Vaia troula

O equipo de ‘ Vaia troula’, encabezado por Nieves Rodríguez, daralles esta noite a benvida desde Tui, onde se nieves celebra a XV Festa das Lavandeiras. Unha celebración na que a presentadora se mergullará no ambiente e participará nalgúns dos actos do día, como no desfile, na lavada e no campionato de tiro de ra. Ademais da festa, a edición de hoxe contará coa música da orquestra Israel e de A Requinta da Laxeira.

Outras celebracións que lles achegará o programa máis festeiro da Televisión de Galicia serán as que visitaron as reporteiras Paula Señarís, Alicia Lombán e Olaya Rivas, como a Festa do Viño que celebraron os veciños de Barro; e a gran Churrascada da parroquia de Santa María de Cuíña, no concello de Oza-Cesuras. Outra churrascada, pero nesta ocasión dobre, foi a que prepararon as parroquias de Uxes e Larín, no concello de Arteixo, para saber quen fai mellor a carne.

Por outro lado, en Cambados honraron con moita festa a Santo Antonio, ao igual que o fixeron en Paradela, e non foron menos as celebracións do San Xoán, en Gondomar e o Santo Adrián do Mar en Malpica.

 

A elite galega do supercrós devolve o seu esplendor ao circuíto de Alfoz

O circuíto de Carballido, en Alfoz, comeza a ser territorio familiar para as principais figuras do supercrós silvia 2galego. O concurso autonómico volveu por segundo ano consecutivo á pista mariñá, onde un bo número de espectadores foron testemuñas dunha proba á que non lle faltou emoción nin vistosidade e organizada polo Motoclube Enduouro. O público gozou sobre todo coa carreira realizada polo piloto local Juan Nécega, do club organizador, que foi o vencedor na categoría de afeccionados. O seu compañeiro Antón Fernández foi sétimo en séniores, mentres que o tamén mariñán Santiago Cancio e Julio López, do Occidente astur, deron a talla competindo por libre.

Alevíns: 1.º Nicolás Otero (Pontevedra); 2.º José Canosa (A Coruña); 3.º Anxo Lois Cabrero (A Coruña).

Promesas: 1.º Pablo Soto (Pontevedra); 2.º Iago Martínez (Pontevedra); 3.º Christian Laíño (A Coruña).

Afeccionados: 1.Juan Nécega (Motoclube Enduouro); 2.ª Silvia Rivas (Barro,Pontevedra), 3.º Alejo Muras (Pontevedra).

Veteranos: 1.º Antonio Martínez (Pontevedra); 2.º Santiago Giance (A Coruña); 3.º José M. García (A Coruña).

Júniores: 1.º Rubén Fernández (Pontevedra); 2.º Sergio Fernández (Pontevedra); 3.º Jorge Paradelo (Ourense).

Séniores: 1.º Juan C. Fernández (A Coruña); 2.º Borja Llosa (Ourense); 3.º Ovidio Díaz (Ourense).

scale

SON SARDIÑAS!!

sardiñas

Celébrase en Barro a I Festa das Cervexas Artesanais de Galicia o vindeiro 29 de Xuño, organizada pola AC Fervenza da Barosa.

  • Participan 4 fábricas 100% galegas e artesanais en dito evento
  • Poderanse degustar ata 10 cervexas artesanais distintas entre a degustación e unha cata.
  • Nas degustacións poderanse tomar as cervexas artesanais e artesanais premium a 4€ ou 5€ respectivamente, acompañadas da típica Bratwurst alemana.
  • Na cata das cervexas implicáronse varias D.O.P e I.X.P. de Galicia para promocionar e maridar os seus productos con cervexa artesanal e galega 100%.
No Parque da Natureza de Barosa, no local hosteleiro Muiñada BarosaGastro, terá lugar o día 29 de Xuño a partires das 12 horas da mañán a I Festa das Cervexas Artesanais de Galicia, organizada pola AC Fervenza da Barosa.

No programa, que estará íntegro na web www.barrocervexafest.tk a partires do domingo día 23 de Xuño, inclúese a degustación das cervexas artesanais de Galicia (made in Galicia 100%) das fábricas existentes, Saramagal de Barro, Dama Alaricana de Allaríz, Menduiña de Cangas e De Lago de Vigo.

