GRAN CABALGATA DE REIS 2013

cabalgata

Fotos Cabalgata de Reis 2012

cabalgata de reis 2012

D.E.P. Adonis Romero

romero

A Festa baixa o pano á súa edición máis participativa

diario_pontevedra.750

A Festa HQR! baixou na tarde de onte o pano da súa undécima edición coa hqrsatisfación de ver os seus obxectivos cumpridos. Un ano máis, a festa do deporte que organiza Diario de Pontevedra bateu marcas e superou a cifra de participación de edicións anteriores. Así, nesta ocasión, participaron 3.614 pequenos de diferentes clubs da comarca.

Durante a cerimonia de clausura, fíxose entrega das medallas aos nenos e nenas que participaron nos torneos de fútbol e fútbol sala que se disputaron durante a xornada de onte. Así, un a un foron subindo ao escenario os integrantes dos equipos do Barro, Ancora D´Ouro, Marcón FS, Poio FS, Barqueiro e Praias de Pontevedra na modalidade de fútbol sala; e da Seca, SD Meniños do Domaio, Salgueiriños B, ED Poio, Marcón, SCD Salcedo, Salgueiriños C, SD Monteporreiro e Barro, en fútbol. Nesta mesma modalidade, en categoría biberón (que na festa acolle aos pequenos menores de seis anos), levaron medalla os compoñentes do Barro, Salcedo B, Poio A, Ancora D´Ouro A, EF Verdugo, SD Meniños do Domaio, Marcón Atlético, Poio B, EF Beluso, Ancora D´ Ouro B e Salcedo A.

Todos eles subiron a recoller orgullosos o premio polo seu esforzo e entrega no terreo de xogo. O metal é para todos o mesmo xa que a súa finalidade é agradecer a participación na Festa HQR! na que non hai vencedores nin vencidos. Na festa do deporte ninguén perde e todos gañan xa que o obxectivo é que os pequenos fagan deporte de maneira que se divirtan e interactúen con outros nenos. A filosofía deste evento pasa por promover unhas xornadas de convivencia entre os máis novos co deporte como fío condutor, así, promociónase a actividade física á vez que se fomentan valores como a amizade, o compañeirismo ou o traballo en equipo.

OS NENOS DE BARRO FESTEXAN O NADAL

Sospeitan que mataron a unha egua ao intentar roubala

Uns cazadores acharon o cadáver en Campodeira

A Asociación Cabalar Monte Acibal denunciou onte a aparición dunha egua cabalo 2morta no monte de Campodeira. Foi no mesmo lugar onde se achou a principios do mes de novembro unha vaca sen os cuartos traseiros, aparentemente cortados cunha rebarbadora, logo de dispararlle en dúas ocasións, para roubar a carne. O caso foi investigado pola Garda Civil.

A orixe do suceso non está claro e distintas versións achacan o ocorrido a un ataque de lobos ou á acción humana.
Foron uns cazadores que se atopaban pola zona o día de Nadal quen fixeron o macabro achado, segundo explicou Eligio García López, representante da Asociación Cabalar Monte Acibal para Verducido (Pontevedra). A egua estaba media comida polos lobos.
ATAQUE. No entanto, García López sospeita de que a morte do equino non se debeu a un ataque dos lobos. «Penso que non foi así, senón que a quixeron cargar nun camión e desnucouse ou lle pasou algo», xa que a egua é nova e forte como para deixarse atrapar por lobos, apunta, aínda que posteriormente as alimañas deron boa conta do animal.
«Hai varias versións. Está comida polo lobo, pero non foi atacada na gorxa», engadiu. Na tarde de onte aínda non dera parte do suceso ao Seprona, aínda que a asociación espera que os restos sexan recollidos canto antes para evitar malos cheiros.

