“Nadal Solidario en Barro” Campaña de Recollida de Alimentos

A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, organiza “Nadal Solidario en Barro”, que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

Esta campaña que se desenrolará en dúas fases de recollida a primeira ata o 24 de Decembro e a segunda ata o 5 de Xaneiro de 2012, pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.

Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos.

Para unha maior eficiencia na recollida vaise contar con dúas persoas que actuarán como Coordinadores da mesma, que serán Elena Porta e Faustino Batallán, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Existen dous teléfonos de contacto para calquera suxestión que serán o 668.853.863 e o 668.878.958

Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.

A día de hoxe, os puntos de recollida habilitados son:

SUPERMERCADO DÍA (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
SUPERMERCADO TANDY-FROIZ (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
CENTRO DE SAUDE DE BARRO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
COLEXIO PUBLICO AMOR RUIBAL (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
IES PÚBLICO DE BARRO (OUTEIRO-PERDECANAI)
CASA OUBIÑA(GÁNDARA-PERDECANAI)
IGREXA PARROQUIAL (PERDECANAI)

IGREXA PARROQUIAL (BARRO)
A DE MARUJA (BARRO)

A DE RIAL (VALIÑAS)
IGREXA PARROQUIAL (VALIÑAS)

IGREXA PARROQUIAL (AGUDELO)

IGREXA PARROQUIAL (PORTELA)
SUPER ESTACIÓN DA PORTELA

IGREXA PARROQUIAL(CURRO)
SUPERMERCADO MOLDES(FONTE DE CURRO)

Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas negociacións abertas.

solidario

Os ladróns cébanse cunha empresa e co campo de fútbol de Barro

diario_pontevedra.750

Os afectados son o Concello, ao entrar os ladróns no vestiario do campo de fútbol Cesto Redondo e esnaquizalo, e unha formigoneira do polígono de Sequeiro na que faltou maquinaria.

Os ladróns levaron nas últimas semanas maquinaria e material dunha empresa de Barro valorados en 17.000 euros. Tamén actuaron no campo de fútbol, cuxos vestiarios esnaquizaron. O Concello de Barro e unha empresa de formigóns situada no polígono de Sequeiro foron as dúas últimas vítimas dos roubos de material no municipio.

As denuncias máis recentes presentadas neste municipio refírense ao roubo e desfeitas no vestiario do campo de fútbol municipal xa a subtracción de maquinaria dunha empresa de formigóns asentada no polígono industrial máis antigo do concello.
No primeiro caso, o alcalde recoñeceu que o Concello non contaba con que a acción dos ladróns puidese chegar tan lonxe. «Estabamos a facer unha reparación dúas vestiarios do campo de fútbol Cesto Redondo e colocamos novas luminarias, plafóns e demais. Levárono todo na fin de semana. Ademais do valor material, causaron un bo estrago», recoñeceu o rexedor.
A noticia deu a volta ás redes sociais da man do afiliado do PP Faustino Batallán, que se queixou nestes foros públicos da “mala uva” dos ladróns, que destruíron un local público.
Landín cifrou as perdas nuns 1.000 euros «se temos en conta a man de obra que se pagou, pero resultou inútil, xa que todo foi desfeito despois», pero sen dúbida calculou mal, pois os ladróns, ademais de levar o material eléctrico, arrasaron con todo o que puideron: esnaquizaron as dúas caldeiras de auga a fartar ou cun poste de pequenas dimensións, levaron aplíquelos metálicos das duchas, e ata arramblaron co piñeiro de Nadal da cantina, obrigando aos responsables de mantemento a buscar unha árbore de reposto.
O rexedor presentou a pertinente denuncia no posto da Garda Civil, posto que, ademais, non é a primeira vez que os vestiarios dos campos de fútbol locais son vítimas dalgún ataque deste tipo.
A lista de perdas do Concello, con todo, non é nada comparada coa que presenta unha empresa do polígono de Sequeiro pertencente á cadea Canteiras Industriais do Bierzo S.A., da que desapareceron efectos e maquinaria por valor duns 17.000 euros.
Os feitos producíronse entre o 15 de novembro e o 10 de decembro e, ao parecer, a ou as persoas que se encargaron de desvalixar a instalación industrial forzaron a porta de entrada ao recinto para facelo.
Ao tratarse dunha planta de formigón con maquinaria pesada, o valor dos efectos subtraídos multiplícase, aínda que o máis probable é que o destino dos mesmos sexa o mercado de metal e non o de segunda man, dado que a maquinaria específica, como a que pode requirir este tipo de empresas, é fácil de identificar.

