EU ESTOU NO PARO!!

paro

ACTIVIDADES DE NADAL NA OMIX

Datas: Do 22 ao 29 de Decembroomix barro
Onde: Biblioteca Pública Municipal de Barro
Dirixido a ; nenos de 6 a 12 anos
Horario: de 11.00 a 13.30

Actividades: Facemos un belén(22),un conto(26)xogos populares e panxoliñas(27)sabes xogar as cartas?(28)descúbreo(29)Inscripción; Gratuita na Oficina de Información Xuvenil de Barro ata o 21 de decembro. Débese cubrir unha autorización por parte dos pais( 986-714806, omix@barro.es)

Concurso de Fotografía de Motivos De Nadal

Actividade para rapaces de 13 a 17 anos.omix barro

Presentárase unha fotografia feita por vós co móvil ou câmara fotográfica;onde reflexaredes un motivo navideño ou que é para vos o Nadal. A vosa foto podédela mandar por e-mail a omix@barro.es ou traéla nunApalpador pen drive ou outro tipo de soporte a oficina de información xuvenil.
Tedes tempo de presentar a vosa foto ata o 29 de decembro. Se tedes dúbidas podedes vir o 21 de decembro pola oficina as 17 horas e os que queirades podedes quedar a escoitar a “Navidade no arte”
Premiarase as trés mellores fotos, tralo reconto de votos de “me gusta” nas redes sociais(facebook e tuenti) e da urna colocada na biblioteca.
As fotos serán expostas na biblioteca.

Estatística revisa o padrón e reduce o censo comarcal en 1.214 habitantes

faro de vigo

Os catorce municipios da comarca de Pontevedra contan, oficialmente, conige 189.186 habitantes, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), que acaba de facer públicos os primeiros datos do macrocenso de poboación e vivenda que elabora este organismo cada dez anos. Ese padrón de toda a comarca, con efectos a 1 de novembro de 2011, supón unha caída do 0,6% (un total de 1.214 persoas) con respecto aos anteriores datos oficiais, a 1 de xaneiro de 2011, que situaban o censo total en 190.400 habitantes.

Dos catorce concellos só cinco sálvanse do descenso de poboación xeral. Trátase de Barro, Poio, Portas e Vilaboa, aínda que os seus incrementos respectivos son moi pouco significativos. Así, en Barro alcánzanse os 3.713 habitantes, 45 máis que un ano antes, mentres que en Moraña chégase aos 4.410, con doce veciños máis. O INE contabiliza en Poio 16.642 residentes, 141 máis que en xaneiro de 2011, mentres que en Portas, con tres acodes máis, están censados 3.073 habitantes. Pola súa banda, Vilaboa quédase en 6.033 veciños, cun incremento de nove.

Entre os concellos que perderon poboación entre xaneiro e novembro de 2011 chama a atención o caso de Pontevedra, que reduce o seu censo en 54 persoas ao baixar de 82.400 a 82.346 persoas. Trátase da primeira vez en máis de dez anos que o Instituto Nacional de Estatística aplica á capital un descenso demográfico (aínda que só sexa dun 0,06%). Da poboación pontevedresa rexistrada polo INE, 43.037 persoas son mulleres, o que supón algo máis do 52% do total.

Este fenómeno de maior poboación feminina é xeral en todos os municipios salvo o de Marín, un concello onde o censo masculino representa o 50.06% do total. Sobre unha poboación total de 25.357 persoas, 12.696 son homes, 37 máis do número de mulleres. O padrón marinense é un dos que rexistrou nesta revisión do INE una das maiores caídas, próxima ao 2%, xa que perdeu 507 habitantes. É dicir, que catro de cada dez acodes que deixaron de estar censadas na comarca entre xaneiro e novembro de 2011 residían o Marín.

No que se refire a Sanxenxo, a caída é moi lixeira, do 0,1%, pero aínda así supón unha perda de poboación de 26 veciños, para quedarse en 17.560, cando a cifra anterior situaba a súa censo rozando os 17.600. Pola súa banda, Caldas de Reis tamén rexistra un descenso de 47 residentes, o que supón perder o 0,4% dos 10.060 habitantes anteriores.