Luís Calvo, presidente do colectivo, coincide con García López en que a acción humana pode estar detrás do ocorrido. «Ou animal era nove e forte e parece difícil que fora atacado polo lobo, pero sempre pódese esperar isto».

cabalo 1

O PP de Barro non quixo entrar no Plan de Acuanorte

O BNG denuncia que o Concello de Barro perdeu a oportunidade de dotar a todo o municipio do subministro auga potábel

Cando en 2010 se empezou a falar do plan de Acuanorte para a mellora doabraldes 1 subministro de auga potábel aos concellos do entorno de Pontevedra, o BNG propuxo que se adherise o concello de Barro, xa que sería a solución definitiva para dotar dun servizo de auga potábel tanto aos polígonos industriais, como a todos os veciños e veciñas do concello. Para o concello de Barro adherise a este plan significaría dispoñer de auga suficiente, de calidade e barata, xa que non sería necesario ningún bombeo, ao encontrarse o depósito máis alto que todas as súas parroquias.

O goberno municipal do PP rexeitou o convite feito polo Concello de Pontevedra para sumarse ao resto dos concellos do seu entorno, e apostou por outra solución para a falta de dotación do servizo de auga ao polígono de Curro: abastecerse do río Chaín dende Briallos, no concello veciño de Portas.

A solución elexida polo PP ten graves eivas:

–       É unha alternativa excesivamente cara, porque ademais da distancia dende o punto de captación hai que salvar un grande desnivel a base de bombeos, co que implica de custe enerxético e de mantemento, así como de posíbeis avarías.

–       Non permite dotar de subministro de auga potábel a todo o Concello, nin garantiza o subministro durante todo o ano.  De todos é coñecido que durante varios meses ao ano o río Chaín leva un caudal mínimo, o que obrigará a buscar outras solucións, tal e como recoñeceu en setembro de 2010 o Presidente da Deputación diante das denuncias efectuadas polo BNG.

Estes días procedeuse a asinar, por parte dos concellos do entorno de Pontevedra, o convenio con Acuanorte, no que, ademais, se confirmou que os concellos só terán que pagar o 15% do custe das obras. O feito de que o noso concello non forme parte deste plan supón outra oportunidade perdida para que os veciños e veciñas de Barro empecemos a ter uns servizos públicos como teñen nos demais concellos do entorno.

Barro, 28 de decembro de 2012

 Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

                      Foto:Río Chaín- Briallos

abraldes 2

TEATRO EN FAMILIA

Este Nadal TEATRO EN FAMILIA, no Centro Social de Baliñas (BARRO), Un agasallo divertido, barato e para compartir con toda a familia…

teatro en familia

MAÑÁ PAPÁ NOEL DEIXARASE VER POR BARRO

PAPA NOEL

INFORMACIÓN DO PSOE DE BARRO

Este domingo día 23 de decembro a partir das 19.00 h celebraremos un  socialistas de barroSERAN DE NADAL, na sede da agrupación.

Teremos  panxoliñas , música en directo, e o gran poeta JOSE TIZADO, que nos deleitará con algúns dos seus mellores poemas. Todo esto acompañado de un merendiña na que todos os compañeiros da agrupación colaboramos e queremos convidar a todos os veciños que se queiran achegar ata o noso local.

Aproveitamos para informar de que nos tocou a devolución da lotería de Nadal, e que teremos os décimos depositados na oficina de NOVA GALICIA BANCO , para poder cobrar  as participacións a partir do próximo mércores día 26 de decembro.

Nesta nota tamém queremos aproveitar para felicitar os veciños e veciñas de Barro e en xeral a todos  e tamén a vos os medios de comunicación, que sempre amablemente publicades as nosas informacións.

BO NADAL E FELIZ ANO 2013.

José Sanmartín Soto.

S. Xeral e Portavoz Municipal PSOE de Barro.

“Barro de Tapas, 1ª Edición” acada un resultado de 800 tapas vendidas nunha fin de semana

A “AC Amigos da Fervenza da Barosa”, como entidade organizadora, DATOS BARRO DE TAPASconsidera un éxito que en tres días, os 19 locais participantes no “Barro de Tapas, 1ª Edición” lograsen unha venta total de máis de 800 tapas.

A pasada fin de semana 19 locais de hostelería de Barro uníronse á ruta do “Barro de Tapas, 1ª Edición” que promovía a degustación de tapas caseiras elaboradas e a degustación de albariños Rías Baixas da D.O.

