AC Fervenza da Barosa organiza en Barro clases de baile deportivo impartidas polos mestres do CGB BTroula

A AC Fervenza da Barosa organiza en Barro clases de baile deportivo nas que calquera persoa e de calquera idade poderá apuntarse aos grupos que se formarán. Esta actividade na que colabora a ANPA do IES de Barro, e que terá un custe de 15€ por persoa ao mes, terá lugar os martes entre as 19 e as 22 horas en San Antoniño, Barro, cos seguintes horarios e grupos:

Nen@s ata 7 anos de 19:00 a 20:00 horas

Nen@s de 7 a 13 anos de 20:00 a 21:00 horas

Persoas de máis de 13 anos de 21:00 a 22 horas.

As clases estarán impartidas polos mestres do Clube Galego de Baile, BTroula de Meis, que está dirixido por Breogán Pérez. A finais do mes de marzo, e como actividade do programa de divulgación de actividades do ” I TROFEO VAL DO SALNÉS” que se celebrará o día 4 de maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro máis de 300 rapaces e rapaces do concello participaron nas clases gratuitas que se impartiron no CEIP “Amor Ruibal” e no IES de Barro.

As persoas interesadas nestas clases poden contactar nos teléfonos 615.437.823 ou 625.212.196 ou tamén nos teléfonos da AC Fervenza da Barosa ou no mail fervenzadabarosa@gmail.com

O baile deportivo xa congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes no  pasado “I Trofeo AC Fervenza da Barosa” de baile deportivo. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.
—  Mónica Cons Fernández

Presidenta AC Amigos da Fervenza da Barosa de Barro

CLASES BAILE

 

Caldas reúne á canteira galega benxamín de fútbol

diario-pontevedra1

O campo das corticeiras de caldas será escenario do fin de semana da segunda edición ‘Vina de Caldas‘ benxamín de fútbol oito, torneo que reunirá a 16 equipos na primeira rolda á que se unirán na segunda rolda Celta de Vigo, Porteiro 2000, Deportivo, ponte Ourense, Victoria CF, CP Calasancio, SDV Cabo de Cruz e UD Santa Mariña.

O día 19 xogarase a fase de grupos que se configura do seguinte xeito: Grupo A: Escola Deportiva de Arousa, Abanqueiro, Moraña B e Club Deportivo Mosteiro; Grupo B: Salgueiriños, Atlético Cuntis, Labercas B e Club Deportivo Boiro; Grupo C: AD Vila de Corpus, Caldas, Barro e Centro Deportivo Cultural Santa Teresita; e Grupo D: Labercas, Céltiga, Moraña e Vilagarcía Sociedad Deportiva.
Cada choque durará media hora. Os dous primeiros clasificados de cada grupo desta fase previa estarán na fase final do día 20 de abril. Instalaranse dous campos para que se poidan completar entre as dúas xornadas os 56 encontros de que consta o campionato. Fíxanse os cuartos de final para as 15.45 e 16.20 horas, mentres que as semifinais se xogarían ás 18.00 e 18.30 horas. O duelo polo terceiro e cuarto posto será ás 19.20 horas e a final, ás 20.00 horas, coa posterior entrega de premios ás 20.30 horas.

Na primeira edición do torneo celebrada en Semana Santa de 2013 impúxose o RC Celta de Vigo, que gañou na quenda de penaltis ao Santa Mariña; Cabo de Cruz e Victoria CF completaron o cadro de honra.

barro prebenjamin

Monte Porreiro dá un salto de nivel na cuarta edición do seu torneo de fútbol 8

diario-pontevedra1

Os mellores equipos galegos de categoría benxamín e cría daranse cita mañá e pasado na cuarta edición do Torneo de Fútbol 8 de Monte Porreiro, que este ano dará un salto de calidade con respecto aos anteriores. Os exteriores da Panadaría A’Devesa da rúa Riestra acolleron onte o acto de presentación do campionato, no que estiveron presentes o presidente do club organizador, o SD Monteporreiro, José Carlos Baquero, e o do colaborador, o EF Porteiro 2000, Manuel Sánchez, ademais do concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández; a deputada provincial de Deportes, Begoña Estévez, e unha representante de A’Devesa, empresa patrocinadora do evento.

