PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO MENOR A CARGO

fillo a cargo

MOITA CHUVIA DE DIOS, EVARISTO!!

moita

20 casos de desafiuzamentos cada mes

faro de vigo

afectados

O Concello sube o soldo aos seus funcionarios

faro de vigo

gastos concello de barro

MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas de Barro afectados polos desafiuzamentos

Sr. Alcalde:bng barro

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas de Barro afectados polos desafiuzamentos

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. Un dos efectos máis perversos da situación económica que estamos a sofrer é o grande número de familias que están a perder as súas vivendas ao quedar tanta xente sen traballo.
  2. A Lei hipotecaria española está feita unicamente para beneficio dos bancos, de maneira que, ademais de botar ás familias das súas casas cando non poden pagar as súas hipotecas, as débedas cos bancos siguen existindo, xa que nin PP nin PSOE cambiaro a Lei para que a débeda quedase cancelada ao entregar a vivenda.
  3. No momento actual resula totalmente inhumano boar á xente á rúa cando non paga porque non pode, mentres ao bancos se lle dá toda a axuda que precisen para superar os seus problemas económicos.
  4. Ante este problema social tan grave, as administracións públicas teñen a obriga de facer todo o que este nas súas mans para tentar axudar ás persoas afectadas polos desafiuzamentos.
  5. Unha das iniciativas que adoptaron algúns concellos foi o de chegar a acordos co colexio de avogados para que asesoren de balde ás persoas afectadas, xa que se non teñen cartos para pagar a hipoteca, menos o teñen para pagar avogados que os defendan dos bancos.
  6. Un dos concellos que asinou o acordo co colexio de avogados foi o de Pontevedra. Moitas das persoas que se achegaron a ese servizo para pedir información son veciños e veciñas do noso concello, polo que non puideron prestarlle a atención necesaria por non estar censados no concello de Pontevedra.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

  1. O concello de Barro asinará un convenio co colexio de avogados para o asesoramento e a defensa de balde dos veciños e veciñas afectados por desfiuzamentos.

Barro a 5 de abril de 2013

Nota de prensa comuneros da Portela “UN RÉGIMEN TOTALITARIO”

Fonte:Nota de prensa comuneros da Portela

Señores Comuneros/a

Les hemos informado hace unos días, que pondríamos en su conocimiento la situación actual en la que nos encontramos.

Las representantes de nuestro Comité, solicitaron por correo certificado y acuse de recibo en fecha del 26 de diciembre de 2012, al presidente de nuestra Comunidad , Luis E. Pintos Gil y secretario, Cesar Outón Villaverde, la documentación reflejada en la conciliación Judicial que les facilitamos adjunto.

Al día de hoy, desgraciadamente, NO HEMOS TENIDO LA MÁS MÍNIMA RESPUESTA, de nuestros representantes, ni nos han facilitado ningún tipo de documentación que cualquier comunero/a, tiene derecho a solicitar y es la razón por la que hemos tenido que recurrir, en un primer paso, con una conciliación Judicial.

Como podremos constatar, la Junta Rectora, IMPIDE a cualquier comunero/a de obtener cualquier tipo de información con el fin de evitar de sacar a la luz del día, sus eventuales irregularidades y falsedades documentales, obligándonos de este modo a tener que proceder por Vía Judicial, con el fin de ponernos todo tipo de impedimentos Y HACERNOS GASTAR EL DINERO DE NUESTRO PROPIO BOLSILLO.

Recordemos, la solicitud de la actas por parte del comunero de Lombo de Maceira, que tuvo que recurrir hasta el Juzgado de Caldas de Reyes para obtener dichas actas, Y EL DERROCHE DE DINERO PAGADO AL LETRADO Y PROCURADOR DE LA XUNTA DE MONTES INÚTILMENTE POR CAPRICHOS DE NUESTRO “presidente”…

Señores comueros/as, estamos a la espera desde hace meses de la intervención de la Justicia, y nosotros comuneros/as, (copropietarios/as) de nuestra Comunidad, tenemos que parar esta sangría de derroche de dinero que está llevando a cabo la actual Junta Rectora, cuando en nuestra Parroquia y Ayuntamiento, hay familias que están pasando graves apuros económicos para poder llevarse algo de comida a la boca.

