GOLD & COLD en directo este xoves 6 de setembro a partir das 21:30 h. Entrada gratuíta.
Versións de clásicos do blues nun paraxe incomparable.

asociado a xente maior de 40 ou 50 anos. Con todo, ao longo dos últimos anos a tendencia ha ir cambiando entre os menores de 30, que ven nesta modalidade libre de todo prexuízo unha forma de coñecer xente interesante. En total, hai seis clubs aos que acoden os galegos (un no norte de Portugal), que tamén notaron o incremento. Internet, un maior acceso á información ou a publicidade son algunhas das claves que explican este fenómeno que rexuvenece a comunidade neste sentido.As listas do paro adelgazaron en dez do catorce concellos que integran a comarca: Pontevedra (124 desempregados menos), Poio (53 menos), Vilaboa (20), Ponte Caldelas (25), A Lama (17 menos) Campo Lameiro (4), Barro (5), Sanxenxo (7 menos), Portas (9) e Cuntis (14). En tanto que en tres municipios a listaxe aumentou: en Caldas (8 demandantes de emprego máis), Moraña (15 máis ) e Cotobade (con dous máis) e nun caso, no de Marín, non se rexistrou ningunha variación: había rexistrados 2.407 desempregados a 31 de xullo e hai rexistrado igual número un mes despois.
Unha análise detallada da contratación deixa en evidencia que a contratación estival beneficiou ás mulleres sobre os homes –nunha relación de seis a catro– e ás traballadoras cunha certa experiencia laboral sobre as que optaban a incorporarse por primeira vez ao mercado laboral. Quedaron á marxe as candidatas e candidatos de máis de 45 anos quen, como vén ocorrendo desde o estalido da crise, tamén no verán teñen pechadas practicamente baixo sete chaves as portas de acceso ao emprego.
Polo que se refire a Pontevedra e a súa comarca, a construción mantén un importante número de demandantes de emprego e os servizos públicos consolídanse como unha canteira de parados.
Mais información preme no enlace:
O presuposto do Concello de Barro para o ano 2012 prevé uns gastos de 1.771.360,00 €, que dividido entre 3668 habitantes ( censo 2011 ), dá un gasto de 482,92 € por persoa.
O presuposto diminuíu en -341.185,72 € ( -16,15% ) con respecto ao ano 2011.
Os gastos de persoal diminuíron en -202.200,00 € ( -29,53% ) con respecto ao ano 2011.
De media nos concellos de España ( 2011 ) dedícase un 35,28% a gastos de persoal, no concello de Barro dedícase un 27,24% do presuposto 8,04 puntos porcentuais menos que a media nacional.
Os gastos en Investimentos Reais diminuíron en -323.945,72 € ( -80,86% ) con respecto ao ano 2011.
De media nos concellos de España ( 2011 ) dedícase un 12,60% a gastos en investimentos reais, no concello de Barro dedícase un 4,33% do presuposto 8,27 puntos porcentuais menos que a media nacional.
A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra detivo a M.C.G., e a A.D.C., ambos os dous de 22 anos de idade e veciños de Meis, como presuntos autores de tres delitos de furto de botellas hidráulicas de máquinas estendedoras.
No marco dos labores de investigación que realiza a Garda Civil, detectouse o furto de varias pezas en maquinaria de obra pública en distintas localidades da provincia, polo que a Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Comandancia de Pontevedra iniciou unha investigación para a localización das pezas subtraídas e detención dos autores.
As pescudas deron como resultado a detención das dúas persoas e a recuperación de doce botellas hidráulicas, nove delas en poder dun dos detidos, unha vendida e recuperada en Ferrol e dúas vendidas e recuperadas en Granada.
Os feitos que deron lugar á investigación aconteceron en Sanxenxo 1 de abril e en Barro o 26 de xullo cando, supostamente, os detidos subtraeron 14 botellas hidráulicas a tres máquinas estendedoras VO Guelle, valorados nuns 20.000 euros.
Os autores das subtraccións ofertaban e vendían as pezas furtadas a través dunha páxina de Internet onde anunciaban a dispoñibilidade destas. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda e Instrución de Cambados.
