Can abandoado

Viuse pola estrada que vai de Pontevedra a Vilagarcía, máis ou menos á altura da gasolineira, zona de Curro, a un cachorriño branco e negro de caza desnutrido e moi asustada correndo pola beiravía da estrada, por favor, se alguén o ve que intente collelo teriamos casa de acollida para él…está moi asustado e fraco. Gracias, difunde!!!!

REFUXIO ANIMAIS CAMBADOS
info@refugiocambados.es
649 919 849
986 52 46 70

Información do pleno de hoxe por Jose Sanmartin

Jose Sanmartin. Información do pleno de hoxe. Apróbase un orzamento sen inversións. No 2013 farase seica o que rapiñe o alcalde por a xunta e deputación. Despois aprobáronse as taxas de auga e saneamento, tanto enganche coma consumo.

Fretir a impostos os veciños decia él con un bipartito en Barro. Pero o final, lixo, vehículos,IBI, e claro Lixo e auga. Nos pensamos que os impostos teñen que ir en igualdade cos servicios e coa categoria de concellos. Por certo algún tamén se lle para o reloxio algunha vez e tampouco sacamos unha nota de prensa.

http://noticiasbarro.com/2012/10/01/contestacion-aos-comentarios-de-faustino-batallan-por-parte-de-xesus-rodriguez/

Ana Angueira (veciña de Barro)na Festa solidaria Dos palleiros

Sempre que podo asisto a todo canto sarao social me permite o meu traballo, sobre todo se ten un fin benéfico. E será o que faga o próximo venres (Deus mediante): apuntarme á festa que organiza a protectora Os Palleiros para recadar fondos. O ‘menú’ é do máis atractivo: concertos de Ana Angueira e Xana, e música e baile coa asociaciónBlack Box. Ademais, haberá sorteos de regalos e máis sorpresas que non quixeron desvelar para manter a intriga.
O prezo das entradas é de cinco euros sen consumición e oito euros con consumición. Todo o que se recade servirá para seguir axudando os preto de 200 animais dos que se ocupa actualmente Os Palleiros. Moito ánimo e parabén polo voso traballo.

A campaña de vacunación contra a gripe e o pneumococo arrinca hoxe

A campaña de vacunación fronte á gripe e o pneucomoco iníciase hoxe e finalizará o 14 de decembro. Con todo, nos hospitais do Sergas a iniciativa ampliarase ata o 31 de decembro.

Na provincia de Pontevedra cóntanse ao redor de 250 puntos de vacunación que chegará a miles de persoas. O pasado ano, no municipio capitalino administráronse un total de 12.186 dose antigripales e 577 da vacuna antipneumocócica.

Esta campaña está destinada ás persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes aos grupos de risco. Inclúense nestes grupos a persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias, persoas institucionalizadas con procesos crónicos, persoas con enfermidades metabólicas crónicas ou inmunodeficiencias, aos nenos ou adolescentes desde 6 meses a 18 anos con tratamentos prolongados de aspirina, ás persoas con obesidad mórbida e ás mulleres embarazadas durante a tempada de gripe.

Tamén están na poboación diana os grupos con posibilidade de transmitir a gripe a outras persoas de alto risco, como os traballadores en centros sanitarios e sociais, ou policías e bombeiros.

 CENTRO DE SAUDE DE BARRO

San Antoniño, s/n – PERDECANAI

 Principal » 986 711 700

Cita previa » 902 077 333

boletín semanal de emprego. Ponteemprego nº 111

HOXE 24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

HOXE 24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo na ponte de Todos Los Santos.

A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo de inverno (afeccionado) coincidindo coa ponte de Todos Los Santos.

A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo de inverno (afeccionado) coincidindo a festividade e ponte de Todos Los Santos. Como é habitual o devandito torneo celebrarase na pista de tenis municipal sita na Rúa Baladas s/n de Barro.

O desenvolvemento do torneo farase en formato individual e afeccionado, se ben, no caso de que se cubran un mínimo de 10 parellas, tamén se celebrará o devandito torneo en formato dobres.

Os partidos serán a 4 xogos e en caso de empate a 3, con haberá estafe break. A data do torneo será do 1 ao 4 de Novembro, en horario por determinar segundo inscricións.

O prezo por inscrición é de 3 euros persoa, e de 6 euros parella.

A data límite de inscrición é o 29 de outubro e os interesados poderanse inscribir no Restaurante Porteliña en Barro (San Mauro6B, Portela).

Para máis información sobre o evento habilitáronse os seguintes teléfonos de información: 676774851 ó 669432132.

O xuíz-árbitro ou a directiva de ACD Tenis ás Baladas resérvase o dereito de modificar as normas, para o bo funcionamento do devandito torneo.

Os emparellamentos faranse o día 29, mediante sorteo a celebrar no Restaurante Porteliña.
Asdo. Joaquín Souto
Presidente
ACD Tenis “Ás Baladas” de Barro.    tenisasbaladas@gmail.com

Boletín de ofertas de emprego. Santiago 189

 

 

ASÍ COMO CHO DIGO MACHIÑO!!

O grupo de danzas “Amor Ruibal” actuará na Romaría de San Simón

MAGOSTO EN BAROSA

O día 10 de novembro pola tarde haberá un magosto no que nos

acompañarán:

Os amigos do Grupo

Amor Ruibal de Barro

e os

Coribantes de Buchabade

Lume e castañas!!!