Contamos con todo su apoyo.

Mais información en:

https://www.facebook.com/comuneros.deportela?fref=ts

portela

O Concello precinta o Pub “Salvame Deluxe” na rúa das Baladas en Barro.

Na mañán de onte,  funcionarios do Concello de Barro, acudiron á rúa das Baladas de Barro para levar a cabo o precinto do pub, “Salvame Deluxe”

A posible carencia das correspondentes licencias foron a causa que levaron ó seu peche polo Concello .

salvame deluxe

Apoio aos veciños e veciñas afectadas polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas

Sr. Alcalde:bng barro

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas afectadas polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. As participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas foron comercializadas para as persoas que eran pequenas aforradoras, ocultándolles información e, na maioría dos casos, facéndolles crer que se trataba de produtos seguros, identificados coma depósitos a prazo fixo, e sen facelas partícipes dos riscos inherentes a este tipo de produtos financeiros e recuperábeis en calquera momento.
  2. A neglixente comercialización das Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas foi recoñecida pola propia entidade financeira que, a través dun proxecto repartido nas súas oficinas, facía un recoñecemento público dos seus erros, solicitando o perdón ás persoas afectadas, e comprometéndose a buscar unha solución.
  3. O certo é que estas persoas vense privadas dos seus aforros no momento en que máis necesidade teñen deles. A situación de crise que está a vvir o país está levando a que as familias afectadas, privadas dos seus aforros e, en moitos casos, con parte dos seus membros en situación de desemprego, se atopen nunha situación desesperada, que recurre dunha resposta a curto prazo que supoña un alivio para un padecemento inxusto e inxustificado. Asemade, atendendo ás xustas demandas dos afectados, entendemos que deben depurarse , no eido xudicial, as responsabilidades dos altos cargos directivos que se deriven da neglixente comercialización de Preferentes e Obrigas Subordinadas, instando aos poderes públicos a tomas as oportunas medidas pra esclarecer as responsabilidades derivadas dos actores principais do masivo engano perpetrado contra os aforradores galegos, e que devolvan as indemnizacións e paguen aos afectados.
  4. Nestes intres e, toda a vez que NGB depende integramente do FROB, máis que nunca, a solución a esta problemática é política.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

1)    Solidarizarse cos veciños e veciñas de Barro e do resto do País afectados pola estafa das Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas

2)    Instar á Xunta de Galiza a que esixa do FROB e do Goberno español a anulación da orde que aplica quitas inxustas ás persoas afectadas por Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas.

3)    Instar ao Banco de España, ao Ministerio de Economía, á Comisión Europea e ao FROB, á Xunta de Galiza e a NGB a que continúen resolvendo, a través da Arbitraxe de Consumo, todas as reclamacións presentadas en relación á comercialización de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas por CGB, até a resolución definitiva de todas elas e se dea contestación a todas as solicitudes presentadas.

4)    Instar ao Goberdo Español a que determine a non aplicación da Lei 9/2012 a todas as persoas afectadas pola comercialización neglixente de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de NGB.

5)    Solicitar a gratuidade dos procesos xudiciais para todas as persoas afectadas pola neglixente comercialización de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de NGB, que se vexan na obriga de reclamar ante os Tribunais ordinarios, así como axilizar os procesos xudiciais mediante a súa tramitación como xuizos rápidos.

6)    Intar ao Goberno español e á Xunta de Galiza a que, no ámbito das súas respetivas competencias, adopten todas as iniciativas pertinentes para a devolución inmediata dos aforros ás persoas afectadas polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas.