O pasado xoves fai unha semana anunciase en todos os medios o comenzo das
obras da rotonda do nó pequeno de Curro, no concello de Barro, alí estiveron presentes cargos políticos, técnicos, membros da plataforma da PO 531, comunidade de montes e eu como Portavoz municipal do PSOE. Ese dia anunciabase comenzo das obras, xa que alí viñeron uns topógrafos a facer unhas raias na estrada, pero mais ben parecia un quedar ben e pechar bocas diante dos medios, porque alí non se ve nadie traballando. Nos confiamos en que o proxecto se faga, pero tamén pensamos que se non chega a ser pola presión dos veciños, e da insistencia do presidente da plataforma, con chamadas continuas os politicos de turno, esto non se levaria a cabo e teríamos cruce como está para rato. Aínda así confiando que o proxecto se faga, estaremos vixiantes todos os dias e esiximos a Xunta menos demagoxia e que empecen as obras canto antes. Non dubidaremos en convcocar os veciños en novas concentracións se esta obra non empeza canto antes. Cada dia que pasa faise mais difícil sair nese cruce e a paciencia ten un límite.
Don Manuel Guimil Barreiro e outros con NIF 76841672Y, con enderezo no lugar de Maquieira nº 3 de Barro (Pontevedra) de conformidade co artigo 78/126 do Regulamento de dominio público hidráulico, solicita autorización para nivelación de parcelas con movementos de terras, en zona de policía do
dph, no lugar deValbón, no Concello de Barro (Pontevedra).
As obras solicitadas consisten na nivelación de parcelas con movementos de terras, volume desmonte 28.325 m3, e volume de terraplén con material adecuado (libre de entullos) de 5.730 m3, nunha superficie de 12.121 m2
, cunha altura máxima de recheo de 2,00 m e taludes 2:1 (H:V), nas parcelas 2.617, 2.618,2.620 e 2.621 do polígono 516, a unha distancia mínima de 5 m do dph, no lugar deValbón, Concello de Barro (Pontevedra).2618.
O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo deVINTE (20) dÍAS, contados a partir do seguinte día á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Barro e nas oficinas do Organismo Autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, sitas na rúa San Salvador, nº 2-4º andar – oficinas (Pza. Fernando Católico), enVigo, onde se atopa exposto o expediente para que poida ser examinado por quen o desexe.
Vigo, 23 de xullo de 2012.—O xefe de área de autorizacións e concesións, Alberto Bosquet Herreros.
NOVAS RELACIONADAS:
Unha nova estrada aliviara o trafico no centro de Barro
Denunciara ao Concellod de Barro ante a sospeita de que crea un vial ilegal
A voceira de Montes do PPdeG Emma Álvarez Chao participou en Barro nunha
xornada onde anunciou que o Grupo Popular solicitou no Parlamento a regulación do aceso motorizado ao monte cando así o plantexe a propiedade a través dunha orde que desenvolvería a Lei 7/2012 de Montes de Galicia e que se publicaría antes de rematar o ano 2012. Álvarez Chao recalcou, en todo caso, que circular polo monte fora das vías e pistas está prohibido e o que se pretende é que poidan existir zonas, adecuadamente contempladas nos instrumentos de ordenación e xestión, nos que o uso deportivo este contemplado como un aproveitamento do mesmo, cando o plantexe a propiedade.
Na charla organizada pola Federación Galega de Vehículos Todoterreo Emma Álvarez incidiu en que a lei galega recoñece o tránsito motorizado como un servizo máis do monte e impulsa esta actividade cara a valorización integral do mesmo. Na iniciativa popular explicou que se solicita outorgar a autorización de actos ou actividades no monte concedidos pola Administración e regulados na orde a cambio dunha prestación medioambiental que redunde no beneficio do medio natural, da paisaxe e no mantemento e protección das vías polas que se transite.
Dentro dos contidos da nova orde tamén se disporá, segundo Emma Álvarez Chao, regular as actividades relacionadas co tránsito no monte de vehículos todoterreo e das motos a través dun permiso de vixencia anual expedido polas asociación, clubs ou motoclubs que teñan previamente autorizada a actividade no monte pola Administración.