A pesares do mal tempo,que fixo que o local de Barosa Gastronatural non puidese participar por unha inundación na fermosa paraxe natural da Ría de Barosa, o resto de locais completaron con éxito esta primeira edición logrando unha venta total en conxunto de 800 tapas, o que para ser a primeira edición supón un éxito importante ademáis dun revulsivo para a hostelería local, segundo se deseñou dende a organización do evento.

O impacto económico directo polas tapas foi de 2.000 € aos locais, se ben hai constancia de que moitas persoas quedaron a cear ou picar algo polos locales de Barro, polo que os réditos económicos estimados poderían achegarse aos 3.500 € como cifra global para a hostelería.

Tamén cabe salientar o impacto nas redes sociais, nas que durante toda a fin de semana, acadáronse cifras dunha media de 112 persoas consultando de maneira contínua o web de facebook e chegouse de maneira directa a case que 2400 persoas. Outro dato significativo foi a consulta da ruta no google maps, que acadou as 1250 visitas ata o pasado domingo.

Unha vez rematada esta edición, o sentir xeral da hostelería implicada, que así lle transmitiu á organización, é que a duración do “Barro de Tapas” ten que ser maior, así como incorporar ademáis do viño albariño, cervexa ou refrescos, e como non, que se celebre outra edición, que terá lugar na primavera do 2013.

Dende a AC xa se está a traballar na vindeira edición que será a 2ª, co ánimo de dar resposta ás inquedanzas transmitidas e tamén en mellorar o evento incorporando máis premios e facendo rutas máis curtas e accesibles.

BARRO DE TAPAS

“ISTO É RAP FEITO EN PONTEVEDRA” (CURRO)

 

e venres

ESTE PROXECTO NACE DUNHA ‘COUSA’ QUE NON É GRUPO. SON UN CONXUNTO DE AMIGOS QUE SE XUNTARON PARA GRAVAR DEZ CANCIÓNS BAIXO O NOME ‘THE BODY OF THE LITO’. O PROMOTOR DA IDEA É 43, QUE CREOU AS MÚSICAS DE TODOS OS TEMAS COA AXUDA DE TRES ARTISTAS: BLEIS, MA

Gonzalo Luna é 43, o impulsor deste novo proxecto con sabor a rap que en pouco tempo verá a luz. O disco financiarase mediante unha campaña de crowdfounding, que se abrirá ao público en http://www.verkami. antes de que finalice o ano.

Hai unha semana presentou o seu proxecto ‘ The Body of the Lito’ na sala Karma. Como foi a acollida?

-A acollida foi boa, e iso que a xente aínda non escoitou o disco. Esperabámonos algo máis de frialdade. A nós non nos esperaba ninguén, porque non aparecía no cartel a nosa presenza. Estivemos media hora tocando. Este foi só un adianto, xa que a presentación real será o 16 de febreiro na sala Karma.

Os membros de Delahoja tamén son pontevedreses. Que ten esta cidade para criar tantos artistas de rap?

-Eles xa levan currando case 15 anos. Hai unha pequena escena de hip hop pero non creo que haxa ningún outro motivo ademais da casualidade. Se eu vivise noutro lugar tamén faría hiphop.Pero está ben que en Pontevedra haxa xente que fai cousas.

É o seu primeiro traballo ou xa tivo outros proxectos?

-Eu nunca me plantexei a música como un medio de vida. Participei nalgún proxecto musical, fixen autoproducións, tiradas curtas. Tamén colaborei en discos a outro nivel. Pero este é o máis profesional que fixen ata o de agora. Vai saír unha tirada de CD físicos, algo que hoxe en día é toda unha aventura.

The Body of the Lito é unha frase en inglés pero semella ter un dobre sentido: ‘O corpo do delito’. É así?

-Si, claro. O corpo do delito é un concepto da criminoloxía. Deste xeito busquei a universalidade recorrendo ao inglés á vez que caemos na broma de Lito, que é un mote moi galego. A intención era facer a broma. Ademais, o feito de que Rei Zentolo fixera o deseño podía darlle moito xogo ao nome do disco. Eles sempre adoitan facer xogos de palabras e neste caso quedaba moi do seu estilo. Eu admiro moito a este grupo de emprendedores porque fan algo distinto e con graza.

