voz de barro, xornal de barro, novas de barro, noticias de barro

xornal de barro, voz de barro, noticias barro, concello de barro, ayuntamiento de barro,voz de barro, faro de barro,pontevedra, noticias,voz, xornal, barro, pp de barro, landin eirin, alcalde de barro, feira de barro

Nova liña de autobuses dende Barro ao Acuartelamento de Figueirido

A empresa de autobuses Mombus iniciou hoxe un servizo para trasladar os militares e funcionarios civís dende varios concellos de Galicia ´á Base da BRILAT.

No Concello de Barro haberá tres paradas para recoller aos numerosos militares que residen nel, as paradas serán en Curro, Porráns ás 07:10 e no Santo Antoniño, ás 07:13.

Os usuarios que desexen contratar este servizo por unha cota mensual, deberán porse en contacto coa empresa Mombus ou na OFAP da Base.

http://www.monbus.es/

Nota informativa PSOE BARRO

Nota informativa PSOE BARRO
Este venres dia 8 de xunio  as 22-00 h I cea de confraternidade do PSOE de Barro.  A cea será nun restaurante de Barro,( restaurante As Brasas)  e na que esta confirmada a asistencia do Secretario Xeral Provincial, MODESTO POSE, que o dia seguinte deixará de selo debido a que xa non se presentará a reelección. Tamé  está confirmada a asistencia  de   varios diputados nacionais e autonómicos, así  coma de membros da comarca de Pontevedra, do deza , Arousa e Ulla-Umia, a cal pertencemos nos.  para poder asistir a cea poñerse en contacto coa nosa secretaria de organización  ROCIO TOURIÑO.600503540

Este evento faise xusto un ano despois de acadar os mellores resultados do PSOE  en Barro, e onde queremos seguir traballando e colaborando para levar este concello o sitio onde se merece, pola sua boa xente e por a sua boa situación xeográfica. Barro merce algo mellor como deciamos no so lema. nos queremos contribuir dende a coerencia a sair adiante nestes momentos delicados, facendo propostas de futuro para este povo.
Saudos

Boletín de ofertas de emprego.Santiago nº 169

Os bombeiros excarceran a un ferido nun aparatoso accidente en Barro

REDACCIÓN – PONTEVEDRA A estrada PO-531 que une Pontevedra e Vilagarcía foi escenario onte dun aparatoso accidente á altura do municipio de Barro, nas inmediacións da gasolineira de Curro. O balance do sinistro é un home novo que resultou ferido e que tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Pontevedra.
O sinistro produciuse ás 16.36 horas, cando un particular alertou ao 112 da colisión entre estes dous vehículos. Segundo testemuñas presenciais, o condutor dun Seat Eivissa que circulaba en dirección a Vilagarcía, e no que viaxaba a persoa ferida como copiloto, parece que perdeu o control do turismo e saíuse do carril. Estes mesmas testemuñas indicaron que dous vehículos que circulaban en dirección a Pontevedra puideron esquivalo cunha manobra, pero non un terceiro que acabou encaixándose contra o frontolateralmente.
O lado do copiloto do Seat Eivissa foi o que levou ao peor parte, quedando atrapado o ocupante deste asento no interior do vehículo sinistrado. Os bombeiros de Pontevedra trasladáronse ata o lugar do accidente e retiraron do interior a este mozo a través da parte traseira do vehículo e tras retirar os asentos do automóbil.
Unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido a un hospital de Pontevedra que se atopaba consciente. Ao lugar dos feitos tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil de Tráfico que regularon o tráfico neste viario xa que os coches ocupaban un dos carrís da calzada, que neste punto ten un carril de aceleración. Tamén investigan as causas do sinistro.
Por outra banda, ás 18 horas tamén se produciu un accidente sen feridos nun viario de Estribela, segundo indicou o 112.

CURSO DE APLICADOR MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS

PRAZAS: GRUPO MÍNIMO DE 20 PERSOAS
Perfil: Persoas que manipulen e apliquen productos fitosanitarios. (dar a química nas viñas)
Requisitos: Ningún
AS PERSOAS INTERESADAS NESTE CURSO DEBERÁN INSCRIBIRSE NA OMIX, BIBLIOTECA DE BARRO.

