O BARRO C.F CELEBRA A VII EDICIÓN DA RAXOFESTA CON DEGUSTACIÓNS EN DEZ LOCAIS DE HOSTELERÍA

O Barro C.F celebra do 8 ao 11 de decembro a VII edición da Raxofesta.

O evento gastronómico creado co fin de recadar fondos para o clube reeditará a fórmula dos últimos dous anos coa hostelería local.

“Creemos que a decisión que adoptamos durante a pandemia de trasladar as degustacións aos establecementos do municipio é unha boa forma de incentivar o consumo na hostelería local, por eso decidimos manter unha fórmula que funciona”, explica o presidente do Barro C.F José Sanmartín.

A séptima edición da Raxofesta celebrarase os días 8, 9, 10 e 11 de decembro coa participación de 10 locais de hostelería que ofrecerán diferentes elaboracións do raxo con prezos dende seis euros.

Raxo en tosta, en cazola, marinado, trufado, en richada ou agridoce son algunhas das variedades propostas.

“Como contraprestación o clube recibe un euro por cada ración consumida. Ademais, en cada local realizarase entre os clientes un sorteo de agasallos doados por Estrella Galicia, que este ano colabora na iniciativa xunto co Concello de Barro e a Deputación de Pontevedra”, indica Sanmartín.

Os locais participantes son: Brasa y Carballo, Furancho Eira D’Arriba, Restaurante Sanmartín, Bar Plaza, Café Bar A Lareira, A Taberna de Rey, O Muiño de Valerio, Taberna O Labrego, Outro Aire e Muiñada de Barosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s