Barro a 4 de abril de 2013

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

Pontevedra rexistra un repunte da violencia de xénero pero segue por baixo da media estatal

faro de vigo

A lacra da violencia sobre a muller segue sendo unha realidade constatable xulgado de pontevedracada día nos xulgados da comarca. Os maxistrados pontevedreses tramitaron o pasado ano 158 delitos por casos de malos tratos, 11 máis que o exercicio anterior. Tamén creceu o número de infracciones penais tramitadas nos xulgados de Caldas de Reis, pasando de 43 a 61. O número de delitos por violencia sexista tan só descendeu en Marín, onde se rexistraron un total de 73 episodios, 12 menos que en 2011. Isto supón un total de 292 delitos por violencia de xénero en toda a comarca, un 6,1% máis con respecto ao exercicio anterior.

O incremento do número de delitos por violencia de xénero preocupa en Pontevedra pero non debe ser motivo de alarmismo. As comparativas coas ratios de denuncias presentadas con respecto a outros puntos da xeografía galega e estatal así o confirman. Os cinco concellos que integran o partido xudicial de Pontevedra (Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, A Lama, ademais da capital) rexistraron o pasado ano unha taxa de 26,9 denuncias por cada dez mil mulleres, case a metade da media estatal, xa que en España recíbense 53,6 denuncias por cada dez mil mulleres. A capital tamén se sitúa por baixo da media galega, con 33,29 denuncias por cada dez mil mulleres. O partido xudicial de Caldas (Barro) mantén unha taxa de denuncias ligeramente superior á da capital pero tamén por baixo da media estatal e autonómica con 30 denuncias por cada 10.000 mulleres. Os peores datos rexístranse no partido xudicial de Marín, onde o número de denuncias é de 39,2.

Todos estes datos recóllense no Observatorio Contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial e permiten realizar unha radiografía da situación actual da problemática da violencia sexista na comarca. Así, o groso dos delitos tramitados en materia de violencia sobre a muller corresponden a delitos de lesións e malos tratos que se encadran no artigo 153 do Código Penal (Un total de 152 dos 292 que se rexistran na comarca). Trátase de casos de malos tratos físicos ou psíquicos que poden incluír situacións de acoso ou lesións menos graves que conllevan unha pena de entre 6 meses ou un ano de prisión ou traballos en beneficio da comunidade.

O segundo grupo máis numeroso (e que crece que forma significativa, pasando de 51 en 2011 a 80 en 2003) son os delitos contra a liberdade. Outro grupo importante de delitos é o que se refire ás lesións do artigo 173 do Código Penal, un total de 25, penados con entre seis meses e tres anos de cárcere. Para rematar, rexistrouse un único caso en Marín de lesións graves, cuxo autor expoñer a unha pena de entre dúas e cinco anos de cárcere. A estas cifras hai que engadir outros 10 delitos de quebrantamiento de condena ou das medidas cautelares de protección impostas polo xulgado sobre o agresor. Afortunadamente, en 2012 non se rexistraron episodios delituosos de maior gravidade como homicidios ou delitos contra a liberdade sexual.

O pasado ano tamén se solicitaron un total de 91 ordes de protección nos tres partidos xudiciais da comarca, 62 delas na capital. Segundo os datos do Poder Xudicial, todas salvo unha tramitáronse a instancias da vítima e aproximadamente a metade foron aceptadas polos xulgados. En canto ao perfil das mulleres que padecen esta lacra, o pasado ano tampouco se contabilizaron menores entre as vítimas. Das 94 que se contabilizaron na comarca (62 en Pontevedra, 16 en Caldas e 16 en Marín) en 77 casos tratábase dunha muller española e en 17 ocasións a vítima era estranxeira. Os agresores, 83 eran homes de nacionalidade española e 11 estranxeiros. En máis da metade dos casos, o agresor aínda mantén unha relación coa vítima cando se produce o episodio de maltrato, unha circunstancia que xa se constatou en anos anteriores. Así, 28 dos 94 denunciados eran cónyuges da vítima e 30 mantiñan unha relación afectiva. Só en 10 casos tratábase do exmarido e en 26 do excompañero sentimental, aínda sen estar casados.

