FORMACION, BOLSAS, EMPREGO….

 

 

O BNG esixe a inmediata reposición da rotonda provisional de Curro

Os nacionalistas solicitan un Pleno Extraordinario

 Mentre non se executan as obras definitivas do chamado Nó Pequeno, a carón da igrexa de Currro, o BNG esixe a inmediata reposición da rotonda provisional esixente nese punto mentres se realizaban as obras do Macro Nó.

 Neste sentido, o BNG presentou una moción no Concello de Barro e a solicitude dun Pleno Extraordinario para que toda a corporación se sume a esta demanda.

Dende que foi suprimida a rotonda provisional, cada cruce dun vehículo nese punto (e non falemos xa dos peóns) convértese nunha manobra de máximo risco. A elevada velocidade dos vehículos de paso, así como o confuso da sinalización fai que ese punto sexa moito máis perigoso do que foi nunca.

A actuación do PP a respeito das obras da PO-531 en Curro demostran o total desprezo que teñen pola seguranza dos veciños e veciñas de Barro. Dende que chegaron ao goberno da Xunta adicáronse a darlle largas ao comezo das obras con presuntas modificacións dun proxecto que xa quedara consensuado no fundamental co anterior goberno.

A tomadura de pelo aos vecinos de Barro confirmouna o conselleiro Hernandez no mes de xuño pasado, ao informar que a reforma desta estrada quedaba en suspenso, e que o chamado Nó Pequeno, a carón da igrexa aínda non sabían como resolvelo.

O PP antepón a velocidade do tráfico á seguranza da xente

Compre lembrar que a solución definitiva a este cruce tan perigoso xa estaba aprobada e orzamentada pero, no seu afán de aforrar cartos en seguranza, o PP renuncia a ese investimento.

Os vecinos e veciñas de Curro estiveron moito tempo soportando as molestias das obras do Macro Nó, e agora son “premiados” coa decisión irresponsábel dos gobernantes do PP de suprimir a rotonda provisional que, polo menos, servía para calmar a velocidade do tráfico e daba una mínima seguranza á circulación do tráfico local.

O BNG esixe una solución definitiva a ese cruce tan perigoso, mantendo a separación do tránsito de paso e do tránsito local, e permitindo que a xente que se mova a pé nese contorno o poida facer con total seguridade.

VENTAXISMO POLÍTICO

FAUSTINO BATALLAN

O ventaxismo político e aproveitamento que algúns queren facer das obras no Nudo de Curro, é sen dúbida toda unha pantomima, cando efectivamente os veciños saben que a modificación da PO-531 e o Nudo e tamén o nudo pequeno, son logros dos veciños de Curro que no seu nome e como Presidente da Plataforma, Manuel Corredoira e o Concello de Barro, na persoa do alcalde Landín, acadaron e que a oposició

n veciñal botase abaixo as pretensión da antigua conselleira do goberno bipartito do PSOE+BNG, María José Caride, membro do PSOE. Mañán ás 13 horas, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, visitará a zona de obras, donde estará acompañado de Manuel Corredoira e José Antonio Landín entre outros, e clarificarán unha realidade que sempre existiu, que é o proxecto do nudo pequeno, e que se executará segundo o previsto, xa anteriormente, e non debido a ningunha maniobra, presións ou manifestación como pretende algún de maneira recente. As obras xa estaban previstas, e iso sábeo ben a plataforma dos veciños. Mañán quedará claro. Saúdos.

CONVOCATORIA ABERTA PARA DEFENDER A SEGURIDADE VIAL EN CURRO

José sanmartín soto

Bos dias enviamos convocatoria aberta a todos os veciños de  Barro e alrededores, para defender a nosa seguridade, e mellor a seguridade vial.

asistirán  parlamentarios Pablo López Vidal , Carmen Cajide e deputado no congreso Guillermo Meijón.

Acto onde primará o respecto os vehículos e no se cortará tráfico nin se crearán problemas. A única intención é facer forza para que repoñan a ROTONDA

Solución XA

Boletín de ofertas de emprego

Concentración pola Ley de montes de Galicia

GRAVA GRATIS A MATRICÚLA NOS CRISTAIS DO TEU COCHE

O 30 DE AGOSTO NA OFICINA DE  MAPFRE EN BARRO.

