos que se deriven da neglixente comercialización de Preferentes e Obrigas Subordinadas, instando aos poderes públicos a tomas as oportunas medidas pra esclarecer as responsabilidades derivadas dos actores principais do masivo engano perpetrado contra os aforradores galegos, e que devolvan as indemnizacións e paguen aos afectados.
  4. Nestes intres e, toda a vez que NGB depende integramente do FROB, máis que nunca, a solución a esta problemática é política.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

1)    Solidarizarse cos veciños e veciñas de Barro e do resto do País afectados pola estafa das Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas

2)    Instar á Xunta de Galiza a que esixa do FROB e do Goberno español a anulación da orde que aplica quitas inxustas ás persoas afectadas por Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas.

3)    Instar ao Banco de España, ao Ministerio de Economía, á Comisión Europea e ao FROB, á Xunta de Galiza e a NGB a que continúen resolvendo, a través da Arbitraxe de Consumo, todas as reclamacións presentadas en relación á comercialización de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas por CGB, até a resolución definitiva de todas elas e se dea contestación a todas as solicitudes presentadas.

4)    Instar ao Goberdo Español a que determine a non aplicación da Lei 9/2012 a todas as persoas afectadas pola comercialización neglixente de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de NGB.

5)    Solicitar a gratuidade dos procesos xudiciais para todas as persoas afectadas pola neglixente comercialización de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de NGB, que se vexan na obriga de reclamar ante os Tribunais ordinarios, así como axilizar os procesos xudiciais mediante a súa tramitación como xuizos rápidos.

6)    Intar ao Goberno español e á Xunta de Galiza a que, no ámbito das súas respetivas competencias, adopten todas as iniciativas pertinentes para a devolución inmediata dos aforros ás persoas afectadas polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas.

Barro a 4 de abril de 2013

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

Alegación conxunta de todas as forzas políticas e sociais ao proxecto da A-57 de Pilateiros a Curro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no bng barroconcello de Barro presenta as seguintesPROPOSTASpara unha alegación conxunta de todas as forzas políticas e sociais ao proxecto da A-57 de Pilateiros a Curro

  1. A alternativa 3, escollida polo ministerio de Fomento para o último treito da A-57, deseña a súa conexión co macronó de Curro cruzando todo o val, dende a AP-9 até o lugar de Outeda, anulando a actual rotonda a carón da igrexa para enlazar co que agora é un treito da PO-531.
  2. A intención de construir esta autovía polo medio da zona urbana, no punto de tráfico máis sensíbel de toda a parroquia de Curro, supón ir en contra de todas as iniciativas levadas a cabopolas forzas políticas e sociais para conseguir que toda esa zona se humanice e se logre unha mellor convivencia entre o tránsito peonil e o tráfico rodado.
  3. A alternativa 3 supón tamén anular o treito da PO-531 entre a rotonda da igrexa e o macronó, de xeito que todo o tráfico da PO-531 tería que volver pasar pola estrada vella de Outeda.
  4. A conexión da A-57 co macronó proposta na alternativa 5 resulta a máis lóxica e menos agresiva tanto para a zona urbana como agraria da parroquia, xa que se realiza no treito que conecta a entrada da AP-9 co macronó, o que o alonxa d a zona urbana e non atravesa todo o val de Curro.
  5. A proposta de máis impacto desta alternativa 5 sería o novo enlace que se propón da AP-9 coa A-57. Un enlace que, ao noso entender, non ten porque construirse desa maneira, xa que o lóxico é que dita conexión se realice no mesmo macronó, evitando o impacto dese hipotético enlace novo nas propiedades agrícolas, e producindo, ao mesmo tempo, un evidente aforro económico.

Barro a 3 de abril de 2013

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

O BNG DE BARRO PRESENTE NA XIV ASEMBLEA NACIONAL

Ao longo das súas 3 décadas de existencia, o Bloque Nacionalista Galego sermos galizaconformouse como o principal portador do proxecto nacional galego, como o referente político daqueles sectores do noso pobo que conciben Galiza como nación e que a queren libre, sen máis límite que o resultante da súa propia vontade.

http://www.sermosgaliza.com/

https://www.facebook.com/bng.debarro

MEMBROS DO BNG DE BARRO NA XIV ASEMBLEA NACIONAL 

BNG DE BARRO 1