A competición, que se desenvolverá cun sistema de grupos, comezará mañá coa disputa do torneo benxamín, mentres que as crías xogarán o venres. Os encontros disputaranse entre as 10.00 e as 20.00 horas.

En total participarán 28 equipos. Ademais do SD Monteporreiro e EF Porteiro 2000, estarán os seguintes clubs galegos: Moraña CF, Arosa SC, Verdugo, CD Campo Lameiro, Coruxo FC, Escola Deportiva Arousa, FC Cruceiro, Dorrón CF, Escolas Deportivas de Poio, GD Meadela, Salgueiriños CF, Ponte Arnelas FC, UD Santa Mariña, Barro CF e CD Portas.

futbol

A gala ‘Música por alimentos’ recada 3.000 quilos na segunda edición

diario-pontevedra1

A segunda gala solidaria ‘Música por alimentos’ celebrada en Curro o domingo pasado recadou 3.000 quilos de comida, que foron entregados a Cáritas. Así informou Miguel Maquieira, responsable da Comunidade de Montes de Curro, organizador do evento xunto á firma Espectáculos Galicia.
Maquieira destacou a «grande afluencia» de público, que superou ás 3.000 persoas, e a boa acollida da iniciativa, que conseguiu «case duplicar» a cantidade de alimentos recadados respecto ao ano anterior.

curro

 

 

Pontevedra estrea procesión

la voz de galicia

A Semana Santa é a escusa perfecta para visitar Pontevedra. E o luns santo, hoxe, existe un motivo máis: a estrea dunha procesión, a do Cristo das Caídas; con este desfile, a cidade terá actividades relixiosas todos os días da semana.

Promovida pola Confraría da Veracruz, esta procesión recupera unha cita habitual ata os anos sesenta, cando saía coa imaxe do Cristo coa Cruz que se venera en San Francisco. A Confraría da Veracruz decidiu, de acordo coas monxas clarisas, recuperar esta tradición coa escultura do Cristo Nazareno das Caídas, que está no convento de Santa Clara. Trátase dunha peza do século XVIII que apenas se viu por estar na zona de clausura do convento, e que só se expón en Coresma e Semana Santa.

A figura viviu un século XIX atarefado, coa invasión francesa na cidade (1809) ou a revolución (1868), que obrigou a esconder a talla en varias ocasións. Agora paseará por primeira vez polas rúas, saíndo de san Bartolomeu (en Santa Clara hai obras) ata a praza da Leña, e regreso; a comitiva fará unha parada na rúa Tetuán para honrar ao Nazareno, e o coro dos excantores dos Institutos interpretará un motete.

Pero iso será pola tarde, porque en Pontevedra se esperan hoxe máximas de 26 graos, o que permitirá gozar, por exemplo, das magníficas praias da zona ou do parque natural de Barosa, en Barro, unha contorna cunha espectacular fervenza rodeada de muíños.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/04/14/pontevedra-estrena-procesion/0003_201404G14P24994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

barosa

QUE ANDADES,? …A REPARAR O TENDIDO?

tendido

D.E.P. ROSA MONTEAGUDO ALONSO

ROSA

Paixón polo tenis en Barro

diario

Desde fai uns cinco anos, o Concello de Barro experimentou un crecemento enorme no número de practicantes e afeccionados ao tenis amateur. Boa parte da ‘culpa’ de que se desatase esta paixón polo tenis entre os veciños barrenses téñena dúas asociacións comarcais.

Por unha banda, a Asociación Cultural Terras de Curro, fundada en 2009 e presidida por Neves García e, por outra banda, a Asociación Cultural Deportiva Tenis Varro, creada en 2012 e co seu directivo Emilio Ucha como un dos responsables da liga.

Coa fundación desta última agrupación, aproveitando a crecente afección ao tenis na zona, e tras varias reunións entre Emilio Ucha, Pablo Triñanes e José Sanmartín, directivos da A.C. Terras de Curro acordaron a creación e organización dunha liga de tenis amateur.

A I Liga de Tenis de Barro tivo lugar entre os meses de xaneiro e maio de 2013. Esta primeira edición contou con 30 tenistas amateur de todas as idades, que competiron aloxados en dous grupos. Fóra de dous ou tres deportistas de Pontevedra, todos os inscritos eran de Barro. En vista da boa acollida que tivo esta competición, as dúas asociacións volveron porse de acordo, apenas finalizada a liga, para a organización dunha segunda edición ese mesmo ano.