O prezo establecido para a degustación será de 4€ cervexa artesanal + salchicha Bratwurst (inclue salchicha, pan de salchicha, salsa artesanal de cebola e pemento e mostaza/salsa de tomate de alta calidade). Con cervexa artesanal premium o prezo será de 5€. O formato de pago será en ticket pre-pago situado na entrada do local hosteleiro, con duas metades seccionadas para recoller a cervexa e a degustación gastronómica. O horario da degustación será de 12.30 ata as 23.00 horas da xornada.

As 4 fábricas de cervexa artesanal contarán con expositores, nos que ademáis quen o desexe, poderá interesarse polas cervexas que elaboran, obter información, etc nos stands que estarán alí situados, ou poder mercar en formato de “caixa” as cervexas artesanais de cada fábrica (incluso as que non participen na degustación). Os prezos serán os establecidos polas fábricas. O horario da exposición será das 12.30 ata as 15.00 e das 16.00 ás 21.00 horas da xornada.

Para os máis interesados na cervexa artesanal haberá unha cata comentada das cervexas artesanais máis selectas de cada fabricante. Serán 4 as cervexas e estarán acompañadas dunha selección de pinchos elaborados en conxunto coas D.O.P ou I.X.P. como Castaña de Galicia, San Simón da Costa, etc. O prezo desta cata será de 15€. O número máximo de participantes serán de 20 baixo preinscripción a través da mailfervenzadabarosa@gmail.com ou barrocervexafest@gmail.com. Preténdese fomentar así o consumo do producto 100% galego e de calidade.

Tamén se contará cunha exposición de cuadros elaborados con cervexa artesanal, feitos pola artista galega Inia Vilar (INIA ART)https://www.facebook.com/pages/INIA-ART/533428193345216, que estará exposta dende as 12.00 ata as 21.00 horas da xornada. A característica principal das súas obras é o pintado das obras pigmentando e buscando as paletas de cores con cervexas artesanais.

A música cervexeira tomará a noite no local @BarosaGastro e a partires das 22.30 horas. A entrada será gratuita.

Tanto en horario de cea ou comida, o local hosteleiro @BarosaGastro elaborará ese día un “menú especial cervexeiro” que poderán degustar as persoas que se acheguen ata Barosa.

Achégate a Barro a disfrutar do turismo, da cervexa e da gastronomía!

CARTEL BARRO CERVEXA v1.0

D.E.P. CAMILO FRANCISCO CALVO

CALVO

DISPAROUSE O PREZO DA SARDIÑA

SARDIÑA

EMPAPELAN A SUCURSAL DE BARRO DE NOVAGALICIA BANCO

As oficinas das caixas mudan a súa decoración

https://quinteirodoumia.wordpress.com/2013/06/22/as-oficinas-das-caixas-mudan-a-sua-decoracion/

nova galicia 1nova galicia 2

XANTAR EN SAN BREIXO

xullo 2013

I FESTA DOS VIÑOS DE GALICIA-BARRO

ASOCIACION: A CREGA

21, 22 e 23 de xuño de 2013.A CREGA
Lugar: Pazo da Crega 

Horarios de apertura:
– Viernes 21 de xuño: a partires das 20:00 horas.
– Sábado 22 de xuño: de 12:00 a 15:00 horas
de 20:00 a peche.
– Domingo 23 de xuño: A partires das 11:00 horas e ata o remate da xornada.
11:30 h. Concentración de coches clásicos.
As 22:00 horas SARDIÑADA de SAN XOÁN GRATIS.

PAZO CREGA

Arte multidisciplinar en Barosa

la voz

Barosa Líquida é un proxecto que trata de mesturar diversas actividades creativas nunha contorna inigualable das fervenzas e muíños deste parque do municipio de Barro, onde se poderá gozar da arte, a música, a literatura e a gastronomía, con propostas multidisciplinares nunhas xornadas memorables durante tres fins de semana, desde este domingo 23 de xuño ata o 7 de xullo.

