Os comuneros do Castrove aceptan o parque eólico, pero piden máis diñeiro

A directiva da agrupación de comunidades de montes do Castrove está de acordo co proxecto de parque eólico, aínda que confía en que a empresa promotora opte por unha fórmula de pago dos terreos máis beneficiosa para os propietarios do monte. A directiva reuniuse en Curro, e suscita que no canto de recorrer á vía da expropiación, que é a que inicialmente está aprobada, escóllase unha fórmula que deixe unha maior rentabilidad económica nas poboacións da contorna. Neste sentido, abogan por dúas posibilidades: que as comunidades de montes poidan entrar como socios no proxecto, ou que se fixe un canon anual para as comunidades afectadas.

“A nosa Mancomunidade defende as enerxías alternativas, e hai que ter en conta que son só dous aerogeneradores, malia as súas dimensións”, suscita o presidente do colectivo, Claudio Quintillán. Ademais, a directiva dos comuneros recorda que varias entidades quedaron sen recurso económico algún tralos incendios de 2006, co que o proxecto eólico viríalles ben para reflotar as contas.

Os comuneros, con todo, teñen a esperanza de que a empresa promotora, Renoveurysa, de Caldas, acepte negociar coas comunidades “unha fórmula para que o proxecto revierta nas comunidades locais”. Pero posto que a opinión da Mancomunidad non é vinculante -cada comunidade é soberana nas súas decisións- o seguinte paso que se vai a dar é o de convocar unha asemblea xeral para a primeira quincena de novembro. Nesa reunión aportaranse datos máis concretos do proxecto, que colleu por sorpresa a máis dunha comunidade. “Xa pasou coa planta de biomasa e agora volveu a suceder. É lamentable que teñamos que decatarnos deste tipo de proxectos que nos afectan a través dos medios de comunicación, cando levan meses tramitándose na Xunta. Temos que denunciar o ocultismo con que traballa a administración”, engade Quintillán.

Os dous aerogeneradores situaranse na cima do monte, nas proximidades dos repetidores de televisión, en terreos que pertencen ás parroquias de San Salvador de Meis e de San Xoán de Poio. En canto aos viales -tanto de acceso como de condución do cableado- discorrerán basicamente por San Xoán de Poio, e de feito a enerxía eléctrica que se produza na estación conducirase ao transformador da Escusa.

En canto ao radio de acción comprende dúas aldeas de Poio, como son A Escusa e Río Mouro, que ao atoparse a unha distancia aproximada dun quilómetro da futura estación poderían verse afectadas polo ruído que esta xere. Mentres, a zona de afección do proxecto comprende tamén terreos de Campañó (Pontevedra) e San Vicente de Nogueira (Meis). Unha das principais particularidades desta iniciativa empresarial é o tamaño dos aerogeneradores, que terán 120 metros de altura e cinco de diámetro.

Este é o asunto principal da orde do día da asemblea de novembro, pero a directiva dos comuneros do Castrove tamén abordará cos socios outros asuntos.

XA SOMOS 3000 AMIGOS EN FACEBOOK

¡¡ FRAN E CRIS CASAN !!

Monte Castrove propón unha asemblea para falar do futuro parque eólico

As enquisas fallan…

Queda dias para as eleccións en Galicia e as enquisas din que o PP vai obter outra maioría absoluta, como sempre de escanos, que non de votos. Máis ainda, parece que van obter un ou dous escanos máis que na pasada lexislatura a pesares de que non gañan votos; de feito vannos perder, aínda que poucos. Din tamén as enquisas que Alternativa Galega pode entrar no parlamento con catro ou cinco escanos, e que a abstención vai aumentar ata case o 42%.

Preme aqui para seguir lendo este artigo de Balas perdidadas.