A II Liga de Tenis de Barro empezou a disputarse en setembro de 2013 e concluíu o pasado mes de marzo (aínda que gozando os tenistas amateur dun merecido parón do Nadal en metade da competición). O número de deportistas inscritos nesta segunda tempada duplicou ao de participantes da primeira edición. Así, os 60 tenistas inscritos nesta recentemente finalizada edición repartíronse nun grupo de primeira división e dous grupos, A e B, de segunda categoría.

En primeira división impúxose de forma brillante e imbatido en todo o torneo, o tenista autodidacta barrense Arturo Sangiao, quedando como segundo clasificado José Luís Branco, tamén con excelentes números. Nos grupos de segunda, os campións foron Gerino Casal no grupo A e Carlos Canay no grupo B, ambos tras realizar unha gran tempada na que se impuxeron fronte aos seus rivais dunha forma excepcional.

En canto á promoción e descenso de categorías de face á próxima liga, decidiuse que os seis últimos clasificados de primeira descendesen a segunda división e que os tres primeiros de cada grupo de segunda disputen a próxima edición da liga na máxima categoría.

En canto á Copa da liga, disputada entre os doce primeiros de primeira división e os dez primeiros dos dous grupos de segunda, a final tivo lugar o pasado venres e tamén se proclamou campión Arturo Sangiao.

Próximos torneos

A A.C.D. Tenis Varro organizará, por terceiro ano consecutivo, o Torneo de Dobres que se disputará en abril. Xa se inscribiron 35 parellas e, como dato a destacar, a presenza confirmada do campión de España e subcampión europeo veterano, Luís Hernández, ‘Chitín’.

Entre o 15 de maio e o 16 de xuño terá lugar a II Edición do Torneo da Festa do Viño de Barro. O ano pasado, aínda organizándoa a última hora, contou coa participación de 64 persoas, polo que a A.C.D. Tenis de Barro espera que neste se supere o centenar de tenistas inscritos.

Os organizadores da liga de Tenis expresaron o seu agradecemento á Comunidade de Montes e ao Concello de Barro por facilitar o uso das súas instalacións.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/324729-pasion-tenis-barro?lang=gl

tenis barro

MOCIÓN referente á recuperación dun acceso peonil seguro na zona norte do recinto escolar

bng barroSr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referente á recuperación dun acceso peonil seguro na zona norte do recinto escolar.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O recinto do colexio público ten dúas entradas, e as dúas son un perigo para o acceso das nenas e nenos que asisten ao mesmo sen utilizar o transporte escolar. A entrada da parte de arriba do recinto é onde deixan aos nenos e nenas os autobuses, polo que de ser utilizada tamén por todos os que acceden andando ou en coches particulares a situación que se crearía nesa pista sería aínda moito máis perigosa do que xa é, sen un espazo de aparcamento adecuado nin para os buses.

O colexio conta con outro acceso perigoso, mediante unha escalinata na súa parte baixa.

Este acceso estivo prohibido para o alunado desde que se construíu o colexio.

A entrada pensada polo alunado sempre foi a través dunha cancela na cara norte do recinto, onde antigamente se situaba a casa do médico. Incomprensiblemente o goberno municipal do PP fai anos que a suprimíu, sen ter en conta que desa maneira obriga aos nenos e nenas a acceder por entradas moi perigosas.

Recentemente o alcalde ven de anunciar o adecentamento do contorno da zona norte do recinto escolar. Desde o BNG concordamos con este adecentamento, e solicitamos que se aproveite para recuperar a entrada que había nesa zona do recinto, tal como levan reclamando, dende hai anos, os pais e nais.

Por todo isto o Pleno do concello de Barro aproba a seguinte

Recuperar o acceso peonil seguro no marco do anunciado arranxo da zona norte do recinto escolar.

Barro, 7 de abril de 2014

Xosé Manuel Fernández Abraldes

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

fotografia barro

A posta en valor do Castro dos Casás: o mellor premio que a Deputación lle podía dar a Barro

bng barroA diputación provincial ven de anunciar que premia ao concello de Barro pola súa defensa do patrimonio, parece ser que pola posta en valor do enclave dos muíños de Barosa.

