XIV FESTA DA XUVENTUDE

Véndese uva caíña tinta no concello de Barro.

 Prezo a convir. 

Interesados chamar ao 652 803356

Véndese uva caíña tinta no concello de Barro.

 Prezo a convir. 

Interesados chamar ao 652 803356

D.E.P. Don Armando Remisero Castro

BOPPO Núm. 175 do 15/09/2025 Lista definitiva de admitidos e excluidos e data e hora do 1º exercicio Auxiliar Administrativo no Concello de Barro

TAEKWONDO GRATUÍTO NO CONCELLO DE BARRO

Actividade da Deputación de Pontevedra en colaboración coas federacións de deporte, que se vai a realizar no Concello de Barro.

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN: busca o formulario e inscríbete
https://www.depo.gal/-/o-noso-club

TAEKWONDO EN BARRO.
🥋1º grupo
DE 16 A 17H DE 4 A 10 ANOS
🥋 2º grupo
DE 17 A 18H DE 11 A 16 ANOS

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

CAN PERDIDO NO SAN ANTONIÑO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

Veciños do Briadoiro reclaman a restitución dunha fonte pública.

A Portela (Barro) – Os veciños e veciñas do lugar do Briadoiro, na
parroquia da Portela, veñen de dirixirse ao Concello para esixir a restitución do servizo de auga da Fonte dos Ceos e do coñecido “Picho”, logo de máis de dous anos de sufrir unha sabotaxe.

A Fonte dos Ceos e o Picho non só representan un servizo básico para a veciñanza, senón que forman parte do patrimonio histórico e etnográfico do
Briadoiro. O Picho, en concreto, está estreitamente ligado aos antigos muíños fariñeiros da zona, e constitúe un elemento emblemático cunha antigüidade estimada de máis de douscentos anos.
“Non é só unha cuestión de comodidade ou de uso diario. Estamos a falar dun ben común, dunha parte da nosa historia, que foi destruída sen
consideración ningunha”, explican os veciños.
A comunidade reclama que o Concello actúe con dilixencia para restablecer o servizo de auga canto antes, tomando as medidas legais oportunas.
A situación ten xerado un fondo malestar entre os habitantes do Briadoiro, que ven con impotencia como o abandono e a desprotección institucional
ameazan tanto o seu benestar como o seu legado cultural.
Veciños do Briadorio.

PRIMER ANIVERSARIO DEL SEÑOR D.MANUEL ROMERO MAGDALENA

As familias de 5º de Primaria do CEIP Amor Ruibal de Barro reclaman unha educación xusta e inclusiva

Barro, 04 de setembro de 2025 — As familias de 5º de Primaria do CEIP Amor Ruibal queremos manifestar a nosa profunda preocupación ante a decisión da Consellería de Educación de reducir o apoio docente na nosa aula, unha medida que consideramos inxusta e prexudicial para o desenvolvemento académico e emocional dos nosos fillos e fillas.

Desde o curso de 6º de Infantil, e tras anos de valoración por parte da Inspección Educativa, concedéuselle ao centro un docente adicional para desdobrar o grupo e atender axeitadamente as necesidades específicas do alumnado. Esta medida mantívose durante cinco cursos consecutivos, permitindo unha atención máis personalizada e adaptada á diversidade da aula.

Porén, este ano, debido aos recortes, só se asigna medio profesor: un docente a xornada partida que só poderá apoiar dous días á semana nas materias troncais. Esta decisión chega xusto cando o grupo está a piques de dar o salto á educación secundaria, nun momento clave para o seu desenvolvemento.

A aula de 5º de Primaria conta actualmente con 24 alumnos, entre os cales hai varios con informes médicos e do departamento de orientación que acreditan necesidades educativas especiais. Ademais, un dos nenos presenta unha discapacidade recoñecida superior ao 33 %, o que segundo a normativa equivale a dúas prazas no cómputo da ratio. Isto sitúa o grupo nunha ratio de 26, o que xustificaría, como nos últimos anos, o desdobramento da aula en dous grupos.

As familias non podemos aceptar esta regresión nos recursos educativos. Consideramos que se vulnera o dereito dos nosos fillos e fillas a recibir unha educación equitativa, inclusiva e de calidade. Por iso, iniciamos mobilizacións para esixir que a Consellería reconsidere a súa decisión e manteña o reforzo docente que demostrou ser esencial para o benestar e a aprendizaxe do alumnado.

Facemos un chamamento aos medios de comunicación, á comunidade educativa e á sociedade galega para que se fagan eco da nosa situación. Non pedimos privilexios, senón xustiza educativa.

Por unha escola que non deixe a ninguén atrás.

CONCURSO CURTAS D-MEDO 2025

🎬 Aberta a convocatoria para o Concurso Curtas D-MEDO 🎬

📝 O prazo para a presentación de obras está aberto ata o 24 de outubro.

📍 Consulta as bases e información de participación no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello e Barro: https://barro.sedelectronica.gal/info.0 , na OMIX de Barro ou na web barro.gal

D.E.P. Don JOSÉ VIVEL CALVO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

OFERTA DE EMPREGO