MAIS INFORMACIÓN NO     986 71 11 82

Os comuneiros denuncian que os donos de gando incumpren a lei de pastoreo

As Mancomunidades de Montes de Pontevedra denuncia que un mes despois da publicación do decreto da Xunta sobre o gando equino, os propietarios de cabalos soltos seguen incumprindo a lei, tanto no que se refire ao pastoreo como no uso de “pexas” ou trancas. O colectivo de comuneiros lembra que as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos equinos entrou en vigor o pasado 7 de xullo e segundo o mesmo, os propietarios deste tipo de explotación de gando equino deben inscribirse nun rexistro oficial e presentar autorización expresa de pastoreo cando se realice en terreos forestais.
Segundo aseguran os comuneiros isto non se cumpre na maior parte dos casos. A entrada en vigor deste decreto tamén aconsella ás comunidades de montes a revisar cal é a súa situación no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo, xa que será determinante para regular a presenza de gando nos terreos.
A Mancomunidade de Montes de Pontevedra insta as administracións a velar polo cumprimento deste decreto, para “pór fin á situación de abuso que se está producindo por parte dos donos de animais respecto ao monte veciñal e tamén dos bens e colleitas de particulares”.
Ordenación do monte
Esta agrupación de comunidades de montes denuncia ademais que constatou a situación ilegal da maioría do gando solto nos montes, así como a presenza de cabalos con trancas, “unha mostra máis de que unha boa parte dos donos deste gando está á marxe da lei”.
Por outra banda, esta Mancomunidade está a traballar na revisión do proxecto de ordenación dos montes veciñais en Pontevedra, co apoio do Concello. Expresan ademais a súa disposición a negociar os aproveitamentos do monte en beneficio de ambas as partes, “pero todo parece indicar que a maioría deles prefire manter o seu gando en situación irregular”, critican.
Antes da entrada en vigor do decreto, as comunidades de montes de Pontevedra expresaran o seu malestar pola actitude da Consellería de Medio Rural de dar “a calada por resposta” ás súas queixas sobre a proliferación de gando que pasta libremente por esas zonas, esnaquizando as repoboacións de especies forestais. Os comuneiros tamén denuncian o “deixamento” dos propietarios destes animais que carecen de rexistro. Neste sentido presentaron varios informes ante a Dirección Xeral de Montes e a Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais para evidenciar a presenza de cabalos e vacas que chegaron a comer e romper o 80% das árbores plantadas.
Rexistro obrigatorio de explotacións equinas
Os comuneiros lembran que a inscrición dunha explotación equina no rexistro da Xunta é agora obrigatoria, co que o solicitante debe presentar autorización expresa de pastoreo cando se trate de terreos forestais e que debe declarar, e por tanto recoñecer, cal é a entidade propietaria os pastos.
Para os comuneiros, a negativa dos propietarios de cabalos salvaxes da comarca a colocar un identificador electrónico ás reses é unha “escusa” para manter o seu gando en terras que non lles pertence sen ningunha lei que lles obrigue a facerse responsables dos danos que os animais poidan producir.
As comunidades de montes avogan porque a actividade realícese de forma ordenada e cos animais saneados, identificados e autorizados polas comunidades. Lembran neste sentido que os montes veciñais non están en mans “nin de intereses económico, nin de intereses especulativos, nin dos intereses da agrupación de gandeiros, senón dos veciños comuneiros, a quen corresponde a súa xestión”.

A botar contas no Parlamento Galego

Veciños de Curro estudan protestas para reclamar o nó pequeno

A apertura total ao tráfico do macroenlace de Curro, o pasado sábado, caldeou os ánimos na localidade. Veciños da zona manifestaron onte estar a estudar posibles mobilizacións para forzar unha solución aos problemas de tráfico que apareceron na intersección no lugar da PO-531 Vilagarcía-Pontevedra nada máis retirar este fin de semana a rotonda provisional de obras e converter o cruzamento nunha saída con stops e illote de incorporación. Na mesma xornada de apertura do tramo se rexistraron varios accidentes, de escasos danos, e os problemas persisten, denuncian os residentes.
Tanto estes como os grupos da oposición recordan que o compromiso da administración era dotar a este cruzamento do chamado “nó pequeno” de Curro, unha glorieta, cun paso subterráneo, cuxa última previsión coñecida era a de comezar a súa execución ao termo do macronó.

Non obstante, fontes consultadas onte na Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas evitaban pronunciarse sobre a previsión con respecto a este proxecto pendente. Iso si, confirmaban que o nó maior está practicamente concluído, a falta de “facer tarefas de acondicionamento de vertedoiros.

En canto ao compromiso anunciado nunha visita urxente á zona, o sábado, do delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, que prometeu reforzo de sinais no cruzamento, as mesmas fontes en Medio indicaron onte que ” ou nó pequeno de Curro xa conta coa sinalizacion provisional”.

Os veciños, non obstante, esixen que ata a construción do enlace pequeno se recupere a rotonda provisional de obras que había ata este fin de semana, en lugar do cruzamento con stops.

Boletín de ofertas de emprego

 

 

ESTE XOVES FESTA ALEMANA EN CURRO

Este xoves 16 de agosto e debido ós antecedentes alemáns de toda a familia que rexenta O Burato Do Grilo Curro, celebraremos una FESTA ALEMANA, onde non faltarán as Salchichas de diferentes clases e por suposto a CERVEXA!!!!! Haberá 20 LITROS DE CERVEXA GRATIS!!!!! O precio das salchicas será de 1€ nada máis acompañada de pan e mostaza ou ketchup….. Por suposto todo estará animada con boa música de festa alemana!!!
Xa sabedes, se non tedes plan…. O burato está aberto!!!!