Utiliza como financiamento o crowdfounding, aínda así é dificil despegar?

-Si, o día que arranque vouno saber. A cantidade que eu creo que teño que conseguir son 1.500 euros e creo que podo xuntalos. Estamos esforzándonos coa promoción, temos un vídeo con Manquiña que anima a colaborar á xente… Logo se consigo 500 euros terei que fastidiarme, pero os discos vou fabricalos igual. Trato de buscar 100 ou 200 persoas que me garantan poder venderlles o disco. Obviamente, en función do que acheguen haberá outros regalos, como unha entrada á presentación do proxecto na sala Karma ou o sorteo dunha cea con Manuel Manquiña, que tamén colabora no disco cun tema. Son atractivos que chaman a atención á xente. Para min ten que haber un soporte físico que poder tocar, un formato mp3 nun ordenador é moi triste, e máis se hai un deseño de Rei Zentolo que se queda nunha simple imaxe na pantalla.

O disco ten dez cancións, de que falan?

-De todo, son temas para todos os públicos. Sáese dos estereotipos e os clichés rapeiros, non é que queira fuxir do rap americano pero eu vivo en Pontevedra e falo do que me afecta a min, de que non hai traballo, das dificultades de vivir en parella, incluso hai un tema adicado ás nais.É rap feito en Pontevedra.

Canto tempo leva preparando este proxecto?

-O primeiro arreglo que fixemos foi no 2010, así que dous anos.

Aínda que estea comezando xa ten o apoio de persoas destacadas no panorama artístico como Lsebe de Delahoja ou Manuel Manquiña. Como conseguíu estas colaboracións?

-A Lsebe xa o coñecía de antes, propúxenlle colaborar cun tema adicado ás nais, ‘Mamá’, e aceptou. Manuel Manquiña foi unha idea porque tiña moito gancho. Nun principio contactamos os co seu representante, pero ao falar con el en persoa xa foi todo sobre rodas. El interpreta o tema de Airbag, e a verdade é que quedou moi ben.Ademais, tamén contei coa colaboración de Mariah, Iván Sousa e Bleis. Eles son os que máis me axudaron e puxeron a voz en todas as cancións, ademais de moitas das letras.

curro

MAÑÁ CHOCOLATE E ROSCA DE BALDE EN BARRO, ANIMADO POLA CANTANTE ANA ANGUEIRA

MAÑÁ SÁBADO 22 DE NADAL POLA TARDE, ACTUARÁ ANA ANGUEIRA,UNHA SOLISTA VECIÑA NOSA,DURANTE O SORTEO DOS VALES DE COMPRA ,ASI MESMO INVITARVOS A TODOLOS CLIENTES E COMERCIANTES A ASISTIR A ESTE EVENTO DONDE HABERÁ ROSCA E CHOCOLATE PARA TODOS OS ASISTENTES(ATA ONDE CHEGUE),E COMA SEMPRE ACEBARRO DESÉXAVOS BO NADAL E UN FELIZ ANO NOVO 2013……….

ACEBARRO

Louzan:«non é lóxico» que un veciño de Barro pague seis euros ao ano pola recolleita de lixo

diario_pontevedra.750

Louzán reta a Cerdedo a gestionar todos os seus servizos sen acudir á Deputación

«Se ou alcalde de Cerdedo vese autosuficiente para xestionar todos vos seus servizos, que non acuda á Deputación». Esta foi a contundente resposta que ofreceu onte, durante un almorzo informativo cos xornalistas de Deza-Tabeirós/Montes, o presidente da entidade provincial, Rafael Louzán, que contesaba así ás reclamaciones de falta de claridade no convenio proposto pola Deptación aos concellos para crear un servizo de recolleita de lixo a nivel de toda a provincia. O regidor cerdedense tamén lamentara no Pleno o progresivo desmantelamento de competencias ás administracións locais en favor doutras de maior rango, como as diputaciones ou a Xunta.