O censo de poboación foi elaborado por este instituto durante os últimos meses de 2011 e os primeiros de 2012 e o propio INE catalógaa como “a operación estatística das que realiza cada dez anos”, xa que inclúe non só o número de habitantes senón tamén o parque inmobiliario, que non se actualiza desde 2001. No que se refire a toda a provincia, os 963.511 habitantes que o INE tiña contabilizados o 1 de xaneiro de 2011 pasaron dez meses despois a 954.877 persoas, é dicir, 8.634 menos, o que supón unha caída do 0,9%. Así mesmo, a provincia figura entre as dez de toda España con menor porcentaxe de poboación estranxeira en 2011, cun 3.9% do seu censo total procedente doutros países.

xornalvoz de barroMEISconfesionariopeñael ideal gallegodiario de arousa

A banda sonora da BXB

bandas sonoras>O vindeiro condcerto da Banda Xuvenil de Barro será o vindeiro domingo, día 23 de Decembro de 2012 ás 18 horas na nave da Escola Taller de Barro. será un concerto moi entrañable, pois este nadal estamos de celebración, a Banda de Música Xuvenil de Barro cumple 20 anos. 20 anos de ilusión, de compromiso, de momentos doces … e momentos menos doces, pero no que sempre nos acompañou e sempre tivemos algo en común, a música.

A primeira actuación da BXB foi o día 25 de Decembro do ano 1992, van alá 20 anos xa, 20 anos nos que algún dos integrantes nos fomos facendo maiores e outros foron nacendo, para dotar a esta agrupación de novos compoñentes que aporten alegría, paixón, ideas, e sobre todo moitas ganas de facer o que mais nos gusta a todos que é a música. E para celebrar que a agrupación cumple 20 anos e que sigue incorporando xente nova cada ano faremos un concerto de Bandas Sonoras dos anos 90, unha década na que se fundou a Banda e na que naceron a maioría dos membros da banda. Ademais, o concerto servirá de presentación dos novos músicos da BXB.

A forte crecida dos ríos alaga os paseos fluviais

diario_pontevedra.750

Nin o Parque da Barosa, en Barro, nin o paseo fluvial da vila, en Ponte Caldelas eran lugares recomendables onte para dar un paseo, a pesar das espectaculares imaxes que propiciaron as crecidas dos ríos en ambos os emprazamentos. O máis traizoeiro foi o río Chaín, que coa súa invasión de todo o parque de Barosa alagou o local gastronatural existente na zona. Este fin de semana celébrase en Barro un certame de tapas e o hostaleiro responsable tívose que retirar da ruta ao non dispor do local en condicións. Neste municipio as brigadas provinciais retiraron un desprendemento na Portela e unha bolsa de auga no viario a Curro. En Ponte Caldelas, o Concello cortou o acceso ao paseo Cordo Boullosa e ao que hai río abaixo. En ambos os casos, a auga alagou os viarios.
En Tourón un problema na drenaxe da estrada deixou un encharcamiento importante no viario autonómico. Neste municipio as brigadas provinciais retiraron un desprendemento na Portela e unha bolsa de auga.

barosa

Transaccións Inmobiliarias no Municipio de Barro

Segun os datos do 3º Trimestre do 2012 publicados polo Ministerio de Vivenda, o nº de transaccións inmobiliarias no municipio de Barro ascende a un total de 2 das cales 0 son transaccións de vivendas novas e 2 de segunda man.

En todo o ano 2012 o nº de transaccións no municipio de Barro foi de 5 un -44,44% menos que no mesmo período do ano anterior ata o 3º trimestre (9 Transaccións).

En toda a provincia o nº de transaccións en todo o ano foi de 2866 un un -10,63% menos que no mesmo período do ano anterior ata o 3º trimestre (3207 Transaccións).

A continuacion móstrase a evolucion dos ultimos anos de forma grafica:

PISOS

Ultima hora!!!! BARRO DE TAPAS

AC Fervenza da Barosa

Ultima hora!!!! A muiñada de Barosa Gastronatural, non pode participar no Barro de Tapas. 1ª Edición, xa que por culpa do temporal, está inundado o seu local e non é viable acceder ao muiño!!! Desculpade, pero son causas axenas a nos!!!

barosa

Comunicado dos organizadores da festa de fin de ano 2012, no Pub O Garaxe.

Debido as críticas suscitadas sobre a celebración de este evento, e despois de estar anotadas ó redor dunhas cincuenta persoas, veciños na sua meirande parte da zona de San Antoniño, os organizadores da festa de fin de ano 2012 no Pub O Garaxe, queremos expoñer o seguinte.