A FORMULA D´HONDT

O teu voto elixe pero a sabendas de que é cada cousa: A fórmulad’Hondt presente na lei electoral en España incentiva o bipartidismo, é dicir, aínda que se presenten 70 partidos políticos só 2 obteñen a maioría de escanos se se dispersa o voto…., aínda que xuntos todos eses votos sumen unha enorme cantidade de persoas que quedan sen representación parlamentaria.

Definición de Voto en branco, Voto Nulo e abstención

VOTO EN BRANCO: Esixe ir a votar ou solicitar o voto por correo, non elixir ningún dos partidos que se presentan ás eleccións. Aínda que moitas persoas elixen o Voto en Branco como voto de protesta, neste caso, o teu voto conta a todos os efectos na repartición de escanos debido á lei D’Hont que rexe en España, xa que os escanos se distribúen entre os partidos en función do total de votos emitidos. Prexudica aos partidos minoritarios.

VOTO NULO: Os votos nulos tamén se contabilizan, pero emítense e anúlanse por chegar á mesa defectuoso, con tachons, roto, máis dun partido sinalado, con debuxos ou comentarios de calquera tipo… en resumo, en mal estado. O voto nulo non favorece a ningún grupo; mentres que voto en branco condena aos minoritarios, o voto nulo diferénciase por non se suma a ningún partido nin ao total de votos emitidos, polo cal non favorecen nin prexudican a un partido en concreto. Se se desexa protestar contra os políticos só conseguiríase co voto nulo, porque pola contra prexudica a partidos minoritarios.

A ABSTENCIÓN: Consiste en non ir a votar. Interprétase como un acto de castigo ou contrario á democracia. Non cres na democracia como sistema. A abstención non afecta, a efectos contables, no resultado electoral. Os medios de comunicación, non obstante, adóitana interpretar como un indicador do descontento social que indica e a pasividade ante uns comicios que non logran mobilizar os cidadáns. Dependendo en cada país a abstención beneficia ou prexudica a uns ou outros partido, En España segundo diversos estudos a abstención beneficia ao partido maioritario da dereita, oPP, cuxo electorado é máis fiel á hora de ir ás urnas.

Aclaradas a definicións e diferenzas entre votar en branco, nulo e abstención se se quere evitar que saian os partidos políticos maioritarios as recomendacións poderían ser:

– Votar a partidos minoritarios que teñan algunha posibilidade.
– Nunca, xamais votar en branco. Prexudica gravemente aos partidos políticos minoritarios, antes votar nulo, aínda que non sirva de nada.
– Non se abster, xa que é un voto de castigo á democracia

Definicións e conceptos útiles:

Que é a lei d’Hondt?

Lei d’Hont, lei d’Ohm, lei dont, é a de Victor d’Hondt un autor inventor da fórmula electoral. É un sistema matemático para repartir cargos de acordo aos resultados dunha elección (…) Leste é o sistema, de entre os mais usados, que brinda a posibilidade de (en teoría, non na realidade) maior representatividade ás minorías.

Convén recordar que:

– Os votos en branco inflúen nos resultados dando máis escanos aos partidos maioritarios e eliminando os minoritarios.

– Os votos nulos non inflúen nos resultados, para efectos prácticos, non serven para nada, aínda que non prexudican aos partidos minoritarios. Se o fas. asegúrate de que o voto será nulo. Escribindo, riscando rompendo…

– Os votos dun partido político que ao final non ten escanos, vanse aos partidos maioritarios? Depende
– Se hai poucos partidos minoritarios con moitos votos, prexudica aos partidos maioritarios e teñen menos escanos.
– Se hai moitos partidos minoritarios con moitos votos, quedan todos sen escanos, que van aos partidos maioritarios.

Polo tanto a recomendación sería que é mellor votar a un partido minoritario que teña posibilidades de ter como mínimo 1 escano, que votar a partidos moi raros que non van obter con toda seguridade escano algún.

Exemplo da inxustiza da lei electoral española:

– Esquerda Unida: 969.871 votos = só 2 deputados
– Converxencia i Unió: 779.425 votos =10 deputados
– Partido Nacionalista Vasco: 306.128 votos =6 deputados

Porcentaxe de votos “reais” na Galiza (Incluíndo as abstencións e sen aplicar ningunha lei electoral).

Pleno extraordinario

Pleno extraordinario o dia 24 de outubro as 20.30 salon de plenos.

Orde do dia.

1-Aprobación acta anterior.
2-Orzamento 2013
3-Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga.
4-Ordenanza fiscal reguladora da taxa de rede de sumidoiros.
5- Expediente 4/2012 de Transferencia de crédito.

INFORMAMOS TAMÉN QUE XA VAI HABER INFORMACIÓN NA PLATAFORMA DO CONCELLO  OU INDO POR A CASA CONSISTORIAL, QUE O ALBERGUE DE PEREGRINOS QUE SAE A CONCURSO PÚBLICO. NO ÚLTIMO PLENO FOI ACORDADO POR UNANIMIDADE E PARA CALQUERA INFORMACIÓN TEDESNOS A VOSA ENTEIRA DISPOSICIÓN.

Recordamos tamén, que todos os plenos son abertos ó público.PARTICIPA xa que este pleno é interesante, tratáransen temas importantes.
Jose Sanmartin.

CONCURSO DE CALACÚS. A CREGA

CASE TODOS PERDEMOS