Ludoteca de Verano 2013 del CEIP Amor Ruibal

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS (A.N.P.A.)

C.E.I.P. “AMOR RUIBAL” (BARRO)                                                      CURSO 2012/2013

Se abre la inscripción de matrícula del curso 2012/2013 para los alumnos del CEIP Amor Ruibal, así como LUDOTECApara los niños que no estén matriculados en el centro pero que lleven más de seis meses empadronados en el ayuntamiento de Barro (estos últimos deberán  presentar un certificado o volante de empadronamiento).

Todos estos niños se beneficiaran de la subvención del  ayuntamiento, el cual aporta 10€ por mes y niño.

La Ludoteca dará comienzo el 1 de julio de 2013 hasta el 31 de agosto de2013 en el comedor escolar del Ceip Amor Ruibal con horario de 9:00 a 14:00 o de 9:00 a 15:00 dependiendo de las necesidades de los padres para conciliar la vida familiar y laboral,fin al que está destinada esta actividad.

                                                             COSTE

Horario Mensual Quincenal Semanal Esporádico
9:00 a 14:00 55€ 30€ 20€ 5€ por día
9:00 a 15:00 65€ 45€ 25€ 5€ por día

 

A estos precio precios hay que añadirle 3€ por quincena del seguro de accidentes de los niños.Así como no está incluida la ayuda del ayuntamiento.Los pagos de la ludoteca se efectuaran en la cuenta bancaria de la empresa adjudicataria o por domiciliación y los pagos del seguro en la cuenta bancaria del anpa.Las inscripciones se recogerán hasta el próximo día 18 de junio de 2013 en el colegio o en el ayuntamiento.

Para realizar la ludoteca necesitamos un mínimo de niños apuntados en ambos meses, de lo contrario no podría llevarse a cabo.

FICHA INSCRIPCIÓN:  Ludoteca de Verano 2013

———————————————————————————————————-

 

EXCURSIÓN “Ó santuario do CORPIÑO”

excursion

O BNG pide ao goberno municipal de Barro a revisión do Padrón do Lixo

Nestes días están chegando ás veciñas e veciños de Barro as comunicación do bng barro
segundo prazo anual do 2012 do recibo da taxa por recollida de lixo.
No BNG temos coñecemento de que hai veciños e veciñas que están recibindo
recibos en base a vivendas en ruínas e a construcións que non reúnen os mínimos de
habitabilidade e que, como é lóxico, non terían que pagan recibo algún por este
concepto.
O goberno municipal é o responsábel de que o censo de contribuíntes estea
depurado para que os veciños e veciñas non teñan que, por riba de sufrir unha suba
desproporcionada da taxa do lixo, estar pendentes de que lles pasen recibos por este
tipo de construcións.
Unha de dúas, ou esta política responde a un afán recaudatorio do goberno municipal
do PP, ou este debe revisar e corrixir o censo de contribuíntes para evitar que este
intento de cobrar a vivendas das que só quedan catro paredes se repita ano tras ano

Casi 1500 personas acuden al I Trofeo de Baile Deportivo AC Fervenza da Barosa de Barro este pasado fin de semana

NdeP: Casi 1500 personas acuden al I Trofeo de Baile Deportivo AC Fervenza da Barosa de Barro este pasado fin de semana. – Un centenar de parejas inscritas llegadas de distintos puntos de España y Portugal participaron en el torneo – El I Trofeo de Baile AC Fervenza da Barosa de Barro fue la última prueba celebrada en Galicia y puntuable para el ranking de la FEBD (Federación Española de Baile Deportivo) – El bailarín y vecino de Barro, Santi Barreiro y su pareja Alicia Romero, lograron el primero puesto en categoría standard, un segundo puesto en el Open Standard y un tercer puesto en Latinos. – La también vecina Alba Triñanes y su pareja Francisco Javier Espadas, quedaron como finalistas en sus categorías con 2 quintos puestos. – La competición logró atraer a Barro entre la jornada del sábado y el domingo a cerca de 1500 personas, un éxito que lleva a la AC Fervenza da Barosa a volver a celebrar en el año 2014 una II edición del torneo. Casi un centenar de parejas y cerca de 1500 personas han pasado este fin de semana por la localidad pontevedresa de Barro para participar en el I Trofeo de Baile Deportivo organizado por la AC “Amigos da Fervenza da Barosa”. Llegados desde distintos puntos de España y Portugal, la jornada comenzó sobre mediodía y terminó bien avanzada la tarde, si bien la hora punta del mismo con las gradas del pabellón municipal de Barro completamente llenas fue entre las 14 y las 17.30 horas. Los bailarines locales Alba Triñanes y Santi Barreiro mostraron un gran estado de forma quedando finalistas y alcanzando podium respectivamente en distintas categorías, tanto en Standard, Latinos como en Open Internacional. La entidad organizadora del evento, AC Fervenza da Barosa, promovió durante la jornada del sábado clases gratuitas de bailes de salón, la cena y el baile nocturno de “social” en colaboración con el club de baile BTroula de Meis y una exhibición de baile moderno el día de la competición de la Escuela de Baile “Pasos”. Asímismo se destaca la colaboración de la práctica totalidad de empresas de Barro, algunas de la comarca, la administración local, las Comunidades de Montes de Curro y Portela, locales hosteleros que ofrecieron menús a los participantes del torneo, etc. La AC Fervenza da Barosa quiere agradecer de manera muy especial la implicación personal en la organización de Patricia Corredoira y María Sabarís, madres de los bailarines locales, por su aportación y experiencia en todo el torneo. También hay que señalar el apoyo incondicional a esta actividad por parte de la Deputación Provincial de Pontevedra. Ayer a la finalización del torneo, y tras el éxito del mismo, la AC Fervenza da Barosa, decidió volver a organizar para el año 2014 el II Trofeo de Baile Deportivo, también como última prueba puntuable de Galicia.