Cultura Tirante, da man do musico Adrián Silva, e Portal 48, espazo creativo dirixido pola artista Ana Seoane e Rocío Gómez, en colaboración co Concello de Barro e a Facultade de Belas Artes promoven esta iniciativa cultural que naceu no 2012 con ánimo de continuidade.

Entre as actividades programadas, a parte dedicada á arte interpretará e activará a contorna de Barosa. Quince estudantes e profesores de Belas Artes levarán a cabo unha serie de proxectos vinculados ao contexto social e natural do parque, con instalacións efémeras e respectuosas coa natureza e a memoria do lugar. A auga estará presente na maioría dos traballos converténdose en pantalla de proxección móbil e sonora, en concreto na instalación audiovisua Retrato líquido, de Lola Dopico e Fernando Suárez.

A música porana o grupo de percusión Perkuka que ofrecerá este domingo un concerto ás 20.30 horas, ao que seguirán as actuacións das Bruxas do noroeste e Rastrexos Project os días 30 de xuño e 7 de xullo.

A literatura estará presente cos escritores Luz Darriba, Carlos Solla, Quico Cadaval e Manuel Lourenzo, que cederán parte das súas obras nunha iniciativa conxunta cos músicos e compositores Benxa Otero e Adrián Silva, na que se crearán caixas de música únicas.

Bolboretas de Papel impartirá obradoiros infantís de manualidades e Barosa Espazo Gastronatural ofrecerá tapas a prezos populares das que poderán gozar os asistentes aos próximos tres domingos de recreación cultural.

barosa liquida 2

barosa liquida

BOLETIN PONTEEMPREGO Nº 141 DE DATA 19/06/2013

emprego logo

ponteemprego

I XUNTANZA XUVENIL E II XANTAR SOCIALISTA DE BARRO

XUVENTUDES

XANTAR SOCIALISTA

Localizan en Marín dous coches roubados en Barro e en Santiago

PORTADA faro-de-vigo

A Policía Local de Marín localizou en viales de Ou Pituco e A Cañota dous vehículos que foran roubados en octavia Barro e Santiago de Compostela, respectivamente. O automóbil subtraído en Barro é un Skoda Octavia e foi roubado nunha vivenda á que os ladróns accederon o pasado día 17. O vehículo abandonado en Ou Pituco levantou sospeitas entre os veciños porque estaba aberto e levaba varios días parado no mesmo sitio, con aspecto de ser abandonado.

Tamén no caso do coche subtraído en Santiago de Compostela levaba varios días abandonado nun vial da Cañota. Neste caso trátase dun Rover, cuxa desaparición foi denunciada polos seus propietarios na capital galega.

1ª feira DE SEGUNDA MAN E TROCO

BNCofHACUAItFEp

BAROSA LÍQUIDA 2013

II ciclo multidisciplinar
23, 30 de xuño, e 7 de xullo
ARTE, MÚSICA, LITERATURA,
OBRADOIROS INFANTÍS , E
GASTRONOMÍA
PARA INAUGURAR O VERÁN DE 2013
EN RÍA BAROSA.

Día 23 de Xuño

Programa:

MÚSICA – Concerto as 20:30h
PERKUKA
Grupo de percusión

Artistas Participantes con Intervencións no Espacio Natural:
Entre as actividades programadas no festival “Barosa Líquida”, unha parte está adicada á arte, que neste caso utiliza o seu potencial para interpretar e activar o entorno de Barosa. Quince estudiantes e profesores da facultade de Bellas Artes de Pontevedra: Nati Bermejo, Lola Dopico, Silvia Garcia, Portal 48, Maya Kapouski, J.Carlos Meana, Fran Miguens, Yolanda Ríos, Katy Romero, Isabel Rueda, Hugo Aldatz, Fernando Suárez, Adrián Taracido y Manuel Trasancos, levarán a cabo unha serie de proxectos vencellados ao contexto social e natural de Barosa.

Bolboretas de Papel ofrecerá obradoiros gratuitos infantís, nos que aqueles rapaces que queiran poderán facer as súas propias libretas de apuntes naturais personalizándoas cos materias que o entorno lles ofrece.

GASTRONOMÍA
Tapa: Costilla de porco ao forno
(4€ sábado)

barosa liquida