 O motivo principal que nos moveu a celebrar esta festa foi o de fomentar a convivencia na zona de San Antoniño e arredores entre a sua veciñanza, xa que todos os que aquí vivimos apenas nos coñecemos. Por tal motivo despois dunha charla nun bar entre varios veciños, vimos como unha boa opción o feito de recibir o ano xuntos.

 Outro dos motivos foi a seguridade que nos daría o feito de non ter que coller o coche e non facer desplazamentos por estrada nun dia tan sinalado como a última noite do ano.

Así que despois de tomar a decisión de organizar a festa, puxémonos mans a obra para buscar un local axeitado e pensamos no baixo onde se atopaba dito pub, xa que alí xa se teñen feito festas similares e o local está ACONDICIONADO,INSONORIZADO e ten SEGURO DE RESPONSABILADE CIVIL.

 Despois de falar co propietario do local e obtendo dél o permiso pertinente, publicamos as octavillas informativas para que todos os veciños interesados poidesen acudir.

 Preténdese o cobro de quince euros para facer unha  barra libre e cotillón e queremos deixar claro que todo o recaudado será invertido na festa sen ningún tipo de beneficio para ningún dos organizadores.

 Ata aquí expuxemos os motivos  e nobles intencións da nosa iniciativa, pero tamén nos vemos na obriga de responder os comentarios verquidos nas redes sociais, por claras alusión e difamacións:

1º Ninguén da organización ten o mais mínimo interés en facer competencia desleal a ningún negocio do concello. Proba delo é que as octavillas informativas se colocaron mesmo nalgúns deses negocio, como ben puido observar e fotografiar un dos detractores da festa. O mesmo tempo tamén queremos resaltar que  aínda que a publicidade do evento era pública, foi colgada nas redes sociais sen consentimento  e con datos persoais incumplindo a lei de protección de datos.

 2º  Para dar fe da nosa intención de non facer competencia desleal,  previamente nos informamos de que non había ningunha  festa autorizada en ningún establecemento público nin privado deste concello para a celebración da noite de fin  de ano , xa que polos plazos estipulados dun mínimo de trinta dias, xa ninguén a podería organizar de forma completamente legal. Polo tanto non se lle faría a competencia a ningún negocio de Barro o non haber no Concello ningún bar musical,pub ou discoteca.

 3º Por último, e visto que o mencionado detractor da festa  asegura que está investigando as posibles  festas de fin de ano que se celebren no concello, queremos poñelos en alerta por tales investigacións.

 Agardando que queden claras as nosas intencións queremos rematar enviando unha mensaxe  ó mencionado detractor: “ se houbera actuado de forma correcta e se se puxera en contacto cos organizadores a través dos teléfonos que van nas octavillas da festa, todo esto non houbese acontecido  E TERIAMOS TODOS A FESTA EN PAZ.

P.D- NOTA ACLARATORIA: EN NINGÚN CASO ESTA ORGANIZACIÓN TEN NINGUNHA INTENCIÓN DE REABRIR O PUB UNHA VEZ REMATADA A FESTA DE FIN DE ANO. TAMÉN COMENTAR QUE SÓ PODERÁN ACUDIR AS PERSOAS QUE ESTÁN ANOTADAS E NON SE ABRIRÁ Ó PÚBLICO.

 ASINADO

 ORGANIZADORES DA FESTA FIN DE ANO 2012

NOVAS RELACIONADAS:  FESTA ILEGAL POR FAUSTINO BATALLAN

 

http://noticiasbarro.com/2012/12/12/festa-ilegal/

NO 2010 A ASOCIACIÓN QUE PRESIDE O FILLO DO ALCALDE XA CELEBRARA UNHA FESTA DAS MESMAS CARACTERISTICAS.

AQU VOS QUEDA O CARTEL DE AQUEL EVENTO.

fin-de-ano BARRO

Os Güimil

Os Güimil da zona do Salnés e arredores proceden dun lugar chamado así naguimil freguesía de Curro, no concello de Barro. Se ollamos na guía telefónica da provincia de Pontevedra atopamos 30 abonados: 6 persoas con este apelido en Meis, 14 en Barro e o resto entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

En Meis houbo liñaxes con este apelido con casas solarengas na parroquia de Nogueira, concretamente nos Pazos de Caticovas e no desaparecido, hai moitos anos, Pazo de Paiendes.