http://galego.farodevigo.es/portadapontevedra/2013/04/06/pontevedra-registra-repunte-violencia-genero-sigue-debajo-media-estatal/786184.html

Alegación conxunta de todas as forzas políticas e sociais ao proxecto da A-57 de Pilateiros a Curro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no bng barroconcello de Barro presenta as seguintesPROPOSTASpara unha alegación conxunta de todas as forzas políticas e sociais ao proxecto da A-57 de Pilateiros a Curro

  1. A alternativa 3, escollida polo ministerio de Fomento para o último treito da A-57, deseña a súa conexión co macronó de Curro cruzando todo o val, dende a AP-9 até o lugar de Outeda, anulando a actual rotonda a carón da igrexa para enlazar co que agora é un treito da PO-531.
  2. A intención de construir esta autovía polo medio da zona urbana, no punto de tráfico máis sensíbel de toda a parroquia de Curro, supón ir en contra de todas as iniciativas levadas a cabopolas forzas políticas e sociais para conseguir que toda esa zona se humanice e se logre unha mellor convivencia entre o tránsito peonil e o tráfico rodado.
  3. A alternativa 3 supón tamén anular o treito da PO-531 entre a rotonda da igrexa e o macronó, de xeito que todo o tráfico da PO-531 tería que volver pasar pola estrada vella de Outeda.
  4. A conexión da A-57 co macronó proposta na alternativa 5 resulta a máis lóxica e menos agresiva tanto para a zona urbana como agraria da parroquia, xa que se realiza no treito que conecta a entrada da AP-9 co macronó, o que o alonxa d a zona urbana e non atravesa todo o val de Curro.
  5. A proposta de máis impacto desta alternativa 5 sería o novo enlace que se propón da AP-9 coa A-57. Un enlace que, ao noso entender, non ten porque construirse desa maneira, xa que o lóxico é que dita conexión se realice no mesmo macronó, evitando o impacto dese hipotético enlace novo nas propiedades agrícolas, e producindo, ao mesmo tempo, un evidente aforro económico.

Barro a 3 de abril de 2013

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

O CARBALLO CON BOTAS

anxo moure

Axentes seguen durante tres días a unha condutora para denunciar o uso ilícito dunha praza de discapacitados

A Policía Local de Pontevedra realizou un seguimento durante tres días parapolicia pontevedra demostrar que unha condutora estaba realizando un uso ilícito dun cartón de discapacitados que estaba a nome doutra persoa, un veciño de Barro.

Foi a denuncia dunha veciña de Pontevedra a que puxo sobreaviso aos axentes municipais. Ao parecer, estes foron informados dunha moza que, diariamente, acudía ao seu posto de traballo e estacionaba en Augusto González Bicada nunha praza específica para discapacitados sen que ela tivese ningunha afección visible e sen que acompañase a ningunha persoa que a padecese.

Con esta información, a policía, entre o 25 e o 27 de marzo, realizaron un seguimento da suposta infractora. Deste xeito, comprobaron como aparcaba nesta praza e se esta estaba ocupada, acudía a outra tamén próxima ao seu posto de traballo.

Así mesmo, verificaron que, unha vez concluída a xornada laboral, a moza montábase no seu vehículo soa e percorría o traxecto inverso ao que a trouxo ao seu traballo a Pontevedra.

Con estas probas, o 27 de marzo, o guindastre municipal retirou o automóbil. Posteriormente, os axentes identificaron á suposta infractora, á que comunicaron a interposición de catro multas por outros tantas infraccións. Tres delas relativas aos tres días nos que estacionou nunha praza non autorizada, mentres que a cuarta foi polo uso indebido do cartón de discapacitados.

Ademais, a Policía Local de Pontevedra tramitou unha proposta para que se retire o cartón a nome dun veciño de Barro.

