CURSO DE PODA DE ÁRBORES FROITEIRAS

Curso de iniciación á arbitraxe

CADELIÑA PERDIDA NA PORTELA

MISA EN HONOR DE SANTA LUCIA

D.E.P. DOÑA DOLORES OUTEDA SÁNCHEZ

D.E.P. DÑA. ROSARIO PÉREZ NOVAS

OFERTA DE EMPREGO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

O BARRO C.F CELEBRA A VII EDICIÓN DA RAXOFESTA CON DEGUSTACIÓNS EN DEZ LOCAIS DE HOSTELERÍA

O Barro C.F celebra do 8 ao 11 de decembro a VII edición da Raxofesta.

O evento gastronómico creado co fin de recadar fondos para o clube reeditará a fórmula dos últimos dous anos coa hostelería local.

“Creemos que a decisión que adoptamos durante a pandemia de trasladar as degustacións aos establecementos do municipio é unha boa forma de incentivar o consumo na hostelería local, por eso decidimos manter unha fórmula que funciona”, explica o presidente do Barro C.F José Sanmartín.

A séptima edición da Raxofesta celebrarase os días 8, 9, 10 e 11 de decembro coa participación de 10 locais de hostelería que ofrecerán diferentes elaboracións do raxo con prezos dende seis euros.

Raxo en tosta, en cazola, marinado, trufado, en richada ou agridoce son algunhas das variedades propostas.

“Como contraprestación o clube recibe un euro por cada ración consumida. Ademais, en cada local realizarase entre os clientes un sorteo de agasallos doados por Estrella Galicia, que este ano colabora na iniciativa xunto co Concello de Barro e a Deputación de Pontevedra”, indica Sanmartín.

Os locais participantes son: Brasa y Carballo, Furancho Eira D’Arriba, Restaurante Sanmartín, Bar Plaza, Café Bar A Lareira, A Taberna de Rey, O Muiño de Valerio, Taberna O Labrego, Outro Aire e Muiñada de Barosa.

CAN PERDIDO EN LOURIDO BARRO

CAN PERDIDO EN BARRO

D.E.P. DOÑA DIVINA OUTÓN BELOSO

RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS

D.E.P. DON REINALDO VIBEL BREA

TEATRO MUSICAL