DEPENDEN DE TI

Nas pasadas eleccións, un 35% dos galegos non votaron. Feijoo obtivo a maioría absoluta co voto de 30 de cada 100 persoas con dereito a voto.
De acordo coas enquisas, se o 21 de outubro a abstención sobe ata un 45%, o PP pode obter a maioría absoluta con só 21 votos de cada 100 persoas censadas!!!
Ó día seguinte, Rajoy dirá que os recortes contan co apoio maioritario da sociedade galega! Non quedes na casa: a educación, a sanidade, a dependencia, DEPENDEN DE TI.
Difunde ós teus amigos galegos

CONCURSO DE CABAZAS EN BAROSA

O DIA 31 DE OUTUBRO EN BAROSA A PARTIRES DAS 17:30

CENA SAMAIN EN BAROSA

OS DO VAL DO LÉREZ DE CEA NO BURATO DO GRILO

A Deputación de Pontevedra comprométese a través da deputada Begoña Estevez a estudar o remate das obras do pavillón de Curro

Faustino Batallan.A Deputación de Pontevedra comprométese a través da deputada Begoña Estevez a estudar o remate das obras do pavillón de Curro, cunha inversión aproximada de 60.000 €.

O pasado sábado no transcurso da Comida da Amizade en San Breixo, o alcalde José Antonio Landín, aproveitando a presencia da deputada provincial Begoña Estevez, e escoitando as peticións de veciños alí presentes, transmitiulle a dit

a deputada que estando a piques de rematar as obras do Pavillón de Curro, sería bo que a Deputación de Pontevedra, apoiase as mesmas, xa que, posiblemente, según os técnicos municipais, “quedase rematado cuns 60.000€”.

Begoña Estevez, no uso da palabra, aceptou pasar en breve plazo de tempo e visitar a infraestrutura para avaliar as necesidades in situ, comprometéndose por parte da Deputación Provincial a contribuir na mellora das instalacións de Barro, e no fomento do deporte como ven facendo habitualmente a Deputación, como ven apostando xa noutros eidos como a Volta Ciclista a España, ou a Selección Española, que contaron co apoio da Deputación.

Esta é outra razón máis para votar ao PP de Galicia nas vindeiras eleccións autónomicas, para que Barro sexa o Primeiro e Galicia Primeiro. Vota PP.

UN PARAUGAS !!

Dous novos plans eólicos na Lama e Monte Acibal súmanse na comarca ao do Castrove

N. DAVILA – PONTEVEDRA As concesións de parques eólicos que outorgou a Consellería de Industria en decembro de 2010 comezan a germinar con forza na comarca de Pontevedra. Despois do proxecto de Renoveurysa xa en marcha, con expropiaciones incluídas nos montes do Castrove (Pontevedra, Poio, Meis e Barro), outras dúas empresas, Norvento e Puentengasa tramitan tamén os seus respectivos plans no Monte Acibal (Barro, Moraña e Campo Lameiro) e na Lama, respectivamente, para instalar doce grandes molinos de vento cun orzamento global de case 38 millóns de euros.

Ambas iniciativas contan desde o pasado luns coas súas respectivas declaracións de impacto ambiental por parte da Secretaría de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta, que detalla as condicións que deben cumprir os futuros parques para adaptarse á súa contorna. O proxecto de Norvento no Monte Acibal, ás portas da parroquia pontevedresa de Xeve, aposta pola instalación de catro aerogeneradores de 3.000 kilowatios cada un (de igual tamaño que os previstos no Castrove) para unha potencia total de 12 megawatios e un investimento estimado de 15.412.483,52 euros. A documentación autonómica detalla que serán necesarios 3.450 metros de viales de acceso e servizos aos molinos e ás torres meteorolóxicas, a metade de nova creación. Nas condicións ambientais elaboradas pola Xunta faise referencia á proximidade do Curro de Amil, “destinado á ganadería extensiva de vacuno e caballar” pero aclara que non se verá comprometido polas obras”.

Pola súa banda, a iniciativa de Puentengasa San Roque na Lama para o parque eólico denominado “Edreira I”, é de maior envergadura, xa que aposta por instalar oito grandes aerogeneradores (aínda que algo máis pequenos que os de Acibal) e un orzamento de 22.522.398,19 euros, con máis de seis quilómetros de viales, 2,5 deles inexistentes na actualidade. A súa potencia total calcúlase en 24 megawatios. Medio Ambiente pide neste caso especial coidado co humedal “Costa de Uxía” e coa posible presenza de aves rapaces vulnerables.