roubos 1

Operativo para pór en circulación un transporte envorcado na N-550

O accidente dun camión en plena N-550 obrigou a despregar un dispositivo que ocupou parte da calzada da N-550 ao seu paso por Barro onte.
O camión saíuse da vía antes das 9.00 da mañá, nun sinistro que non deixou danos persoais, pero si materiais. Ao ser un transporte de alimentos, foi necesario baleiralo e cambiar a carga a outro colector antes de polo de novo sobre as súas rodas. Finalmente, fixo falta a presenza dun guindastre, que ocupou parte da calzada para sacar o transporte da tajea da estrada nacional na que estaba semivolcado.
A saída de vía non tivo máis consecuencias nin implicou a outros vehículos, e o Servizo de Emerxencias 112 confirmou que se trataba dun accidente no que non se rexistraron feridos.

camion volcado

Boletín semanal de emprego.Ponteemprego nº118

emprego logo

 

 

 

ponteemprego

 

Día Internacional do Migrante 18 de decembro

rosalia-de-castro   Foi a Páscoa enxoita,

   chovéu en San Xoán,

   a Galicia a fame

   logo chegará.

   Con malenconía

   miran para o mar

   os que noutras terras

   tén que buscar pan.

…………Rosalía de Castro

«Coas restricións orzamentarias, observamos a aplicación de medidas de austeridade que discriminan aos traballadores migrantes, unha retórica xenófoba que alenta a violencia contra os migrantes en situación irregular e propostas de leis de inmigración que permiten á policía elaborar perfís dos migrantes con total impunidade. Durante as crises económicas, vale a pena recordar que sectores enteiros da economía dependen dos traballadores migrantes e que os empresarios migrantes contribúen á creación de emprego.»

Mensaxe do Secretario Xeral no Día Internacional do Migrante
18 de decembro de 2012

migracion

DEBUXANDO NA FARIÑA

Os nenos da aula , dos elefantes disfrutaron debuxando   círculos e outros debuxos  coa fariña.http://escolasinfantis.net/blogue_centro/de_barro/

nenos 2nenos

A que idade se casa a xente de Barro por primeira vez?

Fonte: http://dendeoconfesionario.org/

idade-media-matrimoniosnovio 3 ª edad

Concurso premio Mimi do CEIP AMOR RUIBAL,manda a túa proposta

Hoxe recibimos unha carta que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos de 5º de primaria do CEIP amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o 5º premio “MIMI “ao personaxe do ano”.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro do logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2013 no marco da celebración das Letras Galegas.

Desde Novas de Barro queremos facer participes a todos os seguidores do noso blog na elección do nos@ candidat@.

Así que pensalo ben e mandarnos antes do venres unha proposta a novasdebarro@gmail.com ou unha mensaxe,comentario ao facebook.

Cos nomes dos persoeiros recibidos faremos unha enquisa, e antes do 31 de xaneiro enviaremos o gañador ou gañadora.para que entre @s candidat@s que envíen as demais institucións públicas e as asociacións culturais e deportivas, @s alumn@s do CEIP “Amor Ruibal” avaliarán os méritos d@s candidat@s e decidirán, mediante voto secreto, o gañador ou gañadora.

@s candidat@s tamén poderán ser propost@s, no prazo sinalado, por calquera membro da comunidade educativa do CEIP “Amor Ruibal”, a condición de que dita proposición conte cun respaldo mínimo de dez sinaturas.

Premiados en anos anteriores:

IV PREMIO MIMI: Pili, a educadora social do Concello de Barro.

III PREMIO MIMI: Cantereiras de Ardebullo,

II PREMIO MIMI: Xabarin club

I PREMIO MIMI: Ezequiel Mosquera .

mimi

Crowdfunding, ou como ser un mecenas low cost en plena crise

diario de arousa

Son tempos difíciles, tamén para a industria discográfica, e máis para aqueles artistas que intentan facerse un oco ou crecer no panorama musical. Así que, a grandes males, grandes remedios.

Un mozo de Curro, Gonzalo Lúa, decidiu probar unha nova forma de sacar adiante un proxecto, practicamente pioneira na zona, aínda que está comezando a calar no mundo da cultura. Trátase do chamado crowdfunding, un palabro anglosaxón que bautiza o que podería resumirse en mecenado de baixo custo. En síntese, trátase de presentar un proxecto, no seu caso un CD de hip hop, no que calquera pode colaborar no seu financiamento, a partir de cantidades tan módicas como 12 euros.

