Alegación conxunta de todas as forzas políticas e sociais ao proxecto da A-57 de Pilateiros a Curro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no bng barroconcello de Barro presenta as seguintesPROPOSTASpara unha alegación conxunta de todas as forzas políticas e sociais ao proxecto da A-57 de Pilateiros a Curro

  1. A alternativa 3, escollida polo ministerio de Fomento para o último treito da A-57, deseña a súa conexión co macronó de Curro cruzando todo o val, dende a AP-9 até o lugar de Outeda, anulando a actual rotonda a carón da igrexa para enlazar co que agora é un treito da PO-531.
  2. A intención de construir esta autovía polo medio da zona urbana, no punto de tráfico máis sensíbel de toda a parroquia de Curro, supón ir en contra de todas as iniciativas levadas a cabopolas forzas políticas e sociais para conseguir que toda esa zona se humanice e se logre unha mellor convivencia entre o tránsito peonil e o tráfico rodado.
  3. A alternativa 3 supón tamén anular o treito da PO-531 entre a rotonda da igrexa e o macronó, de xeito que todo o tráfico da PO-531 tería que volver pasar pola estrada vella de Outeda.
  4. A conexión da A-57 co macronó proposta na alternativa 5 resulta a máis lóxica e menos agresiva tanto para a zona urbana como agraria da parroquia, xa que se realiza no treito que conecta a entrada da AP-9 co macronó, o que o alonxa d a zona urbana e non atravesa todo o val de Curro.
  5. A proposta de máis impacto desta alternativa 5 sería o novo enlace que se propón da AP-9 coa A-57. Un enlace que, ao noso entender, non ten porque construirse desa maneira, xa que o lóxico é que dita conexión se realice no mesmo macronó, evitando o impacto dese hipotético enlace novo nas propiedades agrícolas, e producindo, ao mesmo tempo, un evidente aforro económico.

Barro a 3 de abril de 2013

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

Deixar un comentario