Recollida de firmas para frear o traslado do Rexistro da Propiedade

Bng Caldas.O BNG de Caldas de Reis está en contra do traslado das oficina liquidadora do Rexistro da Propiedade de Caldas a Pontevedra. Por este motivo estamos realizando unha recollida de sinaturas para tentar frear o traslado dun servizo que non só da servizo aos veciños de Caldas, senon tamén aos de Cuntis, Moraña, Campo Lameiro, Barro, Portas, Catoira, Valga e Pontecesures. Hoxe estivemos nas Palmeiras, e mañá estaremos na Rúa Real. En Bloque Podemos! parar o traslado de servizos do noso concello.

Malestar veciñal en Curro ao suprimirse unha rotonda

Estrea con polémica. A posta en servizo da totalidade de ramais do nó de Curro , en Barro, por parte da Xunta provocou onte a indignación veciñal. A supresión da rotonda provisional que había preto da igrexa motivou as queixas da parroquia, que se centran no perigo que entraña para os condutores o deseño do cruzamento. O portavoz da plataforma da PO-531, Manuel Corredoira, solicitou pola mañá ao delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, unha alternativa inmediata: «Ten que solucionar o problema hoxe [por onte]. Estamos asustados porque isto é gravísimo. Xa houbo algún accidente e ogallá non haxa que lamentar unha morte». O portavoz dos veciños admitiu que os ánimos están quentes. «Eu estou a favor do diálogo, pero a xente xa quería tocar a rebato na parroquia e incluso cortar a estrada», dixo. Tourís desprazouse á zona pola tarde para escoitar as queixas e ordenou instalar unha sinalización provisional.

Pola súa banda, o BNG esixiu que se respecte o proxecto orixinal do nó pactado con partidos e veciños, mentres que o PSOE anunciou, a través da deputada Carmen Cajide e o edil José Sanmartín, a presentación dunha iniciativa parlamentaria.

O macronudo confunde aos condutores na súa apertura por falta de sinalización

Tras varios anos de obras interminables, o macronudo de Curro, situado dacabalo entre os municipios de Barro e Meis, abriuse onte ao tráfico, provocando máis confusión que cando estaba en obras pola deficiente sinalización que existe nalgúns puntos.
O lugar onde se xeraron a maior parte dos problemas foi á altura da igrexa parroquial de Curro, onde se rexistraron varios accidentes, de carácter leve, desde que se abriu o novo viario á circulación. Non en balde, os vehículos procedentes de Vilagarcía, por onde se circulaba mentres se construía o macronudo, deben facer un stop e cruzar dous carrís e un illote na que conflúen varias saídas.
A sinalización nalgúns puntos non só é limitada, senón que pode chegar a inducir a erro aos condutores, algo que xa pasaba con anterioridade, cando era demasiado frecuente atoparse na gran rotonda construída sobre o acceso á autoestrada a máis dun vehículo no sentido contrario da marcha.
A iso hai que engadir que un importante número de vehículos procedentes de Pontevedra realizaban o mesmo trazado polo que se estivo circulando nos últimos anos ao descoñecer que se abría o macronudo.
Así as cousas, un grupo de veciños de Curro mobilizáronse na mañá de onte en protesta pola eliminación da rotonda provisional situada nas proximidades da igrexa. A esta protesta uníronse o BNG e o PSOE ao entender que coa eliminación deste illote provócase ” un gran perigo para a seguridade viaria. Os veciños aseguran que se produciron desde a noite do pasado venres varios accidentes neste lugar que une a desviación para o macronudo e a PO-531. O portavoz veciñal manifestou onte que se puxo en contacto co alcalde de Barro e coa Consellería de Medio Ambiente para que se solucione este problema.

Tourís visita a zona e ordena manter os sinais de obra
Por mor das protestas veciñais, e tras os accidentes que se produciron nas últimas horas, o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luís Díez, trasladáronse onte a Curro e reuníronse co presidente da asociación de veciños, Manuel Corredoira, e co da comunidade de montes.
Estes comunicaron a Tourís que, tal e como quedou a obra, a condución por esa zona é moi perigosa, e o delegado da Xunta de Galicia ofreceu unha solución provisional, que é instalar na contorna sinalización de obra para que os vehículos reduzan a velocidade.
A Xunta explica que se trata dunha medida provisional “para evitar que se repita a situación que se deu hoxe (por onte)”. Os veciños reclaman historicamente unha rotonda nese punto para garantir a seguridade na circulación, e máis agora que se espera máis tráfico.

http://galego.farodevigo.es/portada-arousa/2012/08/12/macronudo-confunde-conductores-apertura-falta-senalizacion/673614.html