— Un saudo, Mónica Cons Fernández

Presidenta

AC Amigos da Fervenza da Barosa de Barro

podio

 

III Concurso “O Pincho do Viño”

o pincho

XANTAR DA FESTA DO VIÑO

xantar

Absolvido o veciño de Barro e interno da Lama acusado de traficar con fármacos na prisión

A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de absolver a un interio do centro juiciopenitenciario da Lama, Manuel G. R., dun delito contra a saúde pública do que se lle acusaba tras detectarse que levaba diversas cantidades de fármacos e unha pequena cantidade de droga enriba durante un cacheo que se lle realizou despois dun encontro coa súa familia no centro penitenciario.
Durante o xuízo, o fiscal modificou as súas conclusións provisionais e reduciu a pena que solicitaba para o procesado polo tipo de substancias incautadas. Así, pasou de pedir ao tribunal que o condenase a sete anos de prisión e ao pagamento dunha multa de 1.800 euros a solicitar tres anos e un día sen liberdade e unha multa de 600 euros.
Pola súa banda o acusado, veciño de Barro, recoñeceu durante o xuízo que levaba enriba o paquete coa droga, pero explicou que non era seu, senón que llo pasara tan só un instante antes outro interno co que compartía módulo en prisión e que participara ese día tamén nun vis a vis coa súa muller. No xuízo asegurou que tomou o paquete que lle ofrecía ignorando que fose droga e que o seu compañeiro lle puidese xogar esa mala pasada.
Na súa sentenza, a Sala entende que procede a libre absolución xa que “non pode sosterse que a substancia intervida en poder do acusado “fose da súa propiedade nin que a portase o acusado coa intención de destinala ao tráfico”.
Aínda que o acusado non puido acreditar fehacientemente a realidade das súas manifestacións en relación á verdadeira titularidade das substancias “dada a imposibilidade do visionado das gravacións e a negativa da persoa a quen por este se lle atribúe a titularidade “, o tribunal dá crédito a “a contundencia das súas afirmacións, negando a pertenza do paquete achado” xunto á súa “inexistente relación coas drogas “, extremo este que confirman os funcionarios de prisións, os cales manifestaron durante o xuízo que nunca lle viron “colocado” e que non lles constaba nin crían que “trapichease”.
En suma, o tribunal, considera “insuficientes” os datos dos de que dispón e absolve o acusado en función do principio ” in dubio pro reo”.

Concellos do Umia estudan a creación dun servizo antiincendios

Os concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas estudan a creación dun servizo antiicendios para este verán. A iniciativa está sobre a mesa e á espera da decisión que adopten os concellos de Valga e Pontecesures, xa que se prestaría a través da Mancomunidade Ulla -Umia. Catoira quedaría á marxe.

A idea é formar unha ou dúas cuadrillas por municipio para a prevención de incendios durante os meses de xullo, agosto e setembro. Se se concreta, serían 9 persoas por localidade e 54 contratos en total. Varios rexedores consultados onte por La Voz confirmaron que se está xestionando a posibilidade de impulsar o servizo, para o que sería necesario ademais dos fondos que achegarían os concellos a través da Mancomunidade unha subvención da Xunta. Polo momento, evitaron dar cifras do custo que tería o proxecto. A cuestión abordouse onte no transcurso dunha reunión celebrada en Caldas para pechar un programa de reforzo para combater o abandono escolar. Trátase dunha iniciativa dirixida a alumnos de 3º e 4º cursos de ESO e a adultos maiores de 16 anos que queiran sacarse o graduado. É gratuíta e está pensada para familias con escasos recursos. A idea é que arrinque o 26 de xuño, con 25 alumnos por municipio, e está subvencionado pola Xunta. Neste caso participan Caldas, Moraña, Portas e Barro.

landin

 

Os alcaldes da comarca do Umia asinan as reivindicacións dos preferentistas

Os alcaldes de Portas, Caldas, Moraña, Cuntis e Barro asinaron onte, durante un acto que tivo lugar no Mercantil de Caldas, o manifesto onde se recollen as diferentes peticións da recentemente creada plataforma de afectados polas subordinadas e preferentes do Umia.