A través dun portal de Internet, cada navegante web pode seleccionar o proxecto cultural no que desexa colaborar, elixir a cantidade que desexa doar (hai quen marca ata mínimos dun euro) e converterse así nun auténtico promotor da cultura moderna, un mecenas low cost.

No caso do mozo de Curro, o título deste proxecto musical é “The Body of the Lito”, un CD de hip hop “non ao uso”, declara, que comercializa baixo o seu nome artístico, “43”. “43” conta xa cunha traxectoria no xénero e no mundo da música, aínda que este é o seu proxecto máis ambicioso.

El mesmo produciu nun estudo profesional de Pontevedra os dez temas incluídos no proxecto que, con percusións contundentes e baixos ao uso, falan de temas como o amor, o diñeiro ou a tecnoloxía, no característico e directa linguaxe do xénero.

Esta produción, explica, saíu integramente do seu peto. “O traballo está feito, pero actualmente non hai ningunha discográfica coa que sacar CDs físicos”. E dado o empeño posto no traballo, ter discos na man ­”máis aló da difusión on-line” é algo ao que non quere renunciar.

Por iso é polo que optase polo crowdfunding. Calquera que queira comprar un CD poderá introducir o seu título na web http://www.verkami.com tras o seu lanzamento. Alí terá oportunidade de elixir con canto quere colaborar. Os beneficios que obterá cada cal pola súa achega increméntanse co capital investido, pero, como mínimo, cada un recibirá un disco, algúns agasallos e a satisfacción de ver o seu nome na relación de produtores do traballo no libro do disco.

gonzalo

Nomes máis frecuentes do Concello de Barro

Só se amosan os 25 primeiros nomes cunha frecuencia superior a 5 habitantes.

nomes

Estatística de nomes dos recén nados galegos. Ano 2011

nomes 2

Boletín de ofertas de emprego.Santiago 197

emprego

 

Entrevista na RG a Faustino Batallán sobre o I Barro de Tapas

FAUSTINO

Malditos ladróns!!!

faustino batallanFaustino Batallan: Malditos ladróns!!! Falando con algunha persoaladrons hai un pouco, acábome de enterar que entraron e roubaron nos vestiarios do campo de fútbol de Cesto Redondo. O Concello que case rematou a remodelación deles, e algúns están a facer mal e facerlle dano as instalacións municipais e aos rapaces que alí xogan. Ogallá vos collan e vos trinquen ben por facer mal!!!

20Novembro 2012Un novo roubo de xoias nun domicilio pon en alerta aos veciños de Barro

11 Novembro 2012Rouban á Deputación varias máquinas e varandas para a venda de chatarra

4 Novembro 2012‘Mordida’, unha vaca que morreu por mansa e non por satánica

30 Outubro 2012 Intento de roubo en Curro

28 Setembro 2012Rouban case 200 postes e viguetas dunha propiedade en Bretoña, Curro

27 Setembro 2012Video TVG. Levan nove mil euros de botín dunha casa en Barro

26 Setembro 2012Continúan os roubos en Barro

25 Setembro 2012Ladróns desvalixan os coches de varios veciños de Barro mentres estaban en misa

7 Setembro 2012Rouban o bote da voda a uns recen casados de Barro

25 Decembro 2011Os ladróns asaltan o campo do Barro CF e deixan pintadas burlándose do equipo

23 Decembro 2011Roubo no campo de futbol

17 Decembro 2011Desvalixan outra vivenda en Curro

14 Outubro 2011Desvalixan unha vivenda no Santo Antoniño

17 Marzo 2011Desvalixan a cociña dunha vivenda en construción en Perdecanai

10 Marzo 2011Subtraen xoias dunha casa en Curro tras forzar unha fiestra

11 Marzo 2011Intento de roubo no polígono industrial

20 Novembro 2010O roubo dunha tubaxe provoca unha grave vertedura en Barro

20 Novembro 2010A falta de actividade e de vixilancia na planta de Aglonor propiciaron o seu desmantelamento

A Garda Civil recupera unha pa escavadora roubada en Barro

Asi van as enquisas de “Barro de tapas”

Non se pode votar sen probar as tapas e os albariños. Grazas

tapas barro

VAIA PEIXE

PEIXE

portadaVENTA DO LIBRO E DO DVD NA ASOCIACIÓN.

Enderezo da asociación

Estación de Portela nº20 baixo   36692 Barro Pontevedra

Tfno: 696.075638/687931586