Así mesmo a deputada popular explicou que o PPdeG solicita considerar as asociacións, clubs e motoclubs, previa solicitude, como “voluntariado do monte” aos efectos de detección de incendios e, en caso de solicitalo a dirección de extinción, para a información do estado viario dos montes.
Na charla a voceira de Montes popular indicou na Lei de Montes aprobada recentemente se ordenan as actividades de tránsito polo monte asegurándose que estea contido no instrumento de xestión forestal como un servizo máis do monte e no caso de non estalo que fora autorizado pola administración forestal co requirimento de autorización expresa do titular.
A Xunta iniciou onte as obras da nova rotonda de Curro na intersercción da
estrada PO-531 e a estrada situada fronte á igrexa parroquial. A rotonda, que contará cunhas dimensións de 6,7 metros de radio interior e 14,7 metros de racio exterior, permitirá mellorar a seguridade viaria neste punto e complementa a actuación viaria desenvolvida a uns metros de distancia denominada «nó de Curro ».
Onte fíxose o levantamento topográfico no lugar e ata alí acudiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Tamén estiveron presentes o alcalde de Barro, o portavoz da plataforma de afectados e o presidente da comunidade de montes así como os representantes da empresa Covsa, adxudicataria da obra.
Urxía buscar unha solución viaria neste lugar, onde ata a data había unha rotonda provisional, e con esta obra dáse unha «solución aos problemas xerados polo gran número de vehículos que circulan por este punto e que preocupaban fortemente aos veciños dá zona», segundo explicou o delegado da Xunta en Pontevedra.
Neste sentido, José Manuel Cores Tourís lamentou que o PSOE «estea agora buscando rédito político a través dá preocupación dá xente, en lugar de colaborar e traballar para buscar unha solución».
Alcalde e veciños desprazados ao lugar agradeceron á Administración autonómica que ao fin acometa esta actuación «xa que estabamos moi preocupados polos accidentes que se puideran xerar nesta intersección», segundo explicou Manuel Corredoira en nome dos veciños.
A Xunta informou onte que iniciará as obras para remodelar a
intersección da estrada PO-531 co macronó de Curro no municipio de Barro. A Consellería de Medio que teñen previsto volver instalar unha pequena rotonda e que concluirán aproximadamente en tres semanas, segundo a Administración autonómica. O delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís expoñerá esta mañá o proxecto aos veciños que manifestaran a súa protesta pola retirada da rotonda provisional.
Segundo a Xunta, unha vez finalizado o macronó de Curro, realizouse un estudo para mellorar a intersección da devandita estrada que levou consigo a realizar un novo deseño que garantise a seguridade vial dos vehículos que acceden dende os polígonos de Barro e Meis pola antiga á actual PO-531 en Curro, xunto á igrexa parroquial.
As obras consistirán na execución dunha rotonda na estrada PO-531, no punto quilométrico 10 +200, que contará cunhas dimensións de 6,75 metros de raio interior e 14,75 de raio exterior. Para unha correcta execución destes traballos, estenderase unha capa de mestura bituminosa en quente, constituiranse illotes físicos de separación e unha sinalización tanto horizontal coma vertical.
“Pola nosa seguridade vial”
A pesar deste anuncio, os concelleiros do PSOE José Sanmartín Soto e Margarita Canay manteñen a concentración que convocaran para hoxe no cruzamento da Igrexa de Curro, a partir das 21.00 horas para “defender e mellorar a nosa seguridade”, segundo informou onte o propio Sanmartín.
“Xa o prometeron outras veces e ao final non o cumpriron. Ata que non vexamos que se están a facer as cousas ben non imos cesar as nosas reivindicacións”, recoñeceu.
Este acto ten como única intención “facer forza” para que a rotonda sexa instalada finalmente. En ningún caso “se cortará o tráfico nin se creará problemas aos vehículos”, informaban os convocantes.
Tamén o BNG de Barro se suma á petición e “esixe a inmediata reposición da rotonda provisional”, xa que “dende que foi suprimida, cada cruzamento dun vehículo, sen falar xa dos peóns, se converte nunha manobra de risco máximo. A elevada velocidade de paso, así como a confusa sinalización, fan que esta intersección sexa moi perigosa”. O BNG esixe unha solución definitiva a este cruzamento “tan perigoso”.