Deron comezo en Barro distintas actividades deportivas: bádminton, baloncesto, taekwondo, balonmán e multideporte e aínda hai prazas libre para apuntarse
👧🏼👦🏻 As actividades están dirixidas a nen@s desde os 8 ata 16 anos e son totalmente gratuías
✍🏻 A solicitude de inscrición debe facerse nas oficinas municipais
📍 Todas as actividades realízanse no pavillón municipal de Santo Antoniño
ℹ️ No caso de excederse o número máximo de nen@s por grupo, estudarase a opción de facer distintos grupos noutros horarios.
É evidente que unha das principais causas de morte causadas polo home son os atropelos. A maioría só viu ourizos cando estan atropelados na cuneta… e é que nos cobramos miles de vidas cada ano.
Así que cando conduzas por estradas secundarias desde última hora da tarde ata a madrugada, non corras e presta moita atención á calzada.
Cando un ourizo sente un vehículo achegarse o seu instinto é facerse boliña para protexerse, pero de nada sérvelle.. o único que pode evitar o atropelo e freando ou desviándose, e só poderás facelo se conduces a unha velocidade adecuada, por suposto sen poñer en risco a túa seguridade nin a do resto de vehículos.