En decembro de 2010, cando a Xunta adxudicou este concurso eólico, outorgouse unha decena de concesións para instalar novos parques ou ampliar os existentes na comarca. De despregarse a totalidade dos novos parques eólicos concedidos no concurso autonómico, a comarca pontevedresa xeraría polo menos 218 megawatios, segundo despréndese da potencia outorgada pola Xunta ás oito empresas con plans na zona. Trátase de Puentengasa, cunha concesión de 24 megawatios en Edreira, que inclúe a Ponche Caldelas e A Lama, e outra en Fontevecha, con 24 megawatios e que afectaría a Caldas. Tamén figura Norvento con dúas autorizacións: no Monte Acibal (Pontevedra, Campo Lameiro, Barro e Moraña) con 12 megawatios, e os 33 permitidos en Monte Xesteiras, en Cuntis e Caldas.

Pola súa banda, A Lama aparece tamén implicada noutras tres iniciativas, a cargo de Enerxías de Rande (12 megawatios), Torres de Hércules (50) e Vendavais Galaicos (9) na Serra do Cando, que tamén incluiría a Cotobade. Cuntis aparece noutros dous proxectos, a cargo de Vento Continuo Galego, con 24 megawatios en Monte Arca e unha potencia similar para Beltaire Renovables en Touriñán 3, que se comparte con Campo Lameiro.

Carta de José Sanmartín Soto. (portavoz municipal PSOE Barro)

Estimado veciño/a

O próximo domingo,  dia vinteún  de outubro,  celébranse eleccións autonómicas  ó Parlamento de Galicia, onde  elixiremos o novo Goberno da Xunta.  Dende o PSdG-PSOE de Barro animámoste a participar. O voto é un dereito igualitario, onde todas aquelas persoas maiores de idade  o poden exercer libremente e dunha forma igualitaria, xa que un cidadán é igual a un voto. Sabemos que últimamente hai un descrédito da politica, pero nos queremos facer unha referencia a que non todos os politicos somos iguais. As veces certas informacións levannos a crear esa imaxe da politica, per teña por seguro que a politica é un ben necesario e útil.

Nestas eleccións xogámonos moito, onde podemos poñer freno ós recortes que se fan dende o actual goberno galego e do estado.  As propostas do  noso partido con PACHI VAZQUEZ  a cabeza, son claras e directas.

1-      Crear emprego xuvenil con Becas-Contrato para  os  mozos e mozas que rematen a carreira universitaria.

2-      Retiraremos o Copago Sanitario dos MEDICAMENTOS,

3-      Imposto a banca para non recortarlle ós que mais o necesitan.

4-      Reduciránse as inversións en grandes proxectos, e centraremos  os recursos en fomentar e crear emprego para os miles de galegos que están no paro.

5-      Pontenciaremos o pequeno comercio para que poida seguir habendo tendas especializadas, e axudaremos a implantación de  empresas nos polígonos industriales que están construidos e gran parte deles vacios.

6-      Os libros de texto volverán ser gratuitos, como xa  o foron  cando en Galicia gobernamos nos.

Estes son algúns dos compromisos que queremos ofrecerlle e ademais estamos a sua disposición para escoitar calquera suxerencia ou queixa, que atenderei gustosamente e a trasladarei o equipo do noso Candidato PACHI VAZQUEZ.

Por último  só me queda solicitar o seu apoio co  VOTO a candidatura do PSdG-PSOE , o VOTO  a PACHI VAZQUEZ.

Sen mais reciba un saúdo moi agarimoso do seu amigo e veciño.

José Sanmartín Soto. (portavoz municipal PSOE Barro)

OUTONO QUENTE

As Anpas de Poio e Barro apoian a convocatoria de folga de mañá

As Anpas dos colexios de San Xoan, Lourido, Viñas, Espedregada e Chancela, de Poio, e do CEIP Amor Ruibal de Barro, apoian a convocatoria de folga prevista para mañá que foi convocada pola Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (Ceapa) e os sindicatos de estudantes.

Consideran que os recortes en educación e a flexibilización do número de alumnos por aula, que aumenta o número de estudantes por clase, van en prexuízo do presente e futuro da educación dos seus fillos, polo que fan un chamamento aos pais para que “non leven aos seus fillos ao colexio do xoves 18, xa que nos estamos xogando unha educación gratuíta e de calidade”, aseguran.