Apostar por que se produza un troco das subordinadas ou preferentes por un depósito a prazo fixo ou por diñeiro líquido “en caso de necesidade urxente”, que os afectados titulares de créditos hipotecarios poidan suprimir a súa débeda polo importe desembolsado no seu día para a compra destes “produtos tóxicos” ou a “cancelación inmediata de todos os créditos persoais que se concederon aos prexudicados como medio de devolución”, son as diferentes iniciativas que foron secundadas polos cinco regidores.

Reunión con Louzán

Por outra banda, os alcaldes asistentes acordaron solicitar unha reunión co presidente da Diputación, Rafael Louzán; cita á que acudirían acompañados por varios representantes da plataforma. Celebrar “un foro aberto” en Caldas no que calquera veciño afectado podería expoñer as súas dúbidas e que, previsiblemente, contaría coa presenza dalgún xuíz; ou solicitar unha reunión cos dirixentes das sucursais de Novagalicia Banco da zona; foron outros dos compromisos que se alcanzaron.

Os afectados, segundo recolle o manifesto, ademais de solicitar aos alcaldes que os recoñecesen como “ahorradores e non inversores”, foron máis aló e solicitaron a estes que pelexasen pola “devolución íntegra dos aforros” e, en caso de non ser así, que “puxesen o seu cargo a disposición como medida de presión”. Ademais, pediron aos edís que se sitúen contra o Real Decreto no que se aproban quítalas, así como que “soliciten a súa derrogación”.

Por outra banda, os alcaldes comprometéronse a “aceptar como propias” estas reivindicacións, así como unirse públicamente á causa dos afectados. Neste sentido, os afectados solicitaron aos dirixentes que, ademais destas mostras explícitas de apoio, puxesen en coñecemento do resto de alcaldes da comarca estas esixencias.

Tal e como fixeron a semana pasada nos plenos de Caldas, Cuntis e Barro, os afectados acudiranse hoxe na sesión plenaria que se celebrará a partir das 21.30 horas no Concello de Moraña.

FARO AROUSA

I Xuntanza de Vespas,Lambrettas e Motos Clàsicas.

I Xuntanza de Vespas,Lambrettas e Motos Clàsicas.
PROGRAMA: Inscripción gratuita de 11:00 a 11:30 hrs.
Às 12:00 ruta polos arredores con Visita a Barosa.
Às 13:00 pincho e viño no Pazo da Crega e sorteo de regalos.
Posibilidade de comida nunha das carpas exteriores con precio a negociar.
Organiza a Ac A Crega
Colaboran: “As aVESPAS do Lérez” Club Vespa – Lambretta de Pontevedra,Concello de Barro e a empresa de Barro FASTBIKE.

VESPAS

Clase gratuita de iniciación a baile

Para tódol@s veciñ@s de Barro e comarca!! Sábado a partir das 17.30 no Pavillón de San Antoniño (Barro), tedes unha clase gratuita de iniciación a baile que vos ofrece a AC Fervenza da Barosa!!! Veña todo o mundo a bailar!!!

FERVENZA

l TORNEO BIBERÓNS. Horarios do torneo SOLIDARIO.

Remitimos os horarios dos nosos partidos.
EQUIPOS GRUPO A –
SALCEDO A – CALDAS-POIO 

EQUIPOS GRUPO B-
SALCEDO B-VERDUGO-BARRO
grupo B
9.30   Salcedo b – verdugo .
9.55   Barro-perdedor anterior.
10.20 Barro-Ganador 1º partido.
penaltis despois de cada partido.
grupo A
10.45 Salcedo A -Caldas .
11.10 Poio-perdedor Anterior.
11.35 Poio- ganador 1º partido.
penaltis despois de cada partido.

12.00 semifinal 1º grupo B – 2º grupo A
12.25 semifinal 1 ºgrupo A- 2º grupo B

13.00 h. Terceiro e cuarto posto
13.25 h. Final
Sobre as 14.00 h. Entrega trofeos e medallas.
Esperámosvos  cunha enorme colchonetaaa para todos os rapacees que queiran
-tema trofeos entregaranse o remate excepto os dous clubs que queden eliminados que se lle poderán entregar o remate das eliminatorias de grupos sobre as 12.00 h.(como eles queiran)
-haberá un pequeno bocata para cada neno e una botella de auga.