Ao BNG parécelle ben todo premio que contribúa a divulgar o noso patrimonio. Non obstante considerariamos máis positivo para a defensa do noso patrimonio, que a Deputación incluise o Castro dos Casás no plano de recuperación dos castros da provincia.

A día de hoxe non sabemos aínda os motivos polo que o concello de Barro quedou discriminado dos investimentos anunciados pola diputación, pero moito nos tememos que sexa porque ao alcalde non lle interesa que se poña en valor un dos elementos máis importantes do patrimonio histórico do noso concello.

CASTRO SETE FONTES BARROAs actuacións a respecto ao Castro dos Casás foron sempre, de agresión por parte do goberno do PP. Nunca tiveron o menor interese en difundir e valorizar o que representa para o coñecimento da nosa historia a existencia dese asentamento castrexo, a pesar de que tamén podería servir de incentivo para visitas a Barro.

Con estes antecedentes resulta, cando menos, paradóxico o premio concedido pola

Deputación, pero benvido sexa se serve para que ao PP lle veña a sensibilidade polo patrimonio cultural e, de paso, nos anuncien que a deputación vai investir cartos no noso Castro como fixo cos do resto da provincia.

Barro, 9 de abril de 2014

Asdo: Xosé Manuel Fdez. Abraldes

NOTICIAS RELACIONADAS:

MOCIÓN referida á posta en valor do castro Sete Fontes no monte da Chan en Agudelo

Barro destapa su pasado. Sondeos valorativos en el castro de Sete Fontes

Landín apoia levantar un obelisco de 38 metros sobre o castro da Chan

Resposta de Marcos Perez á carta de Batallan

Patrimonio paraliza as obras do campo de futbol da Chan

Denuncian obras no castro da Chan ante a APLU

Landín resucita a polémica ao contratar a medición para o campo da Chan 

BOLETIN PONTEEMPREGO Nº 171 DE FECHA 09/04/2014

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Boletin/171.-%20PONTEemprego%20171%20de%20data%2009-04-2014.pdf

PONTEEMPREGO

XA ESTAMOS CAMUFLADOS MEU SARXENTO !!!

sarxento

Docentes de INGLÉS,FRANCÉS,ALEMÁN,RUSO,CHINO con residencia nalgunha das seguintes comarcas ou concellos: Caldas, Salnés, Tabeirós-Terra de Montes, ou os concellos de Campo Lameiro ou Barro.

Docentes
Posto: Docentes con residencia nalgunha das seguintes comarcas ou concellos: Caldas,
Salnés, Tabeirós-Terra de Montes, ou os concellos de Campo Lameiro ou Barro.
Lugar de traballo: Vilagarcía de Arousa

Tarefas a realizar: impartir cursos preparatorios para certificacións oficiais.

Requisitos:
Formación académica: experiencia de máis de 5 anos na docencia
Coñecementos requeridos: preparación de probas oficiais e docencia para adultos
Contrato laboral: según a duración dos cursos (108 horas)

Competencias personais: facilidade de trato, resolutiva, comunicativa e con dotes comerciais.

Interesados enviar c.v. actualizado coa Autorización de C.V. cuberta e firmada coa Ref. INGL, por
correo ordinario ou entregar nas instalacións camerais (Cámara Oficial de Comercio, Industria e
Navegación de Vilagarcía de Arousa, Dr. Tourón 46, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).
Descargar Autorización de C.V.

http://www.camaravilagarcia.com/noticia_det.php?id_noticia=518&id_idioma=1

docente

Portas e Barro organizan un concurso de contos conxunto

OMIX BARROOs Concellos de Portas e Barro organizaron conxuntamente o concurso “Cóntame un conto“, no que os veciños empadroados en ambos os dous municipios poden participar enviando as súas narracións. Está aberto a todas as categorías, dende infantil ata adultos e os contos deben estar redactados en galego. O prazo de presentación conclúe o 5 de maio e haberá unha primeira criba na que o xurado está formado por representantes do IES de Barro, o CEIP Amor Ruibal do mesmo municipio e o CPI Domingo Fontán de Portas. A criba final farana dous escritores.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/04/06/portas-barro-organizan-concurso-cuentos/1000419.html