Consecuentemente, ademais do enganche do guindastre, a moza terán que abonar douscentos euros por cada unha das multas.

A pesar de que este non é o primeiro caso que se dá, un portavoz da Xefatura municipal destacou onte que Pontevedra é unha cidade «moi respectuosa co uso deste tipo de estacionamentos». Ao mesmo tempo, incidiu na educación da maioría de condutores que asumen a necesidade que existan este tipo de estacionamentos específicos para discapacitados.

As sancións por aparcar nestes estacionamentos son o 3,4 % do total anual

390 Multas por este motivo

CURSO DE MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS

O curso,(e sempre que se acade o número mínimo de alumno), comezará o vindeiro luns día 8 de abril. O horario será de 20 a 22,30 H, de luns a xoves, durante 2 semanas, e o venres día 19, pola mañá, terá lugar a práctica e o exame. Nun principio, teñen prioridade os veciños e veciñas de Curro, pero está aberto ao público en xeral. Os que se queiran inscribir, poden facelo a través deste medio, ou chamando ao 626 226289.

curro

Santi Barreiro participa no Campionato Europeo de clubs e Alba Triñanes representará un espectáculo musical no auditorio de Ribadumia.

O bailarín de Curro Santi Barreiro Sabarís do BTroula Clube de Baile, participa nestes días nun Campionato Europeo de Clubs en Cataluña, e en dúas competicións do máis alto nivel internacional.

Tamén este domingo, a veciña de Curro, Alba Triñanes, xunto co resto dos bailarins deste clube, representarán un espectáculo musical no auditorio de Ribadumia.

NO AUDITORIO DE RIBADUMIA O CLUBE REALIZARA UN MUSICAL QUE LEVA O NOME ” A INSPIRACION DOS DEZ”.

Neste musical participarán todos os compoñentes do clube, dende os máis pequenos ata os máis maiores Nel tamén participaran os nenos e nenas de Competición, onde nos amosarán o seu baile.
A entrada e de balde, e vale a pena ir a velo, seguramente quedarán abraiados tanto nenos como adultos da mestura da decoración, da música e do baile. O ano pasado foi un éxito.

A entrada de balde, e o nivel dos artistas que participan, é un atractivo para non faltar a esta cita. A partir das 18:30 apertura de portas hasta completar aforo.

troula

Atención, cambia a hora este domingo: ás 02.00 serán as 03.00

Levámolo facendo desde 1974, aínda que moitos non entendamos aínda por cambio-horaque. De novo, chegou o momento de cambiar de hora. Así, as 02.00 horas da madrugada do domingo pasarán a ser as 03.00 horas, o que, segundo os expertos, dará lugar a un maior aproveitamento das horas de luz ao longo da xornada.

O cambio de hora deste domingo suporá en Galicia un aforro energético en iluminación do un por cento no sector doméstico e do tres por cento no sector servizos, mentres que se alcanza unha diminución do consumo eléctrico total no conxunto da comunidade galega próximo ao 0,4 por cento.

Diso informa a Consellería de Economía e Facenda, a través do Instituto Enerxético de Galicia, nun comunicado no que destaca que o maior aforro deste cambio de hora repercutirá sobre todo no ámbito familiar, xa que no industrial a estrutura de produción mantense de forma constante, con independencia do horario.

O cambio horario vén motivado pola Novena Directiva que rexe o denominado cambio de hora, de obrigado cumprimento para todos os países da Unión Europea, vixente desde o ano 1981 e que se renova cada catro anos.

Esta medida de modificación dos horarios comezou a xeralizarse a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e diversos países decidiron adiantar os seus reloxos nos meses de verán para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación.

En todo caso, o Goberno galego remarca a necesidade de utilizar a enerxía dunha forma racional ao longo de todo o ano, a través de pautas como utilizar tecnoloxías que faciliten unha iluminación de baixo consumo ou unha correcta iluminación das vivendas.