A xenealoxia dos Güimil do Pazo de Caticovas é a que segue:

Bartolomeu Güimil de Caamaño inicia a liñaxe a finais do século XVI e casou con Teresa de Abad. Presumibelmente, veciños de Curro (Barro).
O seu fillo Pedro de Güimil de Caamaño casaría con Agueda Canay Pérez e Rivas. Deste matrimonio nacería Antonio de Güimil de Caamaño Canay e Rivas que casou con Magdalena Buceta Paadín (filla de Pablo Buceta Paadin e de Gregoria de Outeda e Caamaño), natural de Santo Tomé de Nogueira, o 23 de Xuño de 1658.

Se che gusta este artigo tan interesante, pulsa neste enlace e acaba de lelo no blog “Meis,Caderno de Bitácula” http://meis.blogaliza.org/

 

cuaderno de bitácula

 

SOMOS APOLÍTICOS.

APOLITICOS

COMER, BEBER E VOTAR

PREME NA FOTO

tapas barro

 

The Body of the Lito “Ti tiñas la rasón”

Hoxe ás 18:00,The Body of the Lito presentou na Radio Galega e en rigoroso 36804_description_de_la_hojadirecto xunto a Manuel Manquiña o seu disco “Ti tiñas la rasón”.
Para os que non o saibades un dos integrantes é veciño de Curro.
Recomendámosvos que visitedes a súa páxina oficial de facebook para seguir os pasos desta nova banda que soa moi ben.

https://www.facebook.com/The-Body-of-the-Lito

Fotografía de  Sergio Otero

the body of the lito

Barro de Tapas

monica cons NOTA DE PRENSA: AC Amigos da Fervenza da Barosa.

 Barro, 13 de decembro de 2012.

  Unha vintena de locais de hostelería participan no Barro de Tapas, 1ª edición, organizado pola AC Fervenza da Barosa

Durante esta próxima fin de semana, a inmensa maioría de locais de hostelería de Barro, bares, taperías, restaurantes, etc, participarán nesta ruta de tapas e ofrecerán aos seus clientes viño albariño e una tapa elaborada polo precio de 2,5 €. Os viños ofertados serán D.O. Rias Baixas, de adegas de Barro, como é o caso de Moraima ou Casaley, ou a adega que acadou o 1º Premio, na Festa do Viño de Barro 2011, Adega Pazo da Bouciña.

As persoas que participen na iniciativa poderán dispoñer de toda a información na páxina de facebook do evento, Barro de Tapas, http://www.facebook.com/BarrodeTapas e tamén no twitter http://twitter.com/BarrodeTapas  @BarrodeTapas.

Para facer máis fácil o acceso aos locais adheridos, as fotos dos pinchos, enderezos, horarios, etc, os carteis anunciadores, estará insertado un código QR, que permitirá que as persoas participantes accedan dende os seus móviles a toda a información. O mapa que contén toda a información está no seguinte link:

http://goo.gl/maps/U6vCQ

Dentro desta iniciativa, farase un sorteo dunha estancia con cea romántica no Hotel Quinta de San Amaro de Meaño a aquelas persoas que completen dentro da ruta proposta, o sellado de 8 locais, co que se busca incentivar a presencia de visitantes en tódalas parroquias do concello. Na papeleta de participación, as parroquias que máis locais teñen, Portela e Curro, os participantes terán que ter dous sellos de cada unha delas de calquera dos locais da respectiva parroquia. No caso de Agudelo, Valiñas, Barro e Perdecanai, só terán que sellar en un solo local dos participantes.

Barro de Tapas conta coa colaboración da D.O. Rias Baixas, do Patronato de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro, apostando así por un evento gastronómico, social, e cultural, que é pioneiro no Concello de Barro, sendo a primeira ruta de tapas que se celebra en Barro, é unha das distintas actividades que a AC “Amigos da Fervenza da Barosa” vai levar adiante, cumplindo así coas directrices fundacionais da Asociación.

Un saudo.

Mónica Cons Fernández
Presidenta
fervenzadabarosa@gmail.com

tapas barro

Axudicada a xestión do Albergue de Peregrinos

Nestes días, celebrouse no salón de plenos do Concello de Barro a apertura de plicas do concurso público para a explotación e xestión do Albergue de Peregrinos que está na parroquia da Portela.

A persoa adxudicataria, e única ofertante foi a propietaria do local hosteleiro que tamén se encontra parroquia da Portela.

albrge de barro