O pliego, extenso e similar ao doutros municipios, establece a xestión privada para a feira mediante concesión que se licitará cun prezo de saída de 7.000 euros anuais. As concesións serían bianuales, e, entre as condicións de cobro, esíxese que a empresa adjudicataria pague a cantidade acordada de modo anticipado e cada trimestre. 600 METROS. O Concello revisa tamén a ubicación e aporta un plano da zona onde se emplazarían os postos e na que se poden gestionar ata 600 metros líneales que poderían reportar ao adjudicatario uns 57.000 euros anuais. O adjudicatario responsabilizaríase do cobro, organización e limpeza do espazo, entre outras cousas, e o Concello se ?blinda? ante impagos e circunstancias adversas con cláusulas como a obrigación de establecer unha fianza (do 10% do importe total), a de contratar un seguro de responsabilidade civil por 150.000 euros, e a de controlar que os vendedores teñan licenza e estean de alta no corresondiente réxime laboral.
A proposta municipal, pese a ser moi completa, contou coa oposición do PSOE, que non está a favor da xestión privada, e propoñía unha feira de horario continuo (como a de San Cosme, en Mos), crear postos para vendedores locais e destinar un espazo a baños públicos.
O BNG defendeu no Pleno melloras na ubicación, prioridad para os veciños e que se evite que os anteriores xestores (que aínda deben ao Concello o importe comprometido no contrato anterior) accedan á licitación mediante suberfugios legais, empresas pantalla ou testaferros. O alcalde insistiu en que non ten forma de garantir isto último e defendeu que tanto a ordenanza como o pliego son garantias.






