Nota. no cartel que vos envíamos van uns locales colaboradores de Hostelería, se queredes encargar algo alí decille que sodes do torneo biberón , para que vos fagan un menú concertado.

Algunas indicación para chegar dende Pontevedra.
REF. ABUELO PINTOS OU  MUEBLES MAGARIÑOS A CEN METROS  DESTOS LOCALES APROX. HAI UN CAMBIO DE RASANTE, CON UNHA ENTRADA PARA ESQUERDA POLA QUE TEDES QUE COLLER POR UNHA CARRETERA LOCAL SEGUINDO POR ELA TODO PARA ARRIBA UN KILOMETRO E MEDIO, E XA ATOPADES UN GRAN PARQUE TODO PECHADO CON REDE VERDE, E XA CHEGASTES……..
CALQUERA DUBIDA AVISADENOS E TEREMOS UN VOLUNTARIO PARA GUIARVOS.
Para os que veñen de Caldas a ref. é a igrexa de Curro, tedes que coller nesa rotonda de frente hacia arriba, como kilometro e medio, se vos fixades para o alto , vos dades  conta que é fácil chegar, senon o mesmo chamadesnos e teremos un voluntario que vos irá a buscar.

Calquera dúbida.

Saúdos a todos e grazas outra vez por participar.

Jose Sanmartín 605479388

p.d-No caso de moi mal tempo se suspendería e o xogariamos outro día.

ORGANIZACION

biberon

Rajoy Brey e Rueda Crespo no Concello de Barro

ANO1986. Seguindo as súas visitas aos diferentes municipios da provincia, Mariano Rajoy Brey, candidato número un ao Congreso dos Deputados por Coalición Popular, ao que acompañaba José Antonio Rueda Crespo, candidato ao Senado, polo mesmo grupo, visitaron onte do Concello de Barro. Alí foron recibidos polo alcalde, Landín Eirín, visitando posteriormente as obras ao Pavillón de Deportes e Casa Consistorial.

rajoy

Boletin PONTEemprego nº 139 de data 05/06/2013

emprego logo

 

 

PONTEEMPREGO

Os alcaldes do Umia asinarán mañá as reivindicacións dos preferentistas

PORTADA faro-de-vigo

A plataforma de afectados polas subordinadas e preferentes do Umia e os alcaldes de Portas, Caldas, Moraña, Cuntis e Barro manterán un encontro mañá, a partir das 20.30 horas no Mercantil de Caldas, na que está previsto que os regidores procedan oficialmente a asinar o manifesto no que se recollen as reivindicacións do colectivo.

“En principio todos os alcaldes irán á firma, en teoría apóiannos. En calquera caso, tampouco queremos insistir, o feito de que non veñan xa sería significativo”, declarou o portavoz da plataforma, Alberto Pereiro.

“Canjear estes produtos tóxicos por un depósito a prazo fixo ou por diñeiro líquido en caso de necesidade urxente”, que os afectados titulares de créditos hipotecarios poidan suprimir a súa débeda polo importe desembolsado no seu día para a compra de subordinadas ou preferentes ou a “cancelación inmediata de todos os créditos persoais que se concederon aos prexudicados como medio de devolución”, son as diferentes iniciativas que impulsan desde a plataforma do Umia para tratar de “atopar unha solución política”; tal e como detallaron ao final da pasada semana nos plenos municipais de Barro, Cuntis e Caldas.

“Cometemos erros”

Por outra banda, Pereiro, recoñeceu onte que a recentemente creada plataforma do Umia “cometeu moitos erros” durante as protestas que levaron a cabo a pasada semana en varias sesións plenarias, “xa que debemos ser máis contundentes e pedir máis compromisos aos diferentes alcaldes”.

“Pensamos en deixar actuar aos regidores ata o seguinte pleno, non lle suscitamos accións, foi algo moi laxo”, reflexionou Pereiro, quen asegurou que os afectados deben esixir “accións concretas aos alcaldes”. “Si estes non saben o que vai facer, o que asinan non vale para nada”, engadiu.

Neste sentido, Pereiro subliñou que o tempo acábase para os afectados, xa que está previsto que o FROB determine as pautas do troco ao final da próxima semana.

En calquera caso, os membros da plataforma manterán unha reunión hoxe, a partir das 21.00 horas, tamén no Mercantil de Caldas, na que tratarán de determinar que tipo de accións “con máis efecto” poñerán en marcha durante as próximas protestas. “Determinaremos que imos pedir e como o imos a facer”, concluíu Pereiro.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/06/05/alcaldes-umia-firmaran-manana-reivindicaciones/823169.html

pleno barro