Comezaremos o curso en canto completemos o grupo mínimo.

PREZO: (non superior a) 60€ a pagar directamente na conta da empresa que imparta o curso.
Mais información na Oficina Municipal de información Xuvenil de Barro

Barro volverá a ser el epicentro del folclore gallego

O paro baixou en maio, pero menos da metade que en maio de 2011

Afectados de Barro polas preferentes manifestanse na Coruña

Miles de afectados polas preferentes de toda Galicia se deron cita  na Coruña para esixir unha solución. Din que están aquí que demostrarlle a Feijoo que «non son uns poucos» e responsabilizan tanto ás entidades bancarias, como ao banco de España e ao Goberno de «este corralito».

Moitos deles, recoñecen estar a atravesar serias dificultades ecónomicas despois de«ter traballado toda unha vida». Unha das portavoces da plataforma de Ourense, Tania Pereira, reclamou que se lles devolva o diñeiro que se obtivo a través dunha fraude. Séntense vítimas dun timo do que non lles informou no seu momento.

Á protesta acudiron algúns representantes políticos como, Francisco Jorquera, Carlos Aymerich, Francisco Rivera, José Luis Méndez Romeu ou José Manuel Carril.

Máis de 40 municipios de Pontevedra actualizaron os seus catastros

Un total de 43 municipios de Pontevedra que teñen a xestión derivada ao Organismo de Recadación da Administración Local (ORAL), que depende da Deputación de Pontevedra, actualizaron nos últimos meses os seus catastros cun aumento rexistrado de 353 millóns de euros, segundo os datos ofrecidos hoxe polo presidente da Deputación, Rafael Louzán.

A revisión do catastro nestes municipios -entre os que non se encontran os de maior poboación, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía-, supuxo un aumento de 7.405 vivendas na cifra total de vivendas rexistradas, que queda fixada en 389.546.

O incremento dos valores catastrais repercutirá á alza na contía do Imposto de Bens Inmobles e no de taxas municipais.

Nese sentido, o aumento máis acusado é o do Concello de Barro, que sobe un 24% o valor catastral, malia que o aumento no número de inmobles é só dun 7,44% respecto á última revisión.

No extremo oposto está o Concello de Pontecesures, que rexistra 43 inmobles menos que antes e a consecuente redución do 0,43% no seu valor catastal total.

Accidente do cura de Curro

Período de información pública dá parceira de Curro-Portela

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012, dá Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se somete a información pública ouestudo de impacto ambiental dá zona de concentración parceira deCurro-Portela (Barro-Pontevedra).

O artigo 5.2. º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, deavaliación de impacto ambiental para Galicia, dispón que vosestudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio non Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:
Someter a información pública polo prazo de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ao dá publicación desta resolución ouestudo de impacto ambiental dá zona de concentración parceira deCurro-Portela (Barro-Pontevedra).

Para vos efectos informativos porase á disposición dous administrados que ou soliciten a documentación correspondente aoproxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así comonas dependencias dá Xefatura Territorial dá Consellería do Medio Rural e do Mar, e ás posibles alegacións presentaranse durante ouprazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Desenvolvemento Rural, en calquera dás oficinas previstas non artigo 38.4. º dá Leus 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico dás administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común, na súa novaredacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

Pablo y Tania 1º ADELFITOS EN CAER

Teléfono extraviado

Bos días novas de Barro,
Non sei si o obxectivo desta mensaxe dará resultado, o certo é que onte pola mañá perdín un tlf móvil da maneira máis absurda, e non é polo tlf senón polos datos que contén, axenda de clientes, fotos, etc…
Se o podedes difundir agradeceríavolo, é un iphone blanco con unha funda de silicona transparente, perdino no traxecto da Estación de Portela á gardería. Se alguén o atopase que por favor me avisen no 666421036.

Gracias

Programa da Festa do Viño 2012