Louzán dixo que o único que pretende o organismo que preside é prestar servizos, como o da recolleita de lixo ou a perrera (que comezará a funcionar nuns 20 días) que poden resultar máis baratos aos concellos e, á vez, eliminar tratos discriminatorios entre os veciños de distintos municipios e entre os habitantes do rural e os cascos urbanos. Así, explicou que «non é lóxico» que un veciño de Barro pague seis euros ao ano pola recolleita de lixo e un de Poio, 110.
O presidente provincial tamén resaltou os seis millóns de euros que inviste a Deputación no proxecto DepoDeza, de promoción cultural e socioeconómica da comarca. Precisamente estes aspectos veranse moi favorecidos, subliñou, polo feito de que, por primeira vez na historia, unha etapa da Volta Ciclista a España de 2013 vaia a ter a súa saída en Lalín.
Pero Louzán avanzou tamén outros datos interesantes para Tabeirós. Entre eles cabo destacar que as obras do novo campo de fútbol que se construirá xunto á Axencia Galega de Seguridade Pública (Agasp), na Estrada, adxudicaranse antes de finais deste ano. Os técnicos abriron a parte técnica das doce plicas presentadas e falta por analizar a económica.
Tamén asegurou que as obras da estrada de Souto de Vexa comezarán a finais de xaneiro. Pola súa banda, o vicepresidente provincial e alcalde de Lalín, Xosé Crespo, incidió na importancia que ten a Deputación para a actual superviviencia de moitos colectivos. «Se hoxe faltase a Deputación -dixo- desaparecerían unha gran cantidade de clubs deportivos e asociacións culturais».
Pero, en xeral, e segundo Louzán, Deza, Tabeirós e Montes son unhas das comarcas «máis beneficiadas» polo ente provincial, dado o seu caráceter rural e o seu dispersión poblacional.

louzan

ESTAS SON AS VOSAS PROPOSTAS,AGORA TOCA ELIXIR UN.

Candidat@ dos seguidores de Novas de Barro para o 5º premio “MIMI “ao personaxe do ano”.

premio mimi novas de barro

Nota:*Esta enquisa esta bloqueada por “cookie” e por dirección IP.O bloqueo por cookies e IP pode ser problemático para algúns votantes.

AQUÍ OS QUEDA ALGUNHA INFORMACIÓN DOS CANDIDATOS, SE QUEREDES AMPLIALA PREME SOBRE O SEU NOME.

A finalidade do premio”MIMI” é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

IVAN RAÑA (TRATLETA), IAGO ASPAS (FUTBOLISTA), ADRIAN SILVA (MUSICO), GOMEZ NOYA (TRATLETA), JOSE RODRIGUEZ REMISEIRO (ARTISTA), ADOLFO CAAMAÑO (ESCRITOR), XAVIER FORTES (XORNALISTA), CARLOS BLANCO (ACTOR), MIRO MAGARIÑOS (ACTOR), LUIS TOSAR (ACTOR), UXIA BLANCO (ACTRIZ), KIKO DA SILVA (ILUSTRADOR Y DIBUXANTE), FINA CASALDERREY (ESCRITORA), ANTON REBOLLIDO (LOCUTOR RADIO GALEGA), JULIO CESAR CONSTENLA (VETERANO DEPORTISTA DE BARRO), CARLOS PADÍN (XOGADOR DE FUTBOL)PEPE CARREIRO (HUMORISTA GRAFICO,  DEBUXANTE E GUIONISTA),  D.ANGEL.J ALFONSO PIÑEIRO (Mestre xubilado do CEIP Amor Ruibal),  D.LEONCIO (Mestre xubilado do CEIP Amor Ruibal), XIL RIOS(CANTANTE), XERARDO FERNÁNDEZ ALBOR (EX PRESIDENTE DA XUNTA), TERESA MOURE.

Premiados en anos anteriores:

IV PREMIO MIMI 2012: Pili,educadora social do Concello de Barro.

III PREMIO MIMI 2011: Cantereiras de Ardebullo.

II PREMIO MIMI 2010: Xabarin club.

I PREMIO MIMI 2009: Ezequiel Mosquera .

MAIS INFORMACIÓN PREME AQUI.MIMI

mimi

 O premio MIMI consiste  nunha figura   en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro do logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2013 no marco da celebración das Letras Galegas.

FIN DO MUNDO.PROGRAMA OFICIAL

Copia de festafesta